AlloCiné

AlloCiné é unha organización de servizo que achega información do cine francés, especialmente centrando na promoción das novidades en DVD, Blu-ray e información de VOD. A empresa foi fundada como comunicador telefónico, e posteriormente deveu nun portal da Internet, o cal ofrece información por acceso rápido e cobre todos os filmes que foron distribuídos en Francia. No 2005, empezou a cubrir series televisivas.

AlloCiné foi lanzado en 1993, antes de ser adquirido por Canal+ no 2000 e por Vivendi Universal no 2002. Dende xuño de 2007 até 2013, estivo baixo a propiedade de Tiger Global, un fondo de investimento americano. Xa en xullo de 2013, Allociné foi mercado por FIMALAC, unha empresa de participación francesa.[1] A sede central corporativa atópase nos Campos Elíseos en París.

Notas

  1. "À propos d'Allociné". Consultado o 30 September 2015.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Nanny

A Nanny é unha comedia de situación estadounidense emitida orixinalmente pola CBS de 1993 a 1999. En Galicia emitiuna a Televisión de Galicia a partir de 1995.

Agustín Lara

Agustín Lara, tamén coñecido co alcume El flaco de oro, nado en Tlacotalpan, no estado de Veracruz, o 30 de outubro de 1897 e finado o 6 de novembro de 1970, foi un compositor e intérprete de cancións populares e boleros mexicano. Foi unhas das figuras máis populares do seu tempo e do seu xénero. A súa obra é amplamente apreciada non só en México, senón en todo o mundo hispano. "Amor de mis amores" ou "Piensa en mí" son títulos da súa autoría.

Arriba e abaixo

Arriba e abaixo (en inglés: Upstairs, Downstairs) é unha serie británica drama ambientada nunha mansión da aristocracia no barrio de Belgravia de Londres durante o período eduardino, a Primeira Guerra Mundial e no período de entreguerras que emitiu a ITV entre 1971 e 1975. En Galicia emitiuno a Televisión de Galicia en 1991.

Benito Mussolini

Benito Mussolini, nado en Predappio o 29 de xullo de 1883 e fusilado en Dongo o 28 de abril de 1945, foi o primeiro ditador fascista de Europa. Acadou o poder en outubro de 1922, trala Marcha sobre Roma, e ocupou o cargo de primeiro ministro do Reino de Italia ata 1943, cando foi obrigado a entrega-lo poder. Fuxiu ó norte onde proclamou a República Social Italiana de Saló. Detido pola resistencia, morreu fusilado xunto coa súa amante, Clara Petacci.

Beverly Ricos

Beverly Ricos é unha comedia de situación estadounidense orixinalmente emitida de 1962 a 1971 pola CBS from 1962 to 1971.

Bill Clinton

William Jefferson Clinton, máis coñecido como Bill Clinton, nado en Hope (Arcansas) o 19 de agosto de 1946, é un político demócrata estadounidense. Foi presidente dos Estados Unidos de 1993 a 2001.

Buck Rogers no século XXV

Buck Rogers no século XXV é unha serie de televisión de ficción científica norteamericana creada por Glen A. Larson e producida por Universal Studios baseada no personaxe de Buck Rogers creado en 1928 por Philip Francis Nowlan e que aparecera en banda deseñada e do que se fixeran versións para a radio e a televisión. A Televisión de Galicia emitiu a serie en 1986.

Chavela Vargas

Isabel Vargas Lizano, nada en San Joaquín de Flores, Costa Rica, o 17 de abril de 1919, e falecida en Cuernavaca (México) o 5 de agosto de 2012, é unha cantante con nacionalidade mexicana, tendo residido no país norteamericano por máis de sete décadas. Artisticamente é coñecida como Chavela Vargas. Trátase dunha figura capital dentro dos xéneros musicais do bolero e mais da ranchera.

Dwight D. Eisenhower

Dwight David Eisenhower, nado en Denison (Texas) o 14 de outubro de 1890 e finado en Washington, D.C. o 28 de marzo de 1969, foi un militar e político estadounidense.

Foi o Comandante Aliado Supremo durante a Segunda Guerra Mundial, e logo foi o 34º presidente dos Estados Unidos de América, dende 1953 a 1961. É tamén un dos poucos soldados que recibiron a quinta estrela de xeneral, o cargo de Xeneral do Exército.

Eugene O'Neill

Eugene O'Neill, nado o 16 de outubro de 1888 e finado o 27 de novembro de 1953, foi un dramaturgo norteamericano que gañou o Premio Nobel de Literatura en 1936 e catro veces o Premio Pulitzer (1920, 1922, 1928, 1956).

Homero

Homero (en grego antigo Ὅμηρος Hómēros; c. século VIII a. C.), é o suposto autor das obras literarias máis antigas coñecidas en Europa, os poemas orais épicos a Ilíada e a Odisea. Considerado o pai da cultura grega, foi o primeiro gran poeta grego que consagrou o xénero, ademais consérvanse del a épica menor cómica Batrachomyomachia (literalmente:"A batalla das rás e dos ratos») e os corpus dos himnos homéricos.

É difícil establecer con certeza se Homero foi un individuo histórico ou unha identidade construída, e se é o autor das dúas célebres epopeas que son os alicerces da literatura occidental. Todo isto é o tratado na cuestión homérica. Malia isto, numerosas vilas xónicas (Quíos, Esmirna, Cime ou mesmo Colofón) dispútanse a orixe do aedo. Por outra banda, a tradición individualízao ó atribuírlle que era cego.

Invasión (serie de televisión)

Invasión é unha serie norteamericana de ciencia ficción que comezou a emitir a ABC o 21 de setembro de 2005 e que emitiu a TVG (2006). A serie conta a historia das consecuencias dun furacán tras o que se infiltran nunha pequena cidade de Florida uns extraterrestres baseados na auga e comezan a asumir o control dos corpos dos seus habitantes.

Isabel II do Reino Unido

Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu.

Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.

Asumiu os seus títulos despois da morte do seu pai, o rei Xurxo VI o 6 de febreiro de 1952. É filla de Elizabeth Bowes-Lyon, irmá de Patrick, 15º conde de Strathmore.

Jorge Negrete

Jorge Alberto Negrete Moreno, nado en Guanajuato o 30 de novembro de 1911 e finado en Los Angeles (Estados Unidos) o 5 de decembro de 1953, foi un cantante mexicano formado en técnica de canto de ópera que revolucionou o xénero musical coñecida como ranchera, outorgándolle sona internacional. Foi, así mesmo, un sobranceiro actor da "Época de ouro" do cinema mexicano. Por outra banda, fundou o Sindicato de Traballadores da Produción Cinematográfica da República Mexicana e reestruturou a Asociación Nacional de Actores da que foi destacado líder.

Julio Fernández Rodríguez

Julio Fernández Rodríguez, nado en Cereixido (A Fonsagrada) en 1947, é un produtor cinematográfico galego, residente en Barcelona desde finais da década de 1960.

Ronald Reagan

Ronald Wilson Reagan, nado o 6 de febreiro de 1911 e finado o 5 de xuño de 2004, foi o cuadraxésimo presidente dos Estados Unidos, de 1981 a 1989, e o 33 gobernador do estado de California, de 1967 a 1975. Antes de entrar en política, foi actor.

Tito Puente

Ernest Anthony Puente Jr., coñecido como Tito Puente, nado en Nova York o 20 de abril de 1923 e finado na mesma cidade o 31 de maio de 2000, foi un músico portorriqueño de salsa e jazz latino, cunha enorme influencia en ambos xéneros.

William Shakespeare

William Shakesperare, nado en Stratford-upon-Avon, bautizado o 26 de abril de 1564, e finado o 23 de abril de 1616, foi un poeta e dramaturgo inglés, considerado desde hai tempo por moitos como o meirande escritor en lingua inglesa e un dos máis célebres da literatura universal. A súa obra é tal que moitas das súas personaxes aínda son obxecto de cuantiosos estudos. Unha das características máis salientables da mesma é a profunda e complexa definición psicolóxica das súas personaxes.

Yma Sumac

Zoila Augusta Emperatriz Chávarri del Castillo, nada en Ichocán, Cajamarca, o 10 de setembro de 1922 e finada en Los Angeles, California o 1 de novembro de 2008, máis coñecida como Yma Sumac (transliteración do quechua Ima Sumaq, "que linda"), foi unha cantante soprano do Perú.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.