Allo

O allo é unha hortaliza que posúe un bulbo moi empregado na cociña. É de sabor forte, especialmente en cru e lixeiramente picante. A variedade máis común é a Allium sativum.

A localidade española da provincia de Cuenca, Las Pedroñeras, é coñecida como a capital mundial do allo ao celebrar a Feira internacional do allo (FIDA)[1]

Allo
Ilustración de William Woodville, en Medical botany, Vol. 3, Londres, 1793,

Ilustración de William Woodville, en Medical botany, Vol. 3, Londres, 1793,
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Asparagales
Familia: Amaryllidaceae
Subfamilia: Allioideae
Tribo: Allieae
Xénero: Allium
Especie: A. sativum
Nome binomial
Allium sativum
L., Sp. Pl., 1: 296, 1753 [1]
Allo, cru
Valor nutricional por 100 g
Enerxía623 kJ (149 kcal)
33.06 g
Azucres1 g
Fibra alimentaria2.1 g
0.5 g
6.36 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
17%
0.2 mg
Riboflavina (B2)
9%
0.11 mg
Niacina (B3)
5%
0.7 mg
Ácido pantoteico (B5)
12%
0.596 mg
Vitamina B6
95%
1.2350 mg
Ácido fólico (B9)
1%
3 μg
Vitamina C
38%
31.2 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
18%
181 mg
Ferro
13%
1.7 mg
Magnesio
7%
25 mg
Manganeso
80%
1.672 mg
Fósforo
22%
153 mg
Potasio
9%
401 mg
Sodio
1%
17 mg
Cinc
12%
1.16 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga59 g
selenio14.2 μg

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

Características

É unha planta perenne da familia da cebola. As follas son planas e delgadas, de até 30 cm de lonxitude. As raíces atinxen facilmente profundidades de 50 cm ou máis. O bulbo, de pel branca, forma unha cabeza dividida en partes comunmente chamados dentes. Cada cabeza pode conter de 6 a 12 dentes, envoltos nunha delgada película de cor branca ou rosácea. Cada un dos dentes pode dar orixe a unha nova planta de allo, xa que posúen na súa base unha xema terminal que é capaz de xermolar incluso sen necesidade de plantarse previamente. Este gromo comeza a aparecer despois dos tres meses de ser colleitado, dependendo da variedade e condicións de conservación. As flores son brancas, e nalgunhas especies o talo tamén produce pequenos bulbos ou fillos.

Unha característica particular do bulbo é o forte olor que bota ao ser cortado. Isto débese a dúas substancias altamente volátiles, denominadas aliina e disulfuro de alilo.

Variedades

Segundo o tipo de talo:

  • Allo de colo duro: o talo posúe floración e bota fillos.
  • Allo de colo mol: debido a que non produce fillos, teñen mellor rendemento, xa que só utilizan a enerxía para a produción do bulbo. Tamén resisten períodos de almacenamento máis prolongados en comparación co allo de colo duro.

Segundo a coloración:

  • Allo branco: aptos para o consumo en seco.
  • Allo rosado: xeralmente son de cedo.

Orixe e historia

Aínda que posúe unha orixe incerta, considérase oriundo de Asia, desde onde se estendeu a toda Europa, e desde alí cara América, por medio dos conquistadores españois.

En Exipto consumíano os escravos que traballaban na construción das pirámides, xa que se lle atribuían propiedades fortificantes e revigorizantes.

Durante os tempos da Grecia e Roma antigas, era consumido principalmente por soldados, navegantes e campesiños.

Na Idade Media xa se empregaba con fins terapéuticos, xeralmente para combater enfermidades bacterianas.

Durante a Primeira Guerra Mundial empregouse como antiséptico externo para desinfectar feridas cando non se dispuña dos antisépticos habituais.

Na actualidade cultívase e consómese en todo o mundo, e tamén se usa como compoñente de moitas receitas farmacéuticas.

Cultivo

Allium sativum. Restra de allos de Oroso- Galiza
Restra de allos

Os requirimentos ambientais para o seu cultivo son:

  • solos con boa drenaxe, preferentemente francos ou algo arxilosos, ricos en materia orgánica e con humidade. Adáptanse con facilidade en solos cultivados previamente con cereais.
  • rega permanente até o período anterior á colleita.
  • fertilización superior a outras hortalizas.
  • terra sen herbas, principalmente durante o primeiro período de xermolación.
  • temperaturas inferiores aos 17 °C.

A plantación realízase no inverno ou principios da primavera, cando o dente xa abrollou e o novo talo atinxe un 50% da lonxitude do dente. É importante seleccionar os dentes destinados a plantarse, debendo escollerse os máis sans e representativos da variedade para conservar as súas cualidades.

A sementeira pode realizarse manualmente ou con maquinaria, depositando o dente no chan a unha profundidade entre os 3 e 6 cm (unha ou dúas veces o tamaño do dente). Debe poñerse coa punta cara arriba, para evitar deformacións na nova planta. Outro aspecto a ter en conta para obter unha produción considerábel é o distanciamento axeitado entre filas e entre unha planta e outra. Aínda que non é un cultivo que requira de grandes superficies, a separación é importante para o bo desenvolvemento dos bulbos.

O allo cultivado en climas fríos adquire un gusto máis picante.

O momento axeitado para a recolección está determinado polo uso posterior que se lle dará aos bulbos. Se o obxectivo é obter sementes para unha sementeira posterior, deben recollerse cando as follas comezan a murchar. En cambio, se van destinarse para consumir, hai que esperar a que as follas sequen completamente. O ciclo completo, desde a xerminación até a recolección dos novos bulbos tarda aproximadamente oito meses.

Unha vez finalizada a colleita, os bulbos deben depositarse nun lugar morno, soleado e con boa ventilación durante dous ou tres semanas, para que sequen ou curen.

Os cultivos de allo deben rotarse despois de tres anos como máximo, para evitar o esgotamento do solo.

Uso gastronómico

Os gromos tenros das follas acostuman estar incluídos nalgúns pratos. Estes gromos poden prepararse como se fosen espárragos, aínda que o consumo do bulbo é moito máis habitual. Xeralmente aprovéitanse secos ou semisecos.

Uso medicinal[2]

Na actualidade, o allo ten unha ampla utilización farmacolóxica:

De acordo aos efectos medicinais buscados, varía a forma en que deben ser inxeridos, xa que o allo posúe diferentes propiedades se é consumido en cru ou cocido. Cando o allo cru se corta ou esmaga, prodúcese a combinación da aliina coa alinasa, o que produce unha substancia denominada alicina. Esta ten varios efectos benéficos, mais se o allo se cociña, este composto destrúese. No proceso de cocción libéranse compostos diferentes, como a adenosina e o alloeno, que posúen cualidades anticoagulantes e reducen o nivel de colesterol.

O allo na cultura popular

  • O que non comeu allos, non cheira a eles.
  • Onde allos ha, cebolas se collen.
  • Onde allos ha, viño haberá.

Notas

  1. http://www.abc.es/20120727/comunidad-castillalamancha/abcp-pedroneras-vuelve-capital-mundial-20120727.html
  2. http://www.misabueso.com/salud/Ajo

Véxase tamén

Ligazóns externas

'Allo 'Allo!

'Allo 'Allo! é unha comedia de situación británica que emitiu a BBC1 entre 1982 e 1992, creada por David Croft e Jeremy Lloyd como unha parodia da serie Secret Army emitida entre 1977 e 1979, dous dos seus actores Hillary Minster e John D. Collins, actuaron tamén nesta comedia.

Chunda Chunda

Chunda Chunda foi unha serie documental de oito capítulos que emitiu a TVG no ano 2000. Dirixiuna Jorge Coira e presentouna Luís Tosar, a serie seguía a dúas orquestras de verbena en xira por toda Galicia no verán de 1999.

Coma un allo

Coma un allo é un programa concurso de preguntas e respostas, emitido pola Televisión de Galicia. Comezou a emitirse o 11 de setembro de 2017.

Comarca da Terra de Soneira

A comarca da Terra de Soneira é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Vimianzo. A esta comarca pertencen os concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas. Limita coa comarca de Bergantiños polo nordés e coa de Fisterra polo suroeste. Historicamente a comarca incluía ademais dos concellos actuais o de Laxe e varias parroquias de Cabana.

Con perdón

Con perdón foi un programa de humor da TVG que se emitiu en 1997. Dirixido por Manolo Bello, realízaronse 26 capítulos e os seus presentadores eran Marma Campos, Alberto Comesaña e Xoán Pérez.

Contrafío

Contrafío foi un programa de debates da Televisión de Galicia que se emitiu na tempada 1987-1988 nun primeiro momento dirixido e presentado por Amelia García e logo asumiu a función de dirección Xosé María Palmeiro.

Costeira galega

Costeira galega foi un programa divulgativo e informativo sobre o mundo do mar e dos mariñeiros emitido na Televisión de Galicia na tempada 1985-1986 presentado por Queca Merino.

Costeira galega emitíase os luns ás 20:00 horas cunha duración de 55 minutos. En xuño de 1986 o programa reduce a súa duración ata os 30 minutos e muda de nome a Mar.

DeZine

DeZine foi un programa sobre cine que emitiu a TVG desde 1998 ata 2005 presentado pola actriz Uxía Blanco e dirixido por Pilar Comesaña e Eduardo Galán Blanco. Recibiu o Premio AGAPI 1998 ó mellor programa de televisión e o Premio Mestre Mateo 2002 ó mellor programa de televisión.

Espacio aberto

Espacio aberto[sic] foi un programa cultural da Televisión de Galicia dedicado á divulgación de espectáculos, tanto galegos como foráneos, que se desenvolvían no territorio galego. Estaba dirixido e presentado por Pemón Bouzas que percorría a xeografía galega nunha unidade móbil para realizar as reportaxes, xeralmente tres por programa.

Extramuros

Para a colección literaria de Edicións Xerais de Galicia véxase: Colección Extramuros.Extramuros foi un programa cultural da Televisión de Galicia que se emitiu en 1988 dirixido e presentado por Luis Álvarez Pousa dedicado ás novas correntes artísticas e de pensamento en Galicia e no mundo.

Galegos (programa de televisión)

Galegos foi un programa da Televisión de Galicia dunha hora de duración presentado por Xosé Antonio Silva que comezou a emitirse o 4 de setembro de 1985. O programa consistía nunha longa entrevista a un personaxe coñecido da sociedade galega.

O protagonista do primeiro programa foi Valentín Paz-Andrade.

Lugares de Zas

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Zas

Lúa Nova

Lúa Nova foi un programa da Televisión de Galicia dirixido e presentado por Xosé Ramón Gayoso que se emitiu na tempada 1986-1987, consistía en actuacións musicais, entrevistas, espectáculos de humor e circenses.

Montalbán de Córdoba

Montalbán de Córdoba é un municipio español situado no suroeste da provincia de Córdoba, na comunidade autónoma de Andalucía. O municipio atópase na comarca da Campiña Sur Cordobesa e pertence ao partido xudicial de Montilla. As súas coordenadas xeográficas son 37º 35' N, 4º 45' O. Atópase a unha altitude de 273 msnm e a uns 42 km da capital de provincia, Córdoba. A extensión do seu termo municipal é de 33,9 km². No ano 2011 tiña 4.586 habitantes e unha densidade de poboación de 136,24 hab/km².O nome do municipio deriva do latín MONTEM·ALBANVM, que significa "Monte Branco", evolucionando a Monte Albano, despois a Mont' Alban' e finalmente é Montalbán. Este nome é consecuencia da cor da terra do monte sobre o que se sitúa a localidade, que é de calcaria branca.Montalbán é moi coñecido polo seu cultivo do allo, sendo o primeiro produtor de allo de Andalucía e aglutinando o 37% da produción de allo da Unión Europea.

O Allo, Zas

San Pedro do Allo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas. Segundo o IGE en 2018 tiña 152 habitantes (75 mulleres e 77 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 148 habitantes.

O campo de atrás

O campo de atrás foi un programa infantil que emitiu a TVG en 1988. Dirixido por Manuel Pombal, contou coa participación, entre outros, dos actores Avelino González como o boneco Bogo, a xa falecida Marisa Soto, Xosé Lois, Serxio Pazos, Gonzalo Uriarte e Xosé Manoel Conde como o "Profesor Lampantín". Foron guionistas do programa Xosé Manoel Conde, Cándido Pazó, Avelino González, Manoel Pombal e Paco Barreiro.

O mellor

O mellor foi un programa da Televisión de Galicia dirixido e presentado por Manuel Rivas que se emitiu na tempada 1986-1987, consistía nun concurso de enxeño e humor, no que os concursantes subían a un ring de boxeo para competir en ser o mellor humorista, en cada programa tamén contaban chistes recoñecidos humoristas e afeccionados, como varios presentadores da propia TVG no primeiro programa.

Ruada

Ruada foi un programa da Televisión de Galicia presentado por Xosé Luís Blanco Campaña que se emitiu na tempada 1985-1986. Emitíase os mércores e venres pola noite. Ruada consistía en actuacións de músicos, bandas e grupos de baile tradicionais galegos e entrevistas a personaxes populares e do eido da cultura.

Zas

Zas é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2018 tiña 4.581 habitantes (4.902 no 2014, 5.295 no 2010, 5.674 no 2006, 5.780 no 2005, 5.867 no 2004, 5.978 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é zaseiro ou salense.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.