Alhambra

Alhambra é unha cidade palatina situada na cidade de Granada en España. Tratase dun rico complexo palaciano e fortaleza que aloxaba ó monarca e a corte do Reino de Granada. O seu verdadeiro atractivo, como noutras obras musulmás da época, non só radica nos interiores cunha decoración que está entre os cumios da arte andalusí, senón que tamén na súa localización e adaptación, xerando unha paisaxe totalmente integrada coa natureza preexistente. No ano 2006 recibiu uns 2 153 491 visitantes.[1] Ademais é desde o ano 2007 un dos 12 Tesouros de España.[2] Foi declarada, xunto co Generalife e o Albaicín Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1984.[3]

Alhambra, Generalife e Albaicín de Granada
Spain Andalusia Granada BW 2015-10-25 17-22-07
O Patio dos Arrayanes
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
Localización37°10′37″N 3°35′24″O / 37.17694, -3.59000
TipoCultural
CriteriosI, III, IV
Inscrición1984 (8ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador314

Etimoloxía

Etimolóxicamente, Alhambra en árabe é "Al Ħamrā'" (a Vermella, اَلْحَمْرَاء, procedente do nome completo "al Qal'at al-hamra" (Fortaleza vermella).

Vista panorámica da Alhambra con Serra Nevada ó fondo.
Vista panorámica da Alhambra con Serra Nevada ó fondo.

Historia

116 Tafel 6 Grenada Alhambra - Plano del Palacio Arabe
Plano de Palacio Arabe 1889
Una puerta de la Alhambra de Granada
Unha porta da Alhambra nun gravado antigo.

A Alhambra é unha cidade amurallada que ocupa a maior parte do monte de La Sabika. O Granada musulmá tiña o seu propio sistema amurallado, polo tanto a Alhambra podía funcionar con autonomía respecto da cidade. Na Alhambra atopábanse todos os servizos propios e necesarios para a poboación que alí vivía: palacio real, mesquitas, escolas, talleres etc.

No 1238 entra en Granada pola Puerta de Elvira, e para ocupar o Palacio del Gallo del Viento, Mohammed-Ben-Nazar (ou Nasr), chamado Al-Hamar o Roxo. Cando Ben-Al-Hamar (Mohamed-Ben-Nazar) entrou triunfador en Granada nese ano de 1238, a poboación recibiuno co grito de Benvido o vencedor pola graza de Alá, el respondeu: Só Alá vence. Este é o lema do escudo do Reino de Granada e tamén aparece escrito por toda a Alhambra. Ben-Al-Hamar construíu o primeiro núcleo do palacio. O seu fillo Mohammed II, que foi amigo de Afonso X o Sabio fortificouno.

O estilo granadino na Alhambra é a culminación da arte andalusí, o que aconteceu a mediados do século XIV con Iusuf I, quen construíu a Torre de Comares e con Mohammed V quen edificou o Patio dos Leóns.

No 1492, coa conquista de Granada polos Reis Católicos, a Alhambra pasou a ser o palacio real. O conde de Tendilla. da familia de Mendoza, foi o primeiro alcaide cristián da Alhambra.

O Comité da UNESCO declarou á Alhambra e o Generalife de Granada como Patrimonio Cultural da Humanidade en 1984.

Inscricións

Granada Alhambra Detail
Detalle dun muro da Alhambra

Existen unhas dez mil inscricións na Alhambra, a maioría delas poemas, sentenzas, textos do Corán e xaculatorias. Todas están escritas en árabe clásico e moitas corresponden ó poetas da Corte de Iusuf I no século XIV. Os apousentos do rei nazarí no palacio de Comares, son os que teñen o maior número de textos cun total de 3.116, o que supón o 35% do total [4]. Estes textos puideron ser escritos para a ocasión ou con anterioridade. Ibn al-Zayab, Ibn al-Jatib e Ibn Zamrak son os autores da maior parte deles. Os tres escritores formaban o groso dos poetas da corte de Iusuf I.

Notas

  1. 20minutos.es
  2. 12 Tesoros de España
  3. "Alhambra, Generalife and Albayzín, Granada" (en inglés). UNESCO Culture Sector. Consultado o 09-02-2013.
  4. Recollido no Corpus Epigráfico de la Alhambra impreso polo CSIC.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

6 de xaneiro

O 6 de xaneiro é o sexto día do ano do calendario gregoriano. Quedan 359 días para rematar o ano e 360 nos anos bisestos.

Albaicín

O Albaicín ou Albayzín é un barrio do leste da cidade de Granada, en Andalucía, que conserva a estrutura e aspecto que tiña na época musulmá medieval. Foi declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO en 1948, xunto coa Alhambra e o Generalife.

Cervezas Alhambra

Cervezas Alhambra é unha compañía cervexeira española da cidade de Granada (Andalucía), fundada en 1925 e que actualmente forma parte do Grupo Mahou-San Miguel.

Circo romano

O circo é o lugar onde os romanos realizaban espectáculos, con chanzos para os espectadores. Foi unha das instalaciones máis importantes das cidades romanas. Xunto co teatro e mailo anfiteatro, forma a tríade de grandes instalacións destinadas a divertir o pobo. Inspirado nos hipódromos e estadios gregos, porén de medidas moito maiores ca estes, o circo romano estaba destinado a carreiras, espectáculos, e representacións, que conmemoraban os acontecementos do Imperio.

O circo romano é un recinto moi alongado con remates circulares nos extremos, tendo globalmente unha forma oval. No centro, arrodeada de bancadas xeralmente en pedra, estaba a arena (en latín hārēna), moi alongada e partida en dous pola espiña (en latín spina), un valado baixo e illado coroado de obeliscos, estatuas e outros enfeites semellantes. A espiña formaba sobre a arena dúas vías por onde corrían as bigas e cuadrigas. En cada un dos extremos da espiña había un piar cónico denominado meta (en latín meta). Os contadores de voltas adoitaban ser ovos de pedra ou estatuetas de golfiños.

Decreto da Alhambra

O Decreto da Alhambra ou edicto de Granada foi un decreto rexio promulgado polos Reis Católicos (Isabel I de Castela e o rei Fernando II de Aragón), ordenando a expulsión ou conversión forzada da poboación xudía dos reinos de Castela e Aragón. Este decreto deixaba marchar dos seus reinos quen non quixese converterse ao catolicismo, polo que realmente non foi unha expulsión senón unha prohibición do xudaísmo. Foi a causa da dispersión dos sefardís (xudeus españois) polo Magreb, Medio Oriente e sueste de Europa. Escrito por Juan de Coloma, o secretario real, e asinado na Alhambra, Granada, o 31 de marzo de 1492.Aceptado con resignación por grande parte da comunidade xudaica, unha notábel excepción foi o rabino D. Isaac Abravanel. Un documento ficticio, atribuído a Isaac Abravanel, que sería unha resposta escrita a ese decreto, foi na verdade forxado por David Rafael en 1988. No seguimento do seu intento en convencer os reis católicos a cancelar o decreto, tería escrito unha resposta punxente e profética ao decreto, nas vésperas da súa partida. A orixe real do documento encóntrase nunha obra de ficción publicada en 1988, intitulada Alhambra Decree do autor David Raphael.

Generalife

O Generalife (do árabe جَنَّة الْعَرِيف Jannat al-‘Arīf) é a vila con xardíns habitada polos reis musulmáns de Granada como lugar de descanso, situado na cidade de Granada, España. Foi declarado, xunto coa Alhambra e o Albaicín Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1984.

Glendale, Arizona

Glendale é unha cidade situada no condado de Maricopa, en Arizona, a uns 14 km ao noroeste do centro de Phoenix.

Granada

Granada é unha cidade española, capital da provincia homónima, no territorio histórico de Granada, en Andalucía. Conta cunha poboación de 238.292 habitantes (01/01/2004) e de 450.000 na súa área metropolitana que se estende pola Veiga de Granada. Está situada aos pés de Serra Nevada, na confluencia dos ríos Genil, Darro e Beiro, cunha altitude media de 700 m sobre o nivel do mar. Ao bordo dunha fértil planicie, a Veiga de Granada, que está rodeada por tres macizos montañosos.

Hidrólise

A hidrólise (do grego: ὕδωρ, hudōr, ‘auga’; e λύσις, lysis, ‘ruptura’, ‘disociación’, 'disolución') é unha reacción química entre unha molécula de auga e outra molécula, na cal a molécula de auga se divide e os seus átomos pasan a formar parte doutra especie química. Esta reacción é importante polo grande número de contextos nos que a auga actúa como disolvente. A hidrólise é un tipo de solvólise na cal o disolvente é a auga. É unha reacción química de dobre descomposición na que un dos reactivos é a auga, que ao mesmo tempo é o disolvente da disolución, e o soluto é o outro reactivo. A hidrólise implica a rotura dun ou máis enlaces no soluto reactante, durante reaccións de substitución, eliminación e fragmentación nas cales a auga é o nucleófilo. Os reactivos diferentes da auga e os produtos da hidrólise poden ser moléculas neutras, como na maioría das hidrólises que implican compostos orgánicos, ou ións, como no caso da hidrólise de sales, ácidos e bases.

Hijos de Rivera

Hijos de Rivera, S.A. é unha empresa galega de alimentación fundada en 1906 con sede na cidade da Coruña. Estrella Galicia é dende 2015, o cuarto grupo cervexeiro de España.Tras cen anos de historia segue co seu proceso de expansión, sendo líderes en Galiza e unha das poucas cervexeiras independentes do Estado xunto con Cervezas Alhambra. Está presente no mercado estatal e estranxeiro, chegando a 14 países, entre eles Portugal, os Estados Unidos e México. A empresa ten fábrica en Brasil para o mercado local.

Isabel I de Castela

Isabel I de Castela, nada en Madrigal de las Altas Torres o 22 de abril de 1451 e finada en Medina del Campo o 26 de novembro de 1504. Foi raíña de Castela desde 1474 ata 1504, raíña consorte de Sicilia desde 1469 e de Aragón desde 1479, polo seu matrimonio con Fernando de Aragón. É chamada «a Católica», título que lles foi outorgado a ela e ao seu marido polo papa Alexandre VI mediante a bula Si convenit, o 19 de decembro de 1496. É polo que se coñece á parella real co nome de Reis Católicos, título que usarían en diante practicamente todos os reis de España.

Casou en 1469 co príncipe Fernando de Aragón. Polo feito de ser primos segundos necesitaban unha bula papal de dispensa que só conseguiron de Sisto IV a través do seu enviado o cardeal Rodrigo Borgia en 1472. Ela e o seu esposo Fernando conquistaron o reino de Granada e participaron nunha rede de alianzas matrimoniais que fixeron que o seu neto, Carlos, herdase as coroas de Castela e de Aragón, outros territorios europeos e convertésese en emperador do Sacro Imperio Romano.Isabel e Fernando fixéronse co trono tras unha longa loita, primeiro contra o rei Henrique IV e de 1475 a 1479 na Guerra de Sucesión castelá contra os partidarios da outra pretendente ao trono, Xoana. Isabel reorganizou o sistema de goberno e a administración, centralizando competencias que antes ostentaban os nobres; reformou o sistema de seguridade cidadá e levou a cabo unha reforma económica para reducir a débeda que o reino herdara do seu medio irmán, e predecesor no trono, Henrique IV. Tras gañar a guerra de Granada os Reis Católicos expulsaron aos xudeus dos seus reinos e, anos máis tarde, tamén aos musulmáns.

Isabel concedeu apoio a Cristovo Colón na procura dunha nova ruta cara ás Indias, o que levou ao descubrimento de América. Devandito acontecemento provocaría no futuro a conquista das terras descubertas e a creación do Imperio Español.

Isabel viviu 53 anos, dos cales gobernou 30 anos como raíña de Castela e 26 como raíña consorte de Aragón á beira de Fernando II.

Luís Alonso Girgado

Luís María Alonso Girgado, nado o 7 de agosto de 1946 en Ferrol, é un editor, escritor, investigador e tradutor galego.

Mármore

O mármore é un tipo de rocha compacta formada a partir de rochas calcarias que, sometidas a elevadas temperaturas e presións, acadan un alto grao de cristalización. O compoñente básico do mármore é o carbonato cálcico, cuxo contido supera o 90%; os demais compoñentes son considerados impurezas, sendo estas as que nos dan a grande variedade de cores nos mármores, e definen as súas características físicas. Tras un proceso de pulido por abrasión o mármore acada un alto nivel de brillo natural, é dicir sen ceras nin compoñentes químicos. O mármore emprégase principalmente na construción, decoración e escultura. Ás veces é translúcido, ou de diferentes cores, entre as que son máis frecuentes atópanse o branco, o marrón, o vermello, o verde, o negro, o gris, o azul e o amarelo. Tamén pode presentar unha coloración uniforme, xaspeada (a salpicaduras), veteada (tramado de liñas) e diversas configuracións ou mesturas entre elas.

Ronnie Bucknum

Ronnie Bucknum nado en Alhambra (California) o 5 de abril de 1936 e finado en San Luis Obispo o 23 de abril de 1992, foi un piloto de automobilismo estadounidense.

SEAT

A Sociedade Española de Automóbiles de Turismo, máis coñecida polo seu acrónimo SEAT, é un dos principais fabricantes de automóbiles de España. Fabricou unhas 408.318 unidades o ano 2006 e prevese que aumentará a súa produción a 480.000 o ano 2008. Desde 1990 é subsidiaria do Grupo Volkswagen de Alemaña.

Templo expiatorio da Sagrada Familia

O Templo Expiatorio da Sagrada Familia (en catalán: Temple Expiatori de la Sagrada Família), coñecido simplemente como Sagrada Familia, é unha basílica católica da cidade de Barcelona, obra non rematada do arquitecto Antoni Gaudí. Iniciada en 1882, é a obra máis importante de Gaudí e o máximo expoñente da arquitectura modernista catalá. Segundo datos do ano 2011, é o monumento máis visitado de España, con 3,2 millóns de visitantes, por riba do Museo do Prado (2,9 millóns) e da Alhambra de Granada (2,3). e é a igrexa máis visitada de Europa tras a basílica de San Pedro do Vaticano.

Trenhotel

O Trenhotel é a marca comercial dos servizos de trens nocturnos de longa distancia e de gama media-alta operados por Renfe Operadora en España. O servizo realízase con trens Talgo e conecta gran parte de España e algunhas cidades de Portugal. No pasado tamén conectaba con cidades de Francia, Italia e Suíza.

Ten asentos en turista e preferente, cabinas de 4 camas en turista e de 1 ou 2 en preferente ou gran clase. O acceso está adaptado a minusválidos e posúe cafetería.

Dende o punto de vista físico, é un tren Talgo das series IV, V, VI ou VII con posible rodadura desprazable que foi reformado por dentro contendo moitos dos coches camas para viaxar de noite.

Álvaro Siza

Álvaro Joaquim de Melo Siza Vieira, nado o 25 de xuño de 1933 en Matosinhos e coñecido como Álvaro Siza Vieira, é un arquitecto contemporáneo portugués.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.