Algarve

O Algarve[1][2] é unha rexión administrativa de Portugal, situada no sur do territorio continental, constituída dende 2003 como Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional (CCDR)[3]. Ten unha superficie de 5.412 km² e 451.005 habitantes (2011). A actual rexión do Algarve correspóndese na súa totalidade coa antiga provincia do mesmo nome e co distrito de Faro.

O Algarve divídese en 16 concellos, e a súa capital é a localidade de Faro. A principal actividade económica da rexión é o turismo, atraído polas praias e o patrimonio cultural.

Rexión do
Algarve
Flag of None COA Reino de Algarve 1666
Bandeira Escudo
Europe location ALG
Capital Faro
Linguas oficiais Portugués
Superficie 5.412 km²
Poboación
 - Densidade
451.005 hab
83'24 hab/km²
Xentilicio Algarvio / a
Creación do NUTS II 2003
Presidente João Varejão Faria
Concellos do Algarve por poboación

Castelo de Loulé

Loulé
Porto deportivo de Faro

Faro
Vivendas nunha das praias de Portimão

Portimão
Mercado de Olhão

Olhão
Albufeira

Albufeira
Panorámica do casco antigo de Silves

Silves
Vista aérea de Lagos

Lagos

Concello Hab.(2011)
1   Loulé 70 622
2   Faro 64 560
3   Portimão 55 614
4   Olhão 45 396
5   Albufeira 40 828
6   Silves 37 126
7   Lagos 31 048
8   Tavira 26 167
9   Lagoa 22 975
10   Vila Real de Santo António 19 156
11   São Brás de Alportel 10 662
12   Castro Marim 6 747
13   Monchique 6 045
14   Aljezur 5 884
15   Vila do Bispo 5 258
16   Alcoutim 2 917
Instituto Nacional de Estatística

Etimoloxía

O termo "Algarve" provén de "al-Gharb al-Ândalus", nome dado ao actual Algarve e baixo Alentexo durante o domínio musulmán. O seu significado é "Andaluz Occidental", pois era a parte occidental da Andalucía musulmá.

Historia

As rexións españolas e portuguesas outrora coñecidas por al-gharb al-Andalus (en árabe: الغرب الأندلس) eran o centro musulmán máis importante da época da "Hispania Islámica", cunha importante produción cultural, científica e tecnolóxica. Daquela, a principal cidade da rexión era Silves, que en tempos da súa conquista por parte do rei Sancho I de Portugal era case 10 veces maior e estaba máis fortificada que Lisboa. O Algarve foi a última parte do territorio de Portugal conquistado aos mouros, no ano 1249 durante o reinado de Afonso III. Segundo algúns documentos históricos, a conquista definitiva do Algarve aos mouros neste reinado, a toma da cidade de Faro, foi feita de forma relativamente pacífica. En 1267, co tratado de Badaxoz , o Algarve foi recoñecido como territorio portugués fronte ás pretensións da Coroa de Castela. Curiosamente, o nome oficial do reino resultante seria frecuentemente designado como Reino de Portugal e do Algarve, aínda que nunca foron dous reinos separados. A zona occidental do Algarve denomínase Barlavento e a oriental Sotavento. Esta designación débese ao vento predominante na costa sur do Algarve, aínda que a orixe histórica desta división é incerta e bastante remota. Na Antigüidade, os Romanos consideraban no suroeste da Península Ibérica a rexión do Cabo Cúneo, que ía dende Mértola por Vila Real de Santo António até a enseada de Armação de Pêra, e a rexión do Promontório Sacro, que abranguía o resto do Algarve. O primeiro ministro do rei Xosé I, o Marqués de Pombal, tentou efectuar unha división, nunca recoñecida polo papado romano, da diocese de Faro en dous bispados: Faro e Vila Nova de Portimão. O límite entre eles era o regato de Quarteira e o seu prolongamento en liña recta ata o Alentejo.

Xeografía

O Algarve limita ao norte coa rexión do Alentexo (subrexións do Alentexo Litoral e Baixo Alentejo), ao sur e oeste co Océano Atlántico e ao leste o río Guadiana marca a fronteira con España. O punto máis alto sitúase na Serra de Monchique, cunha altitude máxima de 902m (Pico da Fóia). Alén de Faro, teñen tamén categoría de cidade as aglomeracións urbanas de Albufeira, Lagoa, Lagos, Loulé, Olhão, Portimão, Quarteira, Silves, Tavira e Vila Real de Santo António. Todas elas agás Quarteira son sedes de concellos.

Concellos

A rexión subdivídese en 16 concellos:

Turismo

O Algarve dispón de belísimas praias e paisaxes naturais, sendo a máis turística das provincias de Portugal. Neste aspecto destaca Vilamoura, un dos complexos turísticos máis coñecidos de Europa, xunto á praia da Falésia (concello de Loulé), Albufeira (considerada a capital do turismo) e a praia da Rocha no concello de Portimão.

Agricultura

Os produtos agrícolas tradicionais máis importantes son as producións de froitos secos (figos, améndoas e alfarrobeiras), augardente de érbedo e cortiza, especialmente nas rexións do nordeste algarvío.

Deportes

EstadioAlgarve
Estadio Algarve.
Autódromo de Algarve
Circuíto do Algarve.

Fútbol

O principal club de fútbol do Algarve é o Sporting Clube Farense, que disputou 23 tempadas na Primeira Liga, acadando un 5º posto na edición 1994/95. Malia ser o club máis exitoso da rexión, na tempada 2012/13 compite na categoría de bronce do fútbol portugués despois de ser refundado en 2006. O equipo disputa os seus encontros como local no Estadio Algarve, con capacidade para 30.305 seareiros, que foi construído en 2003 por mor da Eurocopa 2004 que organizou Portugal. Este recinto foi unha das 10 sedes do evento.

O Sporting Clube Olhanense milita por 19ª vez na máxima categoría do fútbol portugués durante a tempada 2012/13. A súa mellor participación foi o 4º posto acadado na tempada 1945/46. O Portimonense Sporting Clube participou en 14 edicións da Primeira Liga, acadando un 5º posto na tempada 1984/85.

Ciclismo

Dende 1977 vense disputando cada ano polo mes de febreiro a Volta ó Algarve, unha carreira ciclista de 5 etapas pertencente ó UCI Europe Tour. Trátase da carreira máis importante do país xunto coa Volta a Portugal e a Volta ó Alentexo. Nos últimos anos gañou importancia xa que moitos corredores internacionais elixen esta proba para preparar as clásicas de primavera, de xeito que nos últimos anos contou con gañadores tan salientables como Alberto Contador, Alex Zülle, Alessandro Petacchi, Tony Martin ou Floyd Landis.

Motor

O Rally de Portugal, creado en 1967 e pertencente ó Campionato do Mundo de Rally, dispútase dende 2005 en terras algarvias. Polo xeral ten lugar o derradeiro fin de semana do mes de marzo, pero tamén se ten disputado noutras datas.

En novembro de 2008 foi inaugurado o Autódromo Internacional do Algarve, un circuíto de velocidade sobre asfalto de 4.682 metros de lonxitude, situado no concello de Portimão. O recinto está homologado polas federacións internacionais de automobilismo e motociclismo para acoller carreiras internacionais. Nel téñense feito adestramentos oficiais de Formula 1, probas do Campionato do mundo de Superbikes, do Campionato FIA GT e moitas outras probas.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para algarvío.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 111. ISBN 84-8158-266-2.
  3. Decreto-Lei 104/2003, de 27 de Maio (en portugués)

Outros artigos

Ligazóns externas

Aeroporto de Faro

O Aeroporto de Faro (IATA: FAO, OACI: LPFR) é un aeroporto internacional portugués situado a 4 km ao oeste de Faro, no Algarve. Trátase do segundo máis importante do país, por detrás do aeroporto de Lisboa, e mantén un incremento de viaxeiro moi alto, sobre todo grazas ás compañías de baixo custo.

Afonso XI de Castela

Afonso XI de Borgoña, o Xusticeiro, nado en Salamanca o 13 de agosto de 1311 e finado en Xibraltar o 26 de marzo de 1350, foi rei de Castela, Galicia, León e Toledo entre outros reinos, ademais de ser bisneto de Afonso X o Sabio.

Ó morrer, era Rei de Castela, León, Toledo, Galicia, Sevilla, Córdoba, Murcia, Xaén, o Algarve, Alxeciras, e Señor de Molina.

Afonso X o Sabio

Afonso X, nado en Toledo o 23 de novembro de 1221 e finado en Sevilla o 4 de abril de 1284, foi rei de Castela e León.Á morte de seu pai, Fernando III o Santo, retomou a ofensiva contra os musulmáns, e ocupou Xerez (1253), arrasou Salé, o porto de Rabat (1260) e conquistou Cádiz (contra 1262). En 1264 tivo que facer fronte a unha importante revolta dos mudéxares de Murcia e do val do Guadalquivir.

Como fillo de Beatriz de Suabia, da casa de Hohenstaufen, aspirou á coroa do Sacro Imperio Romano Xermánico, proxecto ao que dedicou máis da metade do seu reinado sen obter éxito.

Os últimos anos do seu reinado foron especialmente sombríos, debido ao conflito sucesorio provocado pola morte prematura do seu primoxénito, Fernando de la Cerda, e a minoría de idade dos outros fillos, o que desembocou na rebelión aberta do infante Sancho e de gran parte da nobreza e das cidades do reino. Afonso morreu en Sevilla durante o transcurso desta revolta, non sen antes desherdar ao seu fillo Sancho.

Levou a cabo unha activa e beneficiosa política económica, reformando a moeda e a facenda, concedendo numerosas feiras e recoñecendo en 1273 ao Honrado Consejo de la Mesta.

Tamén é recoñecido pola súa obra literaria, científica, histórica e xurídica realizada polo seu escritorio real. Afonso X patrocinou, supervisou e, moitas veces, participou coa súa propia escritura e en colaboración cun conxunto de intelectuais latinos, hebreos e islámicos coñecido como Escola de Tradutores de Toledo, na composición dunha inxente obra literaria que iniciou en boa medida a prosa en castelán. Destacan as Sete Partidas (Las Siete Partidas), unha recompilación xurídica e de principios do dereito, e algúns tratados de xadrez e de astronomía. Ademais escribiu poesía en galego-portugués, como as Cantigas de Santa María, realizando unha grande achega á lingua culta do momento na corte do reino, a lingua galego-portuguesa. Tamén escribiu poemas trobadorescos. Por todo isto foi alcumado o Sabio.

En 1935 recoñeceuse como astrónomo nomeándose no seu honor o cráter lunar "Alphonsus".

Alentexo

O Alentexo (en portugués: Alentejo) é unha rexión (NUTS II) portuguesa. Abrangue unha área de 31.152 km² (o 33% do territorio continental portugués) e ten unha poboación de 770.265 habitantes (o 8% da poboación continental portuguesa). A rexión propiamente dita de Alentejo (sen Lezíria do Tejo) ten 511.157 habitantes e unha área de 27.276 km².

Comprende integramente os distritos de Portalegre, Évora e Beja, e as metades sur dos distritos de Setúbal e de Santarém. Limita ao norte coa Rexión Centro, ao noroeste coa Rexión de Lisboa, ao leste con España, ao sur co Algarve e ao oeste co Océano Atlántico. Abrangue 58 concellos (18,8 % do total portugués) pertencentes a cinco subrexións estatísticas (NUTS III): Alentexo Central, Alentexo Litoral, Alto Alentexo, Baixo Alentexo e Lezíria do Texo.

A división actual non coincide coa antiga rexión tradicional do Alentexo (que non constituía unha provincia por si, aínda que o Alentexo era considerado como a unión das dúas provincias do Alto e Baixo Alentexo), a cal era lixeiramente menor que a actual: incluía apenas os distritos de Évora e Beja (na súa totalidade), case todo o distrito de Portalegre (agás o concello de Ponte de Sôr, que formaba parte do Ribatexo), e a metade sur do de Setúbal (os concellos dese distrito que forman parte da actual rexión do Alentexo Litoral, a saber: Alcácer do Sal, Grândola, Santiago do Cacém e Sines).

O seu topónimo fai referencia aos terreos situados máis alá do río Texo.

Autódromo Internacional do Algarve

O Autódromo Internacional do Algarve é un autódromo localizado en Portimão, no Algarve, Portugal. A construción finalizouse en outubro do 2008. A construcción custou 195 millóns de euros e o circuíto foi inaugurado o 2 de novembro do mesmo ano, na data da carreira final do Campionato do mundo de Superbikes. Ademais da xa citada proba, o autódromo tamén albergou o A1 Grand Prix, as GP2 Series, as World Series by Renault, a Superleague Formula, o Campionato do Mundo de Turismos, as Superstars Series, o Campionato FIA GT, as Le Mans Series e o Open Internacional de GT. O circuíto tamén acolle moitos adestramentos da Fórmula 1.

O Autódromo Internacional do Algarve está homologado pola Federación Internacional do Automóbil (FIA) e pola Federación Internacional de Motociclismo (FIM) para acoller competicións internacionais. O trazado principal e máis largo ten unha lonxitude de 4.692 metros e conta cun total de 18 curvas.

Distrito de Faro

O distrito de Faro é un distrito portugués, coincidente coa provincia tradicional do Algarve. Limita ao norte co Distrito de Beja, ao leste con España, e ao sur e ao oeste co Océano Atlántico. Abrangue unha área de 4960 km², sendo así o 10º maior distrito portugués. Conta cunha poboación residente de 421.528 habitantes (2006) e a súa capital é a cidade de Faro.

Faro, Portugal

Faro é unha cidade portuguesa, de 41.307 habitantes (ano 2006). É a capital do Distrito de Faro, da rexión, subrexión e da antiga provincia do Algarve

É sede dun municipio con 201,31 km² de área e 58.051 habitantes (2001), subdividido en 6 freguesías. O municipio limita ó norte e oeste co municipio de san Brás de Alportel, ó leste con Olhão, ó oeste con Loulé e ó sur co océano Atlántico.

As freguesías de Faro son:

Conceição

Estoi (anteriormente Estói)

Montenegro

Santa Bárbara de Nexe

São Pedro

Se

Johan Soarez Coelho

Johan Soarez Coelho foi un trobador portugués, que estivo activo entre 1240 e 1280. Membro da fidalguía portuguesa do norte de Portugal, participou na conquista do Algarve e máis tarde tería un papel importante na administración portuguesa, polo que coñece longas estadías na corte de Castela. Dúas das súas cantigas de amor dan lugar a un dos ciclos temáticas da cantiga de escarnio, o ciclo do escándalo das amas e as tecedeiras. É autor de 52 textos: 21 cantigas de amor, 15 cantigas de amigo, 2 sátiras literarias, 1 sirventés moral,8 cantigas de escarnio e 5 tenzóns, 2 con Johan Perez de Aboim e con Juião Bolseiro, Lourenço e Picandon.

Lista de reis de Portugal

Esta é unha lista de reis de Portugal, desde a independencia do Reino de León en 1139 até a implantación da República o 5 de outubro de 1910. A título previo, móstranse tamén os condes de Portugal que antecederon directamente o primeiro rei portugués.

Manuel I de Portugal

Manuel I de Portugal, nado en Alcochete o 31 de maio de 1469 e finado en Lisboa o 13 de decembro de 1521, foi Rei de Portugal. Alcumado de "O Venturoso", "O Benaventurado" ou "O Afortunado", polos acontecementos felices que o levaron ao trono e que ocorreron no seu reinado, concretamente o descubrimento do camiño marítimo para a India e Brasil. Foi o primeiro rei a asumir o título de pela Graça de Deus, Rei de Portugal e dos Algarves, d'Aquém e d'Além-Mar em África, e Senhor da Guiné, e do Comércio, Conquista e Navegação da Arábia, Pérsia e Índia... (pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do Algarve, d'aquém e d'Alén-Mar en África, Señor do Comercio, da conquista e da Navegación de Arabia, Persia e India).

Pedro I de Castela

Pedro I de Castela, o Cruel ou o Xusticeiro, nado en Burgos en 1334 e finado en Montiel, Cidade Real, en 1369, foi rei de Castela e León entre o 26 de marzo de 1350, pouco antes de facer os 16 anos, até a súa morte en 1369. A finais do seu reinado ostentaba os títulos de rei de Castela, Toledo, León, Galiza, Sevilla, Córdoba, Murcia, Xaén, o Algarve, Alxeciras e señor de Biscaia e de Molina.

Portimonense Sporting Clube

O Portimonense Sporting Clube, comunmente chamado Portimonense, é un club de fútbol portugués de Portimão. Fundouse en 1914 e compite na Segunda Liga. Xoga os seus partidos no Estádio Municipal de Portimão, con capacidade para 9.544 espectadores.

Portimão

Portimão é unha cidade portuguesa do Distrito de Faro, rexión e subregión do Algarve. O centro da cidade esta a 2 km do mar e é un centro importante de pesca e turismo.

Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve

Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve foi a designación oficial asumida o 16 de decembro de 1815, a elevación do entón Estado do Brasil (1621-1815), unha colonia portuguesa, a Reino unido co Reino de Portugal, a súa metrópole soberana até entón, e o Algarve, debido ao traslado da familia real e da nobreza portuguesa cara o Brasil por mor da Guerra Peninsular.

Río de Xaneiro

Para o estado homónimo véxase: Estado do Río de Xaneiro.O Río de Xaneiro, (en portugués: Rio de Janeiro), ás veces coñecida simplemente como Río e fundada como São Sebastião do Rio de Janeiro, é a capital do estado do Río de Xaneiro, a segunda cidade máis grande do Brasil e a terceira área metropolitana de América do Sur, con aproximadamente 6,5 millóns de habitantes (2017) na súa área municipal e 12,3 millóns na área metropolitana, converténdoa na sexta cidade de América e a vixésimo sexta do mundo. É o principal destino turístico internacional no Brasil, de América Latina e de todo o hemisferio sur. A capital fluminense é a cidade brasileira máis coñecida no exterior, funcionando como un "espello", ou "retrato" nacional, ora positiva ora negativamente. Parte da cidade está considerada como lugar Patrimonio da Humanidade pola UNESCO dende o 1 de xullo de 2012 na categoría de paisaxes culturais coa denominación Río de Xaneiro: paisaxes cariocas entre a montaña e o mar. O himno da cidade leva por nome Cidade Maravilhosa e os seus habitantes chámanse cariocas (tamén son fluminenses, aínda que este xentilicio é máis amplo e refírese aos habitantes do Estado do Río de Xaneiro).

Fundada en 1565 polos portugueses, a cidade foi inicialmente a sede da Capitanía do Río de Xaneiro, unhas das distintas capitanías do Imperio. Máis tarde, en 1793, converteuse na capital do Estado do Brasil, un dos múltiplos territorios coloniais portugueses. Uns anos máis tarde, en 1808, cando a casa real portuguesa se trasladou ao Brasil, Río converteuse na sede da corte de María I que, posteriormente en 1815, baixo o a dirección do seu fillo o Principe rexente e futuro Rei Xoán VI, elevou o Brasil á categoría de Reino dentro do Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve. Así, Río converteuse na capital da pluricontinental monarquía portuguesa até 1822, cando comezou a guerra da Independencia brasileira. Despois serviría como capital do independizado Imperio do Brasil até 1889, e posteriormente capital republicana até 1960, cando a sede do goberno foi trasladada para a entón recentemente construída Brasilia.

É un dos principais centros económicos, culturais e financeiros do país, sendo internacionalmente coñecida por diversas iconas culturais e paisaxísticas, coma o Pão de Açúcar, o cerro do Corcovado coa estatua do Cristo Redentor, as praias dos barrios de Copacabana, Ipanema e Barra da Tijuca (entre outras), o Estádio do Maracanã, o Estádio Nilton Santos, o barrio bohemio da Lapa e seus arcos, o Teatro Municipal do Rio de Janeiro, os bosques da Tijuca e da Pedra Branca, a Quinta da Boa Vista, a Biblioteca Nacional, a ilha de Paquetá, o Aninovo de Copacabana, o carnaval carioca, a Bossa nova e a samba.

Representa o segundo maior PIB do país (e o trixésimo maior do mundo), e é sede das dúas maiores empresas brasileiras - a Petrobras e a Vale, e das principais compañías de petróleo e telefonía do Brasil, alén do maior conglomerado de empresas de medios de comunicación de América Latina, o Grupo Globo. É a sede de gran número de universidades e institutos, é o segundo maior polo de investigación e desenvolvemento do Brasil, responsábel do 19% da produción científica nacional, segundo datos de 2005. Destaca para a Universidade Federal do Rio de Janeiro que publicou 5.952 artigos entre 1998 e 2002. Río de Xaneiro está considerada unha cidade global beta polo inventario de 2008 Globalization and World Cities Research Network (GaWC) da Universidade de Loughborough.

A súa rexión metropolitana (Grande Río) concentra moitas industrias químicas e de metalurxia. Está a 430 km da cidade de São Paulo, a máis grande do país, a cal é ligada pola estrada Rodovia Presidente Dutra. Ten dous importantes aeroportos: o Aeroporto Internacional Tom Jobim, moi utilizado para voos internacionais e domésticos, e o segundo en movemento do país; e máis o Aeroporto Santos Dumont, próximo ó centro da cidade, que é usado só por voos cara a São Paulo, Belo Horizonte e Brasilia.

Sporting Clube Olhanense

O Sporting Clube Olhanense, comunmente coñecido como Olhanense, é un club de fútbol portugués da cidade de Olhao. Fundouse en 1912 e compite na Segunda Liga. Xoga os seus partidos no Estádio José Arcanjo, con capacidade para 10.000 espectadores.

Subdivisións de Portugal

A base principal da estrutura administrativa de Portugal son os 308 concellos (tamén chamados municipios) administrados polas cámaras municipais), que se subdividen en 4257 freguesías (administradas por xuntas de freguesía).

Esta estrutura cobre completamente o territorio portugués, incluíndo zonas territoriais onde a respectiva cámara e xunta non teñen ningunha xurisdición práctica, como poden ser as zonas de administración militar ou os Parques e Reservas Naturais, entre outros.

Existen tamén outras divisións de inmediatamente superiores ao concello, pero están asociadas a determinadas actividades (comarcas xudiciais, rexións de turismo...), de carácter mais técnico, histórico ou cultural. Existiron tamén tentativas de definir rexións naturais, sen ningún tipo de valor administrativo.

Os concellos son a división territorial con poder político máis estábel da historia do Portugal continental, sendo máis complexo o caso das subdivisións de nivel superior, sometidas a diversas modificacións históricas e que tiveron case sempre un carácter administrativo, como corresponde a un Estado politicamente centralizado.

Vila Real de Santo António

Vila Real de Santo António é unha cidade portuguesa no Distrito de Faro, na rexión e subrexión do Algarve, no extremo sueste, na foz do río Guadiana. Ten cerca de 10.500 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.