Alfredo de la Iglesia

Eugenio Alfredo de la Iglesia Santos, nado na Coruña o 18 de outubro de 1861 e finado na mesma cidade o 17 de maio de 1933, foi un profesor e escritor galego.

Alfredo de la Iglesia
Alfredo de la Iglesia
Nacemento18 de outubro de 1861
 A Coruña
Falecemento17 de maio de 1933
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónprofesor
PaiFrancisco María de la Iglesia
IrmánsSantiago de la Iglesia Santos e Álvaro de la Iglesia

Traxectoria

Alumnos do instituto de Pontevedra co profesor Alfredo de la Iglesia. Fraguas é o que está entre os dous ordenanzas 1922
Alumnos do instituto de Pontevedra co profesor Alfredo de la Iglesia, 1922.

Fillo de Francisco María de la Iglesia. Cursou o bacharelato no Instituto da Coruña, e obtivo o título de mestre de instrución primaria nese instituto. Exerceu de mestre na escola do seu pai de 1879 a 1886. A partir dese ano foi director dun colexio de Ferrol adscrito ao Instituto da Coruña. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Central de Madrid (1900), en 1917 foi nomeado catedrático de Lingua e literatura castelá no Instituto das Palmas de Gran Canaria e despois pasou ao Instituto de Pontevedra, onde se xubilou en 1931. Escribiu en 1919 un manual escolar titulado Resumen de la Historia de la literatura gallega, que non chegou a publicar.[1]

Obras

  • Compendio de lexicologia francesa acomodado á un programa para examen de primer año, 1905, Ferrol.[2]
  • Gramática de la lengua española, 1917, Ferrol, Imp. y Est. de El Correo Gallego.[2]
  • Resumen de Historia de la Literatura Gallega, inédito.

Galería de imaxes

Gramática de la lengua española, 1ª ed.
Gramática de la lengua española, 1ª ed. 
Lista de profesores do instituto de Pontevedra, curso 1928-29.
Lista de profesores do instituto de Pontevedra, curso 1928-29. 

Notas

  1. Salgado, Daniel. "1919: o primeiro 'libro de texto' sobre literatura galega". Sermos Galiza (en inglés). Consultado o 2019-10-07.
  2. 2,0 2,1 Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 237.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Antón Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Francisco María de la Iglesia

Francisco María de la Iglesia González, nado en Santiago de Compostela o 2 de febreiro de 1827 e finado na Coruña o 5 de abril de 1897, foi un rexionalista galego, mestre, xornalista, poeta e dramaturgo.

Galería de imaxes de Antón Fraguas

Galería de imaxes de Antón Fraguas.

Santiago de la Iglesia Santos

Santiago de la Iglesia Santos nado en Santiago de Compostela en 1851 e finado en Ferrol en 1931 foi un médico e naturalista galego. Os seus irmáns Álvaro e Alfredo eran escritores.

Álvaro de la Iglesia

Álvaro de la Iglesia Santos, nado na Coruña en 1859 e finado en La Habana en 1940, foi un escritor e xornalista galego afincado en Cuba. Foi fillo de Francisco María de la Iglesia e sobriño de Antonio María de la Iglesia.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.