Alfredo Conde

Alfredo Conde Cid, nado en Allariz o 6 de xaneiro de 1945, é un escritor e político galego en lingua galega e máis tarde exclusivamente en lingua castelá.

Alfredo Conde Cid
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Alfredo Conde 050503
Alfredo Conde nunha conferencia na Estrada (2005)
Nacemento6 de xaneiro de 1945
 Allariz
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor, político e poeta
XénerosNarrativa
PremiosPremio Nadal e Premio Nacional de Narrativa

Traxectoria

Naceu no seo dunha familia galeguista de clase media.[Cómpre referencia] Estudou náutica na Escola Superior de Náutica da Coruña e Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como mariño mercante e tamén como profesor de historia nun colexio privado.

Biblioteca Galega 120
Xa vai o Griffón no vento incluíuse na Biblioteca Galega 120.

En 1973 foi cofundador, con outros oito socios (José Luis Llácer, Margariña Valderrama, María Victoria Moreno, Blanca Varona, Ramón Yuste, Carmen María Echarre, Paco Gulías e Javier Yuste) da librería Xuntanza, na rúa Andrés Muruais de Pontevedra, que pechou en 1976 polas débedas.[1][2]

Foi deputado no Parlamento de Galicia como independente no grupo do PSdeG (1981-1993) e conselleiro de cultura con Fernando González Laxe (1987-1990). Foi o primeiro presidente do PEN Clube de Galicia (1990-1991).

A súa primeira obra foi o poemario Mencer de lúas (1968), pero Alfredo Conde é coñecido sobre todo pola súa obra narrativa que comeza en 1974 co libro de relatos Mementos de vivos.

Deixei de escribir en galego porque me dei de conta de que levaba vinte anos facendo o parvo, de que non se me quere e de que non teño amigos. […] Agora todo é mercado, a excelencia non pinta nada […] O que acontece é que preciso tempo e cartos. Paréceme un cachondeo que me traduzan do castelán, fareino eu cando teña tempo.[3]

Obra en galego

Narrativa

María Pita. Arturo Fernández Cersa 1866-1937
Un detalle deste cadro de Arturo Fernández Cersa empregouse para ilustrar a portada de María das Batallas, Galaxia, 2007.[4]
  • Mementos de vivos (1974, Galaxia).
  • Contubernio catro de Tomé S. (1978. Reeditado en 1988 en Sotelo Blanco como O contubernio).
  • Come e bebe que o barco é do amo (1978, Akal).
  • Breixo (1981, Xerais e 1990, Galaxia). Traducida ao castelán.[5]
  • Memoria de Noa (1982, Xerais e 1986, Galaxia). Traducida ao castelán[6] e ao ruso.[7]
  • Xa vai o Griffón no vento (1984, Galaxia), Premio Nacional de Narrativa de España. Traducida ao castelán,[8] ao italiano,[9] ao inglés[10] e ao ruso.[11]
  • Música sacra (1990, Galaxia). Traducida ao castelán.[12]
  • A morte de Blas (1992, Contos do Castromil).
  • Sempre me matan (1995, Ir Indo). Traducida ao castelán.[13]
  • A casa de Adara (1996, Xerais).
  • O fácil que é matar (1998, Xerais).
  • Memoria do soldado (2002, Sotelo Blanco). Traducida ao castelán.[14]
  • Romasanta. Memorias incertas do home lobo (2004, Sotelo Blanco). Traducida ao castelán,[15] ao ruso[16] e ao inglés.[17]
  • Lukumí (2006, Galaxia).[18] Traducida ao castelán.[19]
  • María das Batallas (2007, Galaxia). Traducida ao castelán.[20]
  • Chovida do ceo (2014, Xerais).
  • O beato (2016, Xerais).
  • Un vento que pasa (2019). Galaxia. 228 páxs. ISBN 978-84-9151-353-7.[21]

Poesía

  • Mencer de lúas (1968, Galaxia)
  • ColeccionAN. 69 poemas de amor (2014, Trifolium, edición bilingüe galego-castelán)

Conversas

Obras colectivas

  • Os novísimos da poesía galega (1973, Akal)
  • Contos da xustiza (1991, Ir Indo)
  • Polos camiños da literatura: escritores galegos do PEN (1993, Xunta de Galicia/PEN Clube)
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais)
  • Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (2001, Consello da Cultura Galega)
  • Un futuro para a lingua (2002, Xunta de Galicia)
  • Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais)
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora)
  • Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015, Concello de Pontevedra/Galaxia)

Obra en castelán

Narrativa

  • Los otros días (1991)
  • Cubita, la bella (1992, Biblioteca 114, El Correo Gallego)
  • Azul cobalto. Historia posible del Marqués de Sargadelos (2001, Edhasa). Traducida ao ruso.[22]
  • María de las batallas (2008)
  • Huesos de santo (2010)
  • El beato (2016)

Premios pola súa obra en galego

Premios pola súa obra en castelán

  • Premio Nadal no 1991, por Los otros días.
  • Premio Ateneo-Ciudad de Valladolid 2016 por El beato[23]

Notas

  1. "«La Educación es mi religión, aprendí mucho de mis alumnos y les estoy muy agradecida»". La Voz de Galicia (en castelán). 17/5/2008.
  2. Casalderrey, F.; Aleixandre, M. (2018). María Victoria Moreno: a muller que durmía pouco e soñaba moito. Merlín. Xerais. p. 13. ISBN 978-84-9121-311-6.
  3. Jaureguizar, Santiago (16/12/2010). "Deixei de escribir en galego porque deime de conta de que levaba vinte anos facendo o parvo". El Progreso.
  4. "Alfredo Conde recrea a figura histórica de María Pita" Galaxia.
  5. "Breixo". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-17.
  6. "Memoria de Noa". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-17.
  7. "Noa i eio pamiat". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-17.
  8. "El Griffón". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-17.
  9. "Il Grifone". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-17.
  10. "The Griffon". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-17.
  11. "Grifon". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-17.
  12. "Música sacra". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-17.
  13. "Siempre me matan". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-17.
  14. "Memoria de soldado". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-17.
  15. "Romasanta: memorias inciertas del hombre lobo". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-17.
  16. "Chelovek-volk: Istoria Manuélia Blanko Romasanty, rasskazannaia in samim". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-17.
  17. "Romasanta: Uncertain memoirs of the Galician wolfman". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-17.
  18. High-contrast-camera-video.svg Conde lendo un fragmento de Lukumi.
  19. "Lukumí". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-17.
  20. "María de las batallas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-17.
  21. "Un vento que pasa". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-07-16.
  22. "Siniy kobalt: Vozmozhnaia istoria zhizni markiza Sargadelosa". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-17.
  23. "Alfredo Conde: «Sin el premio, 'El beato' habría pasado desapercibido»", La Voz de Galicia, 23 de maio de 2016 (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía

Predecesor:
Alejandrino Fernández Barreiro
 Escudo de Galicia.svg
conselleiro de Cultura
 
1987-1990
Sucesor:
Daniel Barata Quintas
6 de xaneiro

O 6 de xaneiro é o sexto día do ano do calendario gregoriano. Quedan 359 días para rematar o ano e 360 nos anos bisestos.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) constituiuse a partir dunha xuntanza celebrada o 3 de maio de 1980 en Santiago de Compostela por un grupo de escritores, entre os que se contaban Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Luís Méndez Ferrín, Alfonso Pexegueiro, Manuel Rivas, Uxío Novoneyra, Xavier Rodríguez Barrio, Bernardino Graña e Xoán Ignacio Taibo que acordan formar unha asociación que defendese os intereses da práctica escrita en galego seguindo o facho da Asociación de Escritores de Galicia que non puido desenvolver o seu labor polo estoupido da Guerra Civil española pouco despois da súa constitución.

A AELG celebrou o I Congreso de Escritores Galegos en 1981 e participa na organización dos encontros Galeusca con escritores cataláns e vascos. Durante anos estivo enfrontada á Real Academia Galega por considerala unha institución inmobilista que non traballaba a prol da cultura galega. A revista Escrita Contemporánea é o seu voceiro oficial. Está recoñecida pola Academia Sueca para presentar candidatos oficiais ao Premio Nobel de Literatura e forma parte do Congreso de Escritores Europeos.

Ten a súa sede no Edificio de Sindicatos da cidade da Coruña. A 1 de xaneiro de 2019 a asociación contaba con 459 socios, nese ano convocou un Parlamento de Escritoras.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Centro PEN Galicia

O Centro PEN Galicia, inicialmente denominado PEN Clube de Galicia, é a sección galega do PEN Internacional composto por escritores en lingua galega. Foi admitido no 53º Congreso que se celebrou en Maastricht en maio de 1989 e foi o organizador, co apoio da Xunta de Galicia, do seu 60º Congreso celebrado en Santiago de Compostela do 6 ao 12 de setembro de 1993. O PEN Centro PEN Galicia entrega os premios Rosalía de Castro a autores en portugués, castelán, catalán e éuscaro.

Come e bebe que o barco é do amo

Come e bebe que o barco é do amo é unha novela do escritor galego Alfredo Conde, publicada en 1978 pola editorial Akal.

Contubernio catro de Tomé S.

Contubernio catro de Tomé S. é unha novela do escritor galego Alfredo Conde, publicada en 1978 pola editorial Castrelos. Na segunda edición realizada por Sotelo Blanco en 1987 leva por título O contubernio.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

A Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, ou simplemente Gran Enciclopedia Gallega ou Gran Enciclopedia Galega, é unha enciclopedia de tema galego, editada primeiramente en castelán e despois en lingua galega. A versión en galego foi editada tamén en DVD.

Ir Indo

Ir Indo Edicións é unha editorial viguesa, en galego, castelán, inglés e francés, fundada en 1985 por Bieito Ledo Cabido.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Premio da Crítica de narrativa galega

O Premio da Crítica de narrativa galega é un premio literario de España que, desde 1976, concede a Asociación Española de Críticos Literarios dentro da convocatoria anual do Premio da Crítica, e onde se valora a que se considera mellor obra en prosa escrita en galego, publicada no ano anterior (a partir de 1978 os premios adxudícanse sempre ao ano seguinte da publicación dos libros).

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Romasanta. A caza da besta

Romasanta (en castelán: Romasanta. La caza de la bestia) é un filme dirixido por Paco Plaza, baseado nunha novela de Alfredo Conde e na historia verídica de Manuel Blanco Romasanta, tamén coñecido como o home lobo de Allariz. Filmouse entre o 28 de xullo e o 29 de setembro do 2003 entre a provincia de Barcelona e Galiza.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Voces Ceibes

Voces Ceibes foi un colectivo musical galego que tivo a súa existencia entre 1968 e 1974, nos anos finais da ditadura franquista.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.