Alfonso Rueda

Alfonso Rueda Valenzuela, nado en Pontevedra en xullo de 1968, é un avogado e político galego do PPdeG.

Alfonso Rueda
Alfonso Rueda

Escudo de la Xunta de Galicia.svg
Vicepresidente da Xunta de Galicia
Actualmente no cargo
Dende o 2 de decembro de 2012
Presidente Alberto Núñez Feijóo

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia
Actualmente no cargo
Dende o 18 de abril de 2009
Presidente Alberto Núñez Feijóo
Precedido por José Luis Méndez Romeu

Actualmente no cargo
Dende o 2009

People's Party (Spain) Logo.svg
Presidente provincial do PP de Pontevedra
Actualmente no cargo
Desde o 13 de marzo de 2016
Precedido por Rafael Louzán

Secretario Xeral do PPdeG
2006 – 2016
Precedido por Xesús Palmou
Sucedido por Miguel Tellado

Datos persoais
Nacemento Xullo de 1968
Pontevedra Galicia Galicia
Partido Partido Popular
Profesión Funcionario da Administración local, Político
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Twitter @arueda68
Facebook aruedavalenzuela

Traxectoria profesional

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Funcionario da Administración local, foi secretario nos concellos de Cervantes, A Cañiza e Cambados e secretario-interventor da Mancomunidade da Paradanta.[1]

Traxectoria política

Fillo do político popular José Antonio Rueda Crespo, iniciouse na política en Novas Xeracións, sendo elixido en 1993 presidente de NNGG de Pontevedra. Foi xefe de gabinete do conselleiro Xesús Palmou, e director xeral da Administración Local da Xunta de Galiza entre os anos 2000 e 2005.

Foi secretario xeral do PPdeG, desde o ano 2006 até maio de 2016, cando foi relevado por Miguel Tellado[2].

Dende a elección de Alberto Núñez Feijóo como presidente autonómico do partido, Rueda encargouse da secretaría xeral en Galiza, concorrendo ás eleccións galegas de 2009 na candidatura electoral da provincia de Pontevedra, acadando o escano e sendo designado posteriormente Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en abril do mesmo ano.

Logo da segunda vitoria electoral de Alberto Núñez Feijóo á presidencia da Xunta, foi nomeado vicepresidente da mesma, cargo que permanecía vacante desde o cesamento de Anxo Quintana en 2009.[3][4]

O 13 de marzo de 2016 tomou o relevo de Rafael Louzán como presidente provincial do PPdeG en Pontevedra logo de que o seu partido perdera a presidencia da Deputación[5].

Predecesor:
José Luis Méndez Romeu
 Escudo de la Xunta de Galicia.svg
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
 
2009 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas

  1. "Parlamento de Galicia.". Consultado o 2016-09-29.
  2. "Miguel Tellado releva a Alfonso Rueda como número dos del PP gallego". Economía Digital. Consultado o 2016-09-29.
  3. "Feijoo eleva a Alfonso Rueda a vicepresidente de la Xunta". La Voz de Galicia. 2012-12-02. Consultado o 2016-09-29.
  4. "DECRETO 230/2012, do 2 de decembro, polo que se nomea a Alfonso Rueda Valenzuela vicepresidente da Xunta de Galicia.". Diario Oficial de Galicia. Consultado o 2016-09-29.
  5. "Alfonso Rueda, elegido presidente del PP de Pontevedra con el 97,14 % de los votos". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-03-13. Consultado o 2016-09-29.

Véxase tamén

Ligazóns externas

CG-1.5

O corredor CG-1.5 é unha vía de altas prestacións e variante de poboacións que une a autovía AG-56 en Brión coa nova ponte sobre a ría de Noia (estrada AC-549), con saída á estrada AC-550 na parroquia de Barro (Noia), ao carón da desembocadura do río Tambre, sendo unha alternativa á estrada AC-543. Ten unha lonxitude de 16,85 km. É propiedade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Consellaría

Denomínase consellaría ou consellería a cada unha das carteiras en que se dividen os gobernos das comunidades autónomas de España, incluídas as da Xunta de Galicia. Trátase do equivalente aos ministerios na repartición por funcións dos órganos de goberno estatais. A cabeceira dunha consellaría é rexida por un responsábel máximo, que se coñece como conselleiro. Así mesmo, a dependencia ou sede de cada consellaría recibe a mesma denominación.

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza é unha consellería da Xunta de Galicia que ten como principais funcións a xestión das relacións da Xunta coas administracións locais e de xustiza. Tamén se ocupa de xestión interna e da administración autonómica, así como da policía autonómica de Galicia. O actual conselleiro é Alfonso Rueda.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009

As eleccións autonómicas de Galicia de 2009 foron as oitavas eleccións ao Parlamento de Galicia. Nestas eleccións parlamentarias foron convocados ás urnas 2 646 872 galegos, dos cales 335.452 (12,7%) residen no estranxeiro.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012

As eleccións autonómicas de Galicia de 2012 foron as novenas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celébranse a falta de medio ano para o remate da lexislatura.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016

As eleccións autonómicas de Galicia de 2016 foron as décimas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celebráronse o 25 de setembro de 2016, data en que se fan catro anos desde a celebración dos comicios anteriores.

Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal é unha eurorrexión localizada no noroeste da península Ibérica, e formada por Galicia e o Norte de Portugal. O territorio constituído polas dúas rexións ocupa unha superficie total duns 51.000 km², dos que 29.575 corresponden a Galicia, e 21.284 ao Norte de Portugal, e concentra unha poboación duns 6,4 millóns de habitantes, dos que 2 796 089 corresponde a Galicia, e 3 745 439 ao Norte de Portugal, o que se traduce nunha densidade de poboación de 125,8 hab./km².

No que respecta á dinámica de actividade e emprego na eurorrexión, esta concéntrase principalmente no sector servizos (57,1 %), na industria e construción (32,7 %) e no sector primario (10,2 %) (datos do IGE 2009). A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal configúrase actualmente como un espazo de forte interrelación social, económica e cultural, cheo de oportunidades e cun gran potencial de desenvolvemento futuro.

Galicia Bilingüe

Galicia Bilingüe é unha asociación de ámbito galego que se ocupa de analizar a situación lingüística de Galicia, con especial foco nos dereitos de uso do castelán.

Historia da lingua galega

A historia da lingua galega (ou historia social ou historia externa) pódese resumir como sete séculos de normalidade, desde as súas orixes cando se separa do latín galaico, aló polo século IX, até a introdución do castelán no século XV, e cinco séculos de conflitos, do século XVI até os nosos días.

Irene Garrido

Irene Garrido Valenzuela, nada en Madrid o 29 de marzo de 1960, é unha economista e política galega do PPdeG.

José Antonio Rueda Crespo

José Antonio Rueda Crespo, nado en Xaén o 9 de marzo de 1938 e finado en Pontevedra o 27 de xaneiro de 2012, foi un político galego.

José Luis Méndez Romeu

José Luis Méndez Romeu, nado na Coruña o 24 de xullo de 1951, é un político galego que milita no PSdeG.

Miguel Tellado

Miguel Ángel Tellado Filgueira, nado en Ferrol o 21 de febreiro de 1974, é un político galego, secretario xeral do PPdeG.

Vaga de incendios forestais de 2017 en Galicia

A vaga de incendios forestais de 2017 en Galicia son unha serie de incendios forestais que afectan a boa parte de Galicia en outubro de 2017, simultáneos con cadansúas vagas en Asturias e Portugal. Entre o venres 13 de outubro e a tarde do domingo rexistráronse 146 incendios, 60 deles na xornada de domingo e 28 destes iniciados de madrugada, entre a medianoite e as nove da mañá. Os lumes afectan ás catro provincias galegas e provocaron catro mortos en Galicia (44 en Portugal).

Os presidentes de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e de España, Mariano Rajoy, incidiron dun xeito sistemático que son intencionados, mentres que profesionais especializados como enxeñeiros, xuristas, brigadistas e servizos de emerxencias non mencionan a intencionalidade como razón principal, aducindo outras causas. Algúns autores apuntan unha estratexia dos primeiros para ocultar as causas que os segundos refiren.

Valenzuela

O topónimo castelán Valenzuela pode referirse a:

En España

Valenzuela, municipio da provincia de Córdoba;

Valenzuela, localidade do municipio de Santa Cruz del Comercio, na provincia de Granada;

Valenzuela de Calatrava, municipio da provincia de Cidade Real;

Valenzuela y Llanadas, localidade do municipio de Iznájar, na provincia de Córdoba;

Torrubia-Valenzuela, localidade do municipio de Linares, na provincia de Xaén.En Chile

Valenzuela, illa do arquipélago de Hanover, na provincia de Última Esperanza.En Estados UnidosValenzuela, asentamento isleño do estado de Luisiana.En FilipinasValenzuela, cidade da rexión da Gran Manila.En ParaguaiValenzuela, localidade do departamento de Cordillera.Amais, como apelido Valenzuela pode referirse a:

Antonio Valenzuela Ulloa, avogado e político galego (f. 1922);

Xavier Soto Valenzuela, escritor, xornalista e político galego (1893-1936);

Dámaso Pérez Valenzuela, político e xornalista galego de comezos do século XX;

José Carnero Valenzuela, profesor, farmacéutico e político galego (1906-1986);

Ramón de Valenzuela, escritor e político galego (1914-1980);

Fernando Garrido Valenzuela, enxeñeiro e político galego (n. 1949);

Irene Garrido Valenzuela, economista e política galega (n. 1960);

Alfonso Rueda Valenzuela, avogado e político galego (n. 1968).

Viaduto do Ulla (eixe atlántico de alta velocidade)

O viaduto do Ulla é unha infraestrutura que une as provincias da Coruña e Pontevedra e que constitúe a actuación de maior importancia do eixe atlántico de alta velocidade ferroviaria, que destaca pola súa complexidade técnica e pola súa singularidade. Cos seus 240 m de lonxitude máxima entre piares, constitúe un récord mundial de luz (anchura entre piares) neste tipo de pontes (tipoloxía taboleiro mixto formigón-aceiro).

Vicepresidencia da Xunta de Galicia

A vicepresidencia da Xunta é un antigo cargo político dentro do organigrama da Xunta e que a miúdo serviu como coordinación do traballo doutras consellerías. Ao longo da historia da Xunta de Galicia houbo gobernos que contaron cun vicepresidente, con dous vicepresidentes ou con ningún.

O vicepresidente é tamén o encargado de substituír o presidente nas súas funcións en caso de falecemento, dimisión ou viaxe ao estranxeiro, e ata a elección dun novo presidente, de ser o caso. De non existir vicepresidente, esas funcións recaen na persoa que ocupe o cargo de conselleira de Presidencia.

A vicepresidencia pode rer funcións políticas claramente definidas ou actuar como consellería sen carteira, na asistencia do cargo do presidente.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Área Metropolitana de Vigo

A Área Metropolitana de Vigo (AMV) é a rexión urbana e entidade local supramunicipal que engloba á cidade galega que lle dá nome e unha serie de concellos satélites que funcionan como cidades dormitorio, industriais, comerciais e de servizos.

O espazo metropolitano de Vigo responde ó modelo clásico de cidade central dominante, que alcanzou un importante grao de complexidade e atópase nun ciclo de proceso metropolitano no que a cidade central empeza a perder peso poboacional e económico relativo a favor dos concellos limítrofes.

Foi constituída como entidade xurídica, segundo a lei autonómica 4/2012 da Xunta de Galicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.