Alfinete

O alfinete é unha peza de metal, de forma, tamaño e grosor similares aos da agulla, acabada en punta nun dos extremos e nunha cabeza no outro e que se usa para prender ou suxeitar[1]. É moi usado na costura e no bordado.

Needle

Notas

  1. Definición pola Real Academia Galega

Véxase tamén

  • Agulla de coser
A muller na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada da muller na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral. Cómpre advertir que a literatura oral, tanto a galega como a universal, está impregnada dunha clara misoxinia que reflicte o sentir popular das épocas nas que aquela foi xurdindo. Debe interpretarse, xa que logo, cunha perspectiva histórica sen translación a valores actuais.

Alfinete (homónimos)

O termo alfinete pódese referir a:

Alfinete, peza de metal, de forma, tamaño e grosor similares aos da agulla, acabada en punta nun dos extremos e nunha cabeza no outro e que se usa para prender ou suxeitar.

Alfinete, peza de metal en forma de alfinete que serve para xuntar dúas partes dun vestido ou que se usa como adorno, broche.

Alfinete (planta)

O alfinete (Centranthus ruber) é unha planta perenne da familia das valerianáceas. Nativa da zona mediterránea, introduciuse en moitas zonas do mundo como planta de xardín pola beleza das súas flores. Medra sobre todo nos valados. As follas verde-grisallas teñen entre 5 e 8 cm de longo. Produce moitas pequenas flores aromáticas, de non máis de 2 cm cada unha, de cor rosa, vermella ou branca. Emprégase tamén como planta medicinal. Tamén recibe os nomes de alfinetes, valeriana vermella e valeriana roxa. Aínda que é da mesma familia, non pertence ao xénero Valeriana.

Anguílidos

Os anguílidos (Anguillidae) son unha familia de peixes teleósteos da orde dos angüiliformes que inclúe un só xénero, Anguilla, coñecidos vulgarmente como anguías.

Son peixes eurihalinos que pasan parte da súa vida no mar e outra parte nos ríos, con comportamento catádromo. Están distribuídas pola maior parte das aguas tropicais e temperadas excepto no leste do océano Pacífico e no sur do Atlántico.

Antoni van Leeuwenhoek

Antoni van Leeuwenhoek, nado en Delft o 24 de outubro de 1632 e finado o 26 de agosto de 1723, foi un neerlandés destacado como mercador, agrimensor, tratante de viño, vidreiro e microbiólogo. Van Leeuwenhoek é sobre todo coñecido polo microscopio inventado por el mesmo e mais polo seu traballo pioneiro nas áreas da bioloxía celular e da microbioloxía. Está considerado como un dos primeiros microscopistas e microbiólogos. Foi o primeiro en conseguir observar e describir organismos unicelulares. Foi un dos membros da Escola de Delft de microbioloxía.

Continuou os traballos de Jan Swammerdam (1637-1680), e foi tamén o primeiro a rexistrar observacións microscópicas de fibras musculares, bacterias, espermatozoides e fluxo sanguíneo en capilares.

A partir de 1674 fixo un bo número de achados que foron divulgados grazas á Royal Society de Londres.

Arabismo

Un arabismo é un vocábulo procedente da lingua árabe presente noutra lingua. En galego os arabismos proceden sobre todo da época da dominación musulmá da Península Ibérica.

Balar

Balar ou Balor, é o nome irlandés dun personaxe da mitoloxía celta. Pertencía á raza de deuses chamados os Fomoré. Posuía un ollo na fronte e outro na parte posterior da testa, que era maligno e que habitualmente mantiña pechado. Cando o abría, a súa mirada era mortal para aquel en quen a fixase. Esa mirada era o raio.

Balar foi quen matou o rei dos Tuatha Dea Dannan, Nuada, durante a Seguna Batalla de Magh Tuiredh. Lug, querendo vingar a Nuada, aproximouse a Balar (cuxo ollo maligno se volveu pechar despois de matar a Nuada). Ao darse conta que Lug se lle achegaba tentou volvelo abrir. Pero Lug foi máis rápido, lanzoulle unha pedra coa súa onda, que lle deu no ollo maligno, atravesándolle o cranio. Balar caeu morto de inmediato. Balar era avó materno de Lug, a pesar do cal morreu ás súas mans.

Castro de Fazouro

O Castro de Fazouro é un antigo castro que se atopa no concello de Foz, na provincia de Lugo. É o único que se conserva como museo en toda a costa cantábrica galega[Cómpre referencia].

Demodex

Demodex é un xénero de pequenos ácaros parasitos que viven nos folículos pilosos ou glándulas sebáceas da pel de mamíferos, incluídos os humanos. Demodex é o único xénero da familia Demodicidae. Coñécense unhas 65 species de Demodex. Dúas destas especies viven no ser humano, que son: Demodex folliculorum e Demodex brevis, que se denominan ácaros das pestanas ou da cara. Distintas especies de animais son hóspedes de diferentes especies de Demodex; por exemplo, Demodex canis vive nos cans. A infestación por Demodex é común e xeralmente non causa síntomas, polo que se pode dicir que son normalmente inofensivos, pero ocasionalmente poden causar algunhas doenzas da pel. 'Demodex' deriva do grego 'dēmos', graxa, e 'dēx' verme da madeira.

Encaixe de bolillos

O encaixe de bolillos ou renda de bilros é unha técnica de encaixe téxtil que consiste en entretecer fíos que inicialmente están enrolados en bobinas, chamadas bolillos, para seren manexados mellor. A medida que avanza o traballo, o tecido suxéitase mediante alfinetes cravados nunha grella ou debuxo realizado en cartón, coñecido co nome de "picado". A posición que ocupa cada alfinete vén determinada polo xeral por un patrón de buracos no picado.

Algúns autores cren que o encaixe de bolillos vén da cultura exipcia e dos faraóns, espallándose posteriormente polo Mediterráneo a través da expansión musulmá. e chegando no século VIII á península Ibérica, Francia, Bélxica, Países Baixos e o norte de Italia.

En Galicia destaca o encaixe de bolillos de Camariñas, que conta cun museo propio desde 1996. Aínda que é a localización con máis sona, existen outras vilas con certa tradición de encaixe, entre as que se atopan localizacións na provincia de Pontevedra e nas zonas de Fonsagrada e Viveiro (Provincia de Lugo).

Erros e Tánatos

Erros e Tánatos é un libro de relatos de Gonzalo Navaza, publicado en abril de 1996 por Edicións Xerais. En 1998 acadou o Premio Arcebispo San Clemente. En 2019 publicouse a 25ª edición.

Polgar

Na anatomía humana, o polgar ou matapiollos é o primeiro dedo ou deda a contar dende o interior. O polgar da man humana (a diferenza dos primates en xeral) é completamente opoñible aos outros catro dedos, pode tocar os demais dedos dende a súa punta até a súa base e mesmo a parte superior da palma da man. Esta calidade dálle á man dos primates unha vantaxe evolutiva moi notable xa que mediante esta función anatómica, o polgar pode manipular obxectos grandes apoiándose coa palma da man e obxectos medianos ou pequenos apoiándose cun ou máis dedos dos outros dedos.

Queixo Gouda

O gouda é un queixo amarelado neerlandés, chamado así pola cidade de Gouda. O termo "gouda" é hoxe en día un nome xenérico, non estando limitado aos queixos de orixe neerlandesa. O termo "Noord-Hollandse Gouda" ("gouda de Holanda Setentrional") está rexistrado nos EEUU como unha denominación de orixe protexida. O curioso disto é que a cidade de Gouda está situada na provincia de Holanda Meridional; con todo, os queixos do tipo gouda de Holanda Setentrional teñen mellor reputación pola súa calidade.

Refraneiro galego da muller

O refraneiro galego da muller, loxicamente, resulta amplísimo, polo que só se pode recoller aquí unha mostra non exhaustiva.

Sarna

A escabiose, raña ou sarna é unha enfermidade da pel causada polo ácaro parasito Sarcoptes scabiei, chamado comunmente arador da sarna. É unha ectoparasitose de distribución mundial en todas as razas. É unha afección cosmopolita, extremadamente contaxiosa. Alcanza a todas as capas da poboación e constitúe unha dermatose moi frecuente e de fácil tratamento.

Sherlock Holmes

Sherlock Holmes é un personaxe ficticio creado en 1887 por Sir Arthur Conan Doyle. É un "detective asesor", prototipo do investigador lóxico e sagaz, famoso por utilizar a lóxica e a astucia para resolver os casos máis complicados, empregando o razoamento dedutivo e a inferencia.

Holmes é o protagonista dunha serie de catro novelas e cincuenta e seis relatos de ficción, reunidos no que se chama Canon of Sherlock Holmes, publicados na súa maioría en The Strand Magazine, sendo a súa primeira aparición na novela Un estudo en escarlata. Os cincuenta e seis relatos dos cales foi protagonista son narrados polo seu alter ego, o Doutor John H. Watson, coa excepción de dous relatos narrados polo propio Holmes ("O ritual Musgrave" e "A aventura do Gloria Scott") e outros dous en terceira persoa.

As súas aventuras ambientadas a finais do século XIX e comezos do XX, influíron de xeito moi grande na ficción detectivesca que seguiu á súa aparición. Aínda que podemos considerar a Auguste Dupin, creado por Edgar Allan Poe, como o seu predecesor, a xenialidade excéntrica deste non acadou a enorme popularidade que Holmes e o seu autor acadaron en vida deste (The Strand Magazine publicaba as aventuras de Holmes a prezos moi populares, e moitos "lectores comunais" de diversas industrias lían as obras de Doyle en voz alta como unha sorte de "radio" Victoriana, práctica xa habitual coa obra de Charles Dickens).

O propio autor, Conan Doyle, dixo que o personaxe de Holmes fora inspirado polo Dr. Joseph Bell, para o cal Doyle traballara como empregado no Royal Infirmary de Edimburgo, e que, ao igual que Holmes, posuía unha gran capacidade para tirar conclusións dende a máis pequena observación.

Spilhennig

Spilhennig é un logotipo creado no 2007 por iniciativa da Ofis ar Brezhoneg. As persoas que o levan están a indicar que son capaces de falar a lingua bretoa. O nome do logo é un diminutivo da palabra bretoa feminina spilhenn, que significa pasador ou alfinete. Este logo creouse para permitir que os falantes de bretón se recoñezan entre eles e que poidan falar a súa lingua. Tamén existe un logo semellante en Gales que permite identificar ós falantes de galés.

Taenia solium

Taenia solium, tamén chamada tenia do porco ou solitaria, é unha especie de verme platihelminto cestodo ciclofílido que parasita os porcos e os humanos. No seu estado larvario causa a cisticercose. T. solium ten catro ventosas no seu escólex ("cabeza"; en realidade funciona como un órgano de fixación) e ademais dúas filas de tres ganchos. Outro verme similar que parasita os humanos é a Taenia saginata, á que tamén se lle chama solitaria.

Xador

Un xador ou xadur (en persiano: چادر châdor) é unha peza de vestir ampla e habitualmente de cor negra coa que algunhas mulleres musulmás, especialmente nas zonas urbanas ou rurais do Irán e dalgúns outros países de Asia central cobren a cabeza e o corpo, deixando unicamente á vista a cara.

O xador consistente nunha simple peza de tea semicircular aberta por diante que se coloca sobre a cabeza, cubrindo todo o corpo agás a cara. Ás veces axústase ao pescozo, a un costado, cun alfinete decorativo. Segundo as relixións pode ser negro ou a cores, a miúdo estampados. Esta peza ponse por riba de todas as outras e, especialmente no campo, pode ser máis curta.

A tradición de cubrir a testa é frecuente en diversas relixións orixinadas en pobos semíticos, incluídos o xudaísmo e mailo cristianismo, porén o seu uso é pouco frecuente actualemnte e soe estar restrinxido a cerimonias relixiosas (mantilla, veo). Con todo, cómpre non confundir o xador con outras pezas de vestimenta usadas no Islam coma o hixab, a amira, o nicab, o burca ou a abaia.

Coa Revolución islámica de 1979 impúxose o uso obrigatorio no Irán, situación que aínda se mantén, con certa relaxación na súa forma e deseño.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.