Alfar

Alfar foi o nome de dúas revistas:

Alfar (1923)

Alfar foi unha revista editada na Coruña entre 1923 e 1954.

Alfar (1945)

Alfar foi unha revista de periodicidade mensual editada na Coruña entre 1945 e 1947 pola Sociedad Gallega de Publicaciones vinculada á Delegación Nacional de Prensa. Sacou á rúa un total de nove números.

André Breton

André Breton, nado en Tinchebray o 19 de febreiro de 1896 e finado en París o 28 de setembro de 1966, foi un escritor francés, coñecido como o principal impulsor do movemento surrealista.

Buño, Malpica de Bergantiños

Santo Estevo de Buño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Malpica de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 503 habitantes (260 mulleres e 243 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 712 habitantes.

Cándido Fernández Mazas

Cándido Fernández Mazas, nado en Ourense o 18 de decembro de 1902 e finado en Castro Caldelas o 15 de novembro de 1942, foi un pintor, debuxante, ilustrador e escritor galego.

César Antonio Molina

César Antonio Molina Sánchez, nado na Coruña o 14 de setembro de 1952, é un escritor e político galego. Foi ministro de Cultura do goberno de España entre 2007 e 2009. No ano 2010 foille concedida a Medalla Castelao.

Julio José Casal

Julio José Casal, nado en Montevideo o 18 de xuño de 1889 e finado na mesma cidade o 7 de decembro de 1954, foi un poeta e crítico uruguaio.

Julio Prieto Nespereira

Julio Prieto Nespereira, nado en Ourense o 7 de decembro de 1896 e finado en Madrid o 5 de agosto de 1991, foi un pintor e gravador galego.

Luís Conde Rivera

Luís López de Rivera, coñecido como Luís Conde de Rivera, Luís Conde Rivera ou Conde de Rivera, foi un xornalista e escritor galego.

Luís Huici

Luís Huici Fernández, nado en Barballor (Zaragoza) en 1896 e finado en Pastoriza (Arteixo) o 20 de agosto de 1936, foi un pintor, debuxante e gravador galego.

Manuel Antonio

Manuel Antonio Pérez Sánchez, nado en Rianxo o 12 de xullo de 1900 e finado en Asados (Rianxo) o 28 de xaneiro de 1930, foi un poeta galego.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1979.

Manuel Crestar

Manuel Crestar Díaz, nado en Betanzos o 21 de decembro de 1900 e finado en Uruguai, foi un debuxante galego.

María Victoria Carballo-Calero

María Victoria Carballo-Calero Ramos, nada en Ferrol o 11 de maio de 1942, é unha historiadora da arte galega, especializada en arte contemporánea, arquitectura e cidade.

Nicasio Pajares

Agapito Francisco Nicasio Pajares Ojeros, coñecido como Nicasio Pajares, nado na Trabanca (Padrón) o 11 de decembro de 1881 e finado en Madrid o 26 de abril de 1956, foi un escritor galego.

Oligodendrocito

Os oligodendrocitos (do grego célula con poucas ramificacións), ou células da oligodendroglía, son un tipo de células de neuroglía que se encontran no tecido nervioso do cerebro. Teñen como principal función o illamento dos axóns das neuronas no sistema nervioso central dalgúns vertebrados (a mesma función que exercen as células de Schwann no sistema nervioso periférico). Un só oligodendrocito pode estender as súas prolongacións a 50 axóns, envolvendo aproximadamente 1 μm da vaíña de mielina de cada axón, o que as diferencia das células de Scwann, que só actúan sobre un axón.

Rúa Real (A Coruña)

A Rúa Real é unha rúa da Coruña situada no barrio da Peixería da cidade.

É unha rúa peonil situada entre a rúa Rego de Auga e o Cantón Grande.

Victoriano García Martí

Victoriano García Martí, nado na Pobra do Caramiñal en 1881 e finado en Santiago de Compostela o 7 de xullo de 1966, foi un sociólogo e escritor galego en lingua castelá.

Vida (revista)

Vida foi unha revista editada na Coruña entre 1920 e 1921.

Álvaro Cebreiro

Álvaro Cebreiro Martínez, nado na Coruña o 26 de maio de 1903 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1956, foi un debuxante, ilustrador e caricaturista galego, artista precoz que se deu a coñecer en A Nosa Terra cando só tiña dezaseis anos de idade.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.