Alfándega

As alfándegas (do árabe al-fundaq, "hospedaría") ou aduanas (do árabe ad-dīwān, "rexistro", "escritorio") son oficinas situadas en portos, aeroportos e fronteiras para cobrar taxas das mercadorías que se importan e exportan. Na época moderna teñen a responsabilidade de vixiar as fronteiras, concretadas polos Estados mediante cadansúa organización. Réxense polas regras de cada Estado, mais teñen a función principal de controlar as importacións e exportacións, e a cobranza dos impostos pertinentes.

Alfándega Chaves
Edificio da alfándega na Raia entre Galiza e Portugal, que deixou de ter uso en 1986 ao entraren España e mais Portugal no mercado común.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
A Aduana

O termo aduana fai referencia a unha alfándega, oficina pública situada en fronteiras, portos ou aeroportos.

Como topónimo pode referirse a:

A Aduana, lugar da parroquia de Arbo, no concello de Arbo;

A Aduana, lugar da parroquia de Iria Flavia, no concello de Padrón;

A Aduana de Corón, lugar da parroquia de Caleiro, no concello de Vilanova de Arousa.

A Raia

A Raia é unha forma coloquial para denominar a fronteira entre España e Portugal. Dunha forma máis ampla, a raia é igualmente o espazo xeográfico, dun e doutro lado da fronteira política, onde as aldeas dos dous lados da raia comparten os mesmos elementos históricos, lingüísticos, culturais e económicos.

Acordo de Schengen

O Acordo de Schengen é unha convención entre países europeos sobre unha política de libre circulación de persoas no espazo xeográfico de Europa. Son 22 nacións da Unión Europea (Bulgaria, Chipre, Croacia, Irlanda, Reino Unido e Romanía, non son parte) e máis outros tres países europeos membros da EFTA (Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suíza).

Adolf Hitler

Adolf Hitler (en alemán: Adolf Hitler, [ˈadɔlf ˈhɪtlɐ] (AFI), escoitar), nado en Braunau am Inn (Austria) o 20 de abril de 1889 e finado en Berlín o 30 de abril de 1945, foi o líder do Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (en alemán Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei, NSDAP), tamén coñecido por Nazi, unha abreviatura do nome en alemán (Nationalsozialistische), sendo aínda oposición aos socialdemócratas, os Sozi. Hitler converteuse en chanceler e, posteriormente, ditador alemán. Era fillo dun funcionario de alfándega dunha cidade fronteiriza de Austria con Alemaña. Foi o xefe do goberno de Alemaña dende xaneiro de 1933 e xefe do goberno e de Estado (Reichsführer) dende agosto de 1934. Desenvolveu unha política baseada na necesidade de expansión territorial para obter o chamado "espazo vital" (Lebensraum), o anticomunismo e o antisemitismo, que tería a súa maior expresión no Holocausto.

Ana María Ríos

Ana María Ríos Bemposta, nada en Arcade, Soutomaior, en 1979, é unha peiteadora que se fixo famosa logo de ser retida en Cancún (México) por presunto contrabando de armas.

Casa de Correos e Telégrafos de Vigo

A Casa de Correos é un edificio histórico situado na Praza de Compostela, na esquina coa rúa da Reconquista, 2, no centro da cidade de Vigo. Dende a súa construción foi a sede principal da compañía estatal de correos e telégrafos.

Contrabando

O contrabando é a entrada, a saída e a venda clandestina de mercadorías prohibidas ou sometidas a dereitos nos que se defrauda ás autoridades locais.Tamén se pode entender como a compra ou venda de mercandorías evadindo os aranceis.

Dublín

Dublín (en irlandés: Baile Átha Cliath; en inglés: Dublin) é a capital da República de Irlanda, así como do condado homónimo. É a cidade mais poboada da illa, con máis de un millón de habitantes na súa área urbana e unha área de influencia que abrangue 1,8 millóns de persoas, na chamada Greater Dublin Area.

Está situada na provincia de Leinster, cerca do centro da costa leste da Illa, na desembocadura do río Liffey que atravesa a cidade, e aproximadamente no centro do Condado.

Estaño

O estaño, do latín stannum, é un elemento químico de número atómico 50 situado no grupo 14 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Sn. Coñécenselle 10 isótopos estables, e a súa principal mena é a casiterita.

Feces de Abaixo, Verín

Santa María de Feces de Abaixo é unha parroquia do concello de Verín na comarca de Verín, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2011 tiña 420 habitantes (220 homes e 200 mulleres), 9 menos ca en 1999.

Fronteira

Unha fronteira define o límite xeográfico de entidades políticas ou xurisdicionais, tales como gobernos, estados, ou tamén subdivisións administrativas de tales estados ou países.

Antigamente, moitas fronteiras non estaban definidas claramente por liñas, senón por zonas neutrais chamadas "marcas" (así a "Marca Hispánica" de Carlomagno). Isto aínda se reflectía en tempos recentes nas zonas neutrais establecidas nas fronteiras de Arabia Saudita con Kuwait e Iraq (aínda que xa non existen tales zonas).

A maioría dos países contan con algunha forma de control de fronteiras, de cara a restrinxir o movemento de persoas, animais e/ou mercadorías, ben para entrar ou ben (ou tamén) para saír do país. Para cruzar as fronteiras son entón necesarios pasaportes e visados, ou outras formas de documento de identidade. Para a permanencia máis alá de certo tempo dentro de fronteiras de países estranxeiros, é posible que sexa necesario documentos especiais de inmigración ou permisos que autoricen tal estadía.

Historia de Porto Alegre

A historia urbana de Porto Alegre dá comezo coa concesión de sesmarías na ribeira oriental do Guaíba no extremo sur brasileiro, territorio de colonización en disputa entre españois e portugueses.

En concreto, en 1740 foron concedidas oficialmente a Jerónimo Ornellas as terras do Morro de Santana que xa ocupaba dende 1732 para a cría de gando. Incluían a península sobre o Guaíba ao norte da foz do regato Riacho (despois Diluvio) e onde había un ancoradoiro que, por seres a primeira poboación da zona a Capela Grande de Viamao (1732, 25 km ao leste), recibiu o nome de Porto de Viamao e dende 1740 Porto de Dornelles. Seica había unhas familias asentadas a carón, na ribeira da península (no 1747 foi elevada a curato a capela de San Francisco das Chagas arredor da que ficaba o asentamento).

Padrenda

Padrenda é un municipio pertencente á comarca da Terra de Celanova, ao oeste da provincia de Ourense, a 340 metros de altitude. Preto do Baixo Miño, o termo ten 57 km². Segundo o IGE no ano 2015 tiña 1.912 habitantes (2.530 en 2003).

Palau de Justícia de Valencia

O Palau de Justícia de València (en galego Pazo de Xustiza de Valencia) é unha das mellores mostras de arquitectura neoclásica da Cap i Casal. Destaca pola súa robusta grandiosidade, as súas liñas correctas e o seu magnífico rematade estatuario. Hoxe é coñecido como Palau de Justícia ou Tribunal Superior de Justícia, pero foi erixido inicialmente coma alfándega de Valencia (aduana), por onde se canalizaba todo o comercio que, proveniente do mar, facía de Valencia un dos centros económicos do século XVIII. Non é casual logo, a súa situación xunto a Porta do Mar, onde segundo as crónicas, situábase no anterior da alfándega (1626). Entre 1828 e 1914 albergou a Fabrica de Tabacos.

Pla de Palau

O Pla de Palau foi na antigüidade a praza principal da Barcelona comercial debido a que era a porta de entrada de todo aquilo que viña a través do mar, xa fosen mercadorías ou persoas. De feito era a praza que daba ao único acceso que se tiña á cidade dende o porto, a través do portal de Mar (século XVI).

Durante a época medieval configurouse como centro de intercambios comerciais de primeira orde, construíndose nela diversas edificacións de carácter eminentemente comercial como:

A Casa da Lonxa de Mar (1383).

A Casa do Xeneral (século XV).

O Hala dels Draps (século XIV).

A Armaría (Arsenal).

A Alfándega (século XV).

O Consulado do Mar (século XV).Durante o século XVII o Hala dels Draps converteuse no Pazo do Vicerrei, reformado novamente en 1846, data en que pasou a ser Palacio Real, ata que foi destruído por un incendio en 1875. Do mencionado edificio é de onde procede o nome da praza.

Ponte Barxas, Padrenda, Padrenda

Ponte Barxas é un lugar da parroquia de Padrenda no concello ourensán de Padrenda na comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2012 tiña 160 habitantes (84 mulleres e 76 homes), o que supón un aumento respecto do ano 1999 cando tiña 149 habitantes.

Está situado á beira do río Barxas ou Troncoso, facendo fronteira con Portugal a través dunha ponte até a aldea de São Gregório (Cristóval, Melgaço). Neste lugar houbo unha aduana até a entrada en vigor do Acordo de Schengen en 1992.

Portela do Home

Portela do Home (portugués: Portela do Homem) é un porto de montaña da serra do Xurés (en portugués Serra do Gerês) que forma parte da Raia, a estrema entre Galicia e Portugal.

Serra do Laboreiro

A serra do Laboreiro é un macizo montañoso de perfís suaves situado entre Galiza e Portugal na denominada Raia Seca, que se eleva dende o val do río Deva para formar un amplo altiplano duns 1200 m de altitude media que se estende pola freguesía portuguesa de Castro Laboreiro. Dos seus cumios nacen ríos que van ao Miño (Deva e Troncoso), ao Arnoia (Tuño e Ourille), e ao Limia (Cadós, Grou e Casal na vertente galega e Castro Laboreiro na portuguesa).

Toponimia

Para a política de toponimia de Wikipedia, véxase Wikipedia:Toponimia.Toponimia é a división da onomástica que estuda os topónimos, nomes propios de lugares, a súa orixe e evolución; é considerada unha parte da lingüística, con fortes ligazóns coa historia, a arqueoloxía e a xeografía. Tamén se usa o vocábulo toponimia para referírmonos ao conxunto dos nomes dos lugares dun territorio concreto. A toponimia está constituída polos nomes de carácter xeográfico ou topográfico.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.