Alexandre o Grande

Alexandre III de Macedonia, coñecido como Alexandre o Grande ou Alexandre Magno[1] (en grego: Μέγας Ἀλέξανδρος), nado o 21 de xullo de 356 a.C.[2][3] en Pela (Reino de Macedonia) e finado o 10 ou 13 de xuño[4] 323 a.C. en Babilonia, foi rei de Macedonia entre o 21 de xullo de 336 a.C. e o 13 de xuño de 323 a.C. Trátase dun dos máis exitosos comandantes do mundo antigo, tanto que foi considerado por moitos o maior xenio militar da historia.

Alexandre III de Macedonia
Rei de Macedonia
Gran Rei de Media e Persia
Faraón da Dinastía macedónica de Exipto
AlexandreLouvre
Busto de Alexandre coñecido como «Herma de Azara» ou «Alejandro Azara». Copia romana en mármore dun orixinal de Lisipo, c. 330 a. C. (Museo do Louvre).

ReinadoRei de Macedonia (336|336 a 323 a. C.)
Rei de Media e Persia (330 a 323 a. C.)
Faraón de Exipto (332 a 323 a. C.)
Nacemento20 ou 21 de xullo, 356 a. C.
Pella, Macedonia
Falecemento10 ou 13 de xuño, 323 a. C. (32 anos)
Babilonia
PredecesorFilipo II (como rei de Macedonia)
Darío III (como rei de Media e Persia; e como faraón de Exipto)
SucesorAlexandre IV (como rei de Macedonia; e como rei de Media e Persia)
Filipo III (como faraón de Exipto)
ConsorteRoxana de Bactriana, Estateira e Parysatis
DescendenciaHeracles de Macedonia e Alexandre IV de Macedonia
ProxenitoresFilipo II de Macedonia
Olimpia de Epiro

Alexander and Bucephalus - Battle of Issus mosaic - Museo Archeologico Nazionale - Naples BW
Alexandre o Grande.

Traxectoria

Primeiros anos

Alexandre era fillo de Filipo II de Macedonia e de Olimpia de Epiro. Súa nai espallou o rumor de que era fillo de Zeus, quen a fecundara en forma de serpe; Filipo nunca desmentiu a lenda. Aos trece anos Alexandre marchou do seu fogar para ser educado por Aristóteles durante tres anos. Pouco despois, seu pai casou con outra muller, que quedou embarazada, pondo así en perigo a sucesión de Alexandre. Olimpia exiliouse á súa terra natal, e a relación de Alexandre co seu pai comezou a empeorar até que finalmente, pouco máis tarde, seguiu a súa nai ao exilio. Pero finalmente o seu pai perdoouno e volveu á casa. Por aquel entón, Filipo estaba a realizar varias campañas militares e asociou a Alexandre as tarefas do goberno ao nomealo rexente (340 a.C.). No 338 a.C. dirixiu a cabalaría macedónica na batalla de Queronea. No ano 336 a.C. Filipo foi asasinado por Pausanias de Orestis, un capitán da súa garda, que foi executado no acto. Descoñécense os verdadeiros motivos do asasinato; algúns historiadores pensan que Pausanias era amante de Filipo (que segundo o costume tiña varios amantes, tanto homes coma mulleres); outros, que foi Olimpia a que estivo detrás. O certo é que foi Alexandre o máis beneficiado desta morte, posto que subiu ao trono con só vinte anos.

Após a morte de Filipo, toda a Grecia sublevouse. Alexandre demostrou as súas habelencias militares ao facer fronte á rebelión, na que conquistou e destruíu Tebas. Antes de se lanzar a empresas de conquista, Alexandre quixo deixar o seu poder ben consolidado na Hélade. En primeiro lugar, asegurouse a fidelidade dos xenerais de seu pai, e logo dirixiu unha campaña contra os bárbaros que ameazaban a Tracia. Unha vez pacificados os confíns da Grecia, apresurouse a convocar a liga de Corinto, xa que corría o rumor de que na conspiración que acabara coa vida de Filipo, tamén finara Alexandre. O principal foco de rebelión era Tebas, e Alexandre conseguiu que a Liga se pronunciase por un escarmento. El mesmo arrasou a cidade por completo, da que só respectou a cidadela e a casa de Píndaro.

Campañas e conquistas

Asia Menor

MacedonEmpire
Extensión do imperio de Alexandre Magno

No ano 334 a.C. comezou a campaña para conquistar Asia, proxecto que seu pai non puidera levar a cabo. Cun exército de 32.000 soldados a pé e 5.000 cabaleiros no que predominaban os elementos macedónicos, venceu os persas na batalla de Gránico, na Frixia, e chegou a Troia, onde rendeu homenaxe ao seu heroe Aquiles. Continuou a descender cara ao sur e conquistou as cidades gregas até Halicarnaso, a máis meridional. Pero non as entregou á Liga, senón que as incorporou ao reino de Macedonia, o que deu lugar ás primeiras mostras de descontento.

Se os persas tivesen estado minimamente á altura do seu adversario, terían atacado Grecia e terían cortado as súas liñas de subministración, tal como aconsellaba Memnón de Rodas, un grego que cun grupo de mercenarios se pasara ao bando persa e sabía como se aproveitar das inimizades que Alexandre creara. Pero os persas optaron pola batalla campal, confiando en que se atopaban no seu territorio e cunha evidente superioridade numérica.

No ano 333 a.C. venceu novamente os persas na batalla de Isos, na costa siria, e Darío III, rei dos persas, tivo que fuxir. Alexandre proseguiu a súa campaña dirinxíndose a Exipto. Conquistou facilmente as cidades fenicias, agás Tiro, onde tivo lugar un longo asedio. Após a rendición da cidade, Alexandre mostrou a súa crueldade matando miles de homes e facendo un grande número de escravos.

Darío dedicárase a reorganizar o exército mentres Alexandre se facía co dominio de toda a fachada mediterránea do Imperio. Á vista dos acontecementos, Darío amosouse disposto a lle ceder todos os territorios ao Oeste do Éufrates, pero iso era algo que Alexandre xa tiña conquistado, de xeito que declinou a súa oferta.

Chegou finalmente a Exipto, onde foi recibido como un liberador e se fixo coroar como faraón en Menfis (332 a.C.). Fundou Alexandría no delta do Nilo e consultou o oráculo de Amón no oasis de Siwa. O oráculo reveloulle a súa orixe divina e confirmoulle a súa misión universal. Xa fose este episodio unha montaxe de Alexandre ou dos sacerdotes amonitas, o certo foi que Alexandre se imbuíu de tal xeito no seu parentesco cos deuses que rematou converténdose nun déspota oriental, sobre todo após a morte de Darío, perdendo con iso a amizade de moitos camaradas de armas gregos que, penetrados polo espírito igualitario, propio da súa cultura, negáronse a se prosternar diante de Alexandre.

No ano seguinte, Alexandre abandonou Exipto. A súa longa estadía neste país non foi aproveitada polos persas para se reorganizar, pois na batalla de Gaugamela, na bacía alta do río Tigris, Alexandre desfixo literalmente o exército aqueménida e, dun só golpe, desmantelou toda a estrutura do poder do Imperio, ao tempo que asumía o título de Emperador Persa. Darío fuxiu novamente, mais os seus nobres, que temían a persecución de Alexandre, asasinárono. Alexandre, furioso, decidiu render homenaxe ao seu rival e perseguir os traidores. Alexandre entrou triunfalmente en Babilonia, Susa, Persépole, Pasargada e Ecbatana, as capitais persas. Pretendía constituír un imperio universal gobernado por gregos e persas unidos. Castigou coa morte a Beso, asasino de Darío, e casou coa princesa persa Roxana, dous actos simbólicos dos seus propósitos e de como se sentía continuador do soberano vencido.

A India

Alexandre considerou que a campaña da Liga de Corinto rematara coa destrución do Imperio Persa, e continuou por conta propia as súas conquistas. Estas levárono ás satrapías orientais e aos confíns da India, no que hoxe é Afganistán e ás ribeiras do río Hifasis, afluente do Indo en 327 a.C.. Os indios fixéronlle fronte a Alexandre cun grande exército que incluía elefantes, mais Alexandre demostrou novamente o seu xenio militar ao vencelo de forma esmagadora. Impresionado polo valor do rei indio, delvolveulle a súa coroa.

Neste punto, o exército negouse a seguir, e foi necesaria a volta. Os expedicionarios chegaron á desembocadura do Indo, onde construíron unha frota que os devolveu ao golfo Pérsico. Outra parte do exército volveu con Alexandre por terra cara a Babilonia, que pensaba converter na capital do seu imperio. A estrutura deste seguiría sendo a creada polos persas, a base de satrapías. Alexandre estaba sumido nestes proxectos cando o sorprendeu a morte en Babilonia no ano 323 a. C. con 33 anos. Semella que o falecemento, após unha enfermidade de dez días, debeuse á malaria e, en todo caso, non hai razóns para atribuílo ao envelenamento como se ten aventurado, se ben a desaparición do seu corpo no século IV fai imposíbel saber a verdade.

Alexandre morreu sen nomear un herdeiro. Após a súa morte os seus xenerais loitaron polo control do Imperio, que quedou dividido en catro partes. Son as monarquías helenísticas.[5]

Personalidade e vida privada de Alexandre

AlexanderTheGreat Bust
Copia dun busto, talvez contemporáneo, de Alexandre
Museo Británico

Son moitos os aspectos da personalidade de Alexandre que foron (e aínda son) discutidos. Alexandre, ademais de polo seu xenio militar indiscutíbel, salientaba pola súa crueldade fronte aos seus inimigos (crueldade, por outra banda, bastante corrente na súa época). O seu lema era renderse ou morrer. Aínda así, Alexandre mostrouse benévolo con aquelas cidades que se renderon sen opoñer resistencia. Durante unha festa, afectado polos excesos, matou o seu amigo Clito, o último dos xenerais de Filipo.

Estes feitos deron lugar á lenda negra de Alexandre, presentado como un megalómano, borracho e cruel, pero Alexandre tamén tivo moitos aspectos positivos. Educado por Aristóteles, Alexandre foi protector das artes e as letras, fundou varias cidades ás que lles puxo o nome de Alexandría; a máis famosa delas é, sen dúbida, a de Exipto, que tivo a maior biblioteca da antigüidade. Tamén respectou tanto a relixión coma os costumes dos lugares conquistados e difundiu a cultura helénica por eles. Alexandre tentou unir o seu pobo cos pobos conquistados, talvez porque se decatou de que para que o seu imperio perdurase era necesario que estivese unido. Mandou a varios dos seus oficiais, malia as súas protestas, desposarse con mulleres asiáticas e el mesmo deu exemplo casando con tres princesas; tamén incluíu soldados persas no seu exército. Para algúns historiadores, estas medidas, xunto co seu egocentrismo, foron a causa do suposto envelenamento que acabou coa súa vida.

Sexualidade

Hoxe en día, os historiadores coinciden en que Alexandre tivo tanto amantes masculinos como femininos, malia as protestas dalgúns gregos que consideran a bisexualidade de Alexandre como unha difamación contra o seu heroe nacional. Débese ter en conta que na época de Alexandre o concepto de homosexualidade era moi diferente ao actual: era normal que os homes tivesen tanto amantes masculinos como femininos, xa que se consideraba que un home se sentía atraído pola beleza, ora masculina ora feminina. Semella case que seguro que o seu amigo Hefestión, a quen coñecía desde a infancia, fose tamén o seu amante, segundo afirman varios historiadores antigos; outros afirman que tivo ademais varios amantes adolescentes. Chegouse a insinuar que Alexandre practicamente non sentía desexo coas mulleres, mais é difícil de crer dado que, á parte de ter concubinas, Alexandre casou tres veces: con Roxana de Bactria, Statira, filla de Darío III e Parysatis, filla de Ochus. Ademais foi pai de polo menos dous nenos; Heracles, fillo dunha concubina, e Alexandre IV de Macedonia fillo de Roxana.

Notas

  1. "Pautas para un correcto uso da linguaxe" (PDF). Universidade de Vigo. Consultado o 4 de setembro de 2016.
  2. Alexandre naceu o día seis do mes de hecatombeón, ao que os macedonios chamaban Loo (Plutarco de Queronea, Alejandro, III, 5).
  3. Online Etymology Dictionary (ed.). "The birth of Alexander". Livius (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2011.
  4. Existen discrepancias sobre a data exacta da súa morte. Cf. Roger Caratini: Alejandro Magno, pp. 417 e 422.
  5. "Kingdoms of the Successors of Alexander: After the Battle of Ipsus, B.C. 301". World Digital Library. 1800-1884. Consultado o 2013-07-27.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Arriano, Flavio (1982). Anábasis de Alejandro Magno. Obra completa. Madrid: Editorial Gredos.
    1. Libro I-III. [1ª edición, 3ª impresión]. ISBN 84-249-0266-1.
    2. Libro IV-VIII. [1ª edición, 2ª impresión]. ISBN 84-249-0306-4.
  • Curcio Rufo, Quinto (1986). Historia de Alejandro Magno. [1ª edición, 2ª impresión]. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 84-249-1049-4.
  • Diodoro Sículo & Plutarco (1986). Alejandro Magno. Edición de Antonio Guzmán Guerra. Madrid: Akal Cambridge. ISBN 978-84-7600-108-0.
  • Plutarco (2007). Vidas Paralelas: Obra Completa, Volumen VI: Alejandro & César; Agesilao & Pompeyo; Sertorio & Eúmenes. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-2881-0.
  • Pseudo Calístenes (1988). Vida y hazañas de Alejandro de Macedonia. Biblioteca Clásica Gredos 1. Edición de Carlos García Gual, Premio Nacional de Traducción 1978, [1ª edición, 3ª reimpresión]. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 84-249-3481-4.
  • Bosworth, A. B. (2005). Alejandro Magno. Madrid: Akal Cambridge. ISBN 978-84-460-2308-1.
  • Caratini, Roger. Alejandro Magno.
  • Cosmelli Ibáñez, José (1983). Historia Antigua y Medieval. [37ª Edición]. Arxentina: Editorial Troquel. ISBN 950-16-6348-5.
  • De Santis, Marc G. (2001). At The Crossroads of Conquest. Military Heritage. Volumen 3, No. 3: 46-55, 97 (Alexander the Great, his military, his strategy at the Battle of Gaugamela and his defeat of Darius making Alexander the King of Kings).
  • Guzmán Guerra, Antonio & Gómez Espelosín, Francisco Javier (2004). Alejandro Magno. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-5865-0.
  • Hammond, N. G. L. (1992). Alejandro Magno. Rey, general y estadista. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-2723-2.
  • Lane Fox, Robin (2007). Alejandro Magno. Conquistador del mundo. Tradución de Maite Solana. Colección El Acantilado 155. 960 páxinas. Barcelona: El Acantilado. ISBN 978-84-96834-25-5.
  • Renault, Mary. The Nature of Alexander.
  • VV.AA. (1999). Nacimiento, hazañas y muerte de Alejandro de Macedonia: contenido de su vida, sus guerras, sus proezas. Introdución Carlos García Gual, tradución Carlos R. Méndez. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 84-249-2000-7.

Outros artigos

13 de xuño

O 13 de xuño é o 164º día do ano do calendario gregoriano e o 165º nos anos bisestos. Quedan 201 días para finalizar o ano.

1 de outubro

O 1 de outubro é o 274º día do ano do calendario gregoriano (275ºnos anos bisestos). Quedan 91 días para finalizar o ano.

21 de xullo

O 21 de xullo é o 202º día do ano do calendario gregoriano e o 203º nos anos bisestos. Quedan 163 días para finalizar o ano.

Afganistán

Afganistán (en paxto e dari افغانستان, Afġānistān), oficialmente coñecido como República Islámica de Afganistán, é un país localizado en Asia Central. Ten unha poboación de arredor de 31 millóns de habitantes, sendo o país 42 máis poboado do mundo. Limita con Irán ó oeste, con Paquistán ó sur e ó leste, con Turkmenistán, Uzbekistán e Taxiquistán no norte e coa República Popular China no extremo máis oriental do país. O seu territorio abrangue 652.000km2, converténdose no país número 41 meirande do mundo.

A presenza humana en Afganistán data do Paleolítico Medio, e a localización estratéxica na Ruta da seda conectouno con culturas de Oriente Medio, Asia Central e Asia Meridional. Ó longo da historia, foi o fogar de diferentes pobos e foi escenario de moitas campañas militares, como as de Alexandre o Grande, os árabes musulmáns, Genghis Khan e as potencias occidentais na era moderna. Tamén foi o berce do Imperio Shinwari, o Imperio Cuxano, o Imperio Heftalita, o Imperio Samánida, o Imperio Gaznávida, o Imperio Gúrida, a Dinastía Khilji, o Imperio mogol, e a Dinastía Murrani.A historia política do estado moderno de Afganistán comezou coas dinastías Hotaki e Durrani no século XVIII. A finais do século XIX, Afganistán converteuse nun estado colchón do "Gran Xogo" entre a India Británica e o Imperio Ruso. Despois da Guerra Anglo-Afgá de 1919, o Rei Amanullah e Mohammed Zahir Shah tentaron modernizar o país. Unha serie de golpes de estado en 1973, 1978 e 1979 foron seguidos pola invasión soviética de Afganistán e as guerras civís que devastaron o país.

Alexandría

Alexandría (en árabe, الإسكندرية — al-Iskandariyyah) é a segunda cidade e principal porto de Exipto, situada no delta do río Nilo na costa do Mar Mediterráneo. Conta cuns 3 341 000 habitantes.

Anatolia

Anatolia, tamén coñecida como Asia Menor, é unha península que se proxecta no sentido leste-oeste ao sur do Mar Negro, en dirección ao Mar Exeo. É unha rexión tradicionalmente limitada polo alto Eufrates ao leste e polos Montes Tauros ao sur, estando constituída gran parte da súa área por mesetas e montañas.

Aristóteles

Aristóteles de Estaxira (en grego antigo , Ἀριστοτέλης, Aristotélēs), nado no ano 384 a.C. e finado no ano 322 a.C., foi un importante filósofo grego, un dos maiores pensadores de todos os tempos. As súas reflexións filosóficas (por un lado orixinais e por outro reformuladoras da tradición grega) acabaron por configurar un modo de pensar que se estendería por séculos. Prestou inigualábeis contribucións para o pensamento humano, destacando en ética, política, física, metafísica, lóxica, psicoloxía, poesía, retórica, zooloxía, bioloxía, historia natural e outras áreas de coñecemento. É considerado por moitos o filósofo que máis influíu no pensamento occidental.

Aristóteles escribiu cerca de 200 tratados sobre unha enorme variedade de temas transformando case todas as areas do coñecemento que tocou, recoñecido como pai e fundador da lóxica e da bioloxía pois foi o primeiro en realizar as primeiras investigacións. Entre moitas das contribucións, destacan a teoría da xeración espontánea na que se sostiña que moitas formas de vida aparecían de maneira espontánea a partir de materia inerte, ata o ano 1668, cando o químico francés Pasteur postulou a lei da bioxénese, pola cal a teoría de Aristóteles apoiada máis tarde da súa creación por pensadores como Descartes, Bacon ou Newton quedaba totalmente no recordo. Outros traballos seus son a teoría do principio de non contradición, os conceptos de categoría, substancia, acto, potencia e primeiro motor inmóbil. Ademais disto, cabe destacar que Aristóteles foi discípulo de Platón e doutros pensadores como Eudoxo durante os vinte anos que estivo na Academia de Atenas. Foi mestre de Alexandre Magno no reino de Macedonia e na última etapa da súa vida fundou o Liceo en Atenas onde ensinou ata un ano antes da súa morte.

Epicureísmo

O Epicureísmo é unha doutrina filosófica que foi fundada por Epicuro de Samos cara o século IV a.C. dentro do período helenístico, que seguiu á morte do rei macedonio Alexandre o Grande. O Epicureísmo entrou en pugna coas escolas do Estoicismo e o Escepticismo.

Epíteto

Epíteto (do grego: ἐπίθετ-ος, ον epítheton: acrecentado, posto ao lado) é un substantivo, adxectivo ou expresión que se asocia a un nome para cualificalo. Pode ser aplicado a persoas, divindades, obxectos ou, na taxonomía, para designar a especie dun vexetal ou animal.

Estoicismo

O Estoicismo é unha doutrina filosófica que foi fundada por Zenón de Citio cara a finais do século IV a.C. dentro do período helenístico (que seguiu á morte do rei macedonio Alexandre o Grande). O Estoicismo entrou en pugna coas escolas do Epicureísmo e o Escepticismo.

Cunha forte orientación ética, os estoicos sostiveron as virtudes do autocontrol e o desapego, levadas ao seu extremo no ideal da ataraxia, como medios para acadaren a integridade emocional e intelectual. No ideal estoico, é a liberación das paixóns a que permite ao espírito acadar a sabedoría; o logro da mesma é unha tarefa individual, e parte da tarefa do sabio é desfacerse dos conceptos e influencias que a sociedade na que vive lle inculcou. Porén, o estoico non despreza a compaña doutros homes, e a axuda aos máis necesitados é unha práctica recomendada. Os estoicos cultivaron a lóxica, a física, a política e sobre todo a ética.

Entre os estoicos máis famosos contáronse numerosos filósofos e homes de estado gregos e romanos; o desprezo polas riquezas e a gloria mundana fixo desta unha filosofía adoptada tanto por emperadores (coma Marco Aurelio) como por escravos (coma Epicteto). Cleantes de Aso, Crisipo de Soli, Séneca e Catón adscribíronse tamén á escola estoica.

Imperio Persa

O Imperio Persa é o nome usado para referirse a un número de dinastías históricas que controlaron a Persia, rexión do actual Irán.

Invasión celta dos Balcáns

Grupos de galos, provenientes de varias tribos da Cultura de La Tène, comezaron migrar con dirección sueste cara á Península dos Balcáns, a partir do século -IV. Aínda que os asentamentos celtas concentráronse na metade occidental da Chaira panónica, houbo incursións e asentamentos notables dentro da península balcánica.

A partir das súas novas bases no norte de Iliria e Pannonia, as invasións galas culminaron no século -III coa invasión de Grecia. A invasión de Grecia no ano -279 foi precedida por unha serie de campañas militares dirixidas cara o sur dos Balcáns e contra o Reino de Macedonia, favorecido polo estado de confusión que se seguiu a partir da complexa sucesión de Alexandre o Grande. Unha parte da invasión cruzou Anatolia e acabaron por instalarse na zona que despois veu a ser chamada Galacia.

Irán

Irán (en persa ایران) , tamén coñecido como Persia, e oficialmente República Islámica de Irán dende 1980, é un país de Asia Occidental. Limita ó norte con Armenia, Acerbaixán e Turkmenistán, con Casaquistán e Rusia a través do Mar Caspio, polo leste con Afganistán e Paquistán, polo sur co Golfo Pérsico e co Golfo de Omán, polo oeste con Iraq e polo noroeste con Turquía. Comprende unha área de 1 648 195 km2, sendo a segunda nación máis grande de Oriente Medio e a 18 en todo o mundo. Ten unha poboación de 77 millóns de habitantes, o que a converte na nación número 17 en todo o mundo. É o único país que ten costa no Mar Caspio e no Océano Índico.

A capital é Teherán. A palabra Irán significa literalmente "terra dos arios" (no sentido racial do termo e non no seu sentido relixioso - arianismo).

Irán é a nación dunha das máis antigas civilizacións do mundo, que ten a súa orixe na formación do reino protoelamita e elamita entre os anos -3200 e -2800. Os medos unificaron o territorio no primeiro de moitos imperios no -625, despois do cal, convertéronse no poder político e cultural dominante da rexión. Irán acadou o cumio do seu poder durante o Imperio Aqueménida fundado por Ciro o Grande en -550, que na súa máxima extensión abranguía unha parte importante do mundo antigo, que limitaba co Val do Indo polo leste, e con Tracia e Macedonia polo noroeste, facendo del o maior imperio do mundo ata ese momento. O imperio colapsou no -330 trala conquista de Alexandre o Grande. A área gañou influencia posteriormente co Imperio Parto e co establecemento da Dinastía Sasánida en -224, baixo a cal Irán converteuse nunha das principais potencias de Asia Occidental e Central durante os seguintes catro séculos.

Lingua elamita

O elamita é unha lingua morta, que se falou no reino do mesmo nome. É unha lingua aglutinante que nunca puido ser relacionada coas linguas semíticas veciñas, ou ás linguas indoeuropeas. Algúns lingüistas tentaron aproximar o elamita e o sumerio, sen chegar a convencer aos seus colegas. Outros puxérono en relación coas linguas dravídicas aínda faladas na India. O elamita foi a lingua oficial do imperio persa do século -VI ata o -IV, e os últimos testemuños escritos do seu uso remontan á época da conquista de Alexandre o Grande.

Moeda celta

A moeda celta foi acuñada polos pobos celtas dende finais do século -IV ata o século -I. A moeda celta estaba moi influída polo comercio e a oferta de mercenarios ós gregos, e inicialmente copiou os deseños gregos, especialmente a moeda do Reino de Macedonia do período de Filipo II de Macedonia e do seu fillo, Alexandre o Grande (os estateros coñecidos como "filipos"). É por este motivo que motivos e letras gregas poden ser atopados nas moedas celtas, especialmente nas acuñadas no sur da Galia.

Paquistán

Paquistán (en urdú پاکستان), e oficialmente República Islámica de Paquistán, (en urdú اسلامی جمہوریۂ پاكستان), é un estado de Asia Meridional. Cunha poboación de 180 millóns de habitantes, é o sexto país máis poboado do mundo. Ten unha área de 796.095 km2, o que o sitúa no número 36 en tamaño. Está localizado nunha rexión moi importante estratexicamente, cunha costa de 1046 km ó longo do Mar Arábigo e do Golfo de Omán no sur. Limita coa India polo leste, con Afganistán polo norte o polo oeste, con Irán polo suroeste e con China polo nordeste. Está separado de Taxiquistán polo territorio afgán do Corredor de Wakhan.

O territorio do moderno Paquistán foi o fogar de varias culturas antigas, incluíndo a neolítica Mehrgarh e a civilización do val do Indo da Idade de Bronce. O territorio tivo varios reinos gobernados por pobos de diferentes crenzas e culturas, como hindús, persas, indogregos, islámicos, turco-mongois, afgáns e sikh. A área foi dominada por varios imperios e dinastías, como o Imperio Maurya da India, o Imperio Aqueménida persa, Alexandre o Grande, o Califato Omeia árabe, o Imperio mongol, o Imperio mogol, e Imperio Durrani, o Imperio Sikh e o Imperio Británico. Como resultado do Movemento de Paquistán liderado por Muhammad Ali Jinnah e da loita da India pola independencia, Paquistán acadou a independencia en 1947 como unha nación das rexións da India con maioría musulmá. Inicialmente un dominio, Paquistán adoptou unha nova constitución en 1956, converténdose nunha República Islámica. A guerra civil de 1971 deveu na secesión do leste do país nun novo país, Bangladesh.

Paquistán é unha república parlamentaria federal que consta de catro provincias e catro territorios federais. É un país étnica e lingüísticamente diverso, que tamén posúe unha gran diversidade na súa xeografía e fauna. É unha potencia media e rexional, e posúe a sétima maior forza armada do mundo, así como armas nucleares, sendo a única nación do mundo musulmán, e a segunda de Asia Meridional, con esa clase de armas. A súa historia despois da independencia está caracterizada por períodos de goberno militar, inestabilidade política e conflitos coa veciña India. O país enfróntase a problemas como a sobrepoboación, o terrorismo, a pobreza, o analfabetismo e a corrupción. É un membro fundador da Organización da Conferencia Islámica e é membro das Nacións Unidas, da Commonwealth de Nacións, dos Próximos once, da SAARC e da OCE.

Reino de Macedonia

Macedonia (en grego: Μακεδονία Makedonía) é unha rexión xeográfica e histórica do sueste de Europa na península Balcánica, cunha área de aproximadamente 67.000 km2 e unha poboación de preto de 4,65 millóns de habitantes.

A historia de Macedonia está moi vinculada á Grecia clásica. Alexandre o Grande naceu e foi rei desta rexión.

Século -IV

século V a. C. < Século IV a. C. > século III a. C.

Gobernantes helenísticos
Arxéadas
Antigónidas
Tolomeos
Seléucidas
Lisimáquidas
Antipátridas
Atálidas
Grecobactrianos
Indogregos
Reis de Bitinia
Reis do Ponto
Reis de Comaxene
Reis de Capadocia
Reis do Bósforo cimerio

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.