Alexandre Bóveda

Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903[1] e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.

Alexandre Bóveda
Alexandro Bóveda. Ir Indo Edicións
Nacemento7 de xuño de 1903
 Ourense
Falecemento17 de agosto de 1936
 A Caeira
SoterradoCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
CónxuxeAmalia Álvarez Gallego

Traxectoria

Dende moi neno adicouse ó estudo do francés e da contabilidade. Estudou peritaxe mercantil na Escola de Comercio da Coruña por libre, ó mesmo tempo que impartía clases ós máis novos nun colexio de Ourense. Asiduo lector da Revista Nós pronto comezou a escribir en La Zarpa de Basilio Álvarez. Foi nas follas deste xornal onde se deu a coñecer como un gran comunicador.

Alexandre Bóveda Seminario de Estudos Galegos
Seminario de Estudos Galegos. Alexandre Bóveda Iglesias foi nomeado socio aitivo o 20 de outono do 1928, Sant-Iago, 28 de outono de 1931.

Máis adiante, participou nunhas oposicións en Madrid a unha das dez prazas de xefe de Facenda do estado conseguindo o número un en 1924. Por este motivo José Calvo Sotelo ofrécelle un posto no seu Comité de Intervención de Cambios; porén Alexandre rexeitou a oferta e volveu a Galiza para traballar na delegación de facenda de Ourense. Tras aprobar outras oposicións marchou a Pontevedra a ocupar o posto de Xefe de Contabilidade con tan só 23 anos. Pronto tomou contacto co faladoiro que presidían Castelao e Losada Diéguez no Café Méndez Núñez e viuse envolto nas actividades dos dous galeguistas. Ámbolos dous introducírono na política e noutros campos, como a Coral Polifónica de Pontevedra, onde coñeceu a Amalia Álvarez Gallego (filla de Xerardo Álvarez Limeses), coa que casou o 20 de outubro de 1930 no Mosteiro de San Xoán de Poio e coa que tivo cinco fillos.

En 1930 convértese no primeiro director da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra. En 1928 e 1929 recibira unha bolsa da Deputación de Pontevedra para viaxar a Barcelona e Guipúscoa para estudar o funcionamento das Caixas de Aforros.

En 1932 participou na asemblea pro-estatuto que se celebrou en Santiago de Compostela e resultou elixido membro da comisión redactora. Tivo un papel moi activo na redacción do estatuto e na Asemblea de municipios que se creou para debatelo. En 1933 foi elixido membro do Comité da Autonomía presidido por Bibiano Fernández Osorio Tafall. O 20 de outubro de 1934 publicouse unha orde ministerial impoñéndolle un destino administrativo forzoso na delegación de facenda de Cádiz. Retornou no outubro do ano 1935 a Galiza ó obter unha praza na delegación de facenda de Vigo.

Alexandre Bóveda, homenaxe asociación galega contábeis 1935
Bóveda en Vigo en 1935.
He resuelto que la ejecución del reo ALEJANDRO BOVEDA tenga lugar
…he resuelto que la ejecución del reo ALEJANDRO BOVEDA tenga lugar…

En 1936 participou na campaña electoral, á que acode como candidato da Fronte Popular pola provincia de Ourense mentres tomaba posesión dun cargo na delegación de facenda de Pontevedra. Tralo Alzamento Nacional foi detido o 20 de xullo de 1936 acusado de traizón e condenado a morte nun xuízo celebrado o 13 de agosto dese mesmo ano. A sentenza executouse o 17 de agosto na Caeira (Poio). Na madrugada antes do seu fusilamento escribiu varias cartas, a derradeira delas dicía así:

Querido Vitín:
Non sei si fixen ben ou mal en procurar que me axudases con proveito. En calquera caso foi con desexo do teu ben.
Eu morro tranquío; confío en que serei recibido donde todos queremos xuntarnos e fagoo con ledicia e confiando en Deus iste sacrificio. Quixen facer ben, traballei por Pontevedra, por Galicia e pola República e o trabucado xuicio dos homes (que eu perdoo e todos debedes perdoar) condéname.
Sé agora máis home que endexamais porque é cando máis o precisas, polos nosos vellos e polos nenos, de quen, sin que puidéramos esperalo, vas ser un pouco pai.
Confórtaos a todos e procura ser sempre bon. Non te arrepintas de canto ben teñas feito e podas ainda facer.
Vitinciño: Aos papás, a Vera, a Carlos, a Cesar, a todos, as miñas apertas.
Pra ti, irmanciño bon, a máis grande que poidas recibir de Alexandre.

No mencionado xuízo sumarísimo, Alexandre Bóveda verbalizou unhas palabras que o erixirían definitivamente como un emblema histórico do galeguismo:

Xosé Sesto, tras a execución, colocou a bandeira baixo a chaqueta de Bóveda.

Está enterrado no camposanto de San Amaro.

Alexandre Bóveda é un dos mitos do galeguismo. Foi convertido en mártir pola defensa da liberdade e dos seus ideais. Na data da súa morte celébrase actualmente o Día da Galiza mártir.

Galería de imaxes

Nos anos de mozo de Amalia Álvarez Gallego.
Nos anos de mozo de Amalia Álvarez Gallego. 
Retrato en Vida Gallega, 1933.
Retrato en Vida Gallega, 1933. 
Busto en Pontevedra.
Busto en Pontevedra
Monumento a Bóveda na Caeira (Poio).
Monumento a Bóveda na Caeira (Poio). 
Estatua en Pontevedra.
Estatua en Pontevedra. 

Notas

  1. "Bóveda Iglesias, Alexandre" Enciclopedia Galega Universal, Ir Indo.
  2. Álvarez Gallego (1972).
  3. País, Ediciones El (2011-08-17). "Reportaje | La leyenda que no pudieron asesinar". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-08-16.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

11 de decembro

O 11 de decembro é o 345º día do ano do calendario gregoriano e o 346º nos anos bisestos. Quedan 20 días para finalizar o ano.

17 de agosto

O 17 de agosto é o 229º día do ano do calendario gregoriano e o 230º nos anos bisestos. Quedan 136 días para finalizar o ano.

25 de xaneiro

O 25 de xaneiro é o 25º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 340 días para finalizar o ano, 341 nos anos bisestos.

4 de xuño

O 4 de xuño é o 155º día do ano do calendario gregoriano e o 156º nos anos bisestos. Quedan 210 días para finalizar o ano.

A Caeira, Poio (San Salvador), Poio

A Caeira é un lugar da parroquia de San Salvador de Poio, no concello de Poio. Conta cunha poboación dunhas 1 200 persoas.

A Nosa Terra (1916)

A Nosa Terra foi o voceiro das Irmandades da Fala (1916-1932) e do Partido Galeguista (1932-1936). Editouse integramente en galego e foi fundamental para o espallamento do ideal galeguista, así como para o achegamento a outras nacións. Publicáronse en total 422 números.

Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda é unha asociación cultural nacida na Coruña o 17 de agosto de 1976 e que ten como obxectivos prioritarios a promoción e defensa da lingua e da cultura galegas e a divulgación da figura e pensamento de Alexandre Bóveda.

Realiza diferentes actividades de tipo sociocultural entre as que destaca a celebración do Memorial de Teatro Amador Ibán Toxeiro, os obradoiros de teatro e de xadrez, os clubs de lectura, actividades na defensa dos dereitos das mulleres, a publicación dos números da Biblioteca Alexandre Bóveda, exposicións etc. Tamén realiza un traballo de investigación con temas como o nacemento e a repercusión das Irmandades da Fala, a recuperación e divulgación do patrimonio toponímico galego, a interacción da lingua cos avances tecnolóxicos, entre outras moitas.

En 2017 recibiu o premio Marcelino Liste outorgado polo Foro Cívico, como recoñecemento do seu traballo a prol da xustiza e da liberdade.

Amalia Álvarez Gallego

Amalia Álvarez Gallego, nada en Lugo o 10 de febreiro de 1906 e finada en Pontevedra o 27 de novembro de 2001, foi unha funcionaria galega.

Bóveda (homónimos)

Unha bóveda é unha construción arquitectónica, de sección curva, que permite cubrir o espazo comprendido entre dous muros, piares ou columnas.

Como topónimo, Bóveda pode referirse a:

En Galicia

Bóveda, concello da provincia de Lugo;

Bóveda, parroquia de dito concello;

Bóveda, lugar de dita parroquia;

Bóveda, parroquia do concello de Begonte;

Bóveda, lugar de dita parroquia;

Bóveda, parroquia do concello de Lugo;

Bóveda, lugar de dita parroquia;

O Castro de Bóveda, lugar de dita parroquia;

Bóveda, parroquia do concello de Vilar de Barrio;

Bóveda, lugar de dita parroquia;

Bóveda de Amoeiro, parroquia do concello de Amoeiro;

Bóveda, lugar de dita parroquia;

Santalla de Bóveda de Mera, parroquia do concello de Lugo;

Bóveda de Mera, lugar de dita parroquia;

Bóveda, lugar da parroquia de Churío do concello de Irixoa;

A Bóveda, lugar da parroquia de Miñotos, no concello de Ourol.En Castela e León

Bóveda de la Ribera, na provincia de Burgos;

La Bóveda del Toro, na provincia de Zamora;

Bóveda del Río Almar, na provincia de Salamanca.Amais, como apelido pode referirse a:

Alexandre Bóveda, político galego (1903-1936);

José Bóveda Formigo, sindicalista galego (m. 2007);

Jorge Emilio Bóveda, escritor galego (n. 1975).

Celso Álvarez Cáccamo

Celso Álvarez Cáccamo, nado en Vigo o 15 de decembro de 1958, é un escritor e sociolingüista galego.

Darío Álvarez Blázquez

Darío Álvarez Blázquez, nado en Tui o 30 de setembro de 1910 e finado en Vigo o 7 de xuño de 1979, foi un médico e escritor galego.

Día da Galiza mártir

O Día da Galiza Mártir celébrase anualmente o 17 de agosto. A data escolleuse como homenaxe para o político galeguista Alexandre Bóveda, asasinado o 17 de agosto de 1936 na Caeira (Poio) e convertido en mártir pola defensa da liberdade e dos seus ideais.

Eduardo Gutiérrez

Eduardo Gutiérrez Fernández, nado en Ribadeo o 3 de febreiro de 1948, é un político e ensaísta galego.

El Pueblo Gallego

El Pueblo Gallego, subtitulado Diario de la mañana e posteriormente Al servicio de los intereses de Galicia, foi un xornal que se editou en Vigo entre 1924 e 1979.

La Zarpa

La Zarpa foi un diario agrarista que se publicou en Ourense entre 1921 e 1936. Fundouno o crego e xornalista Basilio Álvarez o 27 de xullo de 1921 e foi dirixido, entre outros, por Antonio Buján, Jacinto Santiago e Roberto Blanco Torres. Colaboraron no xornal, entre moitos outros, Ramón Cabanillas, Manuel Lustres Rivas, Ramón Fernández Mato, Xaime Quintanilla Martínez, Eduardo Blanco Amor, Alexandre Bóveda, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Valentín Paz-Andrade, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Antón Villar Ponte e Antonio Rey Soto.

Marcos Valcárcel

Marcos Valcárcel López, nado en Ourense o 3 de marzo de 1958 e falecido na mesma cidade o 5 de decembro de 2010, foi un historiador, xornalista e escritor galego.

Xerardo Álvarez Gallego

Xerardo Álvarez Gallego, nado en Ourense o 29 de novembro de 1899 e finado en Miami o 4 de abril de 1986, foi un escritor e político galego.

Xerardo Álvarez Limeses

Xerardo Álvarez Limeses, nado en Pontevedra o 10 de decembro de 1871 e finado na mesma cidade o 19 de febreiro de 1940, foi un mestre e escritor galego.

Xosé María Álvarez Cáccamo

Xosé María Álvarez Cáccamo, tamén coñecido como Pepe Cáccamo, nado en Vigo o 6 de xullo de 1950, é un escritor galego, crítico literario e profesor de literatura.

Árbore xenealóxica

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.