Alexandría

Alexandría[1][2][3] (en árabe, الإسكندرية — al-Iskandariyyah) é a segunda cidade e principal porto de Exipto, situada no delta do río Nilo na costa do Mar Mediterráneo. Conta cuns 3 341 000 habitantes.

Coordenadas: 31°11′53″N 29°55′09″L / 31.198, 29.9192

Alexandría
الإسكندرية
Flag of Alexandria
Alexandria Logo2
Alexandria - Egypt
Cidade de Alexandría
Localización
Alexandría en Exipto

Alexandría
Alexandría
PaísExipto Exipto
GobernaciónGobernación de Alexandría
Xeografía
Altitude5 msnm
Superficie2.679 km²
Demografía
Poboación4 546 231 hab. (2013)
Densidade1.700 hab/km²
Outros datos
Código postal21500
AlcaldeTarek Al Mahdi
Páxina de Alexandría

Historia

Bird's eye view over Alexandria in around 1870
Vista de Alexandría dende poñente, 1870

A historia urbana de Alexandría remóntase á fundación da cidade ao ano 331 antes de Cristo baixo Alexandre o Grande. Foi unha das cidades máis grandes do mundo helenístico, logo pasou baixo dominación romana. A partir do século V é un territorio de conflitos entre os Califatos árabes e o Imperio bizantino. A cidade cae pouco a pouco na decadencia ata volverse unha aldea baixo o imperio otomán. No século XIX Méhémet Ali, creador do Exipto contemporáneo, comeza a reactivación da cidade no seu primeiro programa de industrialización. A inicios do século XXI Alexandría ten máis de tres millóns de habitantes.

Antes de Alexandre o Grande

Seica dende tempos moi anteriores á fundación da cidade existía na costa enfronte da illa de Pharos unha aldea pesqueira nun porto natural, mesmo unha fortificación, coñecida coma Rhakotis (Ra-Kedet). Probas de radiocarbono testemuñan a actividade humana dende o Imperio Antigo cun pico entre o 1000 a.C. e o 800 a.C., no final do Imperio Novo. Despois e ata o 330 a.C. hai unha ausencia significativa coincidente coa decadencia do Exipto faraónico. Ademais, ese nome (Rhakotis) conservouse no do barrio exipcio da fundación grega ata o século XIII.

Fundación

Semella que ese pasado (cita na Odisea de Homero) puido pesar en Alexandre Magno para decidir fundar, no 331 aC, a base portuaria da expansión do seu imperio nese lugar, o extremo noroccidental do delta do Nilo co cuxo curso comunicou mediante unha canle. Encargoulle o plan ao seu arquitecto Deinócrates de Rodas quen, educado nas teorías urbanísticas de Hipódamo de Mileto (que deseñara o plan para Rodas no 408 a.C.), estende unha retícula rectangular hipodámica na estreita lingua de terra entre o mar Mediterráneo e o lago Mareotis (o prestixioso enxeñeiro hidráulico Crates de Olinto ocupouse dos complexos traballos das augas no difícil terreo no que se asentou a cidade). Coma outras numerosas fundacións de Alexandre recibiu o epónimo de Alexandría.

Capital da cultura helenística

Pero a cidade de Alexandre foi erixida polos seus sucesores, fundamentalmente os tres primeiros autoproclamados faraóns da dinastía tolemaica, durante o século III a.C.. En tan breve período Alexandría, nomeada capital de Exipto dende o 305 a.C., converteuse nunha das maiores cidades do mundo, o verdadeiro eixo comercial entre oriente e occidente, entre o fértil val do Nilo e Grecia.

Inda que a concreta disposición dos máis importantes edificios e conxuntos urbanos é incerta, son famosos dende a antigüidade e coñecémolos, en espera dos achados arqueolóxicos, polas fontes escritas. Pronto levantáronse as murallas (14,5 km) que arrodeaban a trama reticular. O barrio exipcio (Rhakotis) no oeste, o xudeu no extremo oriental (grande inmigración que fixo da comunidade de Alexandría a maior do tempo)[4] e no centro a cidade grega. A Tumba de Alexandre (quen marchara aos poucos meses da fundación para non regresar senón en cadaleito) estaba nun recinto preto dese centro (Soma) onde tamén se atopaba o ágora (co mercado) e o encontro da rúa principal leste-oeste (5 km, 30 m de ancho, porticada) coa norte-sur que levaba ao porto. Grandes traballos nas instalacións portuarias foron desenvolvidos de seguido e foi así que se erixiu na entrada da rada o Faro de Alexandría, unha das sete marabillas do mundo antigo de 134 m de altura. Tamén obra extraordinaria e importante na futura conformación da urbe foi a construción do Heptastadion (sete estadios, 1,3 km [5]) que unía a illa de Pharos coa terra firme dividindo o porto en dous, protexendo a enseada oriental.

O esplendor económico produciu o cultural, e Alexandría converteuse no centro e foco de coñecemento da cultura helenística. Todas as infraestruturas básicas para favorecelo foron implementadas: o Museion ("Casa das Musas", academia onde investigaron entre outros Euclides, Arquimedes, Eratóstenes, Aristarco, Claudio Tolomeo) coa, mítica ata hoxe, Gran Biblioteca de Alexandría; ademais do Teatro, o Ximnasio e o Lageion (hipódromo e estadio). Moitos templos foron consagrados tanto a divindades gregas coma exipcias (o máis importante, o Serapeion en Rhakotis xunto ao Lageion). Esa mestura do clasicismo grego con elementos da civilización faraónica dominaban os conxuntos pacegos (Brucheion, no cuadrante noroeste).

Época romana e cristiá

Alexandrie fortifications
Vista de 1803 da ruína da muralla xunto ao pazo de Cleopatra ("Agulla de Cleopatra" ante o Cesareum)

No século I aC Exipto e Alexandría entran na órbita de Roma. A cidade consolidada mantívose no básico (a pesar dalgunhas destrucións -a Biblioteca sufriu un primeiro incendio- ata a toma definitiva no 30 aC polo futuro César Augusto). Enriqueceuse con novos templos (Cesareum) e pazos (o de Cleopatra e o Timonium de Marco Antonio) e foron reconstruídos e ampliados algúns dos existentes ( novo Serapeum e Museum). Ademais dotouse dos edificios característicos dunha urbe romana: Gymnasium no lugar dos pazos tolemaicos, Bouleterium, Foro de Augusto, termas e baños públicos, anfiteatro, portas columnas e arcos triunfais.

A prosperidade tamén continuou con Exipto fornecendo de gran ao Imperio Romano, gran que saía do porto da cidade. Pero asemade, co declinar de aquel produciuse o lento declive de Alexandría. Resultado de revoltas, guerras e terremotos (tsunami do 365) sufriu progresivas destrucións que pouco a pouco minaron o seu patrimonio edilicio e cultural. A cidade foi constrinxíndose progresivamente (nova muralla de Adriano trala destrución do 115; á de Caracalla reducida a zona palacial primitiva; destrucións de Aureliano e Diocleciano a finais do s.III). Dende un punto de vista topográfico a zona do Heptastadion foise tupindo coa sedimentación das correntes e cos entullos de guerras e desastres producindo un acurtamento da pasaxe (Tetrastadion) que foi permitindo mesmo un asentamento progresivo (esa zona e Pharos foron sempre as menos afectadas polos conflitos.

A aparición do cristianismo, se no cultural produciu unha nova era de esplendor intelectual na discusión teolóxica, no material, sobor de todo trala súa declaración coma relixión oficial do imperio, trouxo novos conflitos e máis destrución da antiga cidade pagá (século IV e V, orde imperial de demolición de templos como o Serapeum, o Cesareum e seica a Biblioteca; o Brucheion e o barrio xudeu desolados). No seu lugar eríxense igrexas (San Theonas no extremo oeste da vía principal, primeira catedral).

Conquista árabe e declive

Alexandria by Piri Reis
Plano da Alexandría medieval nas murallas árabes.

No ano 642 os árabes conquistan Alexandría. A poboación grega, sobor de todo comerciantes, evacúan a cidade. O comercio no Mediterráneo entre oriente e occidente queda interrompido. A decadencia estaba asegurada. No século IX produciuse un renacemento económico. As vellas murallas son derrubadas e cos seus materiais Ibn-Tulun arrodeou a vila cunha nova muralla nunha área moito máis restrinxida (875).

Pero no 969 O Cairo é nomeada capital do califato Fatimita. Supón a puntilla para Alexandría que esmorecerá nos séculos seguintes ata quedar convertida nun pobo de 7.000 habitantes cando Napoleón arriba a Exipto.

No século XIV, despois de varios seísmos, o Faro de Alexandría desaparece en entullos. Con eles construíuse no lugar a actual fortaleza de Qait Bey (1480).

En 1517 Exipto é incorporado coma provincia do Imperio Otomán. O Mediterráneo oriental pode considerarse un mar interior e as defensas deixan de teren valor. Dende o punto de vista urbano ten importancia para Alexandría porque a cidade amurallada resulta pouco a pouco abandonada. A vila otomá construíuse xusto ao norte, no istmo creado no antigo Heptastadion.

Século XIX: Modernización

En 1810 o gobernador otomán de Exipto, Mehmet (Mohammed) Alí, emprende unha reforma xeral no país que abrangue tódolos eidos, entre eles a apertura económica e comercial cara a Europa, a modernización e industrialización. Alexandría, coma porto senlleiro da rexión vai experimentar un espectacular crecemento e transformación.

A expansión era obrigada cara ao sur derrubándose a sección norte da muralla árabe. O porto da cidade moderna vai seres desta vez o do oeste (antigo Eunostos). O seu desenvolvemento (gran rompeondas en 1870) e a chegada do ferrocarril implican o derrubo do sector occidental da muralla. O crecemento organízase en principio nunha traza regular cuxas directrices non teñen que ver en absoluto co pasado. Co cambio de centuria a expansión vira cara ao leste nunha maneira pouco ordenada comezando así a destrución sistemática tamén dos restos arqueolóxicos antigos. Unicamente o vello trazado da gran rúa leste-oeste consérvase na actual Sharia el-Hurreya.

Alexandría contemporánea

A cidade de Alexandre tense convertido nestes últimos decenios outra vez nunha dinámica metrópole que tenta encarar o futuro recuperando a memoria do seu esplendoroso pasado (grandes campañas arqueolóxicas sobor de todo submarinas). A construción dunha moderna Biblioteca (na zona do Brucheion a beira do vello porto) tenta seres o símbolo dese renacer.

Escola de Alexandría

Artigo principal: Escola de Alexandría.

Nun sentido amplo, reciben este nome as escolas filosóficas e científicas que existiron na cidade de Alexandría antes dos tempos de cristo, que influíron noutras cidades con ideas eclécticas e do neopitagorismo pagán. Representantes dela foron Aristarco de Samos (astrónomo e matemático grego), Hiparco de Nicea (astrónomo, xeógrafo e matemático grego), Claudio Tolomeo (xeógrafo e matemático grego-exipcio), Diofanto (matemático grego-exipcio), Eratóstenes (matemático, astrónomo e xeógrafo grego), Ammonio Saccas (fundador do neoplatonismo), e Filón de Alexandría (filósofo xudeu grego-exipcio).

Mais este tamén pode dárselle á filosofía xudaica de Filón, quen viviu en Alexandría no século I, e que interpretou a Biblia aplicando os métodos do platonismo estoico. Foi a escola filosófica dos pensadores cristiáns alexandrinos, ou vinculados a esta cidade, dos séculos II e III, cuxas ideas tiveron unha poderosa influencia en toda a teoloxía do cristianismo primitivo. Os principais representantes foron Clemente de Alexandría (filósofo cristián grego) e Oríxenes (Pai da Igrexa, alexandrino).

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alexandrino.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 103. ISBN 84-8158-266-2.
  3. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. Aelxandría (Exipto)
  4. Biblia dos Setenta
  5. Recentes análises xeofísicos corrixen a crenza no seu trazado diagonal. Polo visto era coherente coa trama ortogonal da cidade.

Véxase tamén

Outros artigos

25 de novembro

O 25 de novembro é o 329º día do ano do calendario gregoriano e o 330º nos anos bisestos. Quedan 36 días para acabar o ano. Foi declarado pola ONU como Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller.

Ahmed H. Zewail

Ahmed Hassan Zewail (en árabe: أحمد زويل), nado o 26 de febreiro de 1946 en Damanhur (Exipto), é un químico e profesor universitario estadounidense, de orixe exipcia, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1999.

Alexandre o Grande

Alexandre III de Macedonia, coñecido como Alexandre o Grande ou Alexandre Magno (en grego: Μέγας Ἀλέξανδρος), nado o 21 de xullo de 356 a.C. en Pela (Reino de Macedonia) e finado o 10 ou 13 de xuño 323 a.C. en Babilonia, foi rei de Macedonia entre o 21 de xullo de 336 a.C. e o 13 de xuño de 323 a.C. Trátase dun dos máis exitosos comandantes do mundo antigo, tanto que foi considerado por moitos o maior xenio militar da historia.

Biblioteca de Alexandría

A Biblioteca de Alexandría, localizada na cidade exipcia de Alexandría, foi no seu tempo a maior biblioteca do mundo. Fundada polos Tolomeos no século III ane, chegou a ter unha colección (estimada) de 700.000 obras manuscritas.

Desde o século XIX procurouse comprender a organización e estrutura da biblioteca e debateuse abundantemente sobre o seu final. Apenas chegaron ate a actualidade testemuños de como era, como se traballaba nela, cantos volumes gardaba e mesmo cal era a súa situación.

A historiografía dos séculos XX e XXI insiste en que se formou unha grande utopía retrospectiva en relación coa Biblioteca de Alexandría. Sábese con certeza que a Biblioteca existiu, mais moitas das informacións acerca dela son contraditorias, dubidosas ou mesmo falsas, realizadas baseándose en suposicións a partir de poucos datos e aproximados.

Unha nova biblioteca foi inaugurada no 2003 próxima ao sitio da antiga.

Bibliotheca Alexandrina

A Bibliotheca Alexandrina (en árabe: مكتبة الإسكندر; Maktabat al-Iskandarīyah) é unha gran biblioteca e centro cultural da cidade exipcia de Alexandría. A biblioteca foi fundada como un conmemoración e lembranza da antiga Biblioteca de Alexandría, e é tamén un intento de recuperar a antiga gloria da cidade como centro de estudo e erudición.

Calendario xuliano

O calendario xuliano introduciuno Xulio César no ano 46 a. C., despois de consultar con Sosíxenes, astrónomo de Alexandría, e entrou en vigor en 45 a. C..

Coa conquista de novos territorios César sentiu a necesidade de uniformar o calendario, o novo calendario pasou a estar composto de doce meses, totalizando 365 días por ano. Cada catro anos instituíuse un ano bisesto de 366 días. Os meses pasaron a ter 30 días (intercalados con meses de 31 días).

Cirilo de Alexandría

San Cirilo (en grego: Κύριλλος Ἀλεξανδρείας), nado entre os anos 370 e 373 en Alexandría, gobernou a Igrexa de Alexandría como o seu Patriarca durante 23 anos, até o 444. É considerado santo polas Igrexas Católica, Luterana, Ortodoxa e Copta.

Emilio García Olloqui

Emilio García Olloqui y Vázquez Varela, nado en Vigo o 10 de outubro de 1821 e finado en Alexandría o 3 de agosto de 1893, foi un avogado, diplomático e escritor de poesía e teatro galego.

Eratóstenes

Eratóstenes (Ερατοσθένης), nado no ano 276 a.C. e finado no 194 a.C., foi un matemático, xeógrafo e astrónomo grego.

Euclides

Euclides (en greco antigo: Εὐκλείδης / Eukleídês), ás veces chamado Euclides de Alexandría para distinguilo de Euclides de Megara, (floruit o 300 a.C.), foi un matemático grego, hoxe coñecido como "o pai da xeometría". exerceu en Alexandría (antigo Exipto) en tempos de Tolemeo I Sóter (323-283 a.C.) Foi o fundador da escola de matemáticas na cidade.Creador da famosa xeometría euclidiana: o espazo euclidiano, inmutable, simétrico e xeométrico, metáfora do saber na antigüidade clásica, que se mantivo incólume no pensamento matemático medieval e renacentista, pois só nos tempos modernos puideron ser construídos modelos de xeometrías non-euclidianas. Parece ser que foi educado en Atenas e que frecuentou a Academia de Platón, en pleno florecemento da cultura helenística.

Exipto

Exipto (en árabe: مصر, Miṣr; en árabe exipcio: مَصر Maṣr; en copto: Ⲭⲏⲙⲓ Khēmi), oficialmente República Árabe de Exipto (en árabe: جمهورية مصر العربية, Ǧumhūriyyat Miṣr al-ʿArabiyyah), é un estado situado no nordeste de África e na península do Sinaí no continente de Asia. Limita ó norte co Mar Mediterráneo e Israel, ó leste co Mar Vermello (incluído o seu saínte norte do Golfo de Acaba), ó sur con Sudán e ó oeste con Libia. A súa xeografía é desértica na case totalidade, que corresponde co deserto do Sahara, onde só está habitado en oasis. A súa capital é a cidade do Cairo, unha das máis poboadas de África.

Egypt ten unha das historias máis antigas entre os países do mundo, cuxa orixe se remonta ós milenios VI e IV a.C. Considerada un berce da civilización, o Antigo Exipto experimentou algunhas das máis antigas formas de escrita, agricultura, urbanización, relixión organizada e goberno central. Monumentos icónicos como as pirámides de Gizeh e a súa Grande Esfinxe, así como as ruínas de Menfis, Tebas, Karnak e o Val dos Reis, reflicten este legado e manteñen un significativo foco de interese científico e popular. A gran e rica herdanza cultural de Exipto é unha parte integral da súa identidade nacional, que padeceu, e ás veces asimilou, varias influencias estranxeiras, como os gregos, persas, romanos, árabes, turcos otománs e nubios. Exipto foi un importante e temperán centro do cristianismo, mais foi amplamente islamizado no século VII e mantense como un país amplamente musulmán aínda que cunha significativa minoría cristiá.

Dende o século XVI até comezos do XX, Exipto foi gobernado por potenciais coloniais estranxeiras, o Imperio Otomán e o Imperio Británico. O Exipto moderno data do ano 1922, cando conseguiu a súa independencia do Imperio Británico como unha monarquía. Porén, a ocupación militar británica continuou, co cal moitos exipcios creron que a monarquía era un instrumento do colonialismo británico. Despois da revolución de 1952, Exipto expulsou os soldados e burócratas británicos e rematou coa ocupación, nacionalizou o Canal de Suez, exiliou o rei Farouk e a súa familia, e declarou a república. En 1958, uniuse con Siria para formar a República Árabe Unida, que se disvolveu en 1961. Ó longo da segunda metade do século XX, Exipto sufiu conflitos sociais, relixiosos e inestabilidade política, loitando en varios enfrontamentos armados con Israel en 1948, 1956, 1967 e 1973, e ocupando a Faixa de Gaza de xeito intermitente até 1967. En 1978, Exipto asinou os Acordos de Camp David, retirándose oficialmente da Faixa de Gaza e recoñecendo o estado de Israel. O país segue afrontando retos, como a inestabilidade política, incluíndo a recente revolución de 2011 e as súas consecuencias, o terrorismo e o subdesenvolvemento económico. O goberno actual de Exipto é unha república presidencial liderada polo presidente Abdul Fatah al-Sisi, que foi descrito por numerosos observadores como autoritario.

O islam é a relixión oficial de Exipto e o árabe é a súa lingua oficial. Con máis de 95 millóns de habitanets, Exipto é o país máis poboado do Norte de África, de Oriente Medio e do Mundo árabe, sendo o terceiro máis poboado de África (despois de Nixeria e Etiopía), e o décimo quinto do mundo. A gran maioría da poboación vive preto das beiras do río Nilo, nunha área de 40 000 km2 onde se atopa a única terra arable. As grandes rexións do deserto do Sáhara, que constitúen a maioría do territorio exipcio, están escasamente poboadas. Arredor da metade dos cidadáns exipcios habitan en áreas urbanas, especialmente nos centros densamente poboados do Cairo, Alexandría e outras grandes cidades do delta do Nilo.

O estado soberano de Exipto é un país transcontinental considerado como unha potencia rexional no Norte de África, no Oriente Medio e no Mundo árabe, así como unha potencia intermedia no contexto mundial. A economía de Exipto é unha das meirades e das máis diversificadas de Oriente Medio, e crese que será unha das maiores do mundo ó longo do século XXI. En 2016, Exipto superou a Suráfrica e converteuse na segunda maior economía de África (despois de Nixeria). Exipto é membro fundador das Nacións Unidas, do Movemento de Países Non Aliñados, da Liga Árabe, da Unión Africana e da Organización para a Cooperación Islámica.

Gamal Abdel Nasser

Gamal Abdel Nasser (en árabe جمال عبد الناصر‎ - Jamāl ‘Abd an-Nāsir), tamén transliterado como Jamal Abd al-Naser, Jamal Abd An-Nasser e outras variantes, nado en Alexandría o 15 de xaneiro de 1918 e finado no Cairo o 28 de setembro de 1970, foi un líder político exipcio.

Hipatia

Hipatia (en grego antigo Ὑπατία), nada en Alexandría (Exipto), contra o ano 370 e finada na mesma cidade contra 415, foi unha muller científica, filósofa neoplatónica e mestra, que contribuíu ao desenvolvemento das matemáticas e a astronomía da época.

Igrexa ortodoxa

A Igrexa ortodoxa, tamén coñecida como Igrexa católica ortodoxa, é unha igrexa cristiá, que se considera a si mesma como a igrexa unha, santa, católica e apostólica fundada por Xesús Cristo. Estrutúrase como unha comuñón de igrexas autocéfalas gobernadas cada unha por un sínodo de bispos, iguais entre eles, e sen unha autoridade central de goberno análoga ao papado na Igrexa católica.

A Igrexa ortodoxa considerase a herdeira de tódalas comunidades cristiás da metade oriental do Mediterráneo.​ A súa doutrina teolóxica estableceuse nunha serie de concilios, dos cales os máis importantes son os primeiros Sete Concilios, chamados "ecuménicos" que tiveron lugar entre os séculos IV e VIII. Tras varios desencontros e conflitos, a Igrexa ortodoxa e a Igrexa católica separáronse no chamado "Cisma de Oriente e Occidente", o 16 de xullo de 1054. O cristianismo ortodoxo difundiuse por Europa Oriental grazas ao prestixio do Imperio Bizantino e ao labor de numerosos grupos misioneiros.

Está en realidade constituída por 14 ou, segundo algunhas delas, 15 Igrexas autocéfalas que só recoñecen cadansúa propia autoridade xerárquica (por exemplo, do patriarca de Alexandría, de Antioquía, de Constantinopla, etc. ou a de metropolitanos, se é o caso), pero manteñen entre si comuñón doutrinal e sacramental.

Mar de Libia

O mar de Libia (Grego Λιβυκό πέλαγος, Latín Libycum Mare, Árabe البحر الليبي) é a porción do Mar Mediterráneo ao norte da costa de África na costa da antiga Libia, é dicir Cirenaica, e Marmárica

(a costa do que hoxe é o Leste de Libia e o Exipto occidental, entre Tobruk e Alexandría). Esta denominación utilizouse por antigos xeógrafos que describen o sur do Mediterráneo, pero o termo tamén é usado en viaxes modernas por escritores e cartógrafos. A costa meridional de Creta que bordea o Mar de Libia inclúe as Montañas de Asterousia e a Chaira de Mesara, esta área é o lugar dun considerable asentamento da Idade de Bronce, que inclúe os sitios de Kommos, Hagia Triada e Phaistos.Agás Creta, outras illas do Mar de Libia son Gavdos, Gavdopoula, Koufonisi e Chrysi.

Ao leste atópase o Mar Levantino, ao norte o Mar Xónico, e ao oeste o estreito de Sicilia.

Neoplatonismo

O neoplatonismo é un sistema filosófico que naceu en Alexandría no século III, e que foi ensinado en diferentes escolas até o século VI. É a última manifestación do platonismo antigo, e constitúe unha síntese de elementos moi distintos, con achegas das doutrinas filosóficas de Pitágoras, Aristóteles, Zenón e, sobre todo, Platón, unidas ás aspiracións místicas de orixe hindú e xudeu.

Tolomeo

Claudius Ptolomaeus ou Tolomeo, nado en Exipto no ano 100 e falecido no 178, foi un polígrafo grego, recoñecido polos seus traballos en astroloxía, astronomía e cartografía (onde ficou coñecido por ser un dos primeiros cartógrafos, se non o primeiro, en usar escala nos mapas).

Virtual International Authority File

O Ficheiro de Autoridades Virtual Internacional, en inglés Virtual International Authority File (VIAF) é un proxecto de bibliotecas nacionais e operado polo Online Computer Library Center (OCLC) para unir os ficheiros de autoridade virtual de diversas bibliotecas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.