Alemaña

Coordenadas: 51°N 9°L / 51, -9

República Federal de Alemaña
Bundesrepublik Deutschland
Bandeira de Alemaña
Escudo de Alemaña
BandeiraEscudo
EU-Germany
Lema: Einigkeit und Recht und Freiheit
(Alemán: Unidade e xustiza e liberdade)
Capital
 Poboación
Berlín
3 401 147 (2013)
Cidade máis poboadaBerlín
Lingua oficialAlemán1
Forma de gobernoRepública federal
Frank-Walter Steinmeier
Angela Merkel
Sacro Imperio Romano
Unificación
República Federal
Reunificación
2 de febreiro de 962
18 de xaneiro de 1871
23 de maio de 1949
3 de outubro de 1990
SuperficiePosto 61º
 • Total357 021 km²
 • % auga2,416
Fronteiras3 621 km
Costas2 389 km
PoboaciónPosto 12º
 • Total (2013 est.)80 585 700 hab.
 • Densidade225,72 hab./km²
PIB (nominal)Posto 4º
 • Total (2014)3 747 900 millóns US$
 • per cápita45 925 US$
PIB (PPA)Posto 5º
 • Total (2014)3 325 000 millóns US$
 • per cápita40 757 US$
MoedaEuro2 (€, EUR)
IDH (2013)0,920 () – Moi alto
XentilicioAlemán, alemá[1]
Fuso horarioCET (UTC+1)
 • Horario de veránCEST (UTC+2)
Dominio de Internet.de
Prefixo telefónico+49
Prefixo radiofónicoDAA-DRZ, Y2A-Y9Z
Código ISO276 / DEU / DE
Membro de: UE, ONU, OTAN, CBSS, OSCE, OCDE, COE, G-8, G-4
1 Tamén están oficialmente recoñecidos e protexidos coma linguas minoritarias o dinamarqués, o baixo saxón, o sorabo, o romaní e o frisón.
2 Antes de 1999, marco alemán.

Alemaña[2] ( pronunciación ) (en alemán: Deutschland [ˈdɔʏtʃlant] , en alto sorabo: Němska, en baixo alemán: Düütschland, en baixo sorabo: Nimska, en dinamarqués: Tyskland, en frisón: Dütschland, en romaní: Jermaniya) oficialmente República Federal de Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Bundesrepublik Deutschland [ˈbʊndəsʁepuˌbliːk ˈdɔʏtʃlant] ) é un estado federal da Europa central. Alemaña está bordeada polo norte co mar do Norte, Dinamarca, e o mar Báltico, polo leste con Polonia e a República Checa, polo sur con Austria e Suíza, e polo oeste con Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos. O territorio alemán espállase ao longo de 357.021 km² e está influenciado, na meirande parte do territorio por un clima temperado estacional.

Cunha poboación por riba dos 82 millóns de habitantes, constitúe o país máis poboado entre os membros da Unión Europea e o terceiro entre os países cunha maior comunidade estranxeira. A rexión chamada Xermania, habitada polos Xermanos, foi coñecida e documentada antes do ano 100 a. C. Dende o século X os territorios alemáns formaron parte do Sacro Imperio Romano que duraría ata o ano 1806. Durante o século XVI, as rexións setentrionais alemás convertéronse no centro da Reforma protestante. Como nación-estado moderno, a primeira unificación alemá produciuse en 1871, durante a guerra franco-prusiana. Trala segunda guerra mundial, Alemaña foi dividida en dous estados separados polas fronteiras formadas polas tropas aliadas en 1949. Os dous países reunificáronse de novo en 1990. Alemaña foi un membro fundador da Comunidade Económica Europea en 1957, convertida na Unión Europea en 1993. Asemade, o país forma parte da Zona Schengen e adoptou a moeda da Unión, o Euro, en 1999.

Alemaña é unha república parlamentaria federal constituída por dezaseis estados (en alemán: Bundesländer). A capital e principal cidade do país é Berlín. É membro das Nacións Unidas, OTAN, o G8, e do G4; así mesmo foi un dos países asinantes do protocolo de Quioto. O país constitúe a quinta maior economía por PIB e o principal país exportador no ano 2007. En termos absolutos, é o segundo país do mundo cunha maior dotación orzamentaria á cooperación ao desenvolvemento,[3] e o sexto en gasto militar.[4] O país desenvolveu un alto nivel de vida e estableceu un complexo sistema de seguridade social. Posúe unha posición chave nos asuntos exteriores europeos e mantén diversos acordos de colaboración internacionalmente. Alemaña está recoñecida como un líder científico e tecnolóxico en diversos eidos.[5][6]

Etimoloxía

O termo "Alemaña" deriva do francés Allemagne (terra dos alamáns), en referencia ao pobo xermánico de mesmo nome que vivía na actual rexión fronteiriza entre Francia e Alemaña, e que durante o século V cruzou o Río Rin e invadiu a Galia.[7] O país tamén é coñecido por Xermania, que deriva do latín Germania (terra dos xermanos).[8]

Debido á súa situación xeográfica no centro de Europa e á súa longa historia coma rexión formada por variados tribos e estados, hai unha gran variedade de nomes do país, probablemente máis que calquera outra rexión europea. Así, en xeral, os nomes de Alemaña pódense clasificar en seis grupos diferentes:

Historia

Artigo principal: Historia de Alemaña.

Tribos xermánicas

Artigos principais: Pobos xermánicos e Xermania (Roma).

A etnoxénese das tribos xermánicas asúmese que ocorreu durante a Idade de Bronce nórdica ou, ao máis tardar, durante a Idade de Ferro prerromana. A partir da Escandinavia meridional e do norte de Alemaña, as tribos comezaron a expandirse cara ao sur, leste e oeste no século I a. C., e entraron en contacto coas tribos celtas da Galia, así como tribos iranianas, bálticas, e tribos eslavas na Europa Oriental. Pouco se sabe sobre historia xermánica antes diso, excepto a través das súas interaccións co Imperio Romano, pescudas etimolóxicas e achados arqueolóxicos.

Por orde do emperador Augusto, o xeneral romano Publius Quinctilius Varus comezou a invadir Xermania (termo usado polos romanos para definir un territorio que comezaba no río Rin e ía até os Urais), e foi neste período no cal as tribos xermánicas se familiarizaron coas tácticas de guerra romanas, mantendo porén a súa identidade tribal. No 9 d. C., tres lexións romanas lideradas por Varo foron derrotadas polo líder querusco Arminio na batalla da fraga de Teutoburgo. O territorio da actual Alemaña, así como os vales dos ríos Rin e Danubio, permaneceron fóra do Imperio Romano. No ano 100 d. C., na época do libro Xermania de Publio Cornelio Tácito, as tribos xermánicas asentadas ao longo do Rin e do Danúbio (a Limes Germanicus ou fronteira xermánica) ocupaban a maior parte da área da actual Alemaña. O século III viu o xurdir dun gran número de tribos xermánicas occidentais: alamáns, francos, chatti, saxóns, frisios, anglos, suevos, visigodos, vándalos, godos, ostrogodos, longobardos, sicambres e turinxios. Ao redor do 260, os pobos xermánicos romperon as súas fronteiras do Danubio e expandiron a limes cara ás terras romanas.

No ano 723 o territorio da Xermania central foi obxecto da predicación do apóstolo inglés Wynfrith, que adoptou o nome latino co que foi canonizado de Bonifacio. A conversión dos saxóns do norte deuse só durante o imperio carolinxio (comezos do século IX), coa súa conversión Carlomagno ao final puido civilizar a súa rexión, unificando culturalmente a Alemaña, como os romanos fixeran na Galia.

Sacro Imperio Romano Xermánico (962-1806)

Artigo principal: Sacro Imperio Romano Xermánico.
Balduineum Wahl Heinrich VII
Os Príncipe Electores do Sacro Imperio Romano (1341).

O 25 de decembro de 800 foi fundado o Imperio Carolínxio, o cal foi dividido en 843. O imperio medieval xurdiu coa porción oriental do mesmo, existindo en diversas formas dende 962 até 1806. Estendíase dende o Río Eider, ao norte do país, até o Mediterráneo, no litoral sur. Moitas veces referido coma o Sacro Imperio Romano (ou o Antigo Imperio), foi oficialmente chamado do Sacro Imperio Romano da Nación Alemá (en latín: "Sacro Romanum Imperium Nationis Germanicæ") a partir de 1448, para axustar o nome para o seu territorio de entón.

Só co reinado dos emperadores Otonianos (919-1024) foron consolidados os ducados de Lorena, Saxonia, Franconia, Suabia, Turinxia e Baviera, e o rei alemán foi coroado Emperador do Sacro Imperio Romano desas rexións en 962. Baixo o reinado dos emperadores Salianos (1024-1125), o Sacro Imperio Romano absorbeu o norte da Italia e a Borgoña. Con todo, o emperador perdeu parte do poder a través da Querela das Investiduras coa Igrexa católica. Baixo os emperadores Hohenstaufen (1138-1254), os príncipes alemáns aumentaron a súa influencia cara ao sur e o leste, territorios habitados por pobos eslavos, bálticos e estonianos antes da ocupación alemá da rexión.

Co colapso do poder imperial en 1250, debido ao constante batallar coa Igrexa católica, fíxose necesario a creación dun novo sistema de escolla do emperador. Creouse así, o consello dos sete príncipes-electores, que tiñan o poder de escoller o comandante do Sacro Imperio. Durante ese período, as cidades comerciais uníronse para protexer os seus intereses comúns; sendo a máis coñecida delas a Liga Hanseática, que reunía poderosas cidades do norte alemán como Hamburgo e Bremen. A partir do século XV, os emperadores foron elixidos case exclusivamente a partir da dinastía Habsburgo de Austria.

O monxe Martiño Lutero publicou as súas 95 Teses en 1517, desafiando as prácticas da Igrexa católica, e dando inicio á Reforma protestante. O luteranismo tornouse a relixión oficial de moitos estados alemáns tras 1530 o que levou a conflitos relixiosos resultantes da división relixiosa no imperio, que xeraron a guerra dos Trinta Anos (1618-1648) que devastou os territorios alemáns. A Paz de Westfalia (1648) acabou coa guerra relixiosa entre os estados alemáns, mais o imperio estaba de facto dividido en moitos principados independentes. De 1740 en diante, o dualismo entre a Monarquía austríaca dos Habsburgo e o Reino de Prusia dominou a historia alemá. En 1806, o Imperium foi disolto como resultado das guerras napoleónicas.

Restauración e revolución (1814-1871)

Artigo principal: Confederación Xermánica.
Artigo principal: Unión Alfandegueira Alemá.

Despois da caída de Napoleón Bonaparte, o Congreso de Viena reuniuse en 1814 e súa resolución fundou a Confederación Xermánica (en alemán: Deutscher Bund), a unión de trinta e nove estados soberanos.

Desentendementos coa restauración política proposta polo Congreso de Viena, parcialmente levou ao xurdir de movementos liberais, esixindo unidade e a liberdade. Estes, porén, foron reprimidos con novas medidas de represión por parte do estadista austríaco Metternich. A Zollverein, unha unión aduaneira, procuraba unha unión económica dos estados alemáns. Durante esta época, moitos alemáns foran axitados cos ideais da Revolución Francesa, e o nacionalismo pasou a ser unha forza máis significativa, especialmente entre os mozos intelectuais. Por primeira vez, o negro, o vermello e o dourado foron escollidos para representar o movemento, os cales máis tarde se tornaron as cores da bandeira de Alemaña.

Por mor dunha serie de movementos revolucionarios na Europa, que estabeleceron con éxito unha república en Francia, intelectuais e burgueses comezaron a Revolución de 1848 nos Estados alemáns. Os monarcas inicialmente aceptaron as esixencias dos revolucionarios liberais para conter a mobilización popular. Ao Rei Federico Guillerme IV foille ofrecido o título de Emperador, mais sen poder absoluto. Con todo, rexeitou a coroa e a proposta de Constitución, o que conduciu a un revés temporal no movemento.

O conflito entre o rei Guillerme I de Prusia e o parlamento cada vez máis liberal foi roto durante a reforma militar en 1862, cando o rei nomeou a Otto von Bismarck o novo Primeiro Ministro de Prusia. Bismarck trabou con logro unha guerra coa Dinamarca, en 1864. A vitoria prusiana na guerra austro-prusiana de 1866 permitiu crear a Confederación Alemá do Norte (en alemán: Norddeutscher Bund), que excluía a Austria, ex-líder dos estados alemáns, dos asuntos dos Estados restantes.

Imperio alemán (1871-1918)

Artigos principais: Unificación Alemá e Imperio alemán.
Wernerprokla
Fundación da moderna Alemaña, en Versalles, Francia, en 1871. Bismarck aparece no centro cun uniforme branco.

O estado coñecido como Alemaña foi unificado como un moderno Estado-nación en 1871, cando o imperio alemán foi creado co Reino de Prusia sendo o seu principal constituínte. Trala derrota francesa na guerra franco-prusiana, o Imperio alemán foi proclamado en Versalles o 18 de xaneiro de 1871. A Dinastía de Hohenzollern de Prusia declarou o novo imperio, cuxa capital era Berlín, a capital prusiana. O imperio era unha unificación de tódalas partes de Alemaña con excepción de Austria (Kleindeutschland ou "Pequena Alemaña"). A partir do inicio de 1884, o país comezou a estabelecer diversas colonias fóra de Europa, primeiro pola iniciativa privada e despois con aval estatal. Durante o ese período, pasou por un gran crecemento económico, cunha forte industrialización, especialmente das industrias de minería, metalurxia, e derivadas das enxeñarías eléctrica, mecánica e química.

Map-DR-Prussia
O Imperio Alemán (1871-1918), co dominante Reino de Prusia en azul.

No período Gründerzeit, seguinte á unificación de Alemaña, a política externa do Emperador Guillerme I garantiu a posición do Imperio Alemán como unha gran nación europea por facer alianzas comerciais e políticas con outros países europeos, illando a Francia por medios diplomáticos, a través de intricados acordos secretos, para así consolidar a unificación tendo a Rusia por principal aliada.

Con todo, o Emperador Guillerme II, como outras potencias europeas, tomou un curso imperialista debido á fricción cos países veciños. A maior parte das alianzas que Alemaña tiña feito non foron renovadas, e as novas alianzas excluían ao país. Especificamente, Francia estabeleceu novas relacións coa sinatura da entente cordiale co Reino Unido e garantiu os lazos co Imperio Ruso. Alén de seus contactos con Austria-Hungría, Alemaña tornouse cada vez máis illada. Tivo inicio o período armamentista, chamado de Paz Armada.

O Imperialismo Alemán (Weltpolitik) superou as fronteiras do seu propio país e xuntouse a moitos outros poderes na Europa, que reivindicaban a súa cota en África sendo dividida entre as potencias europeas na Conferencia de Berlín. Alemaña obtivo varios pedazos da África, incluíndo a África Oriental Alemá, o Suroeste Africano Alemán, Togolandia e Camerún. A repartición de África causou tensión entre as grandes potencias, que contribuíu para as condicións que levaron á I guerra mundial.

O asasinato do príncipe da Austria o 28 de xuño de 1914 desencadeou a I guerra mundial. Alemaña, como parte das Potencias Centrais foi derrotada polos aliados nun dos máis sanguentos conflitos de todos os tempos. A revolución alemá estourou en novembro de 1918, forzando ao emperador alemán Guillerme I e a tódolos príncipes a abdicar. Un armisticio que puxo fin á guerra foi asinado o 11 de novembro e Alemaña foi forzada a asinar o Tratado de Versalles en xuño de 1919. A súa negociación, ao contrario da diplomacia tradicional de posguerra, excluíu ás derrotadas Potencias Centrais. O tratado foi percibido no país xermánico como unha humillante continuación da guerra por outros medios, e súa dureza é frecuentemente citada como unha das influencias que motivaron o ascenso do nazismo.

República de Weimar (1919-1933)

Artigo principal: República de Weimar.
Stab-in-the-back postcard
Ilustración da época sobre a Dolchstoßlegende, unha táctica da dereita da época para acceder ao poder.

Tralo logro da Revolución Alemá de novembro de 1918, foi proclamada a república. A Constitución de Weimar entrou en vigor coa súa sinatura polo Presidente Friedrich Ebert o 11 de agosto de 1919. O Partido Comunista Alemán (en alemán: Kommunistische Partei Deutschlands, KPD) foi creado por Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht en 1918, e o Partido dos Traballadores Alemán, máis tarde coñecido como Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores ou Partido Nazi (en alemán: Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei, NSDAP), foi fundado en xaneiro de 1919.

Sufrindo as consecuencias das duras condicións ditadas polo Tratado de Versalles, e unha longa sucesión de gobernos máis ou menos inestables, cada vez máis faltaba identificación das masas políticas co seu sistema político de democracia parlamentaria. Iso foi agravado pola ampla divulgación dun mito político pola dereita (monárquicos, völkischs e nazis): a Dolchstoßlegende ou puñada polas costas, que alegaba que Alemaña perdera a primeira guerra mundial debido á Revolución Alemá e non por mor da derrota militar. Por outro lado, os partidos da esquerda comunista, tales como a Liga Espartaquista (en alemán: Spartakusbund), querían abolir aquilo que eles entendían como "goberno capitalista" e estabelecer un Räterepublik. Tropas paramilitares (Freikorps) foron creadas por diversos partidos, habendo diversos asasinatos por motivos políticos. Os paramilitares intimidaban a electores e sementaban a violencia e a rabia entre o pobo, que sufría dunha elevada taxa de desemprego e de pobreza. Despois dunha serie de gabinetes frustrados, o presidente Paul von Hindenburg, vendo poucas alternativas e empurrado polos seus asesores de dereita, nomeou Adolf Hitler como chanceler de Alemaña o 30 de xaneiro de 1933.

Terceiro Reich (1933-1945)

Artigos principais: Alemaña nazi e Segunda guerra mundial.

O 27 de febreiro de 1933, o Reichstag ardeu, e como consecuencia algúns dereitos democráticos fundamentais foron rapidamente revogados por un decreto de emerxencia e unha Lei de plenos poderes deu a Hitler completo poder lexislativo. Só o Partido Socialdemócrata votou en contra del; os comunistas non foron capaces de presentar oposición, pois seus suplentes xa foran asasinados ou presos. A centralización totalitaria estatal foi creada por unha serie de xogadas e decretos políticos convertendo a Alemaña nun Estado de partido único.

Houbo queima de libros de autores considerados contra a nación e persecución a artistas e científicos, polo que moitos emigraron, principalmente cara aos Estados Unidos. A industria foi fortemente regulamentada con cotas e requisitos, para mudar a economía a unha base produtiva de guerra. En 1936 as tropas alemás entraron na desmilitarizada Renania, e as políticas de apaciguamento do primeiro ministro Neville Chamberlain reveláronse insuficientes. Entusiasmado, Hitler seguiu adiante a partir de 1938 coa súa política de expansionismo, para estabelecer a Grande Alemaña, comezando en marzo deste ano pola Anschluss, a anexión de Austria. Para evitar unha guerra de dúas frontes, Hitler concluíu o Pacto Molotov-Ribbentrop coa Unión Soviética, un pacto que el mesmo rompería máis tarde.

En 1939, as crecentes tensións de nacionalismo, militarismo, e cuestións territoriais levaron aos alemáns ao lanzamento da blitzkrieg, "guerra lóstrego", o 1 de setembro contra Polonia, seguido dous días despois polas declaracións de guerra do Reino Unido e de Francia, marcando así o inicio da II guerra mundial. Alemaña rapidamente gañou control directo ou indirecto da maioría de Europa.

O 22 de xuño de 1941, Hitler quebrou o pacto coa Unión Soviética, abrindo a Fronte Oriental e a invadindo a Unión Soviética. Pouco tempo despois o Xapón atacou a base americana en Pearl Harbor, e Alemaña declarou guerra aos Estados Unidos. Aínda que inicialmente o exército alemán avanzou rapidamente sobre a Unión Soviética, a batalla de Stalingrado marcou unha volta importante na guerra. Despois diso, o exército alemán comezou a recuar á Fronte Oriental. O Día-D marcou unha volta importante sobre a Fronte Occidental, cando as forzas aliadas desembarcaron nas praias de Normandía e avanzaron rapidamente sobre o territorio alemán. A derrota de Alemaña ocorreu axiña. O 8 de maio de 1945, as forzas armadas alemás entregáronse trala ocupación de Berlín polo Exército Vermello .

No que máis tarde foi coñecido como o Holocausto, o réxime do Terceiro Reich elaborou políticas gobernamentais que subxugaban directamente moitas partes da sociedade: xudeus, comunistas, ciganos, homosexuais, masóns, disidentes políticos, predicadores ou discapacitados, entre outros. Durante a era nazi, cerca de once millóns de persoas foron asasinadas no Holocausto, incluíndo seis millóns de xudeus e dous millóns de polacos. A segunda guerra mundial e o xenocidio feito polos nazis foron responsables de preto de 35 millóns de mortos en Europa.

División e reunificación (1945-1990)

Artigos principais: República Democrática Alemá e Reunificación alemá.
Map-Germany-1945
Zonas ocupadas polos aliados en Alemaña en 1947, cos territorios ao leste da liña Oder-Neisse baixo administración polaca ou anexión soviética, alén do protectorado de Sarre e a Berlín dividida. A Alemaña Oriental era formada pola Zona Soviética, mentres a Alemaña Occidental era formada polas zonas estadounidense, británica e francesa en 1949 e do Sarre en 1957.

A guerra resultou na morte de case dez millóns de soldados alemáns e civís; grandes perdas territoriais, a expulsión de cerca de 15 millóns de alemáns dos antigos territorios orientais e doutros países, e a destrución de varias grandes cidades. O restante do territorio nacional e Berlín foron divididos coa ocupación militar dos aliados en catro zonas.

Os sectores controlados por Francia, polo Reino Unido e polos Estados Unidos foron fusionados o 23 de maio de 1949, para formar a República Federal de Alemaña (Bundesrepublik Deutschland); o 7 de outubro de 1949, a Zona Soviética creou a República Democrática de Alemaña (Deutsche Demokratische Republik ou DDR). Foron informalmente coñecidos como "Alemaña Occidental" e "Alemaña Oriental" e as dúas partes de Berlín como "Berlín Oeste" e "Berlín Leste". As partes oriental e occidental optaron por Berlín Oriental e Bonn como súas respectivas capitais. No entanto, a Alemaña Occidental declarou que o status de Bonn como a súa capital era provisional, a fin de salientar a súa postura que a coexistencia de dous Estados alemáns foi unha solución artificial status quo que sería necesario superar un día.

Alemaña Occidental, estabelecida como unha república federal parlamentaria cunha "economía social de mercado", foi aliada dos Estados Unidos, Francia e o Reino Unido. O país chegou a beneficiarse dun crecemento económico prolongado a partir dos anos 1950 (Wirtschaftswunder ou Milagre económico alemán). Ingresou na OTAN en 1955 e foi membro fundador da Comunidade Económica Europea, en 1958.

West and East Germans at the Brandenburg Gate in 1989
O Muro de Berlín na fronte da Porta de Brandeburgo pronto trala súa apertura en 1989.

Alemaña Oriental foi un estado do bloque do leste baixo control político e militar da Unión Soviética a través do Pacto de Varsovia. O poder político foi executado exclusivamente polos principais membros (Politburo) do SED (Partido Socialista Unificado de Alemaña). O seu poder foi asegurado polo Stasi, un servizo secreto de gran dimensión, e unha variedade de sub-organizacións do SED que controlaban tódolos aspectos da sociedade, tendo un gran número de informantes dentro da propia poboación. Á súa vez, as necesidades básicas da poboación foron cubertas por custos baixos polo Estado. A economía planificada foi creada, e máis tarde a RDA pasou a ser un estado do Comecon. O Muro de Berlín, construído en 1961 para impedir a fuga dos alemáns do Leste cara a Alemaña Occidental, tornouse nun símbolo da guerra fría.

As tensións entre as Alemaña do Leste e do Oeste foron lixeiramente reducidas no inicio dos anos 1970 polo chanceler Willy Brandt (Ostpolitik), que incluíu a aceptación de facto das perdas territoriais da Alemaña na II guerra mundial.

Por mor dunha crecente migración de alemáns do Leste cara a Alemaña Occidental a través de Hungría e manifestacións en masa durante o verán de 1989, inesperadamente as autoridades do Leste alemán facilitaron as restricións nas fronteiras en novembro, permitindo que cidadáns do Leste alemán puidesen viaxar cara ao Occidente. Orixinalmente concibida como unha válvula de presión para manter Alemaña Oriental como un estado, a abertura da fronteira na realidade levou a unha aceleración do proceso de reforma en Alemaña Oriental, que finalmente foi concluído co Tratado Dous Máis Catro un ano máis tarde, en 12 de setembro de 1990 e a reunificación alemá ocorreu en 3 de outubro de 1990. Segundo os termos do tratado, as catro potencias ocupantes renunciaban os seus dereitos so o Instrumento da Renuncia, e a Alemaña recuperaba a plena soberanía do seu territorio.

República de Berlín e integración na UE

Euro banknotes
Alemaña adoptou o euro o 1 de xaneiro de 2002.

Con base na Lei Bonn-Berlín, aprobada polo parlamento en 10 de marzo de 1994, a capital do Estado unificado pasou a ser Berlín, mentres Bonn obtiña o status único de Bundesstadt (cidade federal) e retivo algúns ministerios federais. A mudanza do goberno foi concluída en 1999.

Dende a reunificación, Alemaña ten tido un papel de liderado na Unión Europea e na OTAN. Participou no exército que garantiu a estabilidade nos Balcáns, e enviou tropas para Afganistán como parte dun esforzo da OTAN para "proporcionar a seguranza neste país". Estes desprazamentos foron controvertidos, visto que trala guerra, Alemaña estaba obrigada por lei a manter tropas só para fins de Defensa. As arremetidas en territorios estranxeiros foron entendidas como non estando abranguidas pola lei de Defensa; non obstante, a votación parlamentaria sobre a cuestión legalizou efectivamente a participación nun contexto de "mantemento da paz".

En 2005 Angela Merkel foi electa como a primeira muller chanceler de Alemaña como candidata da Unión Demócrata Cristiá. De 2005 a 2009 liderou unha gran coalición entre a Unión Social Cristiá de Baviera (CSU), o seu partido irmán de Baviera, e o Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD). Despois das elección xerais do 27 de setembro de 2009, Merkel construíu unha coalición de goberno substituíndo aos Socialdemócratas polo Partido Democrático Liberal (FDP).

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Alemaña.

O territorio da Alemaña cobre 357.021 km², sendo 349.223 km² de terra e 7.798 km² de auga. É o sétimo maior país por área de Europa e o 63° maior do mundo. Esténdese dende as altas montañas dos Alpes (o punto máis elevado é o Zugspitze con 2.962 m) no sur ata as costas do mar do Norte (Nordsee) e do mar Báltico (Otsee) no norte. Entre os dous está presente un bosque que liga as terras altas do centro ás terras baixas do norte, sendo o punto máis baixo o Neuendorfer/Wilstermarsch a 3,54 m baixo o nivel do mar, atravesadas por algúns dos maiores ríos de Europa como o Rin, o Danubio e o Elba.

Por mor da súa localización central, Alemaña comparte fronteiras con máis países europeos que calquera outro estado no continente. Os seus veciños son a Dinamarca ao norte, Polonia e a República Checa ao leste, Austria e Suíza ao sur, Francia e Luxemburgo ao suroeste e Bélxica e os Países Baixos ao noroeste.

Relevo

En Alemaña distínguense tres grandes rexións fisiográficas: unha chaira de terras baixas ao norte que forma parte da chaira noreuropea, unha área de mesetas no centro denominada a Alemaña Media, e unha rexión montañosa ao sur. As terras baixas, que conforman a chaira de Alemaña do Norte, teñen un relevo variado que engloba diversos vales fluviais e un gran terreo poboado de breixos.

A rexión central, cuxos límites aproximados están entre a cidade de Hannover ao norte e o río Main ao sur, abrangue un territorio composto de suaves montañas, vales fluviais, ríos e concas ben definidas.

As cadeas montañosas inclúen ao oeste as cordilleiras Eifel e Hunsrück, no centro as montañas Taunus e Spessart, e ao leste a cordilleira de Fichtelgebirge. Porén, é ao sur onde se encontran os montes máis altos do país, todos eles nos Alpes Bávaros, no estado de Baviera:

Montes de maior altitude
Posición Imaxe Monte Sistema Altitude (m)
1 ZugspitzeJubilaeumsgratHoellental Zugspitze Wettersteingebirge 2.962
2 Hochwanner von S HQ Hochwanner Wettersteingebirge 2.744
3 Watzmann Berchtesgaden Waltzmann Berchtesgadener Alpen 2.713
4 Leutascher Dreitorspitze MQ Dreitorspitze Wettersteingebirge 2.682
5 Hochkaltergruppe Hochkalter Berchtesgadener Alpen 2.607
6 BiberkopfII Biberkopf Allgäuer Alpen 2.599
7 Grosser Hundstod Großer Hundstod Berchtesgadener Alpen 2.593
8 Hochvogel vom jubilaeumsweg Hochvogel Allgäuer Alpen 2.592
9 Vogelkarspitze bis Grabenkarspitze HQ Östliche Karwendelspitze Karwendel 2.538
10 Hocheisgruppe Hocheisspitze Berchtesgadener Alpen 2.523

Hidrografía

Ríos
Rheinstein
O Rhin, en Mayence, Renania-Palatinado.

A continuación se enumeran os maiores ríos de Alemaña, coa súa lonxitude total, a lonxitude do tramo que atravesa Alemaña, e a cidade máis grande que atravesa a súa conca fluvial.

Desembocan no Mar Negro
Río Danubio 2.852 km 647 km Múnic
Desembocan no Mar do Norte
Río Rhin 1.236 km 865 km Colonia
Río Elba 1.165 km 727 km Hamburgo
Desembocan no Mar Báltico
Río Oder 866 km 187 km Frankfurt an der Oder

Os ríos máis longos que flúen integramente por Alemaña desembocan no Mar do Norte:

Lagos
Tegernsee
O lago Tegern, Alta Baviera, Baviera.

Clima

Hintersee
Paisaxe alpina no sur de Baviera.

Gran parte da Alemaña ten un clima temperado no cal predominan os ventos húmidos occidentais. O clima é moderado pola Corrente Norte-Atlántica, a extensión norte da Corrente do Golfo. As augas quentes traídas por esa corrente afectan as áreas litorais do Mar do Norte incluíndo a península da Xutlandia e a área ao longo do Rin, que corre en dirección ao Mar do Norte.

Consecuentemente no noroeste e no norte, o clima é oceánico; as choivas sucédense durante todo o ano tendo o seu punto álxido o verán. Os invernos son suaves e os veráns frescos, aínda que as temperaturas poden exceder os 30 °C por períodos prolongados. No leste, o clima é máis continental; os invernos poden ser moi rigorosos, os veráns moi quentes, e teñen sido rexistrados longos períodos de seca. O centro e o sur da Alemaña son rexións de transición que varían entre os climas oceánico moderado e o continental. A temperatura máxima tamén pode exceder os 30 °C no verán.

Biodiversidade

Aquila chrysaetos Flickr
A aguia é unha ave protexida da caza e o animal heráldico nacional.

Fitoxeograficamente, Alemaña está dividida entre as provincias do Atlántico Europeo e Centro Europeo da Rexión Circumboreal dentro do Reino boreal. O seu territorio pode ser subdividido en catro rexións bioxeográficas: os remanentes forestais do Atlántico, os bosques mixtos do Báltico, os bosques mixtos da Europa Central e os bosques de anxiospermas da Europa Occidental. A maior parte da Alemaña está cuberta por terras arables (33%) ou bosques e fragas (31%). Só o 15% do territorio está cuberto por pastos permanentes.

As plantas e animais que se poden atopar son os xeralmente comúns da Europa central. Faias, carballos e outras árbores de folla caduca constitúen un terzo dos bosques; as coníferas están aumentando como resultado da reforestación. Abetos e piñeiros predominan nas montañas superiores. Hai moitas especies de fentos, flores, fungos e musgos. Abundan peixes nos ríos e no mar do Norte. Os animais salvaxes inclúen porcos bravos, veados salvaxes, monflóns, raposos, teixugos, lebres, e un pequeno número de castores. Varias aves migratorias cruzan Alemaña na primavera e no outono.

Alemaña é coñecida polos seus moitos xardíns zoolóxicos, parques nacionais, parques de animais salvaxes, acuarios e parques de aves. Máis de 400 zoolóxicos e parques de animais rexistrados operan en territorio xermano.

Medio ambiente

Windgermany
O maior parque eólico do mundo está instalado en Alemaña.

A Alemaña é coñecida pola súa consciencia ambiental. Os alemáns consideran que o home é unha das principais causas do quecemento global. O país está comprometido co Protocolo de Quioto e varios outros tratados para promover a biodiversidade, os baixos padróns de emisións, a reciclaxe, a utilización de enerxías renovábeis e apoia o desenvolvemento sustentábel a nivel global.

O goberno alemán deu inicio a unha ampla actividade de redución de emisións e as emisións globais do país están caendo. Con todo, Alemaña ten unha das máis elevadas taxas de emisións de dióxido de carbono per cápita da UE, aínda que significativamente menor en comparación con Arabia Saudita, Australia, Canadá ou os Estados Unidos.

As emisións a partir de produción de enerxía proveniente da queima de carbón e as industrias contribúen para a polución do ar. A choiva ácida, resultante das emisións de óxidos de nitróxeno e xofre, é prexudicial para os bosques. A polución no Mar Báltico a partir de refugallo bruto e efluentes industriais nos ríos na antiga Alemaña Oriental foron reducidas. O goberno do ex-chanceler Schröder anunciou a intención de acabar co uso da produción de electricidade a partir de enerxía nuclear. Alemaña está traballando para cumprir o compromiso da Unión Europea de identificar áreas de preservación natural de acordo coa directiva de Flora, Fauna e Hábitats da UE. Os perigos naturais son as enchentes fluviais na primavera e os fortes ventos que ocorren en tódalas rexións.

Política e goberno

Berlin reichstag CP
O Reichstag, sede do Bundestag.

Alemaña é unha república federal, democrática, representativa e parlamentaria. O sistema político alemán opera baixo un marco establecido no documento constitucional de 1949 coñecido como a Grundgesetz (Lei Fundamental). Ao chamar o documento Grundgesetz, en lugar de Verfassung (constitución), os autores expresaron a intención de que sería substituído por unha constitución axeitada unha vez que Alemaña fora reunificada como un só estado. As emendas á Grundgesetz xeralmente requiren unha maioría de dous terzos de ámbalas dúas cámaras do parlamento; os artigos que garanten os dereitos fundamentais, a separación de poderes, a estrutura federal, e o dereito de resistir aos intentos de derrocar a constitución son válidos en perpetuidade e non poden ser modificados. Malia a intención inicial, a Grundgesetz segue en vigor logo da reunificación alemá en 1990, aínda que con algunhas modificacións.

O Bundeskanzler (chanceler federal) é o xefe do goberno e exerce o poder executivo, semellante ao papel dun Primeiro Ministro noutras democracias parlamentarias. Angela Merkel ocupa este posto dende o 2005. O poder lexislativo recae no parlamento composto polo Bundestag (Dieta Federal) e o Bundesrat (Consello Federal), que en conxunto forman un único tipo de órgano lexislativo. O Bundestag é elixido mediante eleccións directas respectuosas da representación proporcional. Os membros do Bundesrat representan aos gobernos dos dezaseis estados federais e son membros dos gabinetes de estado. Os respectivos gobernos estatais teñen o dereito de nomear e mudar aos seus enviados en calquera momento.

Dende 1949, o sistema de partidos estivo dominado pola Unión Demócrata Cristiá (CDU) e o Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD), aínda que os partidos máis pequenos, como o Partido Democrático Libre (FDP, que ten membros no Bundestag dende 1949) e Alianza 90 - Os Verdes (Die Grünen, que controla escanos no Parlamento dende 1983) desempeñan tamén un papel importante.

O xefe de Estado alemán é o Bundespräsident (presidente) elixido pola Bundesversammlung (convención federal), unha institución integrada polos membros do Bundestag e un número igual de delegados estatais enviados polos parlamentos do Länder (Landtage). Joachim Gauck desempeña esta posición dende o 2012. O segundo funcionario alemán máis alto na orde de precedencia é o Bundestagspräsident (presidente do Bundestag), que é elixido polo Bundestag, sendo responsable de supervisar as sesións do corpo. O terceiro, e máis alto oficial da Xefatura do goberno é o chanceler, que é designado polo Bundespräsident logo de ser elixido polo Bundestag. O chanceler pódese mudar de xeito construtivo a través dunha moción de non confianza por parte do Bundestag, onde simultaneamente se elixe a un sucesor. O brazo xudicial inclúe ó Tribunal Constitucional, chamado Bundesverfassungsgericht, que pode bloquear calquera acto de lexislación ou administración se estes foren considerados inconstitucionais.

Divisións administrativas

Artigo principal: Estados de Alemaña.

Alemaña está dividida en dezaseis estados federados (en alemán: Bundesländer, singular Bundesland).

Karte Bundesrepublik Deutschland
Flag of Germany.svg Estado Capital Área (km²) Poboación
Flag of Baden-Württemberg.svg Baden-Württemberg Stuttgart 35.752 10 569 100
Flag of Lower Saxony.svg Baixa Saxonia Hannover 47.618 7 779 000
Flag of Bavaria (lozengy).svg Baviera Múnic 70.549 12 519 600
Flag of Berlin.svg Berlín Berlín 892 3 375 200
Flag of Brandenburg.svg Brandeburgo Potsdam 29.477 2 449 500
Flag of Bremen.svg Bremen Bremen 404 654.800
Flag of Hamburg.svg Hamburgo Hamburgo 755 1 734 300
Flag of Hesse.svg Hessen Wiesbaden 21.115 6 016 500
Flag of Mecklenburg-Western Pomerania (state).svg Mecklemburgo-Antepomerania Schwerin 23.174 1 600 300
Flag of North Rhine-Westphalia (state).svg Renania do Norte-Westfalia Düsseldorf 34.043 17 554 300
Flag of Rhineland-Palatinate.svg Renania-Palatinado Maguncia 19.847 3 990 300
Flag of Saarland.svg Sarre Saarbrücken 2.569 994.300
Flag of Saxony (state).svg Saxonia Dresde 18.416 4 050 200
Flag of Saxony-Anhalt (state).svg Saxonia-Anhalt Magdeburg 20.445 2 259 400
Flag of Schleswig-Holstein (state).svg Schleswig-Holstein Kiel 15.763 2 806 500
Flag of Thuringia (state).svg Turinxia Erfurt 16.172 2 170 500

Lexislación

HH Polizeihauptmeister MZ
Oficial da policía de Hamburgo.

O Tribunal de Xustiza é independente do poder executivo e o lexislativo. Ten un estatuto civil que se basea no dereito romano con algunhas referencias ao dereito xermánico. O Bundesverfassungsgericht (Tribunal Constitucional Federal), con sede en Karlsruhe, é o Tribunal Supremo alemán responsable de asuntos constitucionais, co poder de realizar procesos de revisión xudicial. Actúa como a máis alta autoridade xurídica e asegúrase de que as prácticas dos poderes lexislativo e xudicial axústanse á práctica a Lei Fundamental para a República Federal de Alemaña (Lei Fundamental). Actúa con independencia dos outros órganos do Estado, pero non pode actuar no seu propio nome.

O sistema do tribunal supremo, chamado Oberste Gerichtshöfe des Bundes, conta con dependencias especializadas. Para as causas civís e penais, o máis alto tribunal de apelación é o Tribunal Federal de Xustiza, con sede en Karlsruhe e Leipzig. A sala é de estilo inquisitorial. Outros tribunais federais son o Tribunal Federal do Traballo en Érfurt, o Tribunal Social Federal de Kassel, o Tribunal Federal de Facenda en Múnic e o Tribunal Administrativo Federal en Leipzig.

O dereito penal e dereito privado están codificados no plano nacional no Strafgesetzbuch e o Bürgerliches Gesetzbuch, respectivamente. O sistema penal diríxese cara á rehabilitación do criminal, o seu obxectivo secundario é a protección do público en xeral. Para lograr este último, o condenado penal pode ser posto en prisión preventiva (Sicherheitsverwahrung), ademais de regular a pena se se lle considera unha ameaza para o público en xeral. O Völkerstrafgesetzbuch regula as consecuencias dos crimes de lesa humanidade, xenocidio e crimes de guerra.

O poder lexislativo está dividido entre a federación e os estados. A lei fundamental estipula que os estados deben seguir as disposicións do poder lexislativo a nivel estatal, salvo casos designados pola propia lei fundamental. A lei federal prevalece sobre a lei de cada estado, xa que o poder lexislativo reside no nivel federal. O Bundesrat é o órgano federal a través do cal os estados participan na lexislación nacional. Cada estado ten os seus propios tribunais constitucionais.

Dereitos humanos

En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Alemaña firmou ou ratificou:

Alemaña Alemaña UN emblem blue.svg Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[9]
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT[10] CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP[11] CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP[12] CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP[13]
Pertenza Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Yes check.svgAlemaña recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Sen información Firmado e ratificado Firmado pero non ratificado Firmado pero non ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado
Yes check.svg Firmado e ratificado, Check.svg firmado pero non ratificado, X mark.svg nin firmado nin ratificado, Symbol comment vote.svg sen información, Zeichen 101 - Gefahrstelle, StVO 1970.svg accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.

Economía

Artigo principal: Economía de Alemaña.

Alemaña, polo desenvolvemento da súa economía, é considerada en termos xerais como a terceira potencia mundial e a primeira de Europa. En 2006 o seu Produto interior bruto (PIB) pasou os 3 billóns de dólares estadounidenses. As súas bazas industriais son diversas; os tipos principais de produtos fabricados son medios de transporte, aparellos eléctricos e electrónicos, maquinaria, produtos químicos, materiais sintéticos e alimentos procesados. É un foco de riqueza e iso reflíctese na economía do centro de Europa. Cunha infraestrutura de estradas amplas e un excelente nivel de vida, é unha das nacións máis desenvolvidas do mundo.

Francia é o máis importante socio comercial de Alemaña e viceversa. En 2005, Francia cun 10,2%, volveu ser o principal destino das exportacións alemás e a orixe do 8,7% das importacións. En 2006, máis do 14 % das exportacións francesas tiveron como destino a Alemaña e preto do 17 % do total das importacións francesas proveu de Alemaña. Os países da Unión Europea son os principais compradores dos produtos alemáns (Reino Unido o 7,8% e Italia o 6,9% en 2005). O principal socio comercial de Alemaña fóra de Europa son os Estados Unidos, país ao que en 2005 realizou o 8,8% das súas exportacións e do que recibiu o 6,6% das súas importacións. O Deutsche Bundesbank e o Banco Central Europeo (BCE) teñen a súa sede central na cidade de Frankfurt.

Porén, a crise económica exerce tamén a súa influencia sobre Alemaña, afectándoa en dous modos diferentes. Por un lado, a crise de débeda que afecta fundamentalmente aos países mediterráneos ten permitido ao país teutón conseguir financiamento nos mercados internacionais a un interese practicamente nulo, ao preferir os especuladores mercar débeda alemá escasamente rendible a expoñerse a unha perda de capital mediante a adquisición de débeda soberana de países insolventes.[14]. Pero por outro lado, a dependencia do comercio alemán con respecto aos outros países da Unión Europea ten provocado unha desaceleración na evolución do seu PIB en 2012[15] e unha caída dos pedidos industriais.[16] En conxunto, durante a actual crise económica o PIB alemán recuou un 4,7 %, como consecuencia do descenso das súas exportacións, se ben este dato non se reflectiu nun aumento do desemprego, grazas principalmente a un mercado de traballo fortemente regulado, coa participación dos traballadores nos equipos de dirección das empresas, con escasa marxe para a flexibilidade laboral.[17]

Infraestruturas

AirportFrankfurt fromair
O Aeroporto de Frankfurt é o terceiro de Europa en número de pasaxeiros.

Dende que nos anos 1930 a Alemaña nazi iniciase a construción da primeira rede de autoestradas a grande escala no mundo, o país dispón de vías de comunicación rápidas (Autobahnen) que suman preto de 12.000 km cubrindo a totalidade do territorio. Ademais conta con máis de 40.000 km de estradas, o que o converte no país con maior densidade de vías para vehículos. A totalidade de autoestradas do país son gratuítas para vehículos particulares; dende 2005, os camións de carga deben pagar unha peaxe que se desconta automaticamente vía satélite, unha vez que o camión deixa a ruta, e que é porcentual ao número de quilómetros percorridos.

Alemaña é líder mundial tamén na construción de canles. Esta clase de construción milenaria tomou renovado impulso a partir do século XIX. A Canle de Kiel, que une o mar do Norte co mar Báltico, é unha das máis impoñentes. Numerosas canles fluviais, como a Rin-Main-Danubio, o Dortmund-Ems ou o Elba-Seitenkanal, dotan ao país dunha completa rede de canles.

Por outra banda, as enerxías renovables representan un papel crecente no desenvolvemento do país, especialmente dende que o partido político Alianza 90 - Os Verdes formou parte do goberno central. Cidades como Friburgo dispoñen de modernas instalacións para o aproveitamento da enerxía solar. As grandes rexións industriais, como conca do Ruhr, rexión Rin-Main ou Colonia, desenvolveron un dinamismo económico que mantén a súa base industrial e que ademais soubo implementarse na área dos servizos.

Demografía

Artigo principal: Demografía de Alemaña.
Lage der Großstädte in Deutschland
Cidades alemás maiores de 100.000 habitantes.

Con 82 millóns de habitantes é o primeiro país da Unión Europea e o segundo de Europa en poboación, superado tan só por Rusia. A afluencia á zona occidental de alemáns de outros puntos do país e de inmigrantes de diferentes nacionalidades, así como a tendencia ao estancamento do crecemento vexetativo, teñen sido as principais características da evolución demográfica.

A maior parte da poboación descende de diversos grupos xermánicos que se estabeleceran na rexión centroeuropea no primeiro milenio antes da era cristiá. Eses grupos compartían a mesma lingua, aínda expresada en moitos dialectos, mais presentaban características étnicas heteroxéneas que se acentuaron ao longo da historia como consecuencia da fusión con outros pobos, como os celtas e os eslavos. Na moderna Alemaña, as diferenzas humanas e lingüísticas das distintas rexións téñense atenuado, aínda que a prolongada división política teña xerado certas peculiaridades culturais que distinguen ós alemáns do leste daqueles do oeste.

A chegada de inmigrantes á Alemaña occidental na segunda metade do século XX compensou as perdas humanas ocasionadas pola segunda guerra mundial, estimadas en cerca de tres millóns de persoas, na maioría xente nova do sexo masculino. Ademais da poboación de orixe xermánica, conviven na antiga Alemaña occidental diversas minorías étnicas de nacionalidade alemá, como xudeus, eslavos e dinamarqueses, así como franceses descendentes dos hugonotes fuxidos do seu país a finais do século XVII.

Fotothek df n-08 0000140
Nenos nunha gardería de Freital.

Os traballadores inmigrantes, chegados á Alemaña sobre todo nas décadas de 1960 e 1970, eran principalmente turcos, iugoslavos, italianos, gregos, españois e portugueses. A emigración galega á Alemaña remóntase a finais do século XX, e no 2005 o número de galegos en Alemaña cífrabase nuns 90 000, agrupados en once centros galegos.[18]

Na Alemaña Oriental, que constituíu un país autónomo entre 1949 a 1990, as perdas humanas provocadas pola guerra foron compensadas co ingreso de varios millóns de alemáns expulsados de Polonia, de Checoslovaquia e de Hungría. Con todo, as dificultades económicas derivadas do pagamento das indemnizacións de guerra e da política de coletivización estimularon o movemento migratorio para a Alemaña Occidental, calculado en 1,7 millóns de persoas.

A interrupción do crecemento da poboación e mesmo a redución desta inclúense entre as características máis notábeis da evolución do país nas últimas décadas do século XX, tanto na zona occidental como na oriental. Iso tradúcese nun envellecemento da poboación, isto é, no aumento dos grupos de idade máis alta en relación á poboación nova, como consecuencia dos baixos niveis de natalidade e do prolongamento da expectativa de vida.

Composición étnica de Alemaña
Alemáns
  
91.2%
Turcos
  
2.1%
Outros
  
6.7%

Cunha taxa de fertilidade de 1,41 (2008) por muller, Alemaña posúe unha das taxas máis baixas do mundo,[19] aínda que esta cifra constitúe unha mellora fronte aos 1,39 fillos do ano 2006. As estatísticas federais estiman que a poboación do país diminuirá ata estancarse entre os 69 e 74 millóns no ano 2050 (69 millóns asumindo unha inmigración neta de +100.000 por ano; 74 asumindo unha inmigración de +200.000 por ano).[20]

No censo do ano 2004, Alemaña contaba con sete millóns de cidadáns estranxeiros rexistrados, así mesmo, o 19% da poboación tiña a súa orixe total ou parcialmente nun país estranxeiro. O maior grupo de estranxeiros, con 2,3 millóns, provén de Turquía, o resto provén na súa maioría do continente europeo, sendo os países que máis estranxeiros achegan Italia, Serbia, Grecia, Polonia e Croacia. Como consecuencia das restricións das antigas leis de inmigración e petición de asilo, o número de inmigrantes que buscan asilo ou reclaman a nacionalidade alemá (a maioría da antiga Unión Soviética) está sufrindo un retroceso dende o ano 2000.

Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.
Cityscapeberlin2006

Berlín
Binnenalster am Abend

Hamburgo
Deutsche Museum in Munich

Múnic
1 Berlín Berlín 3.531.201 11 Leipzig Saxonia 531.809
2 Hamburgo Hamburgo 1.810.698 12 Dresden Saxonia 529.781
3 Múnic Baviera 1.378.176 13 Hannover Baixa Saxonia 525.875
4 Colonia Renania do Norte-Westfalia 1.017.155 14 Nürnberg Baviera 510.602
5 Frankfurt Hessen 691.518 15 Duisburgo Renania do Norte-Westfalia 488.005
6 Stuttgart Baden-Württemberg 613.392 16 Bochum Renania do Norte-Westfalia 373.976
7 Düsseldorf Renania do Norte-Westfalia 592.393 17 Wuppertal Renania do Norte-Westfalia 349.470
8 Dortmund Renania do Norte-Westfalia 580.956 18 Bonn Renania do Norte-Westfalia 327.913
9 Essen Renania do Norte-Westfalia 573.468 19 Bielefeld Renania do Norte-Westfalia 323.395
10 Bremen Bremen 548.319 20 Mannheim Baden-Württemberg 314.931
Datos do censo de 2011

Relixión

As principais confesións relixiosas en Alemaña son o luteranismo e o catolicismo, respectivamente, con 32,9% e 32,3% de fieis.[21] Preto do 24,9% de alemáns se declararon non relixiosos ou ateos. Seguen como minorías, o islamismo (4%), seguido polo xudaísmo e o budismo (ambos con 0,25%). O hinduísmo ten só 90.000 seguidores (0,1%), mentres outras relixións corresponden a 50 mil persoas ou o 0,05% da poboación alemá.

Dende Martiño Lutero, e a Reforma protestante, Alemaña foi escenario de conflitos relixiosos entre os seguidores de Lutero, posteriormente chamados luteranos, xeralmente máis numerosos no norte, e os católicos, por regra xeral máis fortes no sur. No entanto, a distribución das relixións está lonxe de ser homoxénea.

Zonas cunha poboación predominantemente católica son Baviera (onde precisamente naceu o papa Bieito XVI) e Renania. Zonas cunha poboación predominantemente luterana son os estados do leste e do norte. No norte, ao longo da fronteira cos Países Baixos, hai tamén presenza de calvinistas. En canto aos non relixiosos, incluíndo ateos e agnósticos, son crecentes en número e proporción, unha tendencia constatada tanto na Alemaña canto noutros países europeos. Na Alemaña concéntranse principalmente na antiga Alemaña Oriental e nas áreas metropolitanas.

Educación

München - TU München (Luftbild)
A Técnica de Múnic, segunda mellor universidade alemá segundo QS World University Rankings.

A responsabilidade da supervisión educativa recae principalmente nos estados federais a título individual, mentres que o goberno só ten un papel secundario. O xardín de infancia é de carácter opcional, e imparte educación para todos os nenos entre tres e seis anos, despois, a escolarización é obrigatoria polo menos durante dez anos. A educación primaria adoita durar catro anos e as escolas públicas non están estratificados nesta etapa. En contraste, a educación secundaria inclúe catro tipos de escolas sobre a base da capacidade do alumno segundo o determinado polas recomendacións do profesorado: o Gymnasium, que inclúe a maioría de nenos considerados máis aptos para o estudo, prepara aos estudantes para os estudos universitarios e a asistencia dura oito ou nove anos, dependendo do estado; o Realschule ten unha gama máis ampla de especial interese para estudantes intermedios e dura seis anos; o Hauptschule prepara alumnos para o ensino profesional, e o Gesamtschule combina o tres enfoques.

Uni-Heidelberg Aula
A Universidade de Heidelberg é a máis antiga de Alemaña.

O Informe PISA, avalía as habilidades dos estudantes de 15 anos de idade nos países da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e unha serie de países socios. En 2006, os escolares alemáns melloraron a súa posición con respecto a anos anteriores, clasificándose (estatisticamente) nun nivel significativamente superior á media (rango 13) nas ciencias, e non significativamente por encima ou por baixo da media en matemáticas (rango 20) e habilidades de lectura (rango 18). As diferenzas socio-económicas son elevadas, e o rendemento dos alumnos é máis dependente deste factor que na maioría doutros países.

Neste sentido, e sobre todo tras os malos resultados dos informes PISA 2000 e 2003, existen elementos do sistema educativo alemán fortemente criticados. A Comisión de Dereitos Humanos da ONU ten criticado a falta dunha igualdade real de oportunidades por mor da selección excesivamente temperá dos escolares, que desaproveitaría o potencial do 44% dos escolares.[22] A integración dos alumnos estranxeiros, o papel da Hauptschule como escola das capas inferiores, a falta de creatividade e a escaseza de horas lectivas son outros puntos polémicos.[23]

Para entrar nunha universidade, os estudantes de secundaria necesitan aprobar o exame Abitur, aínda que tamén é posible entrar á universidade cun Fachabitur, o cal é un Abitur especializado, por exemplo, en economía. Os estudantes que posúan un diploma dunha escola de formación profesional poden entrar a unha Universidade de Ciencias Aplicadas. A maioría das universidades alemás son de propiedade estatal. En todas as universidades hai que pagar os impostos administrativos, os cales son entre 50 e 200 euros. Nalgúns Estados ademais hai que pagar por dereitos de matrícula que ascenden até os 500 euros por semestre. As universidades son recoñecidas a escala internacional. Na clasificación THES 2006, dez universidades alemás foron clasificadas entre as primeiras duascentas do mundo.

Sociedade

Alemaña realizou en 2006 a campaña de mercadotecnia «Terra das ideas» co fin de promoverse durante a fase final da Copa Mundial de Fútbol. En 2008 retomouse o proxecto. «Terra das ideas» céntrase nas innovacións recentes nas institucións públicas e privadas, nas universidades e institutos de investigación, nas empresas e inclusive en proxectos sociais e culturais. Dende a celebracións do Mundial de fútbol de 2006, a percepción interna e externa da imaxe do país cambiou. Nas enquisas realizadas a nivel mundial coñecidas como Índice de GMI Anholt, o país ocupou a segunda posición. Tomáronse en conta criterios económicos, a reputación do país en termos de cultura, política, os seus cidadáns e o seu atractivo turístico.

Alemaña é tanto legalmente como culturalmente un país tolerante cara aos homosexuais. As unións de homosexuais permitíronse dende o ano 2001, aínda que estas non teñen todos os dereitos dun matrimonio heterosexual perante a lei. Gays e lesbianas poden adoptar legalmente aos fillos da súa parella.

Durante a última década do século XX, Alemaña cambiou considerablemente a súa actitude cara aos inmigrantes. A pesar de que aproximadamente o 10% da poboación era estranxeira, até mediados dos anos noventa, a opinión pública era que Alemaña non era un país de inmigración. Con todo, as leis de asilo endurecéronse considerablemente nesa década para evitar o seu abuso. O actual contexto de crise económica nos países do sur de Europa converte ao país alemán nun atractivo foco de destino de xente nova cualificada procedente de España, Portugal, Italia e Grecia, o que ten sido considerado por algúns sectores do país de xeito positivo.[24] Porén, algunha medidas do goberno alemán, como a limitación imposta aos estranxeiros á hora de cobrar axudas non contributivas, teñen sido interpretadas como un freo á inmigración da Europa meridional.[25].

Segundo datos de 2011, Turquía, con 1 607 161 persoas censadas, é a orixe maioritaria dos inmigrantes establecidos en Alemaña. Séguenlle Italia (520.159 persoas), Polonia (468.481 persoas), os antigos estados integrantes da ex-Iugoslavia, Serbia e Montenegro (404.690 persoas) e Grecia (283.684 persoas).

Os alemáns investiron 58.000 millóns de euros en viaxes internacionais en 2005, o cal os converte en campións mundiais en viaxar. Os destinos máis populares foron Austria, España, Italia e Francia.

Lingua

Artigo principal: Lingua alemá.
Knowledge German EU map
Coñecemento de alemán na Unión Europea.

O alemán é a lingua oficial e predominante de Alemaña.[26] A lingua alemá é unha das vinte e tres linguas oficiais da Unión Europea e unha das tres linguas de traballo da Comisión Europea xunto co inglés o e francés. Ademais do alemán, no país están recoñecidas como linguas das minorías o baixo alemán, o dinamarqués, o frisón o sorabo e o romaní. As principais linguas dos inmigrantes son o turco, o polaco, o ruso e as linguas dos balcáns. O alemán estándar é unha lingua xermánica occidental relacionada co inglés, neerlandés e sueco. A meirande parte do vocabulario do alemán provén da póla xermánica das Linguas indoeuropeas. A lingua xermana posúe numerosos empréstamos do latín, grego, e en menor medida do francés e do inglés.

Dende o século XIV, a escrita gótica foi substituída durante o Renacemento en toda Europa; con todo, na Alemaña, a letra gótica continuou vixente até ser finalmente abolida en 1945, trala fin da II guerra mundial. Por este motivo ás veces a letra é chamada estilo gótico alemán. Hoxe, o alemán escríbese empregando o alfabeto latino. Xunto ás vinte e seis letras estándar, ten tres vogais máis con diérese ou Umlaut (ä, ö e ü), ademais da letra Eszett ou (SZ/ese-zeta): ß, ás veces representada como ss.

Os dialectos do alemán varían en diferentes graos do alemán estándar. Estes dialectos proveñen das diferentes variedades locais das antigas tribos alemás. Moitos deles son dificilmente inintelixibles para os falantes da lingua estándar, xa que moitos se diferencian na sintaxe, fonoloxía e léxico. Un exemplo disto é o bávaro, arredor da cal existe un debate lingüístico arredor da súa entidade. Hai quen a clasifica como un dos diversos dialectos do alemán e hai quen a considera propiamente unha lingua.

En todo o mundo, o alemán é falado por 100 millóns de falantes nativos (na súa maioría en Europa) e 80 millóns de non nativos. A lingua alemá e a lingua nai de 90 millóns de persoas (18%) na Unión Europea. No tocante ao coñecemento de linguas estranxeiras, o 67% dos alemáns son quen de falar unha lingua estranxeira, mentres que o 27% di poder falar dúas.[27]

Cultura

Artigo principal: Cultura de Alemaña.

Alemaña é a miúdo chamado Das Land der Dichter und Denker (a terra dos poetas e dos pensadores).[28] A cultura alemá comezou moito antes do xurdimento de Alemaña como nación-estado e abranguiu a toda a zona de fala alemá. Dende os seus alicerces, a cultura en Alemaña formouse polas principais correntes intelectuais e populares en Europa, tanto relixiosas como laicas. Como resultado, é difícil identificar unha determinada tradición alemá separada do marco máis amplo da cultura europea. Outra consecuencia destas circunstancias é o feito de que algunhas figuras históricas, tales como Wolfgang Amadeus Mozart e Nicolás Copérnico, entre outras, aínda que non foron cidadáns de Alemaña no sentido moderno, deben ser considerados no contexto do eido cultural alemán para comprender o seu traballo.

Franz Marc 003
Blaues Pferd I, Franz Marc (1911).

En Alemaña desenvolvéronse algúns dos principais compositores de renome da Música clásica europea, con inclusión de Johann Sebastian Bach, Ludwig van Beethoven, Johannes Brahms e Richard Wagner. Dende o ano 2006, Alemaña constitúe o quinto mercado da música no mundo e influíu na música pop e rock a través de artistas como Kraftwerk, Scorpions e Rammstein.

Numerosos pintores alemáns gozaron de prestixio internacional[29] a través do seu traballo en diversas correntes artísticas. Hans Holbein o Mozo, Matthias Grünewald, e Albrecht Dürer eran importantes artistas do Renacemento, Caspar David Friedrich do Romanticismo, e Max Ernst do surrealismo. Entre as contribucións alemás na arquitectura inclúense os estilos carolinxio e Otoniano, que son importantes precursores do románico. A rexión máis tarde converteuse no sitio das obras importantes en estilos coma o gótico, renacentista e barroco. Alemaña é especialmente importante nos primeiros movemento modernos, sobre todo a través do movemento Bauhaus fundado por Walter Gropius. Ludwig Mies van der Rohe converteuse nun dos máis salientados arquitectos do mundo na segunda metade do século XX. A fachada de vidro en rañaceos foi a súa idea.

Ciencia

WilhelmRöntgen
Wilhelm Röntgen, descubridor dos raios X.

Alemaña é o fogar dalgúns dos máis destacados investigadores en diferentes eidos da ciencia.[30][31][32][33] De feito preto de 100 alemáns (de nacionalidade ou orixe) foron laureados co Premio Nobel. O traballo de Albert Einstein e Max Planck foi crucial para a fundación da física moderna, que Werner Heisenberg e Max Born desenvolveron aínda máis. Os seus devanceiros foron físicos como Hermann von Helmholtz, Joseph von Fraunhofer, e Daniel Gabriel Fahrenheit. Wilhelm Conrad Röntgen descubriu os raios X, un logro que lle fixo ser o primeiro gañador do Premio Nobel de Física en 1901. En Alemaña e outros países os raios X denomínanse "Röntgenstrahlen" (raios de Röntgen). O traballo de Heinrich Rudolf Hertz no eido da radiación electromagnética foi fundamental para o desenvolvemento das modernas telecomunicacións. Wilhelm Wundt é célebre por desenvolver o primeiro laboratorio de psicoloxía, á que deu a categoría de ciencia. Alexander von Humboldt e o seu traballo como científico natural e explorador foi fundacional para a bioxeografía.

1885Benz
Automóbil Benz de 1885.

Numerosos importantes matemáticos tiveron como berce Alemaña,[34][35][36] entre os que se atopan Carl Friedrich Gauss, David Hilbert, Bernhard Riemann, Gottfried Leibniz, Karl Weierstrass e Hermann Weyl. Alemaña foi tamén fogar de famosos inventores e enxeñeiros, como Johannes Gutenberg, quen se acreditou a invención da imprenta de tipos móbiles en Europa; Hans Geiger, o creador do contador Geiger, e Konrad Zuse, que construíu o primeiro ordenador dixital totalmente automático. Inventores, enxeñeiros e máis industriais, coma o conde Ferdinand von Zeppelin, Otto Lilienthal, Gottlieb Daimler, Rudolf Diesel, Hugo Junkers e Karl Benz contribuíron a dar forma moderna ao automóbil e á tecnoloxía do transporte aéreo.

Importantes institucións de investigación son a Sociedade Max Planck,[37] o Helmholtz-Gemeinschaft e a Sociedade Fraunhofer. Estas traballan de xeito independente ou vencelladas externamente ao sistema universitario contribuíndo nunha medida considerable á produción científica. O prestixioso premio Gottfried Wilhelm Leibniz concédese a 10 científicos e académicos cada ano. Cunha adxudicación máxima de 2,5 millóns de euros, é un dos premios de investigación máis altamente dotados no mundo.

Literatura e filosofía

A literatura alemá remóntase á Idade Media. Considérase a primeira poeta nada en Alemaña a Hrosvitha de Gandersheim, quen elaborou a súa obra en latín. Posteriormente, son cruciais as obras de escritores como Walther von der Vogelweide e Wolfram von Eschenbach. Diversos autores e poetas alemáns gañaron gran renome, incluíndo Johann Wolfgang von Goethe e Friedrich Schiller. As coleccións de contos populares publicados polos Irmáns Grimm popularizou o folclore alemán no plano internacional. A influencia de autores do século XX inclúen Thomas Mann, Bertold Brecht, Hermann Hesse, Heinrich Böll e Günter Grass.

A influencia de Alemaña na filosofía é historicamente significativa e moitos notables filósofos alemáns contribuíron a dar forma á filosofía occidental dende a Idade Media. Gottfried Leibniz e as súas contribucións ao racionalismo, Immanuel Kant, Georg Wilhelm Friedrich Hegel, Friedrich Wilhelm Joseph Schelling e Johann Gottlieb Fichte que forxaron o idealismo, Karl Marx e Friedrich Engels formularon a teoría comunista, Arthur Schopenhauer desenvolveu a composición de pesimismo metafísico, Friedrich Nietzsche desenvolveu o Perspectivismo, a obra de Martin Heidegger en Ser e Tempo, e as teorías sociais de Jürgen Habermas foron especialmente influentes.

Medios de comunicación

Alemaña é o mercado de televisión máis grande de Europa, cuns 34 millóns de fogares que dispón de televisión. As numerosas cadeas públicas rexionais e nacionais organízanse de acordo coa estrutura política federal. Ao redor do 90% dos fogares alemáns teñen cable ou televisión por satélite, e os telespectadores poden elixir entre unha variedade de libre acceso pública e as canles comerciais.

O país é o fogar dalgúns dos máis grandes conglomerados de medios de comunicación, incluíndo Bertelsmann e a editorial Axel Springer.

Cine

Berlinale2007
O Berlinale Palast durante o festival do ano 2007

O cine alemán foi especialmente influente durante os anos da República de Weimar cos expresionistas alemáns como Robert Wiene (O gabinete do Doutor Caligari) e Friedrich Wilhelm Murnau. Da órbita cultural alemá foi o cineasta austríaco Fritz Lang, quen desenvolveu a súa carreira entre Alemaña e Estados Unidos, autor de obras de culto coma Metropolis (1927) ou Der Testament des Dr. Mabuse (1933). A época nazi produciu obras significativas como a película Münchhausen (1943) ou o controvertido traballo da directora Leni Riefenstahl.

Durante o período 1970-1980 directores como Volker Schlöndorff, Werner Herzog, Wim Wenders, Rainer Werner Fassbinder colocaron o cine alemán de volta na escena internacional coas súas películas a miúdo provocadoras. Máis recentemente, películas como Das Boot (1981), Lola rennt (1998), Good bye, Lenin! (2003), Gegen die Wand (2004), Der Untergang (2004) e Das Leben der Anderen (2007) gozaron de éxito internacional.

Recentemente, o austríaco nado en Múnic Michael Haneke tense perfilado coma un dos mellores cineastas do cine europeo. Obras coma Das Weiße Band (2009), Palma de Ouro no Festival de Cannes e Globo de Ouro á mellor película estranxeira, e Amour (2012), que lle engadiu aos premios anteriores o Óscar á mellor película de fala non inglesa, foron mundialmente recoñecidas.

O Festival de Cine de Berlín, celebrado anualmente dende 1951, é un dos festivais de cine máis prestixiosos. A cerimonia anual dos Premios do Cine Europeo celébrase cada dous anos na cidade de Berlín, onde se atopa a Academia do Cine Europeo. Os estudos Babelsberg, en Potsdam, son os máis antigos de grande escala no mundo e constitúen un centro internacional para a produción de películas.

Deporte

Véxase tamén: Alemaña nos Xogos Olímpicos e Deporte en Alemaña.

A participación de Alemaña nos Xogos Olímpicos é unha das máis destacadas dende que se realiza este evento. O país organizou os Xogos Olímpicos de Verán en 1936 en Berlín, e en 1972 Alemaña Occidental fixo o propio en Múnic. A Federación Alemá de Deportes (DSB) conta con preto de 27 millóns de membros en ao redor de 91.000 clubs.[38] Segundo datos desta organización, aproximadamente a terceira parte da poboación do país realiza a práctica deportiva a través dun club ou asociación nalgunha das preto de 127.000 instalacións de carácter deportivo que existen no territorio.

Pola súa banda a Federación Alemá de Fútbol (DFB) conta con máis de 26.000 clubs, totalizando 6 millóns de membros, a membresía máis grande de calquera federación deportiva no mundo. O arraigamento deste deporte fixo que a Selección de fútbol de Alemaña consiga tres títulos mundiais (en 1954, 1974 e 1990); e tres Eurocopas (1972, 1980 e 1996). Así mesmo o país foi sede dos campionatos mundiais de 1974 e 2006. Alemaña tamén se destaca no fútbol feminino, categoría na que conquistou dúas coroas de campioa do mundo, en 2003 e en 2007.

A nivel de clubs destacan equipos como o Bayern Múnic, o máis laureado do país e á súa vez, un dos clubs máis grandes de Europa. O seu maior fito foi o gañar tres Copas de Europa de xeito consecutivo (1974, 1975 e 1976. Posteriormente gañaría no ano 2001). Tamén están o Hamburger SV, o Borussia Dortmund, clubs que tamén gañaron a Copa de Europa, en 1983 e 1997, respectivamente; á parte doutros campións europeos como o Bayer Leverkusen, Borussia Mönchengladbach, Werder Bremen e Schalke 04.

En canto ao automobilismo, Alemaña é unha das nacións principais a nivel mundial. Con numerosos automóbiles gañadores de carreiras como condutores alemáns. Precisamente o máis exitoso condutor de Fórmula 1 na historia é o alemán Michael Schumacher, sete veces Campión do Mundo e un dos deportistas mellor pagados da historia.[39]

Tamén o ciclismo é un deporte popular en Alemaña e un dos mellores ciclistas dos tempos recentes, Jan Ullrich, gañou o Tour de Francia en 1997 e finalizou segundo en cinco ocasións. O país obtivo dúas medallas de ouro en Campionatos masculinos de hóckey herba en 2002 e 2006 e na categoría feminina ostenta dúas medallas de ouro nos torneos de 1976 e 1981. Outros deportes destacados a nivel de público son o balonmán (disciplina na que o país destaca tanto a nivel de clubs como de seleccións, proclamándose campioa do mundo, de Europa e olímpica en diversas ocasións, así como numerosos segundos e terceiros postos), tenis, baloncesto (destacando a figura de Dirk Nowitzki), hóckey sobre xeo, así como o biatlón ou o esquí alpino.

Gastronomía

A cociña alemá varía enormemente dunha rexión a outra. As rexións do sur de Baviera e Suabia, por exemplo, comparten unha cultura culinaria con Suíza e Austria. Carne de porco, carne de vacún, e aves de curral son as principais variedades da carne consumida en Alemaña, coa carne de porco como a máis popular. Ao longo de todas as rexións, a carne adoitase comer en forma de salchicha. Máis de 1.500 diferentes tipos de salchichas prodúcense en Alemaña. Os chamados alimentos orgánicos teñen unha cota de mercado no país de ao redor do 3,0% e prevese que sexa unha tendencia crecente.[40]

Un dito popular en Alemaña é: «Almorzar como un emperador, comer como un rei e cear como un esmoleiro». O almorzo é usualmente unha selección de cereais e mel ou marmelada con pan. Algúns alemáns comen embutidos ou queixo con pan para o almorzo. Máis de 300 tipos de pans son coñecidos en todo o país.

Ao ser un país de inmigrantes, Alemaña adoptou moitos pratos internacionais. Pratos italianos como a pizza e a pasta, ou turcos e árabes como o kebab están ben establecidos, sobre todo nas cidades máis grandes. Os restaurantes chineses e gregos están tamén considerablemente espallados ao longo do país.

Aínda que o viño é cada vez máis popular en moitas partes de Alemaña, a bebida nacional é a cervexa. De feito o coñecido festival Oktoberfest está adicado a esta bebida. En Alemaña o consumo de cervexa por persoa está diminuíndo, pero con 116 litros por ano está aínda entre os máis altos do mundo. De 18 países occidentais enquisados, o consumo per cápita de refrescos resultou ser inferior á media (14ª na lista), mentres que o consumo de mollo de froitas é un dos máis altos (terceiro na lista).

Festividades

Alphorn (Bremen 2010)
Celebración do día da Reunificación alemá en Bremen.
Data Nome en galego Nome local
1 de xaneiro Aninovo Neujahr
6 de xaneiro Epifanía Epiphanie
Marzo ou abril Venres Santo Karfreitag
Marzo ou abril Pascua Ostern
1 de maio Día do Traballo Erster Mai
Maio ou xuño Día da Ascensión
Día do pai
Christi Himmelfahrt
Vatertag
Maio ou xuño Pentecostés Pfingsten
Maio ou xuño Corpus Christi Fronleichnam
3 de outubro Día da Unificación Alemá Tag der Deutschen Einheit
31 de outubro Festa da Reforma Reformationsfest
1 de novembro Día de Tódolos Santos Allerheiligen
25 e 26 de decembro 1º e 2º días do Nadal 1. und 2. Weichnachtsfeiertag

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alemán.
  2. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. Alemaña
  3. Germany world's second biggest aid donor after US
  4. "The fifteen major spenders in 2006" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2007. Consultado o 17 de maio de 2008.
  5. "The leader of Europe? Answers an ocean apart". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2008. Consultado o 04 de abril de 2008.
  6. "Confidently into the Future with Reliable Technology". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2013. Consultado o 17 de maio de 2008.
  7. Motomura, Marina. "Por que o nome de alguns países muda de um lugar para outro?". Mundo Estranho (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2009. Consultado o 21 de marzo de 2013.
  8. Schulze, Hagen (1998). Germany: A New History (en inglés). Cambridge, MA: Harvard University Press. p. 368.
  9. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en inglés). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013.
  10. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
  11. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014.
  12. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
  13. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014.
  14. Alemania saca beneficio de la crisis al financiarse prácticamente gratis, El País, 23/5/2012.
  15. La economía alemana se desacelera mientras que Francia sale tímidamente del estancamiento, 20 minutos, 15/11/2012.
  16. Alemania acusa la crisis con una caída del 8 % de los pedidos industriales, La Vanguardia, 8/8/2012.
  17. Garzón, A.; Navarro, V. e Torres, J. (2011). Hay altenativas, Sequitur ATTAC España, Madrid.
  18. "Galegos en Europa". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2008. Consultado o 19 de maio de 2008.
  19. The World Factbook
  20. Destatis.de
  21. Religionen in Deutschland: Mitgliederzahlen
  22. Déficits en el sistema de educación alemán, Deustsche Welle.
  23. Schulte, B. (2004). El sistema educativo alemán, Universidade Humboldt de Berlín en Quaderns Digitals.
  24. La inmigración cualificada es para Alemania "un golpe de suerte", según la ministra de Trabajo, El Diario.es, 24/2/2013
  25. Alemaña ten unha estratexia para desfacerse dos europeos do sur pobres, Praza Pública, 4/3/2013
  26. Eurobarómetro: Os europeos e as súas linguas
  27. Os europeos e as súas linguas
  28. Germans and indians
  29. 2006 A Dictionary of Architecture and Landscape Architecture (Paperback), Second (en inglés), Oxford University Press, 880. ISBN 0-19-860678-8
  30. Back to the Future: Germany - A Country of Research
  31. "The Alfred B. Nobel Prize Winners, 1901–2003". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2010. Consultado o 25 de abril de 2009.
  32. Historical figures in telecommunications
  33. Wilhelm Maximilian Wundt
  34. Automobile, Encarta Encyclopedia.
  35. "The Zeppelin". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2011. Consultado o 25 de abril de 2009.
  36. "The Natural History Legacy of Alexander von Humboldt (1769 to 1859)". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2007. Consultado o 25 de abril de 2009.
  37. "Gottfried Wilhelm Leibniz Prize". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2008. Consultado o 25 de abril de 2009.
  38. "Culture, Sports & Events". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2011. Consultado o 01 de abril de 2013.
  39. "What we will miss about Michael Schumacher" en The Guardian
  40. "Organic Agriculture in Germany". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2007. Consultado o 15 de maio de 2008.

Véxase tamén

W.gl.Alemaña

Outros artigos

Ligazóns externas

Adolf Hitler

Adolf Hitler (en alemán: Adolf Hitler, [ˈadɔlf ˈhɪtlɐ] (AFI), escoitar), nado en Braunau am Inn (Austria) o 20 de abril de 1889 e finado en Berlín o 30 de abril de 1945, foi o líder do Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (en alemán Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei, NSDAP), tamén coñecido por Nazi, unha abreviatura do nome en alemán (Nationalsozialistische), sendo aínda oposición aos socialdemócratas, os Sozi. Hitler converteuse en chanceler e, posteriormente, ditador alemán. Era fillo dun funcionario de alfándega dunha cidade fronteiriza de Austria con Alemaña. Foi o xefe do goberno de Alemaña dende xaneiro de 1933 e xefe do goberno e de Estado (Reichsführer) dende agosto de 1934. Desenvolveu unha política baseada na necesidade de expansión territorial para obter o chamado "espazo vital" (Lebensraum), o anticomunismo e o antisemitismo, que tería a súa maior expresión no Holocausto.

Alemaña nazi

Alemaña nazi e Terceiro Reich son os nomes comúns para designar a Alemaña durante o período entre 1933-1945, cando o goberno estaba controlado por Adolf Hitler e o seu Partido Nacional Socialista dos Traballadores Alemáns, máis coñecido como Partido Nazi. Baixo o goberno de Hitler, Alemaña foi transformada nun estado totalitario, onde case todos os aspectos da vida eran controlados polo Estado. A Alemaña nazi deixou de existir despois de que as Forzas Aliadas derrotaran a Wehrmacht en maio de 1945, terminando así a Segunda Guerra Mundial en Europa.

Despois de Hitler fora nomeado chanceler de Alemaña polo Presidente da República de Weimar Paul von Hindenburg o 30 de xaneiro de 1933, o Partido Nazi comezou a eliminar toda a oposición política e consolidar o seu poder. Hindenburg finou o 2 de agosto de 1934, e Hitler converteuse en ditador de Alemaña, cando os poderes e as oficinas da chancelaría e a presidencia foron fundidas. Un referendo nacional realizado o 19 de agosto de 1934 confirmo a Hitler como único Führer (líder) de Alemaña. Todo o poder centralizouse nas mans de Hitler, e a súa palabra estaba por enriba de todas as leis. O goberno non era un corpo de cooperación coordinada, senón unha colección de faccións que loitaban para acumular poder e gañar o favor de Hitler. No medio da Gran Depresión, os nazis restauraron a estabilidade económica e remataron co paro masivo usando gastos militares pesados ​​e unha economía mixta. Realizouse unha gran cantidade de obras públicas, incluíndo a construción de Autobahns (estradas de alta velocidade). O retorno á estabilidade económica impulsou a popularidade do réxime.

O racismo, sobre todo antisemitismo, foi unha das características centrais do réxime. Os pobos xermánicos foron considerados como a representación máis pura do arianismo e, polo tanto, a raza superior. Os xudeus e outros considerados indesexables foron perseguidos ou asasinados, e a oposición ao goberno de Hitler foi brutalmente reprimida. Os membros da oposición liberal, socialista e comunista morreron, foron prendidos ou forzados ao exilio. As igrexas cristiás tamén foron oprimidas, con moitos líderes presos. A educación estaba centrada na bioloxía racial, política de poboación e aptitude para o servizo militar. A carreira e oportunidades educativas para as mulleres foron reducidas. Nas Olimpíadas de verán de 1936 presentouse o Terceiro Reich no escenario internacional. O Ministro de Propaganda, Joseph Goebbels, fixo uso efectivo das película, mitins e oratoria de Hitler para controlar a opinión pública. O goberno controlaba a expresión artística, promovendo formas de arte específicas e evitaba ou prohibía outras.

Alemaña fixo esixencias territoriais cada vez máis agresivas, ameazando coa guerra se non eran atendidas. Austria e Checoslovaquia foron anexadas en 1938 e 1939. Hitler fixo un pacto con Stalin e invadiu a Polonia en setembro de 1939, comezando así a Segunda Guerra Mundial en Europa. En alianza coa Italia de Benito Mussolini e outras potencias do Eixo, Alemaña conquistou a maior parte de Europa en 1940 e ameazou a Gran Bretaña. Os Reichskommissariats asumiron o control brutal das áreas conquistadas, e unha administración alemá foi fundada en Polonia. Os xudeus e outros grupos considerados como indesexables foron aprisionados en campos de concentración. A implantación de políticas raciais do réxime culminou co asasinato en masa de xudeus e outras minorías no Holocausto. Tras a invasión alemá da Unión Soviética en 1941, a marea virou contra o Terceiro Reich, e as grandes derrotas militares chegaron en 1943. O bombardeo a grande escala de cidades alemás, ferrocarrís e centrais de petróleo intensificouse en 1944. Alemaña foi invadida en 1945 polos soviéticos no leste e outros aliados por occidente. A negativa de Hitler a admitir a derrota levou á destrución masiva de infraestrutura alemá e perda innecesaria de vidas, nos meses finais da guerra. Os aliados vitoriosos iniciaron unha política de desnazificación e xulgaron aos líderes nazis por crimes de guerra nos Xuízos de Nuremberg.

Austria

Austria ( pronunciación ) (en alemán: Österreich, [ˈøːstɐˌʁaɪç] ), oficialmente República de Austria ( pronunciación ) (en alemán: Republik Österreich, [Republik Österreich] )), é un estado da Europa central sen saída cara o mar, con máis de 8,5 millóns de habitantes. Fai fronteira con Alemaña e a República Checa ao norte, Eslovaquia e Hungría ao leste, Eslovenia e Italia ao sur, e Suíza e Liechtenstein ao oeste. O territorio de Austria abrangue 83.872 quilómetros cadrados e posúe un clima temperado e alpino. O terreo austríaco é altamente montañoso debido á presenza dos Alpes, polo que tan só o 32% do país se atopa por debaixo dos 500 metros, sendo o seu punto máis alto 3.798 metros. A meirande parte da poboación fala en lingua alemá, a cal é o idioma oficial da República. A parte do alemán, son linguas rexionais oficiais o croata, o esloveno e o húngaro.

As orixes de Austria datan da época do Imperio Romano, cando un reino celta foi conquistado polos romanos ao redor do ano 15 a.C.. Ese territorio pasou a ser a mediados do século I a provincia romana de Noricum, nun área que se correspondería aproximadamente ao actual país. No ano 788 d.C., o rei franco Carlomagno conquistou a area e introduciu o cristianismo. Baixo a dinastía Habsburgo, Austria converteuse nunha das principais potencias europeas. En 1867, o Imperio Austríaco pasou a ser Austria-Hungría.

O Imperio Austro-Húngaro colapsou en 1918 co fin da Primeira Guerra Mundial, sendo establecida en 1919 a Primeira República Austríaca. No Anschluss de 1938, Austria foi ocupada e anexionada pola Alemaña nazi. Esta situación durou até a fin da Segunda Guerra Mundial en 1945, despois de que o país fose ocupado polas forzas aliadas, sendo restaurada a súa antiga constitución democrática. En 1955, despois da restauración definitiva do Estado, Austria declarouse permanentemente neutral.

Hoxe, Austria é unha democracia parlamentar composta por nove estados federais. A capital, e cidade máis grande do país, con 1,7 millóns de habitantes, é Viena. Austria é ademais un dos países máis ricos do mundo, cun PIB nominal per cápita de 43.723 dólares estadounidenses. O país desenvolveu pois un alto nivel de vida, e en 2008 era o número catorce do mundo en Índice de Desenvolvemento Humano. Austria é membro das Nacións Unidas dende 1955, forma parte da Unión Europea dende 1995 e é membro fundador da OCDE. Austria tamén asinou o Acordo de Schengen en 1995, adoptando como moeda o euro en 1999.

Baviera

Baviera (en alemán Bayern e en bávaro Boarn) ou, na súa designación oficial, Estado Libre da Baviera (Freistaat Bayern dende que deixou de ser un reino en novembro de 1918), é o meirande en superficie dos 16 estados federais (Länder) da Alemaña. Localizado no extremo sueste do país, ten unha área de 70 553 km² e 12 millóns de habitantes que cultivan as tradicións coma en ningunha outra parte da Alemaña. A súa capital é Múnic.

Ata a década de 1950 predominaba en Baviera a agricultura como principal fonte económica. Aínda hoxe, a rexión prealpina e outras partes do territorio bávaro dependen da agricultura e da silvicultura. A partir de mediados do século pasado, transformouse nun moderno estado industrial e de prestación de servizos. Baviera converteuse, asemade, no primeiro centro da tecnoloxía avanzada na Alemaña. Cómpre salienta-la tecnoloxía da información e comunicación, biotecnoloxía, tecnoloxía xenética e técnica medicinal. Por outra banda, o estado debe o seu grande atractivo turístico á rica herdanza histórico-cultural, así como á beleza das paisaxes. Por exemplo, a beleza dos Alpes, co cume máis alto da Alemaña -o Zugspitze (2.962 metros)-, a rexión pre-alpina ten grandes lagos como o Chiemsee e mailo Königssee, o Parque Nacional da Foresta Bávara (Bayerischer Wald), os bosques Fränkische Alb, Fichtelgebirge Steigerwald etc.

Existe gran cantidade de parques urbanos –como o de Schönbusch en Aschaffenburg, o Hofgarten en Ansbach ou o Xardín Inglés (Englischer Garten) en Múnic- amais de castelos e pazos. Cómpre salienta-los erixidos na época de Ludwig II: Lindenhof, Neuschwanstein e Herrenschiemsee.

O traxe típico, o Jäger, vístese na actualidade durante a celebración das festividades populares, como a festa anual da cervexa, a Oktoberfest, en Múnic, que goza de sona internacional, e que é elaborada segundo a Lei da pureza de 1516. O lúpulo co que se produce é cultivado no propio estado.

A capital, Múnic, un centro significativo da ciencia e da investigación, conta cunha das meirandes bibliotecas de Europa, a Biblioteca Estatal Bávara, con máis de 6 millóns de volumes. Así mesmo localizánse na capital bávara o Instituto Max Planck de Física do Plasma, o Deutsches Museum, a maior colección mundial da historia das ciencias naturais e da técnica, alén de numerosas edificacións históricas e museos de arte. A antiga división de Baviera era en tres zonas tradicionalmente ben definidas: Suevia, Franconia e A Vella Baviera.

Berlín

Berlín (en alemán: Berlin, [bɛɐ̯ˈliːn] (AFI), escoitar) é a capital e un dos dezaseis estados de Alemaña. Cunha poboación de 3,4 millóns nos límites do concello, Berlín é a meirande cidade do país xermano. Constitúe a segunda maior cidade da UE e a novena maior área metropolitana. Berlín atópase no nordeste do país, e constitúe o centro da área metropolitana Berlín-Brandeburgo, fogar de máis de 5 millóns de persoas de máis de 190 nacionalidades.Documentada por primeira vez no século XIII, ao longo da súa historia Berlín foi capital do Reino de Prusia (1701-1918), o Imperio alemán (1871-1918), a República de Weimar (1919-1933) e do Terceiro Reich (1933-1945). Trala segunda guerra mundial, a cidade foi dividida; o Berlín do leste converteuse na capital da República Democrática Alemá mentres o Berlín do oeste converteuse na capital da Alemaña occidental, estando a cidade separada polo Muro de Berlín entre 1961-1989. Trala Reunificación alemá en 1990, a cidade recuperou o seu status como capital de toda Alemaña.

Calendario rúnico

O calendario rúnico era un calendario perpetuo baseado no ciclo metónico utilizando as runas desenvolvidas polas culturas nórdicas ou xermánicas que habitaban as rexións da actual Alemaña e Escandinavia. Escribíanse en pergameos ou ben nunha vara de madeira no cal se entallaban cunha raia os días normais e os días especiais con figuras xeométricas ou símbolos, en Suecia coñecíase este último método como runstav e en Noruega como Primstav

O inicio do ano, polo calendario rúnico ocorría no día 23 de xuño, representado pola runa Feob. O máis antigo data do século XIII e empregouse ata o século XVII e aínda máis tarde esporadicamente.

Glottolog

Glottolog é un proxecto da base de datos bibliográfica das linguas do mundo, en particular, das menos coñecidas. Creado polo Instituto Max Planck de Leipzig, Alemaña, é un intento de acadar unha fonte bibliográfica completa para as linguas do mundo (95% da diversidade lingüística do mundo) e para achegar unha forte base empírica para as definicións de linguas e as clasificacións da linguaxe. Está composto dun catálogo de linguas e familias de linguas do mundo chamado "Languoid" e a súa bibliografía " Langdoc ". Asígnase un identificador único e estable, o Glottocode, a todas as familias, linguas e dialectos, chamado "langoids ", que se identifican. Estes son organizadas a través dunha clasificación xenealóxica (a árbore Glottolog), que está baseada nas máis recentes investigacións dispoñibles. Ofrece acceso a máis de 180 000 referencias de traballos descritivos, tales como gramáticas, dicionarios, listaxes de palabras e textos.,

ISBN

ISBN é a abreviatura do número internacional para a catalogación de libros (International Standard Book Number), código de 10 ou 13 díxitos que identifica biunivocamente calquera libro editado legalmente no mundo.

Imperio Alemán

O Imperio Alemán (en alemán: Deutsches Reich, chamado por algúns historiadores alemáns Kaiserlich Deutsches Reich ou simplemente Kaiserreich), foi a forma de Estado que existiu en Alemaña desde a súa unificación e a proclamación de Guillerme I como emperador, o 18 de xaneiro de 1871, ata 1918, cando se converteu nunha república logo da derrota na Primeira Guerra Mundial e a abdicación de Guillerme II (9 de novembro de 1918). O término de Deutsches Reich mantívose como nome oficial de Alemaña durante a República de Weimar e a maior parte do período nazi ata 1943, cando foi cambiado a Großdeutsches Reich («Grande Imperio Alemán»).

Durante os seus 47 anos de existencia, o Imperio alemán xurdiu como unha das economías industriais máis poderosas da Terra e unha gran potencia, ata que se derrubou logo da súa derrota militar na Primeira Guerra Mundial e a Revolución de Novembro. Os Estados fronteirizos máis importantes foron o Imperio ruso no leste, Francia no oeste e o Imperio austrohúngaro situado no sur.

Lingua alemá

O alemán (Deutsch, en alemán) é unha lingua indoeuropea pertencente ao grupo das linguas xermánicas occidentais. É tamén a lingua que máis falantes nativos ten na Unión Europea. É a lingua máis falada e a lingua (co-) oficial de Alemaña, Austria, Suíza, Tirol do Sur (Italia), a comunidade xermánica de Bélxica e Liechtenstein. É tamén unha das tres linguas oficiais de Luxemburgo. As linguas máis semellantes ó alemán son outros membros da póla de linguas xermánicas occidentais: o afrikaans, o neerlandés, o inglés, o frisón, o baixo alemán, o luxemburgués e o yiddish. O alemán é a segunda lingua xermánica máis falada, despois do inglés.

Unha das meirandes linguas do mundo, o alemán é a primeira lingua de arredor de 95 millóns de persoas en todo o mundo e a lingua nativa máis falada da Unión Europea. O alemán tamén é a cuarta lingua máis estendida (excluíndo o inglés) nos Estados Unidos de América (despois do castelán, o francés e a lingua de sinais americana) e a terceira da Unión Europea (despois do inglés e o francés; como segunda lingua), a segunda lingua máis común no eido científico así como a cuarta máis empregada nas páxinas web (despois do inglés, do ruso e do xaponés). Os países de fala alemá están clasificados no quinto posto en termos de publicacións anuais de libros, cunha décima parte de tódolos libros (incluíndo libros electrónicos) do mundo sendo publicados en lingua alemá.A maioría do vocabulario do alemán deriva da antiga póla xermánica da familia lingüística indoeuropea. Unha parte das palabras alemás derivan do latín e do grego, e só unhas poucas proveñen do francés e do inglés. Conta con diferentes variantes estandarizadas (de Alemaña, de Austria e Suíza), e é unha lingua pluricéntrica. Ó igual que o inglés, o alemán salienta polo seu amplo espectro dialectal, con moitas variantes existentes en Europa e tamén noutras partes do mundo. Por mor a limitada intelixibilidade entre certas variedades e o alemán estándar, así como pola falta dunha diferenza científica e sen disputa entre "dialecto" e "lingua", algunhas variedades ou grupos dialectais do alemán (véxase baixo alemán ou plautdietsch) son coñecidas alternativamente como "linguas" e "dialectos".

Lingua dinamarquesa

O dinamarqués ou danés é unha lingua xermánica falada principalmente na Dinamarca, na Groenlandia, nas Illas Feroe e en partes do norte da Alemaña. É tamén unha das linguas oficiais da Unión Europea. É unha lingua escandinava, bastante parecida co noruegués e o sueco — os falantes de dinamarqués, noruegués e sueco compréndense entre eles con certa facilidade.

Luxemburgo

Luxemburgo ( pronunciación ) (en luxemburgués: Lëtzebuerg, en francés: Luxembourg, en alemán: Luxemburg), oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo ( pronunciación ) (en luxemburgués: Groussherzogtum Lëtzebuerg, en francés: Grand-Duché de Luxembourg, en alemán: Großherzogtum Luxemburg), é un país de Europa Occidental e forma parte da Unión Europea e da eurozona. Limita ao leste con Alemaña, ao sur con Francia e a oeste e norte con Bélxica. Non ten saída ó mar.

Múnic

Múnic (en alemán: München, [ˈmʏnçn̩] (AFI), escoitar; en bávaro Minga) é a capital do estado (Bundesland) de Baviera. É, tras Berlín e Hamburgo, a terceira cidade en tamaño de Alemaña, cunha poboación duns 1.261.000 habitantes (2003). Está á beira do río Isar. Coñecida nalgúns ámbitos polo seu equipo de fútbol (o Bayern de Múnic) e pola súa cervexa, base da chamada "Oktoberfest" ou por ser sede olímpica das Olimpíadas de 1972.

Nazismo

O nazismo ou o nacionalsocialismo designa a política da ditadura que gobernou a Alemaña de 1933 a 1945, o Terceiro Reich. O nazismo é frecuentemente asociado ao fascismo, aínda que os nazis dixesen practicar unha forma nacionalista e totalitaria de socialismo (oposta ao internacionalismo proletario marxista).O Partido Nacionalsocialista alemán defendía o Nationalsozialismus 'nacionalsocialismo'. Algunha dereita e extrema-dereita, chegando por veces ata ao centro, en especial en países con máis forte tradición anticomunista (como os Estados Unidos de América), refírense ao nazismo como unha forma de socialismo, apuntando para o nome, para algunha da retórica nazi e para a estatización da sociedade como probas. A xeneralidade da esquerda rexeita esas ideas, apuntando á existencia, desde aínda antes da toma do poder por Hitler, dunha resistencia comunista e socialista ao nazismo, para o carácter internacionalista e fraterno do socialismo, totalmente oposto á teoría e práctica nazi, e para a manutención, polos nazis, de toda a estrutura capitalista da economía alemá, limitada apenas polas condicionantes dunha economía de guerra e pola abordaxe a aquilo a que os nazis chamaban o "problema xudeu".O ditador Adolf Hitler chegou ao poder como líder dun partido político, o Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei, ou NSDAP). A Alemaña deste período é tamén coñecida como "Alemaña nazi" e os partidarios do nazismo eran (e son) chamados nazis. O nazismo foi prohibido en Alemaña moderna, aínda que pequenos grupúsculos de simpatizantes, chamados neonazis, continúen a existir en Alemaña e noutros países. Algúns revisionistas históricos difunden propaganda que nega ou minimiza o Holocausto e outras accións dos nazis e tenta deitar unha luz positiva sobre as políticas do réxime nazi e os acontecementos que ocorreron baixo el.

Polonia

Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa. Polonia ten unha poboación por riba dos 38 millóns de habitantes, o que o converte no trixésimo cuarto país máis poboado do mundo e o oitavo de Europa. Polonia é un Estado unitario dividido en 16 subdivisións administrativas.

O territorio polaco comprende na súa porción máis grande ao norte parte da gran chaira europea e abarca ao sur territorio montañoso dos Sudetes, os Cárpatos e a Serra da Santa Cruz. A súa capital e cidade máis poboada é Varsovia, a capital histórica de Mazovia, aínda que para moitos polacos, é máis importante a antiga capital, Cracovia, e Poznań, a capital antiga dos polacos, devanceiros de Polonia.

O establecemento dun estado polaco é a miúdo identificado coa adopción do cristianismo polo gobernante Miecislao I, no ano 966, cando o país abranguía unha superficie semellante á actual. En 1025, Polonia converteuse nun reino e en 1569, cimentou unha asociación co Gran ducado de Lituania, trala sinatura da Unión de Lublin, formando a República das Dúas Nacións. A mancomunidade colapsou en 1795 producíndose a partición de Polonia entre Prusia, Rusia e Austria. Polonia recuperou novamente a súa independencia como a Segunda República Polaca en 1918, despois da I Guerra Mundial, mais volveuna perder trala II Guerra Mundial; entón foi ocupada pola Alemaña nazi e maila Unión Soviética. Durante a II Guerra Mundial Polonia perdeu máis de seis millóns dos seus cidadáns. Emerxeu anos máis tarde como a República Popular de Polonia dentro do Bloque do leste, baixo unha forte influencia soviética.

Durante as Revolucións de 1989, o goberno comunista foi derrocado e Polonia converteuse constitucionalmente na "Terceira República Polaca". Polonia é un estado unitario, constituído por 16 voivodinas (en polaco: województwo). Polonia é membro da Unión Europea, OTAN e da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE).

Primeira guerra mundial

A primeira guerra mundial foi o segundo maior conflito bélico do século XX. Durou do 1914 ó 1918 e puxo os primeiros cravos no ataúde da hexemonía de Europa no mundo. Durante catro anos, millóns de persoas morreron nun conflito que destacou pola súa dureza, polas longas e inamovibles trincheiras e polo uso de gas mostaza para acabar coa resistencia do inimigo.

Enfrontou inicialmente a Francia, Reino Unido e mais Rusia (os aliados) contra Alemaña (gobernada por Guillerme II de Alemaña), Austria-Hungría, Bulgaria e mais Turquía (as Potencias Centrais). O causante da guerra foi o asasinato do arquiduque de Austria en Saraxevo, pero xa houbera tensións durante os anos anteriores, especialmente na construción naval entre o Reino Unido e Alemaña. Máis tarde uniríanse á guerra outros países como os Estados Unidos, Italia ou o Xapón.

Os vencedores foron os aliados, grazas á axuda de Estados Unidos, que entrou polo afundimento do RMS Lusitania o 7 de maio de 1915 , e impuxeron fortes sancións económicas e territoriais a Alemaña, á vez que desmembraron os imperios de Austria-Hungría e Turquía a partir do Tratado de Versalles en 1919. Creáronse moitos novos estados en Europa: algúns dunha soa nación (como Polonia) e outros de varias (Iugoslavia, Checoslovaquia).

Durante a primeira guerra mundial ocorreu tamén a Revolución Rusa, que fixo que Rusia pactase por separado a paz (Tratado de Brest-Litovsk) coas potencias centrais e non estivese representada no Tratado de Versalles ó atoparse en guerra civil.

As consecuencias da paz terían moito que ver nun futuro coas causas da Segunda guerra mundial.

República Democrática Alemá

A República Democrática Alemá (abreviado RDA; alemán: Deutsche Demokratische Republik, abreviado DDR), tamén coñecida informalmente como Alemaña do Leste ou Alemaña Oriental, foi unha república socialista establecida en 1949 na zona de ocupación soviética de Alemaña trala segunda guerra mundial, ademais de Berlin Leste, unha porción da cidade baixo control das Forzas Aliadas. Xeograficamente a Alemaña Democrática ocupaba a parte nordeste da actual Alemaña, correspondente aos actuais estados de Mecklemburgo-Antepomerania, Saxonia-Anhalt, Saxonia, Turinxia e Brandeburgo, abranguendo unha área total de 108.179 km². Facía fronteira con Checoslovaquia ao sur, Alemaña Occidental ao sur e ao oeste, Polonia ao leste, e a súa parte norte estaba bañada polo mar do Norte.

En 1989, unha revolta popular provocou un troco no goberno, até entón en mans do Partido Socialista Unificado de Alemaña (en alemán: Sozialistische Einheitspartei Deutschlands), negándose os soviéticos a intervir. Así, o 9 de novembro dese mesmo ano caía o Muro de Berlín e, finalmente, o 3 de outubro de 1990, os Länder (estados) do leste de Alemaña foron integrados como novos estados federais dentro da nova República Federal de Alemaña. A transformación comunista durante a historia da República foi máis forte na industria, na agricultura, e na maioría do sistema educativo, mentres que as profesións de ciencia e enxeñaría, as igrexas e incluso as tradicións burguesas preserváronse. A política social, que se tornara nunha ferramenta de lexitimación crítica nas últimas décadas, mesturaba elementos comunistas e tradicionais por igual.

República Federal Alemá

A República Federal Alemá (abreviado RFA; en alemán: Bundesrepublik Deutschland, abreviado BRD), tamén coñecida como Alemaña Occidental ou Alemaña do Oeste, foi un goberno que durou dende o ano 1949 ata a reunificación de Alemaña en 1990, cando se uniu á outra Alemaña, a República Democrática Alemá.

Constituída como república federal o 23 de maio de 1949, incluía as zonas de ocupación de Francia, Reino Unido e Estados Unidos, ademais da parte occidental de Berlín, divididas en diferentes estados creados segundo a historia dos antigos principados do Sacro Imperio Romano. O estado foi declarado totalmente soberano o 5 de maio de 1955, con capital en Bonn, pero as forzas de ocupación permaneceron para contrarresta-las soviéticas en Alemaña do Leste.

Alemaña Occidental uniuse á OTAN o 9 de maio de 1955, e á ONU nos anos 70, trala Ostpolitik do chanceler Willy Brandt, recoñecendo tamén a existencia de Alemaña Oriental.

Trala caída do muro de Berlín o 9 de novembro de 1989, a unificación das dúas alemañas procedeu rapidamente, sendo formalmente unha anexión do territorio do leste por parte da República Federal Alemá. A unificación foi o 3 de outubro de 1990, e a retirada das catro forzas de ocupación o 15 de marzo de 1991.

Segunda guerra mundial

A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou á maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. Nun estado de "guerra total", os principais participantes adicaron a súa capacidade económica, industrial e científica ó completo ó esforzo de guerra, eliminando as distincións entre recursos militares e civís. Marcada polas mortes masivas de civís, incluíndo o Holocausto no que faleceron uns 11 millóns de persoas e os bombardeos estratéxicos de centros industriais e de poboación nos que faleceron ó redor dun millón de persoas, incluíndo os bombardeos de Hiroshima e Nagasaki, tivo como resultado final un total de entre 50 e 58 millóns de mortes. Isto fixo da segunda guerra mundial o conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade.

En 1937 o Imperio do Xapón pretendía dominar Asia e o Pacífico e xa estaba en guerra coa República da China, mais a data de inicio da guerra mundial dátase xeralmente no 1 de setembro de 1939 coa invasión de Polonia por parte de Alemaña e as subsecuentes declaracións de guerra de Alemaña a Francia e o Reino Unido. Dende finais de 1939 ata comezos de 1941, mediante unha serie de campañas militares e tratados, Alemaña conquistou ou pasou a controlar gran parte da Europa continental, e formou a alianza do Eixe xunto con Italia e o Xapón. Por medio do Pacto Molotov-Ribbentrop de agosto de 1939, Alemaña e a Unión Soviética dividiron e anexionaron territorios dos seus veciños europeos, incluíndo Polonia, Finlandia, Romanía e os países bálticos. A guerra continuou entre as principais potencias europeas do Eixe e a coalición do Reino Unido e a Commonwealth, con varias campañas no norte e leste de África, a batalla aérea de Inglaterra, a campaña de bombardeo do Blitz, a campaña dos Balcáns e a continuada batalla do Atlántico. En xuño de 1941 as potencias europeas do Eixe comezaron unha invasión da Unión Soviética, abrindo o maior teatro de guerra terrestre da historia, o que bloqueou a gran parte das súas forzas nunha guerra de desgaste. En decembro de 1941 o Xapón atacou os Estados Unidos e invadiu territorios europeos no océano Pacífico, conquistando con rapidez gran parte do Pacífico occidental.

O avance do Eixe detívose en 1942 cando o Xapón perdeu a batalla de Midway preto de Hawai, e cando Alemaña sufriu sendas derrotas no norte de África e Stalingrado. En 1943, tras unha serie de derrotas alemás na Fronte Oriental, a invasión Aliada de Sicilia e Italia deron como resultado a rendición de Italia. Xunto coas vitorias Aliadas no Pacífico, o Eixe perdeu a iniciativa da guerra e levou a cabo unha retirada estratéxica en tódalas frontes. En 1944 os Aliados Occidentais invadiron a Francia ocupada por Alemaña, mentres que a Unión Soviética recuperou o territorio perdido e comezou unha invasión de Alemaña e os seus aliados. Durante os anos 1944 e 1945 os xaponeses sufriron varios reveses no continente asiático, no sur e centro da China e en Birmania, mentres que os Aliados conseguiron debilitar á Armada Xaponesa e capturaron varias illas chave do Pacífico Occidental.

A guerra en Europa concluíu coa invasión de Alemaña por parte dos Aliados Occidentais e da Unión Soviética, culminando na captura de Berlín e a subsecuente rendición incondicional de Alemaña o 8 de maio de 1945. Trala Declaración de Potsdam dos Aliados o 26 de xullo de 1945 e o rexeitamento do Xapón da rendición baixo os seus termos, os Estados Unidos lanzaron bombas atómicas nas cidades xaponesas de Hiroshima e Nagasaki o 6 e o 9 de agosto respectivamente. Cunha inminente invasión do arquipélago xaponés, a posibilidade de novos bombardeos atómicos e a declaración de guerra da Unión Soviética e a invasión de Manchuria, o Xapón rendeuse o 15 de agosto de 1945.

A segunda guerra mundial alterou os aliñamentos políticos e a estrutura social do mundo. Estableceuse a Organización das Nacións Unidas co obxectivo de fomentar a cooperación internacional e previr conflitos futuros semellantes, e as grandes potencias mundiais vitoriosas —os Estados Unidos, a Unión Soviética, a China, o Reino Unido e Francia— convertéronse en membros permanentes do seu Consello de Seguridade. A Unión Soviética e os Estados Unidos xurdiron como superpotencias mundiais, preparando o escenario da guerra fría que duraría 46 anos. Ó mesmo tempo a influencia mundial das potencias europeas diminuíu considerablemente, dando lugar a descolonización de Asia e África. A maioría de países que viron a súa industria danada pola guerra comezaron diversos esforzos para unha recuperación económica, e a integración política, especialmente en Europa, xurdiu como un esforzo para atallar conflitos evitando posibles guerras e co obxectivo de crear unha identidade común europea.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.