Alejandra Murguía

Alejandra Martínez-Murguía de Castro, máis coñecida como Alejandra Murguía, nada en Santiago de Compostela o 12 de maio de 1859 e finada na Coruña o 22 de marzo de 1937,[1] foi unha debuxante galega.

Alejandra Murguía
Alexandra Murguía de Castro
Alejandra.
Nacemento12 de maio de 1859
 Santiago de Compostela
Falecemento22 de marzo 1937 (77 anos)
 A Coruña
SoterradaA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndebuxante
PaiManuel Murguía
NaiRosalía de Castro
IrmánsOvidio Murguía Castro

Traxectoria

Foi a filla máis vella de Manuel Murguía e Rosalía de Castro (que casaran o 10 de outubro de 1858 na igrexa de San Ildefonso de Madrid)[2] e afillada de Alejandro Chao.[3] Alejandra foi, canda Serafín Avendaño, mestra do seu irmán, o pintor Ovidio Murguía.

Rexeitou unha praza de restauradora no Museo do Prado. Colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, na que deseñou a cabeceira que se empregou dende o 20 de xullo de 1879.[4][5]

Finou solteira e sen descendencia.

Galería de imaxes

Debuxo da súa nai Rosalía de Castro.
Debuxo da súa nai Rosalía de Castro
Placa na casa en que naceu, en Santiago.
Placa na casa en que naceu, en Santiago. 
A familia Murguía-Castro en 1883 ou 1884, Alejandra é a da dereita de todo.
A familia Murguía-Castro en 1883 ou 1884, Alejandra é a da dereita de todo. 

Notas

  1. Mayoralgo y Lodo, José Miguel de. Movimiento nobiliario. Año 1937
  2. Sixto Seco (1985) "Achegamento médico-antropolóxico á personalidade de Rosalía" p. 61.
  3. Martínez González, Xurxo (2014) "La Oliva. A ponte entre dúas xeracións" en Madrygal, 2015
  4. La Ilustración Gallega y Asturiana do 20 de xullo de 1879 con cabeceira de Alejandra Murguía.
  5. La catedral de Santiago: Detalles del Pórtico de la Gloria LIGyA, 10/12/1879.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Rosalía de Castro (1837-1885)
Obra
Familia
Lugares

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.