Aldea

Unha aldea ou lugar é unha división xeográfica correspondente a unha unidade de poboación. As aldeas integran a parroquia e estas o concello, e están constituídas polos barrios ou lugares.

Cita de Castelao sobre as aldeas en Sempre en Galiza:

Baredo, Baiona
Aldea de Cancelo, na parroquia de Baredo, no concello de Baiona.

Demograficamente, Galicia caracterízase pola súa alta taxa de dispersión demográfica, o que, xunto a un elevado número de poboacións, fai que un 50% das entidades de poboación de España se atopen en Galicia, ocupando só o 5,8% da superficie total. Así, calcúlase que en Galicia existen un millón de topónimos e microtopónimos a maioría destes ligados a aldeas e lugares espallados por toda a xeografía do país.[1] Outros expertos elevan este número ata uns tres millóns, é dicir, Galicia conta con máis topónimos que habitantes.[2]

Nas últimas décadas Galicia vén sufrindo unha sangría de poboación rural que marcha cara as cidades, quedando a miúdo as aldeas do rural baleiras. Segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE), no ano 2007 o país tiña 1.261 lugares abandonados (sen un só habitante censado); no ano 2006 eran 1.183; en 2000 apenas superaban o millar. Ademais hai uns 1.700 lugares que só contan con un a tres veciños.[3]

SantaMariña
Aldea de Santa Mariña na parroquia de Graba, concello de Silleda

Refraneiro popular

  • A aldea Dio-la dea.
  • A aldea empobrece, embilece e embrutece.
  • A peneira de María a tola anda a aldea toda.
  • Comprar a ricos na vila e vender a probes na aldea non é pra ter a casa chea.
  • Mozo de vila, regalo de aldea, Dios che llos de a quen os desea.
  • O da aldea, pola cidá non pasea.
  • Padriño de voda e alcalde de aldea, quen queira ser que o sea.
  • Parente na aldea, pra quen o desea.
  • Paxaro na aldea e reloj na poboación é unha equivocación.
  • Por mal que che va, vive na cidá. A aldea Dio-la dea.
  • Vale máis can da vila que rico da aldea.

Notas

  1. Microtoponimia[Ligazón morta], artigo de Manuel Bragado en Xornal.com.
  2. Gonzalo Navaza: “En Galicia hai máis topónimos ca habitantes”
  3. IGE, La Voz de Galicia, 8.07.2008.

Véxase tamén

Outros artigos

A Fontaneira, Baleira

Santiago da Fontaneira é unha parroquia do concello de Baleira. Os seus 102 habitantes distribúense en 8 entidades de poboación: O Estornín (9), A Fontaneira (25), Pandelo (8), A Pasada (14), O Sesto (6), O Trabeiro (7), O Vilar dos Adrios (21) e Xestoso (12) no 2013.

A Meda, Castroverde

Santiago da Meda é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 92 habitantes (43 homes e 49 mulleres), distribuídos en dúas entidades de poboación.A Meda que ten 68 habitantes (32 homes e 36 mulleres) e Córneas que ten 24 (11 homes e 13 mulleres),son 50 habitantes menos que no ano 2000,cando tiña 142.

A aldea da Meda encóntrase a 7,6 km da capital do municipio, e a 560 metros de altidude sobre o nivel do mar, Córneas está a 8 km de Castroverde e a 600 metros de altitude.

A parroquia conta con 48 vivendas 39 na Meda e 9 en Córneas.

Aldea (homónimos)

O termo Aldea pode referirse a:

Aldea, división xeográfica correspondente a unha unidade de poboación;

Aldea global, expresión usada para referirse á comunicación mundial contemporánea;Como topónimo pode referirse a:

Aldea, lugar da parroquia de Meixigo no concello de Cambre;

Aldea, lugar da parroquia de Bexán no concello de Cospeito;

Aldea, lugar da parroquia de Momán no concello de Cospeito;

Aldea, lugar da parroquia de Gondel no concello de Pol;

Aldea, lugar da parroquia de Milleirós no concello de Pol;

Aldea, lugar da parroquia de Belesar no concello de Vilalba;

A Aldea lugar da parroquia de Arbo no concello de Arbo;

A Aldea lugar da parroquia de Barcela no concello de Arbo;

A Aldea lugar da parroquia de San Xusto de Cabarcos no concello de Barreiros;

A Aldea lugar da parroquia de Baldomar no concello de Begonte;

A Aldea lugar da parroquia de Begonte no concello de Begonte;

A Aldea lugar da parroquia de Illán no concello de Begonte;

A Aldea lugar da parroquia de Uriz no concello de Begonte;

A Aldea lugar da parroquia de Cortiñán no concello de Bergondo;

A Aldea lugar da parroquia do Couto no concello da Cañiza;

A Aldea lugar da parroquia de Valeixe no concello da Cañiza;

A Aldea lugar da parroquia de Artes no concello de Carballo;

A Aldea lugar da parroquia de Santa Locaia no concello de Castro de Rei;

A Aldea lugar da parroquia de Xermar no concello de Cospeito;

A Aldea lugar da parroquia de Filgueira no concello de Crecente;

A Aldea lugar da parroquia de Covas no concello de Ferrol;

A Aldea lugar da parroquia de Visuña no concello de Folgoso do Courel;

A Aldea lugar da parroquia de Bardaos no concello do Incio;

A Aldea lugar da parroquia de Mántaras no concello de Irixoa;

A Aldea lugar da parroquia de Gaxate no concello da Lama;

A Aldea lugar da parroquia de Xende no concello da Lama;

A Aldea lugar da parroquia de Figueiras no concello de Mondoñedo;

A Aldea lugar da parroquia de San Vicente de Trigás no concello de Mondoñedo;

A Aldea lugar da parroquia de Cerdeira no concello das Neves;

A Aldea lugar da parroquia das Neves no concello das Neves;

A Aldea lugar da parroquia de Santiago de Ribarteme no concello das Neves;

A Aldea lugar da parroquia de Vide no concello das Neves;

A Aldea lugar da parroquia de Burgueira no concello de Oia;

A Aldea lugar da parroquia de Dexo no concello de Oleiros;

A Aldea lugar da parroquia de Corme Aldea no concello de Ponteceso;

A Aldea lugar da parroquia de Trado no concello de Pontedeva;

A Aldea lugar da parroquia de Santo André de Penosiños no concello de Ramirás;

A Aldea lugar da parroquia de Cedeira no concello de Redondela;

A Aldea lugar da parroquia de Soutordei no concello de Ribas de Sil;

A Aldea lugar da parroquia de Alxén no concello de Salvaterra de Miño;

A Aldea lugar da parroquia de Santa Comba no concello de Santa Comba;

A Aldea lugar da parroquia de Piñeira no concello de Taboada;

A Aldea lugar da parroquia de Estás no concello de Tomiño;

A Aldea lugar da parroquia de Forcadela no concello de Tomiño;

A Aldea lugar da parroquia de Sobrada no concello de Tomiño;

A Aldea lugar da parroquia de Taborda no concello de Tomiño;

A Aldea lugar da parroquia de San Vicente de Leira no concello de Vilamartín de Valdeorras;

A Aldea lugar da parroquia de Bodaño no concello de Vila de Cruces.

A Aldea lugar da parroquia de Mormentelos no concello de Vilariño de Conso;

A Aldea lugar da parroquia de Faro no concello de Viveiro;

A Aldea lugar da parroquia de Piñeiro no concello de Xermade;

A Aldea da Bouza, lugar da parroquia de Besomaño, no concello de Ribadumia;

A Aldea da Fonte, lugar da parroquia de Lamas, no concello de Moraña;

Aldea de Acá lugar da parroquia de Rebordechán no concello de Crecente;

Aldea de Alá lugar da parroquia de Rebordechán no concello de Crecente;

A Aldea de Atrás lugar da parroquia do Bispo no concello de Monterroso;

A Aldea de Deva lugar da parroquia de Pontedeva no concello de Pontedeva;

A Aldea de Randufe lugar da parroquia das Achas no concello da Cañiza;

A Aldea do Medio lugar da parroquia de Cea no concello de Vilagarcía de Arousa;

Aldea Ferreiro, lugar da parroquia de Santa Baia de Berredo no concello da Bola;

A Cima de Aldea, lugar da parroquia de Toiriz, no concello de Vila de Cruces.

Boborás

Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003). Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial.O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boborao ou boborés.

Corme Aldea, Ponteceso

Santo Adrán de Corme Aldea é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 284 habitantes (138 homes e 146 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 475 habitantes.

Costantín, Baralla

Santa María de Costantín é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 119 habitantes (60 mulleres e 59 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 101 habitantes, sendo 48 homes e 53 mulleres.

Constantín debe o seu nome ó río que a baña, pequeno regato que circula entre prados e brañas así como fentos e demais vexetación típica dos bosques de castiñeiros. Preto do centro da aldea atópanse dous castiñeiros que contan con máis dun século de idade.

Pódense ver aguias sobrevoando os prados e bosques maioritariamente formados por castiñeiros e carballos que dan acubillo a multitude de pequenos animais coma esquíos, ratos de campo, e outros. A dous quilómetros da aldea tense visto corzos en zonas húmidas con charcos que actúan coma abrevadeiros en épocas de calor.

Fraiás, Abadín

San Pedro de Fraiás é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Tiña 55 habitantes en 2015 (29 homes e 26 mulleres) segundo datos do IGE, cunha densidade media de 15,11 hab/km². Iso supón un aumento da poboación respecto a 2014 cando tiña 54 habitantes (29 homes e 25 mulleres), e 35 habitantes menos que en 2004.

Graba, Silleda

Santa María de Graba é unha parroquia do concello de Silleda na comarca de Deza provincia de Pontevedra. Situase no Val do río Toxa, o seu topónimo procede das minas usadas na zona desde a romanización de Galicia para extraer varios materiais, entre eles a grava[Cómpre referencia]. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 246 habitantes (122 homes e 124 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación.

Illa de Sálvora

A Illa de Sálvora está situada na boca da ría de Arousa. Pertence na actualidade á parroquia de Aguiño (concello de Ribeira), creada no ano 1959. Anteriormente a illa dependía da parroquia de Carreira, a que fora durante moitos séculos a parroquia máis poboada e rica da comarca, así como a máis antiga. Xunto cos illotes Vionta, Herbosa e Noro e as Sagres forma o arquipélago de Sálvora, integrado xunto cos de Cíes, Ons e Cortegada no Parque nacional das Illas Atlánticas no ano 2002.

Durante anos estivo poboada e tivo actividade agrícola, gandeira e pesqueira, pero está case deserta desde 1972. Na illa, que foi de titularidade privada ata 2007, atópanse, amais da aldea, oito hórreos, un lavadoiro e a fonte da Telleira ou de Santa Catarina, un almacén de finais do século XVIII ampliado cara 1963 con dúas torres con aire de pazo, unha antiga taberna reconvertida en capela, un faro, un peirao, un cruceiro, dous muíños e a estatua dunha serea. A parte do interior da ría conta con areais frecuentados por mergulladores deportivos.

Lousame

Lousame é un concello galego situado no suroeste da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2017) ten 3.447 habitantes (1.681 homes e 1.766 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é lousamán.

É un concello principalmente agrario. Está dividido en 7 parroquias e a el pertencen 75 núcleos de poboación.

Martín, Baleira

Santiago de Martín é unha parroquia do concello lugués de Baleira, pertencente ao arciprestado de Luaces. A súa altitude media é de 400 metros.

Mor, Alfoz

San Pedro de Mor é unha parroquia do concello de Alfoz. No ano 2010 tiña 555 habitantes (276 homes e 279 mulleres), distribuídos en 15 entidades de poboación, cunha densidade de 147'6 hab/km². Acolle a aldea da Seara, o principal núcleo do concello de Alfoz dende 1990, e onde vive a cuarta parte da poboación do municipio.

Limita ao norte coa parroquia de Ferreira (O Valadouro), ao sur e ao oeste con Lagoa e ao leste co Castro de Ouro.

Moral

Para o artigo sobre a aldea, véxase Moral, Noceda, As Nogais

A moral (do latín mos, mores, "costumes") é un conxunto de normas ligadas ao comportamento das persoas en tanto que son membros dunha sociedade, relixión, cultura etc. A moral é unha forma de comportamento humano que comprende un aspecto normativo (unhas regras de acción) e un aspecto fáctico (actos que veñen de axustarse nun sentido ou noutro a devanditas regras).

A moral ten unha dobre vertente, social e individual. É social porque só se dá en comunidade, xa que depende dunhas necesidades sociais e cumpre unha función social. É individual porque as persoas interiorizan as normas recibidas e manteñen un certo grao de adhesión (e rexeitamento) ás normas establecidas e sancionadas pola comunidade.

Un acto moral é a manifestación concreta do comportamento moral dos individuos. Ten carácter consciente e voluntario e supón unha participación libre do individuo na súa realización.

O Hío, Cangas

Santo André do Hío é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Cangas. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 2.938 habitantes (1.478 homes e 1.460 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.885 habitantes.

País

Para coñecer sobre a historia do desenvolvemento dos estados nacionais modernos, ver estado. Ver estado, para unha definición segundo o dereito internacional.

Un país (do francés pays, procedente do latín pagus, -i, ‘aldea, distrito’), ou estado nacional, é unha área xeográfica e unha entidade politicamente independente, co seu propio goberno, administración, leis, a maior parte das veces unha constitución, policía, forzas armadas, leis tributarias, e un grupo humano. Tamén é un país un territorio que constitúe unha nación, ou incluso unha rexión ou bisbarra (País do Loira). Un exemplo de país é Galicia.

Moitas veces, partes dun estado nacional cunha historia ou cultura diferentes son chamados países: Gales e Escocia son ás veces chamados países, inda cando non son estados nacionais, senón máis ben nacións.

Os termos país, nación, estado e terra acostuman ser utilizados coma sinónimos, mais nun uso máis estrito deben ser distinguidos:

país é unha área xeográfica.

nación designa á xente, porén nacional e internacional refírense tamén ao que son estritamente estados, como en capital nacional e lei internacional.

estado é acerca do goberno, unha entidade na lei internacional.

terra pode ser usado como "un país e a súa xente" pero tamén como un país pertencente a unha nación ou a un monarca.

Ribela, A Estrada

Santa Mariña de Ribela é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña 178 habitantes (93 mulleres e 85 homes), distribuídos en 10 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 255 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 300 persoas. Nos vinte anos que van de 1986 a 2006 a poboación pasou de 255 a 194 persoas, o cal significou unha perda do 23,92%. No ano 2019 a poboación é de 135 habitantes.

Destaca por exemplo a Igrexa de Santa Mariña de Ribela, que data do ano 1865. En Ribela é de grande importancia a presenza do río Umia, no que verte as súas augas o regueiro de Esqueiro e o fai en forma de fervenza, no lugar de Aldea Grande.

Destacar tamén a presenza do Outeiro de Trabadela, do Castro de A Aldea Grande e do Castro de Entrecastrelo (36017038), coñecido tamén como Castro de Ribela, Castro de Parada ou Castro de Eira dos Mouros, no que aínda se conservan restos de recintos amurallados e da porta de entrada, ademais de contar cuns petróglifos. Desde o mesmo castro pódense desfrutar de vistas de A Estrada e de Santiago.

Santalla de Ozcos

Santalla de Ozcos (en español e oficialmente Santa Eulalia de Oscos, segundo a norma da Academia de la Llingua Asturiana Santaya d'Ozcos) é un concello de Asturias. Limita ao norte con Vilanova de Ozcos, ao oeste coa Fonsagrada e ao leste con San Martín de Ozcos e Grandas de Salime. O concello cobre unha superficie de 47 km² e contaba cun total 564 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 12 h/km². Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Tribo

Unha tribo é un conxunto de persoas que proceden xeralmente dunha familia ou da asociación de varias familias, que habitan un poboado ou aldea nun territorio xeográfico definido, que están dirixidas polas persoas maiores (xefes ou patriarcas). Os humanos que compoñen unha tribo adoitan ser da mesma raza, crenzas e costumes. As tribos xorden no neolítico e tras a asociación das primeiras tribos nas cidades xorden as civilizacións.

Vila

Unha vila é un núcleo de poboación dun tamaño intermedio entre a aldea, ou poboación, e a cidade, trátase dunha poboación que recibiu ao longo da historia certos recoñecementos explícitos, como determinados privilexios (por exemplo, o de celebrar feiras) da autoridade recoñecida, pero que, por razóns diversas, tampouco lle foi concedida a categoría superior, a de cidade. Nalgúns casos existen documentos antigos, sobre todo medievais e da Idade Moderna, que a categorizan como vila; noutros casos é o mesmo uso, derivado do costume popular, que a denomina sempre como vila pola súa importancia dentro da súa contorna. Dotada dunha economía na que o sector terciario (comercio e servizos) ten unha importancia como mínimo razoábel.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.