Alcouve

Un alcouve, sementeiro ou pebideiro é un lugar onde se botan as sementes de certas plantas e onde se crían estas durante un curto período de tempo, para seren logo transplantadas xeralmente a un viveiro. Tamén pode denominarse sementeiro ou pebideiro ao lugar onde se gardan as sementes.

É unha área de terreo preparado e arranxado especialmente para botar as sementes co obxectivo de que estas grelen ou xermolen nas mellores condicións e coidados, de xeito que medren sen dificultade até que a plantiña estea pronta para o transplante.

O alcouve é o sitio axeitado para que a semente inicie a súa primeira fase de desenvolvemento. Despois a planta medrará e será transplantada ao terreo definitivo.

Hotbed (PSF)
Alcouve para horta ou xardín.

Tipos de alcouve

Segundo a área de terreo e material dispoñíbel poden ser:

Alcouves portátiles:

Aqueles que poden ser trasladados dun lugar a outro segundo a necesidade; utilízanse para pequenas sementeiras e poden ser construídos en caixóns, caixas de madeira ou de plástico, saquetas de polietileno ou outro material fácil de transportar. As súas dimensións aproximadas son: 50 cm de longo, 35 cm de largo e 10 cm de fondura; cómpre que o caixón teña pequenos furados para permitiren o desaugamento.

Alcouves temporais ou transitorios:

Aqueles que se usan unha soa vez ou para curta duración; as súas dimensións aproximadas son: longo de acordo coa necesidade, largo 1.10 m, alto 20 cm.

Alcouves semipermanentes: Aqueles que que se utilizan para variar as culturas ou sementeiras; non son nin temporais nin fixos; contrúense facendo un cerrume de táboas ou tixolo nos bordos, e as súas dimensións aproximadas son: longo segundo a dispoñibilidade do terreo e material, largo 1,10 m, alto 20 cm.

Alcouves permanentes ou fixos: Son aqueles utilizados de xeito permanente; os bordos constrúense en cemento e bloques, o fondo é de se construyen con cemento y bloque, o fondo vai con pellets a xeito de peneira, para facilitar a drenaxe.

Importancia dos alcouves

Permiten un mellor aproveitamento e rendemento por metro cadrado nas plantacións, xa que garanten unha mellor escolla de sementes, polo que se aumenta a produtividade da colleita. facilita a actividade agrícola familiar. Ademais son moi importantes nalgúnhas especies vexetais de hortalizas con sementes moi miúdas, como a leituga, a cebola ou o tomate, que deste xeito non se sementan no agro senón que se transplantan, acadando deste xeito un bo desenvolvemento no seu primeiro período de vexetación.

Labores culturais

Os labores culturais abranguen un conxunto de actividades conexas coas agrícolas que se realizan dende a sementeira, e continúan durante a xerminación até o transplante ao local definitivo. Estes labores son: rega, control de malas herbas, control de pragas, pestes e doenzas.

Véxase tamén

Camelia do Xapón

A camelia do Xapón ou xapoeiro (Camellia japonica) é a especie más coñecida do xénero Camellia. Chamada simplemente camelia ou roseira de inverno, é un arbusto procedente de oriente pertencente á familia Theaceae. Moi común nos xardíns de Galicia, tense chamado a flor das Rías Baixas. É tamén a flor oficial do estado de Alabama nos Estados Unidos.

Camellia

Camellia é un xénero de plantas da familia Theaceae que producen as flores coñecidas como camelias. O xénero Camellia inclúe moitas plantas ornamentais e a planta do té.

A Camellia japonica é moi cultivada como especie ornamental en Galicia e, moi particularmente nas Rías Baixas, onde a climatoloxía e acidez do solo favorecen o seu cultivo e inducen unha longa floración.

Espinaca

A espinaca (Spinacia oleracea) é unha planta cultivada da familia Amaranthaceae, anteriormente incluída na familia Chenopodiaceae.

Trátase dunha planta anual cultivada como verdura polas súas follas comestíbeis, grandes e de cor verde moi escura. Semella que a súa orixe é asiática, persiana, foi introducida na península ibérica polos árabes no século XI, espallándose por toda Europa no século XV.

Cultívase durante todo o ano e se pode consumir fresca, cocida ou frixida. Ten un elevado valor nutricional e carácter regulador, polo seu alto contido en auga e riqueza en vitaminas e minerais.

O cultivo desenvólvese fundamentalmente ao ar libre en regadío. Non necesita de coidados excesivos para gozarmos de todas as súas propiedades.

A espinaca pódese clasificar segundo dous criterios:

-Segundo a época de recolección atoparemos variedades de verán e de inverno.

-Segundo a forma da folla, poden ser rizadas ou lisas.

Olmo mediterráneo

O olmo mediterráneo, tamén coñecido como ulmeiro mediterráneo e umeiro, (Ulmus minor) é unha árbore caducifolia da familia das Ulmaceae. Abunda preto dos ríos, sendo un olmo pouco común en Galiza; onde aparece máis frecuentemente o olmo de montaña (Ulmus glabra).

Pazo de Castrelos

O Pazo de Castrelos é unha casa señorial que se atopa no parque do mesmo nome, na parroquia de Castrelos, en Vigo.

Declarado monumento histórico artístico dende 1955. O edificio data do século XVII.

Na actualidade pertence ao concello de Vigo e é sede do Museo Municipal Quiñones de León, no que destaca a presenza de coleccións de arqueoloxía e arte galega.

Pexegueiro (árbore)

O pexegueiro (Prunus persica), é unha árbore decidua nativa da China, onde se cultivou por vez primeira. O seu froito é comestíbel e suculento: o pexego. O nome da especie, 'persica' refírese a que foi amplamente cultivado en Persia, de onde foi introducido en Europa. Pertence ao xénero Prunus que inclúea cerdeira, ou a ameixeira, da familia das rosáceas. O pexegueiro clasifícase xunto á amendoeira no subxénero Amygdalus, que se distingue dos outros por ter a carabuña (onde fica nas sementes) brugosa.

Pexegos e nectarinas están estreitamente relacionados, malia que comercialmente se vendan coma froitos diferentes. As nectarinas son de feito a mesma especie ca os pexegos, mais estes teñen a tona aveludada. Estudos xenéticos demostran que as nectarinas prodúcense por un alelo recesivo, mentres que os pexegos prodúcense polo alelo dominante que dá a tona aveludada.China é o maior produtor mundial de pexegos e nectarinas [Cómpre referencia]. En Galicia véñense cultivando dende antigo como amosa a toponimia: Pexegueiro, aínda que pode que en menor medida ca outras froiteiras como maceiras ou cerdeiras. Pexegueiro é tamén un apelido galego.

Planta de interior

As plantas de interior son as plantas ornamentais cultivadas en vasos, testos ou xardineiras, destinadas á ornamentación das casas, locais, escritorios, empresas, salas de exposicións etc. Trátase de plantas que pertencen a familias botánicas moi diversas, apañadas ao longo dos séculos polo seu interese decorativo, pola súa capacidade de adaptación a un medio particular, a miúdo con luz insuficiente, ás veces con sobrecalefacción e deshidración, e polo seu cultivo e mantemento doados. Tamén son plantas que purifican o ar e teñen un efecto psicolóxico favorábel. As plantes utilizadas con esta finalidade son practicamente sempre de orixe tropical ou subtropical.

Poden agruparse recreando ambientes selváticos, en invernadoiros e miradoires de vidro; xeito moi habitual na época vitoriana.

Repolo

O repolo (Brassica oleraceae var. capitata) é unha variedade de col, planta comestible da familia das brasicáceas. É unha herbácea bienal, cultivada como anual, cuxas follas poden ser ovais, oblongas ou lisas e forman unha cabeza moi característica.

As diferentes variedades foron obtidas a partir da especie brava, coñecida xa desde hai séculos, a través dos cruzamentos e da selección para as adaptar a condicións climáticas diferentes.

Emprégase moito na gastronomía galega, especialmente polo inverno, en caldos e cocidos.

Segorella

A segorella (Satureja hortensis L.) é a especie máis coñecida das especies do xénero Satureja. É unha planta anual, semellante no uso e en sabor á perenne Satureja montana.

Sementeira

Este artigo trata sobre a actividade agrícola, para a cantiga popular véxase A sementeira.

Sementeira é o proceso de colocar sementes, co obxectivo de xermolar para desenvolveren plantas, tanto en alcouve coma na parcela final. Coñécese tamén cos nomes de bota, semente ou semeadura.

Para que a sementeira sexa efectiva cómpre seleccionarmos sementes de boa calidade. As sementes deben ser sas e estaren ceibas de elementos contaminantes. A sementeira ten sido unha necesidade do ser humano desde a idade prehistorica, xa que é a causa do fin do nomadismo e do comezo do sedentarismo.

Sequoia xigante

Sequoiadendron é un xénero de árbores pertencente á familia das Cupresáceas, tamén chamada Taxodiáceas. Este xénero ten unha soa especie, Sequoiadendron giganteum Buchh, a sequoia xigante. Sequoaidendron giganteum é unha das tres especies de coníferas coñecidas como sequoias, clasificada na subfamilia das Sequoioideae, xunto con Sequoia sempervirens (a sequoia común) e Metasequoia glyptostroboides (a sequoia do alba ou metasequoia).

Tabaco (planta)

Este artigo trata sobre a planta, para a manufactura ou droga véxase o artigo tabaco.

O tabaco (Nicotiana tabacum) é unha planta herbácea perenne, da familia das solanáceas, oriunda de América tropical e de cuxas follas se produce a meirande parte do tabaco consumido hoxe no mundo.

Viveiro (homónimos)

Viveiro pode referirse a:

Viveiro, lugar onde se fan xermolar as sementes, alcouve, sementeiro.

Viveiro, lugar onde se cultivan plantas novas para logo seren transplantadas.

Viveiro, ás veces por extensión denomínase así ao lugar onde se venden plantas ornamentais, centro de xardinaxe.

Viveiro, lugar onde se crían peixes, crustáceos, moluscos etc, criadeiro.

Viveiro (xardinaxe)

Un viveiro é o conxunto de instalacións agronómicas no que se plantan, xermolan, madurecen e endurecen todo tipo de plantas. Adóitaselle dar tamén o nome de viveiro aos establecementos comerciais que só venden plantas ornamentais(sen produción).

Álamo tremo

O álamo tremo ou álamo tremedor (Populus tremula), é unha árbore frondosa pertencente á familia das salicáceas, que se distingue doutras especies emparentadas polos longos pedúnculos que se moven co vento e lle dan o seu nome.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.