Alcobaça

Alcobaça[1] é unha cidade e concello portuguesa do distrito de Leiria. Ten unha área de 408,14 km²[2] e 56 693 habitantes (2011),[3][4] o segundo máis poboado da Comunidade Intermunicipal do Oeste e do distrito de Leiria, subdividido en 13 freguesías.[5] O concello limita polo norte co concello da Marinha Grande, polo leste con Leiria, Porto de Mós e Rio Maior, polo suroeste con Caldas da Rainha e polo oeste con Nazaré (que o rodea por tres lados), tendo dous anacos de costa atlántica, a noroeste e suroeste.

Coordenadas: 39°33′N 8°59′O / 39.550, -8.983

Alcobaça
Pt-acb3
ACB1
Mosteiro de Alcobaça (Portugal)
Mosteiro de Alcobaça
Localización
Alcobaça en Portugal

Alcobaça
Alcobaça
PaísPortugal Portugal
RexiónCentro
SubrexiónPinhal Litoral
DistritoLeiria
Xeografía
Superficie408,14 km²
Demografía
Poboación56 693 hab. (2011)
Densidade138,91 hab/km²
XentilicioAlcobacense
Outros datos
Código postal2460, 2461, 2475
AlcaldePaulo Inácio (PSD)
cm-alcobaca.pt

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alcobacense.
  2. Instituto Geográfico Português (2013). "Áreas das freguesias, municípios e distritos/ilhas da CAOP 2013". Carta Administrativa Oficial de Portugal (CAOP), versão 2013. Arquivado dende o orixinal (XLS-ZIP) o 09-12-2013. Consultado o 28 de novembro de 2013.
  3. INE (2012). Censos 2011 Resultados Definitivos – Região Centro. Lisboa: Instituto Nacional de Estatística. p. 117. ISBN 978-989-25-0184-0. ISSN 0872-6493. Consultado o 27 de xullo de 2013.
  4. INE (2012). "Quadros de apuramento por freguesia" (XLSX-ZIP). Censos 2011 (resultados definitivos). Consultado o 27 de xullo de 2013.
  5. Lei n.º 11-A/2013, de 28 de janeiro: Reorganização administrativa do território das freguesias. Anexo I. Diário da República, 1.ª Série, n.º 19, Suplemento, de 28/01/2013.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Afonso III de Portugal

Afonso III de Portugal, nado en Coimbra o 5 de maio de 1210 e finado en Lisboa o 16 de febreiro de 1279, alcumado O Boloñés por ter sido casado coa condesa Matilde II de Boloña e ter vivido naquela rexión, foi o quinto rei de Portugal. Afonso III era o segundo fillo do rei Afonso II e da súa muller Urraca de Castela, e sucedeu ao seu irmán Sancho II en 1248.

Cela

O termo Cela pode referirse a:

Cela, apelido de orixe galega;

Cela, pequeno cuarto ou dormitorio dun convento;

Cela, cuarto con medidas de seguridade dun cárcere;

Cela, cada un dos compartimentos de forma hexagonal que compoñen un panal;

Célula, a unidade estrutural e funcional mínima con vida.Como topónimo Cela pode referirse a:

En Galicia

Cela, parroquia do concello de Bueu;

Cela, parroquia do concello de Cambre;

Cela, parroquia do concello do Corgo;

Cela, lugar de dita parroquia;

Cela, parroquia do concello de Mos;

Cela, parroquia do concello de Outeiro de Rei;

A Cela, parroquia do concello de Lobios;

A Cela, lugar de dita parroquia;

Cela, lugar da parroquia de Agüeira, no concello de Becerreá;

Cela, lugar da parroquia de Cereixedo, no concello de Cervantes;

Cela, lugar da parroquia de Seixón, no concello de Friol;

Cela, lugar da parroquia de Mántaras, no concello de Irixoa;

A Cela, lugar da parroquia de Sendelle, no concello de Boimorto;

A Cela, lugar da parroquia de Chouzán, no concello de Carballedo;

Cela de Abaixo, lugar da parroquia de Padrenda, no concello de Padrenda;

Cela de Arriba, lugar da parroquia de Padrenda, no concello de Padrenda;

A Cela Vella, lugar da parroquia de Baredo, no concello de Baiona;

O Outeiro de Cela, lugar da parroquia de Mántaras, no concello de Irixoa.En Portugal

Cela, freguesía do concello de Alcobaça;

Cela, freguesía do concello de Chaves;

Cela, lugar da freguesía de Moledo no concello de Castro Daire.En Angola

Cela, municipio da provincia de Cuanza Sul.Como apelido pode referirse a:

Camilo José Cela, escritor galego (1916-2002);

Alfonso Cela Vieito, toureiro galego (1885-1932).Amais, como nome feminino: Cela

Dinheirosaurus

Dinheirosaurus ("lagarto de Porto Dinheiro") é un xénero de dinosauros saurópodos diplodócidos. Os seus restos encontráronse na sección superior (do Kimmeridgiano) dos estratos do Xurásico Superior da formación Camadas de Alcobaça en Porto Dinheiro, Lourinhã, Portugal. Os fósiles describíronos en 1999 Bonaparte e Mateus, despois de que os atoparan en 1987.

O material encontrado foi inicialmente asignado ao xénero da mesma época previamente descrito Lourinhasaurus debido a diversas semellanzas. Porén, posteriores análises revelaron que o fósil era unha clase diferente de saurópodo e foille asignado un xénero propio, Dinheirosaurus. Os dous xéneros foron durante certo tempo considerados como posibles sinónimos, pero a interpretación posterior de ambos os restos non deixou dúbidas sobre o seu status independente.

A especie tipo e única do xénero é Dinheirosaurus lourinhanensis, nomeada pola localidade portuguesa da Lourinhã.

Distrito de Leiria

O distrito de Leiria é un distrito portugués que se atopa dividido entre as provincias tradicionais da Beira Litoral e a Estremadura. Limita ao norte co distrito de Coimbra, ao leste co distrito de Castelo Branco e o Distrito de Santarém, ao sur co distrito de Lisboa e ao oeste co océano Atlántico. Abrangue unha área de 3.517 km², sendo así o 13º maior distrito portugués en extensión. Ten unha poboación residente de 459.450 habitantes (2006), e a súa capital é a cidade de Leiria.

Ten 148 freguesías distribuídas polos seus 16 concellos.

Estremadura, Portugal

Estremadura é unha antiga comarca ou provincia portuguesa estabelecida na Idade Media e extinta no século XIX, debendo o seu nome derivar do latín Extrema Durii (extremos do Douro), por designar os territorios adquiridos, durante a chamada Reconquista, no sur do Douro (a orixe etimolóxica da comunidade autónoma española homónima). Co avance cristián cara ao sur, a noción de Estremadura, como terra de fronteira, foi tamén alongándose, de tal forma que, no século XV, a Estremadura correspondía, grosso modo, ao que posterioremnte serían os distritos de Aveiro, Coimbra, Leiria, Lisboa, Santarém e Setúbal.

Ao longo da historia, os límites da Estremadura foron alterados moitas veces. No século XIX, cando deixou de ter significado administrativo, os seus límites correspondían, en xeral, aos posteriores distritos de Lisboa, Leiria, Santarém e Setúbal.

Gonçalo Byrne

Gonçalo Byrne, nado en Alcobaça en 1941, é un arquitecto portugués.

Henrique I de Portugal

Henrique I de Portugal, nado en Lisboa o 31 de xaneiro de 1512 e finado en Almeirim o 31 de xaneiro de 1580, foi un relixioso portugués, Rei de Portugal, tendo gobernado entre 1578 e a súa morte, 1580. Ás veces é chamado de Henrique II por algúns autores, en virtude de ser o segundo xefe de estado de Portugal chamado Henrique, téndose en liña de conta o Conde Henrique, por aqueles chamado Henrique I. É coñecido polos alcumes de O Casto (debido á súa función eclesiástica, que o impediu ter descendencia lexítima), O Cardeal-Rei (igualmente por ser eclesiástico) ou O Eborense/O de Évora (por ter sido tamén arcebispo daquela cidade e aí ter pasado moito tempo, e mesmo fundou a primeira Universidade de Évora, entregado á custodia dos Xesuítas), transformando Évora nun centro cultural importante.

Inés de Castro

Inés Pires de Castro, nada no reino de Galicia en 1320 ou 1325 na comarca da Limia e finada o 7 de xaneiro de 1355 en Coímbra,[Cómpre referencia] foi unha nobre galega amante e talvez esposa do futuro Pedro I de Portugal, sendo executada ás ordes do pai deste, Afonso IV.

Liber Sancti Iacobi

O Liber Sancti Iacobi é unha compilación de varios escritos da primeira metade do século XII, que inclúen sermóns, misas, oficios, cantos e milagres en honra ao apóstolo Santiago.

Montes

O topónimo Montes pode referirse a:

En Galicia

Montes, parroquia do concello de Campo Lameiro;

Montes, parroquia do concello de Cualedro;

Montes, lugar da parroquia de Vista Alegre, no concello de Santiago de Compostela;

Montes, lugar da parroquia de Licín, no concello do Saviñao;

Os Montes, lugar da parroquia de Cortapezas, no concello de Portomarín;

Os Montes, lugar da parroquia de Grixoa, no concello de San Amaro;

Montes Claros, lugar da parroquia de Vilaño, no concello da Laracha;

Os Montes Outeiros, lugar da parroquia de Corvillón, no concello de Cambados;

Comarca de Tabeirós - Terra de Montes, na provincia de Pontevedra;

Fornelos de Montes, concello da provincia de Pontevedra;

Fornelos de Montes, parroquia de dito concello;

A Madanela de Montes, parroquia do concello de Forcarei;

Parada dos Montes, parroquia do concello da Pobra do Brollón;

Parada dos Montes, lugar de dita parroquia;

Pereira de Montes, parroquia do concello da Merca;

Sabucedo de Montes, parroquia do concello de Cartelle;

A Casa dos Montes, lugar da parroquia da Granxa, no concello de Oímbra;

Forxás de Montes, lugar da parroquia de Seoane, no concello de Allariz;

Forxás de Montes, lugar da parroquia de Corvillón, no concello da Merca;

Horta de Montes, lugar da parroquia de Cospindo, no concello de Ponteceso;

Santa Baia de Montes, lugar da parroquia de Montes, no concello de Cualedro;

Soutelo de Montes, lugar da parroquia da Madanela de Montes, no concello de Forcarei;

Vilar de Montes, lugar da parroquia de Vilanova, no concello de Lalín.En PortugalMontes, freguesía do concello de Alcobaça.

Montes da Senhora, freguesía do concello de Proença-a-Nova.En VenezuelaMontes, municipio.Amais, como apelido pode referirse a:

Xoán Montes, compositor galego (1840-1899);Eugenio Montes, político e escritor galego (1900-1982);

Ramón Montes de Oca, músico e compositor mexicano (1953-2006);

Amparo Montes, cantante mexicana (1925-2002);

Andrés Montes, locutor deportivo español (1956-2009).

Mosteiro de Alcobaça

O Mosteiro de Santa Maria de Alcobaça, tamén coñecido como Real Abadía de Santa Maria de Alcobaça ou sinxelamente como Mosteiro de Alcobaça, é a primeira obra plenamente gótica erguida en chan portugués. Foi comezado en 1178 polos monxes do Císter. Está clasificado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e como Monumento Nacional, dende 1910, IPPAR. O 7 de xullo de 2007, foi elixido como unha das sete marabillas de Portugal. En 1834, os monxes foron forzados a abandonar o mosteiro, por mor do decreto de supresión de tódalas ordes relixiosas de Portugal, promulgado por Joaquim António de Aguiar, ministro dos negocios eclesiásticos e da xustiza do goberno da rexencia de Pedro, Duque de Bragança.

Nazaré

Este artigo trata sobre a vila de Portugal, para a vila de Israel véxase Nazaret, para a belga véxase Nazareth.

A Nazaré é unha vila portuguesa, pertencente ao distrito de Leiria, con cerca de 10.300 habitantes.

Pedro I de Portugal

Pedro I, nado en Coimbra o 8 de abril de 1320 e finado en Estremoz o 18 de xaneiro de 1367, foi o oitavo Rei de Portugal.

Mereceu o alcume de O Xusticeiro (xunto con O Cruel, O Cru ou O Vingativo), pola enerxía posta en vingar o asasinato de Inés de Castro.

Río Alcoa

O río Alcoa é un río portugués que nace enriba de Chiqueda, no concello de Alcobaça, no distrito de Leiria, chegando á cidade de Alcobaça a 7 km do nacemento, onde se xunta ó río Baça, desaugando no mar a 12 km de Alcobaça, preto de Nazaré.

Sete marabillas de Portugal

As Sete Marabillas de Portugal foron elixidas nunha votación popular que comezou o 7 de decembro de 2006 e que tivo unha duración de sete meses, feita vía internet, teléfono ou mensaxes de texto. Esta selección fíxose co apoio do Ministerio da Cultura de Portugal.

A escolla partíu dos 794 monumentos nacionais clasificados polo IPPAR, que foron reducidos primeiro a 77 monumentos e logo a 21 por un comité de especialistas, que tiveron en conta unha serie de criterios técnicos e culturais.

O día 7 de xullo de 2007 (o día sete do mes sete do ano sete), despois do voto de máis de 350.000 portugueses, fíxose pública a lista dos sete monumentos elixidos, que foron:

Castelo de Guimarães

Castelo de Óbidos

Mosteiro de Alcobaça

Mosteiro de Batalha

Mosteiro dos Xerónimos

Palacio da Pena

Torre de Belén

The Gift

The Gift é unha banda portuguesa de lounge, que fan un pop electrónico cun toque melódico.

Urraca de Castela

Urraca de Castela, nada en 1186 e finada en Coímbra o 30 de novembro de 1220 foi infanta de Castela e, dende 1211 até a súa morte, raíña consorte polo seu matrimonio con Afonso II de Portugal, era filla do rei Afonso VIII de Castela e da súa esposa, a raíña Leonor de Plantagenet. Foi nai dos reis de Portugal Sancho II e Afonso III.

Xoán I de Portugal

Xoán I de Portugal, nado en Lisboa o 11 de abril de 1357 e finado na mesma vila o 14 de agosto de 1433, foi rei de Portugal, fillo ilexítimo de Pedro I de Portugal con Teresa de Lourenço, filla do mercador lisboeta Lourenço Martins, aínda que durante moito tempo se sostivese que era de orixe galega. En 1364 foi consagrado Gran Mestre da Orde de Avis.

Foi alcumado o de Boa Memoria, pola lembranza positiva do seu reinado na memoria dos seus habitantes. Tamén é coñecido como o Bo ou o Grande.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.