Alcipreste dos illós

O alcipreste dos illós ou alcipreste calvo ou máis formalmente taxodio[1] (Taxodium distichum), é unha árbore conífera de folla caediza da familia das Taxodiáceas orixinaria do sueste dos Estados Unidos de América. É unha especie que se adapta moi ben aos medios húmidos: illós, grotos, brañas, encoros, lamazais etc. En Galiza atopámolo soamente coma especie ornamental nalgúns parques e xardíns públicos, especialmente na auga coma no Parque de Castrelos de Vigo. Os alciprestes dos illós do Xardín de Artime, en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), aparecen no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Alcipreste dos illós
Taxodium distichum
Formación de alciprestes dos illós

Formación de alciprestes dos illós
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)

Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Coniferophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Taxodiaceae
Xénero: Taxodium
Especie: T. distichum
Nome binomial
Taxodium distichum
(L.) Rich, 1810

Hábitat

O alcipreste dos illós, que é a árbore emblema de Luisiana, é orixinaria do cuadrante sueste dos Estados Unidos. Considérase a miúdo como o símbolo dos illós e lameiros do sur. Ademais de Luisiana, atopámolo en Carolina do Sur, en Illinois, en Mississippi, na Florida e en Texas.

Esta árbore aprecia os lugares asollados e os terreos asolagados, lameiros, brañas ou regularmente anegados. Medra nas beiras dos grandes ríos coma o Mississippi. Foi introducido en Europa no ano 1640. Nos terreos máis secos, está acompañado do carballo dos illós (Quercus palustris).

A especie vivía así mesmo en Europa hai 8 millóns de anos, como o indica un excepcional achado, de xullo de 2007, preto de Bükkábrány, no departamento de Borsod-Abaúj-Zemplén en Hungría. Trátase dun grupo de árbores do mioceno cuxa madeira non se fosilizou e se conservou nunha mina de lignito.[2]

Descrición

Conífera caducifolia. Pode acadar os 40 metros de altura, copa piramidal, pólas horizontais, follas aciculares de 1 por 0.1 cm, caedizas. Cultivado na rexión do Delta do Paraná, sobre o bordo de arroios, como protector contra a erosión hídrica. Boa madeira, textura fina e homoxénea, gran dereito e veado suave, Pe 0,510 kg/dm³. Madeira mol, liviá, doada de traballar. Para construción de vivendas, trabes e tirantes.

Notas

  1. Nomes galegos preferidos xunto a ciprés dos illós en Termos Esenciais de Botánica Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo – Universidade de Santiago de Compostela, 2002
  2. "La Comunidad » Zanganeando por las esquinas. » Un bosquecillo de ocho millones de años". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2007. Consultado o 09 de abril de 2013.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Metasequoia

Metasequoia é un xénero de árbores pertencente á familia das Taxodiáceas. Consta dunha soa especie, a falsa sequoia, sequoia do alba ou metasequoia (Metasequoia glyptostroboides). A metasequoia é unha árbore que se desenvolve axiña, orixinaria de Sichuan-Hubei, rexión da China. É a única especie viva no xénero, mais se coñecen tres especies fósiles. Cómpre non confundila coas outras dúas especies de sequoias, coas que integra a subfamilia Sequoideae: a sequoia xigante (Sequoiadendron giganteum) que acada alturas de até 85 m e mais a sequoia común (Sequoia sempervirens), que é a conífera máis alta que existe, chegando a acadar máis de 115 m de altura.

Parque de Castrelos

O Parque de Castrelos, coñecido tamén coma Finca da Marquesa ou Parque Municipal Quiñones de León, é un gran parque situado en Vigo que corresponde á antiga quinta do Pazo de Castrelos, hoxe sede do Museo Quiñones de León. Porén, Castrelos abrangue unha extensión máis ampla fóra dos xardíns do pazo. Ocupa unha superficie total de 24.3 hectáreas, no que se atopan, ademais do pazo e os seus xardíns históricos, variedade de espazos verdes, un auditorio, zonas boscosas etc. Todo plenamente harmonizado coma parque urbano Ten un gran valor paisaxístico e botánico polo que foi declarado Xardín Histórico e Ben de Interese Cultural en 1955. Na actualidade, é o maior parque da cidade, unha área de lecer e verdadeiro pulmón verde da grande urbe. Varias das súas árbores, como faias, tulipeiros, eucaliptos e camelias aparecen no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.

O pazo que hoxe acolle o museo Quiñones de León representa o esplendor barroco da arquitectura palaciana. Foi construído na segunda metade do século XVII. É un dos mellores exemplos da arquitectura palaciana galega.

Pazo de Cristal do Retiro

O Pazo de Cristal é un edificio construído no 1887 no madrileño Parque do Retiro, co gallo da Exposición das Illas Filipinas, celebrada ese ano.

Árbores senlleiras de Galicia

Unha árbore senlleira é unha árbore que, polas súas características extraordinarias ou destacábeis (tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza etc.) é considerada reliquia botánica, obxecto de respecto veciñal e con valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental. En Galiza aparecen no Catálogo galego de árbores senlleiras elaborado e regulado pola Xunta de Galicia dende o ano 2007 a través do Decreto 67/2007, do 22 de marzo coa finalidade de protexelas de riscos e ameazas, garantindo a súa conservación.

En Galiza salientan os carballos, castiñeiros, teixos e sobreiras como árbores autóctonas. Tamén aparecen moitas especies ornamentais como camelias, sequoias ou alciprestes.

Á hora de seleccionar os exemplares ou formacións senlleiras estúdase a idade dos exemplares, relevancia cultural (criterios históricos e tradicionais), valor estético (criterios estéticos e dendrométricos), rareza (criterios biolóxicos e ecolóxicos) na súa situación ou na súa distribución (criterios de situación) etc.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.