Alce

O alce ou ante (Alces alces) é o máis grande dos cérvidos. Pode chegar ata 2 m de altura e 800 kg de peso. A cor vai do castaño grisallo ao negro; a cor do fociño e as patas é máis clara. Os machos distínguense doutros cérvidos polos seus grandes cornos en forma de pa e ramiformes. Aliméntase de follas e gromos novos, sobre todo de bidueiros e sabugueiros, e plantas acuáticas no verán. No inverno comendo cortizas de árbores e raíces. Pasa gran parte do tempo preto ou dentro da auga e é un bo nadador. Habita en América do Norte, Escandinavia, Rusia e Siberia. En Europa estivo en risco de se extinguir, pero na actualidade está a se expandir de novo.

Alce
Macho

Macho

Femia

Femia

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)

Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Cervidae
Subfamilia: Capreolinae
Xénero: Alces
Gray, 1821
Especie: A. alces
Nome binomial
'Alces alces'
(Linnaeus, 1758)
Distribución do alce

Distribución do alce

Véxase tamén

  1. Henttonen, H., Stubbe, M., Maran, T. & Tikhonov A. (2008). "Alces alces". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 11 February 2009.
Alasca

Alasca (en inglés: Alaska, [əˈlæskə] (AFI), escoitar) é o Estado con máis superficie dos Estados Unidos de América situado na parte noroccidental do continente, limitando por terra só con Canadá (ó leste), e por mar co océano Pacífico (sur), océano Glacial Ártico (norte) e a confluencia de ambos os dous no estreito de Bering (oeste). A súa capital é Anchorage.

Comprado ó imperio ruso en 1867 por 7 millóns de dólares, é o territorio estadounidense con menor densidade de poboación de 0,42 hab/km², sendo o cuarto con menor poboación, tras Wyoming, Dakota do Norte e Vermont. e maior que os estados americanos de Texas, California e Montana xuntos (respectivamente o segundo, o terceiro e o cuarto máis extensos).

Estados Unidos tratou durante as primeiras décadas do século xx de mellorar as comunicacións (por exemplo de conectar Alasca co resto dos Estados Unidos por ferrocarril), e promover a colonización do val de Matanuska. Mais a segunda guerra mundial e as batallas navais nas illas Aleutianas co Xapón trocaron a política dos EUA nos asuntos de Alasca. Así, en 1942, construíuse en meses unha estrada de comunicación (a Autoestrada Alcan) para garantir a defensa do Territorio de Alasca, á vez que estableceron novas bases militares e se promoveron asentamentos civís. O final da guerra mundial e o comezo da guerra fría aceleraron a necesidade de integrar este territorio á Unión. Así, en 1959, Alasca foi á fin aceptado como 49° estado dos Estados Unidos de América.

O descubrimento de grandes depósitos petrolíferos permitiron un enorme crecemento económico en Alasca durante as últimas décadas, a pesar do illamento xeográfico e ás duras condiciones de vida. A maior fazaña do seu desenvolvemento foi a construción, a partir de 1974, do Trans-Alaska Pipeline, un oleoduto de 1.269 km que une a Baía de Prudhoe co porto de Valdez. Mais tamén o petróleo foi orixe de certos desastres, como o accidente ocorrido en 1989 do petroleiro Exxon Valdez, que encallou nas augas de Alasca e provocou unha marea negra que ten sido cualificada como un dos maiores desastres ecolóxicos da historia.

Artiodáctilos

Os artiodáctilos (Artiodactyla) son unha clásica orde de mamíferos ungulados caracterizados porque as súas extremidades rematan en catro dedos, e o peso do seu corpo recae nos dedos terceiro e cuarto (dos cales, polo menos apoian dous no chan) en contaste cos outros ungulados, os perisodáctilos, nos que o peso do corpo recae no terceiro dedo, na maior parte deles, ou totalmente neste, como nos équidos.

Unha das características máis distintiva do grupo é a forma do astrágalo, un óso do tornecelo, que ten unha estrutura de dupla polea, o que lle dá unha maior flexibilidade aos pés. Os aridodácilos habitan en todos os continentes, excepto na Antártida, aínda que os que se encontran en Australia foron introducidos polo ser humano.

Os artiodáctilos actuais (sen contar os taxons fósiles) inclúen 10 familias con ao redor dunhas 235 especies, moitas delas de grande importancia alimenticia, económica e cultural para os seres humanos, entre as que destacan camelos, llamas, porcos, hipopótamos, vacas, antílopes, cervos, xirafas, cabras etc.

O grupo, tal como se condidera aquí, exclúe aos cetáceos, aínda que recentes datos sobre as secuencias de ADN indican que comparten un antepasdado común con eles, polo que resulta que sería un grupo parafilético. Segundo moitos autores o grupo filoxeneticamente correcto sería o dos Cetartiodactyla (de Cetacea + Artiodactyla).

Black Elk

Heȟáka Sápa (Black Elk) (en galego Alce Negro), nado en decembro de 1863 e finado o 19 de agosto de 1950, foi un famoso Wičháša Wakȟáŋ (médico ou home santo) dos Oglala Lakota (Sioux). Foi un Heyoka e primo segundo de Cabalo Tolo.

Con 12 anos participou na batalla de Little Bighorn de 1876, e foi ferido na Masacre de Wounded Knee en 1890. Black Elk casou coa súa primeira muller, Katie War Bonnett, en 1892. Ela converteuse ó catolicismo e os seus tres fillos foron bautizados. Despois da morte da súa esposa en 1903, Black Elk tamén foi bautizado, tomando o nome de Nicholas Black Elk, e continuando como líder espiritual da tribo, xa que el no vía contradición entre as tradicións tribais e o cristianismo.

En 1905 volveu casar, cunha viúva con dúas fillas de nome Anna Brings White, e coa que tivo tres fillos máis. permanecendo con ela ata que morreu en 1941.

Cara a fin da súa vida, Black Elk contou a historia da súa vida e un bo número de rituais sagrados Sioux a John Neihardt e a Joseph Epes Brown para que fose publicado. As súas narracións obtiveron un considerable interese por parte do público.

Carreira de armamentos evolutiva

En bioloxía evolutiva, unha carreira de armamentos evolutiva é unha loita evolutiva entre conxuntos en competencia que de especies (ou tamén de xenes ou trazos) que coevolucionan, que desenvolven adaptacións e contraadaptacións uns contra outros, lembrando a unha carreira de armamentos, que se describe como un exemplo de retroalimentación positiva. Os conxuntos de xenes que coevolucionan poden estar en diferentes especies, como na carreira evolutiva entre predadores e presas (Vermeij, 1987), ou entre parasitos e hóspedes. Alternativamente, a carreira de armamentos pode establecerse entre membros dunha mesma especie, como no modelo de comunicación manipulación/resistencia nas vendas comerciais (Dawkins & Krebs, 1979) ou como unha evolución desbocada ou efectos Raíña Vermella. Un exemplo de carreira de armamentos evolutiva é o conflito sexual entre os sexos, a miúdo descrito co termo descontrol fisheriano. Thierry Lodé salientou o papel de tales interaccións antagonistas na evolución, que causaban desprazamentos de carácter e coevolución antagonista. A hipótese da escalada proposta por Geerat Vermeij fala dos conflitos máis xerais e estaba orixinalmente baseada no seu traballo sobre gasterópodos mariños fósiles.A coevolución non é necesariamente unha carreira de armamentos. Por exemplo, o mutualismo pode orixinar adaptacións cooperativas nunha parella de especies. Este é o caso de certos patróns de cores ultravioletas das flores, cuxa función é guiar as abellas ao centro da flor e promover a polinización. A coevolución é tamén por definición interespecífica; o que exclúe as carreiras de armamentos dos conflitos sexuais.

As carreiras de armamentos evolutivas poden incluso librarse entre humanos e microorganismos, como cando os médicos usan antibióticos, e os microorganismos evolucionan a novas cepas que son máis resistentes.

As carreiras de armamentos evolutivas a miúdo fan evolucionar un trazo só se é beneficioso comparado coa poboación de árbores. Por exemplo, se unha árbore ten unha mutación que a fai máis alta, terá unha vantaxe debido a que capta máis luz solar. Pero en canto outras árbores acaden a mesma altura, perde esa vantaxe. En canto aparece unha árbore máis alta, esta ten a vantaxe. Neste exemplo, o pico máis próximo do gráfico da paisaxe evolutiva móvese a medida que a poboación se aproxima a el. Outro exemplo de evolución desbocada na selección sexual son as cornamentas dos alces. Ter grandes cornamentas fai que un macho de alce teña máis probabilidades de atopar parella. De feito, ter grandes cornamentas é un requisito para aparearse. Como resultado, no alce evolucionan cornamentas que son incriblemente custosas de formar e manter, e loitar con elas. Ao final da estación reprodutora, a perda media de peso corporal nos machos é do 25% debido ás loitas entre eles para poder aparearse antes de que chegue o inverno.

Cebola

Cebola ( pronunciación ) ou ceboleira é o nome vulgar da planta cuxo nome científico é Allium cepa, L..É orixinaria de Asia Central. Durante a Idade Media empregábase tanto gastronomía como na farmacopea. En sistemas taxonómicos máis antigos pertencía á familia das Liliáceas e subfamilia das Alioídeas, mais os taxonomistas máis recentes inclúena na familia das Alliaceae. O termo refírese tamén ao seu bulbo, constituído por follas escamiformes, en capas. As súas flores están dispostas en forma de quitasol. As plantas novas, co bulbo pouco desenvolvido e sen flor, chámanse tamén co nome de cebolo ou ceboliño.

Para o seu cultivo precisa de solos ricos en materia orgánica, sans, profundos, soltos e non calcáreos. É unha planta que prefire climas temperados non húmidos.

O principal produtor de cebola é México. Cultivase principalmente nos países europeos do mediterráneo e tamén nos países árabes.

Ceboliño: existen dous tipos dos chamados ceboliños: Allium fistulosun e Allium schoenoprasun diferentes da Allium cepa.

Corno

Os cornos son apéndices da cabeza dalgúns mamíferos. Poden ter forma pontiaguda, como no boi, poden ser pequenos e cubertos de pel, como na xirafa, ou ser ramificados, como no alce.

Fantasia 2000

Fantasia 2000 é un filme musical e de animación americano producido por Walt Disney Feature Animation e realizado por Walt Disney Pictures. É o filme número trinta e oito da serie Walt Disney Animated Classics e a secuela do filme dos anos corenta Fantasia. Como o seu predecesor, o filme consiste na mestura de pezas animadas con pezas de música clásica. A banda sonora foi interpretada pola Chicago Symphony Orchestra dirixida por James Levine, coa excepción de The Sorcerer's Apprentice, a única peza que se repite en ámbolos dous filmes. Un grupo de coñecidas figuras do espectáculo introduce cada peza, como Steve Martin, Bette Midler, Penn & Teller, James Earl Jones, Quincy Jones e Angela Lansbury.

Finlandia

Finlandia ( pronunciación ) (en finés: Suomi, en sueco: Finland ( pronunciación )), oficialmente República de Finlandia ( pronunciación ) (en finés: Suomen tasavalta, en sueco: Republiken Finland) é un país nórdico situado no norte de Europa. O país fai fronteira polo oeste con Suecia, polo leste con Rusia e polo norte con Noruega. Polo oeste e polo sur está rodeada polo mar Báltico, que separa de Suecia e Estonia, atravesando o golfo de Finlandia. A capital e maior cidade do país é Helsinqui.

No ano 2009, Finlandia tiña unha poboación de 5,3 millóns de habitantes nunha área de 338.145 quilómetros cadrados. A meirande parte da poboación do país atópase no extremo sur, na costa do golfo de Finlandia e proximidades. Finlandia é o sexto país máis grande de Europa en termos de área, e conta cunha baixa densidade de poboación de 15,5 habitantes por quilómetro cadrado, o que o converte no país menos densamente poboado dentro da Unión Europea. A maioría dos finlandeses falan o finés como a súa lingua materna, a cal é unha das poucas linguas oficiais da Unión Europea que non descenden da familia indoeuropea. A segunda lingua oficial de Finlandia é o sueco, o cal é lingua materna dun 5,5% da poboación nacional.

Previamente Finlandia foi parte de Suecia e dende 1809 a 1917, cando obtivo a súa independencia, o país foi o autónomo Gran Ducado de Finlandia como parte da Rusia Imperial. Hoxe en día, Finlandia é unha república, parlamentaria e democrática. O país é membro das Nacións Unidas e da Unión Europea dende 1995. A economía de Finlandia é unha das máis prosperas do continente, baseándose nos importantes sectores de servizos así como de manufactura. No país existe un estado de benestar así como unha política altamente democrática e con niveis sumamente baixos de corrupción. O país conta co euro como moeda oficial dende o 28 de febreiro de 2002, substituído ao marco finlandés.

Lobo

O lobo gris (Canis lupus), coñecido sinxelamente como lobo, é o maior membro en liberdade pertencente á familia dos Cánidos. É un supervivente da idade de xeo orixinada durante o Plistoceno superior, hai uns 300.000 anos. A súa secuencia de ADN e máis os estudos sobre deriva xenética indican que o lobo gris comparte un devanceiro común co can doméstico (Canis lupus familiaris), sendo o seu parente máis achegado, malia ser esta afirmación rexeitada por algúns expertos, que sinalan grandes diferenzas no tocante á súa morfoloxía e comportamento. En liberdade foron identificadas un gran número de subespecies de lobo, aínda que o seu número exacto segue a ser un tema de debate. Os lobos son tipicamente superdepredadores nos ecosistemas nos que moran. Malia non seren tan adaptábeis como o son algúns dos seus parentes cánidos, os lobos lograron prosperar en fragas temperadas, desertos, montañas, tundra, taiga, pradeiras, e incluso zonas urbanas ou intensamente humanizadas, como é o caso de Galicia.

Tendo sido abondoso noutras épocas ao correr de Europa, Asia e Norteamérica, na actualidade a distribución do lobo no mundo minguou notabelmente por mor da destrución dos seus hábitats e da persecución sufrida polo ser humano. A pesar desta persecución, o estado do lobo no mundo é considerado pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) como pouco preocupante. A día de hoxe, os lobos son unha especie protexida en moitos lugares, aínda que segue a ser cazada como especie cinexética ou daniña noutros.

Nalgunhas culturas, como a galega, o lobo está moi presente na súa etnografía, debido ao vencello que une á presenza do lobo nas áreas rurais nas que até hai pouco vivía a meirande parte da poboación galega. A especie de lobo que habita en Galicia é o lobo ibérico.

Megaloceros

Os cervos do xénero extinto Megaloceros - (do grego: megalos + keras, literalmente "corno grande"); véxase tamén Lister (1987) - que foron achados a través da Eurasia do Plioceno até o Plistoceno superior, foron herbívoros moi expandidos durante as idades do xeo. A especie maior, M. giganteus, denominada comunmente como o "alce irlandés" ou "cervo xigante", é tamén a máis coñecida.

Moitos dos membros deste xénero eran animais grandes que preferían ambientes de pradeiras ou bosques abertos, con moitas especies cunha media de algo menos de 2 metros de altura até a cruz. Moitas especies mediterráneas, por outro lado, son exemplos clásicos de ananismo insular, como a especies da Sardeña (e tamén Córsega; ambas illas estiveron unidas durante a maior parte do Plistoceno) M. cazioti, que chegaría a 1 metro de alto. As varias especies do xénero cretense Candiacervus - a menor das cales, C. rhopalophorus só medía 65 cm de alto até os ombros - que ás veces son incluídas en Megaloceros como un subxénero.

Como se podería deducir do nome "alce irlandés", a especie maior tiña certa similitude morfolóxica cos actuais alces. Mais, demostrouse que isto era unha consecuencia do incremento de tamaño. En realidade, estaba máis emparentado cos actuais gamos (xénero Dama, de modo que Megaloceros foi parte dunha ampla radiación de finais do Neoxeno de parentes dos gamos dos cales só persisten dous taxóns na actualidade.(Lister et al. 2005, Hughes et al. 2006)

O número de especies no xénero Megaloceros é controversial: algunhas veces o xénero úsase de maneira moi restrinxida. No caso máis extremo, limítase a M. antecedens e M. giganteus, sendo as outras separadas en Praemegaceros (liñaxe europea) e Sinomegaceros (liñaxe de Asia oriental). Aínda que o último é probablemente válido como subxénero, o primeiro taxón require de máis investigación sobre as súas relacións con Megaloceros sensu stricto e con Candiacervus en particular.

Megaloceros giganteus

O alce irlandés (Megaloceros giganteus) ou cervo xigante irlandés, é unha especie extinta do xénero Megaloceros e un dos meirandes cervos que xamais existiron. A súa distribución abranguía toda Eurasia durante o Plistoceno, dende Irlanda até Siberia e a China. Unha forma relacionada da especie foi atopada na China, onde viviu no Plistoceno tardío. Os restos máis recentes desta especie foron datados hai 7 700 anos en Siberia. Malia que moitos dos esqueletos foron atopados en pantanos de Irlanda, o animal non era exclusivo de Irlanda e non estaba relacionado cos actuais alces ou uapitís. Por esta razón, o nome "cervo xigante" é empregado nalgunhas publicacións no canto de "alce irlandés". Un estudo suxeriu que o cervo xigante podería estar relacionado co cervo común (Cervus elaphus). Porén, outras análises filoxenéticas sosteñen a idea dunha relación máis achegada co gamo (Dama dama).

Moscova

Moscova (en ruso: Москва) é a capital de Rusia e o principal centro político, económico, financeiro, educativo e de transporte, situado no río Moskva no Distrito Central Federal, na parte europea de Rusia. A poboación da cidade é de 12.5 millóns de habitantes xunto cos arrabaldes da cidade. Constitúe por si mesma o 7% da poboación de toda Rusia. Tamén é considerada a cidade máis populosa de Europa. Foi a capital da antiga Unión Soviética e da Rusia pre-imperial. En Moscova atópase o famoso Kremlin que actualmente serve como residencia do xefe de goberno. O xentilicio é moscovita.

A arquitectura e cultura de Moscova teñen sona mundial, Moscova tamén é coñecida pola famosa catedral de San Basil, coas súas elegantes cúpulas douradas, do mesmo xeito que tamén é coñecida a Catedral de Cristo Salvador. O Patriarcado de Moscova, cuxa residencia é o Mosteiro de Danilov, serve como cabeceira da Igrexa Ortodoxa Rusa. Moscova tamén segue sendo o centro económico e o fogar dunha longa lista de Billonarios; así mesmo é considerada unha das cidades más caras de todo o mundo, e é o fogar de multitude de institucións culturais e científicas, xunto con importantes instalacións deportivas. A cidade posúe un complexo sistema de transporte e un dos metros máis densamente utilizados, famoso pola súa arquitectura. Moscova tamén acolleu os Xogos Olímpicos de verán de 1980.

Parque Nacional Muddus

O Parque nacional Muddus atópase no norte de Suecia, na rexión de Norrbotterns Län.

Pecoros

A dos pecoros (Pecora) é unha infraorde de mamíferos artiodáctilos que comprende a maioría dos ruminantes. A maioría dos membros da infraorde teñen apéndices craniais proxectados desde o óso frontal; só dous xéneros existentes na actualidade carecen deles, Hydropotes e Moschus.Aínda que a maioría dos pecoros teñen apéndices craniais, só algúns destes apéndices son cualificados como "cornos", e moitos científicos coinciden en que os apéndices non xurdiron dun antepasado común, senón que evolucionaron independentemente.

Polixinia en animais

A polixinia (do grego antigo πολυγυνία, de πολύ-, poly- 'moitos', e γυνή, gyne 'muller' ou 'esposa') é un sistema de apareamento no cal un macho vive e aparéase con moitas femias, pero cada femia só se aparea cun único macho. Os sistemas nos que varias femias se aparean con varios machos defínense como promiscuos ou polixinándricos. O apareamento en leks considérase frecuentemente como unh forma de polixinia porque un macho se aparea con moitas femias, pero os sistemas de apareamento baseados en leks diferéncianse en que o macho non ten vinculación coas femias coas que se aparea, e as femias que se aparean carecen de vinculación unhas con outras.A polixinia é típica de grupos cun só macho e múltiples femias e poden encontrarse en moitas especies como: os humanos, o gorila, o elefante mariño, os paxaros folosa grande e Troglodytes aedoni, o Papio hamadryas, o faisán común, o cervo común, o tigre de Bengala, as abellas Xylocopa varipuncta e Anthidium manicatum e o alce. A miúdo en sistemas políxinos, as femias realizarán a maioría dos coidados parentais.

Pradairo común

O pradairo común ou pradairo bravo, tamén chamado sicómoro, (Acer pseudoplatanus L.) é unha árbore caducifolia do xénero Acer, da familia Sapindaceae, antes da antiga familia Aceraceae, común en Galicia, especialmente en solos húmidos. Moitas veces recibe simplemente o nome de pradairo.

República Popular da China

A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín. Esta, exerce xurisdición sobre vinte e dúas provincias, cinco rexións autónomas, catro municipalidades directamente controladas (Pequín, Tianjin, Shanghai e Chongqing) e dúas rexións administrativas especiais practicamente autónomas, Hong Kong e Macau. A República Popular da China reclama Taiwán como a súa provincia número viente e tres, aínda que na práctica a illa é independente, xa que se atopa administrada polo réxime da República da China dende a fin da guerra civil de 1949.

Cunha superficie aproximada de 9,6 millóns de quilómetros cadrados, a China é o segundo país máis grande en relación á súa superficie terrestre e o terceiro ou cuarto máis grande pola súa superficie total. A paisaxe da China é vasta e diversa. Os áridos norte e noroeste, nas proximidades de Mongolia e Asia Central, están ocupados por estepas forestais e os desertos do Gobi e Taklamakan. O sur, lindando coa rexión do Sueste asiático, é máis húmido e está ocupado por bosques subtropicais. A zona máis occidental é accidentada e moi elevada, coas cordilleiras do Himalaias, Karakoram, Pamir e Tian Shan facendo de fronteira natural entre a China e Asia Central e do Sur. A nivel fluvial destacan os ríos Yangtzé e Amarelo, o terceiro e o sexto máis longos do mundo. Ambos nacen na meseta do Tíbet, e flúen cara á densamente poboada costa leste. A liña costeira da China ao longo do Océano Pacífico é de 14.500 quilómetros e está limitada polos mares de Bohai, Amarelo, Oriental e o Meridional.

A antiga civilización chinesa, unha das máis antigas do mundo, floreceu na fértil conca do río Amarelo. Durante miles de anos o seu sistema político baseouse en monarquías hereditarias, coñecidas como dinastías, sendo a primeira a semimitolóxica dinastía Xia (aprox. 2.000 a.C.). Dende o ano 221 a.C., cando a dinastía Qin conquistou varios estados para formar un grande Imperio chinés, o país expandiuse, fracturouse e reformouse en varias ocasións. A última dinastía foi derrocada no ano 1911 coa chegada da República da China. En 1945, a República conquistou Taiwán ao Imperio do Xapón trala fin da Segunda Guerra Mundial. Nos anos 1946 a 1949 o Partido Comunista derrotou ao nacionalista Kuomintang na China continental e estableceu en Pequín a República Popular da China o 1 de outubro de 1949, mentres que o Kuomintang trasladou o goberno da República da China a Taipei. A xurisdición da República da China limítase agora a Taiwán e varias illas próximas, incluíndo Penghu, Kinmen e Matsu.

A lingua chinesa é a lingua máis falada no mundo: arredor dun quinto da poboación mundial fala algunha forma de chinés como lingua nai. A lingua chinesa, na forma de chinés mandarín, é a lingua oficial da República Popular da China, así como de Taiwan. É ademais unha das linguas oficiais de Singapur e mais unha das seis linguas oficiais das Nacións Unidas.

A China ten fronteiras con 14 países: Afganistán, Bután, Myanmar, India, Casaquistán, Quirguisia, Laos, Mongolia, Nepal, Corea do Norte, Paquistán, Rusia, Taxiquistán e Vietnam. As cidades máis importantes son Pequín, Shanghai, e Hong Kong. Desde a súa fundación en 1949, a RPCh está gobernada polo Partido Comunista Chinés. Aínda que oficialmente segue a ser un estado comunista, a súa economía vén sendo liberalizada desde hai tres décadas.

Uapití

O uapití (Cervus canadensis) é unha das especies de cérvidos meirandes do mundo e un dos mamíferos máis grandes de América do Norte e do leste de Asia. Da súa familia, só o alce, Alces alces, é máis grande, e o sambar (Cervus unicolor) pode compararse co C. canadensis en medida. Os uapitís son bastante semellantes ó cervo común de Europa, do cal se pensou que era unha subespecie durante moito tempo. Porén, probas de ADN mitocondrial realizadas no 2004 demostraron claramente que son especies diferentes.Os uapitís viven nos bosques e a súa contorna, onde se alimentan de herbas, plantas, follas e codia. Malia ser orixinarios de América do Norte e do leste de Asia, adaptáronse ben nos países onde foron introducidos, incluíndo Nova Zelandia, Australia e Arxentina. A súa grande adaptabilidade pode ameazar as especies endémicas e os ecosistemas nos que se introduciu.

Os machos teñen cornos grandes que mudan cada ano. Os machos adoptan comportamentos ritualizados de aparellamento durante o celo, incluíndo posturas, combates cos cornos e «sons de corneta», unha serie de vocalizacións fortes que establecen dominancia sobre os outros machos e atrae as femias.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.