Alcanar

Alcanar é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. É un pequeno municipio da comarca de Montsià, no límite co País Valenciano.

Coordenadas: 40°32′33″N 0°28′57″L / 40.54250, -0.48250

Alcanar
Bandera de Alcanar
Escut d'Alcanar
Cases d'Alcanar
Porto deportivo e pesqueiro de Cases d'Alcanar
Localización
Alcanar en Cataluña

Alcanar
Alcanar
Alcanar en Provincia de Tarragona

Alcanar
Alcanar
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaDiputació copy.jpg Tarragona
ComarcaMontsià
Xeografía
Altitude72 msnm
Superficie47,07 km²
Demografía
Poboación10 389 hab. (2013)
Densidade220,71 hab./km²
XentilicioCanareu/canareva
Outros datos
Código postal43530
AlcaldeAlfons Montserrat i Esteller (ERC)
Páxina oficial

Véxase tamén

Ligazóns externas

Atentados de Cataluña de 2017

Os atentados de Cataluña de 2017 son unha serie de ataques e incidentes terroristas que se produciron en Cataluña. Comezaron o 17 de agosto de 2017 no paseo da Rambla de Barcelona ao botarse unha furgoneta Fiat Talento branca alugada contra ducias de persoas que paseaban pola parte alta da Rambla de Barcelona. Segundo testemuñas oculares, o condutor ía facendo eses ao longo duns 550 metros para poder atropelar máis xente. O vehículo parou no medio da Rambla, xusto sobre o Mosaico do Pla de l'Os de Joan Miró. Deseguido, o condutor deixou a furgoneta e fuxiu.Horas despois, Estado Islámico reivindicou o atentado mediante a súa axencia de novas Amaq. No ataque de Barcelona confirmáronse quince mortos –entre eles un neno de 3 anos– un centenar de feridos, quince deles graves. Por outra banda, horas despois do ataque de Barcelona, entre a noite do 17 ó 18, á 1:15 da mañá, produciuse outro atentado en Cambrils. Cinco terroristas foron abatidos na operación, que se saldou con seis feridos. Unha muller resultou ferida de gravidade en Cambrils e morreu horas despois.Detivéronse catro persoas, tres en Ripoll, de nacionalidade marroquí, e outro en Alcanar —nado en Melilla—. Dous dos detidos en Ripoll foron o irmán de Moussa Oukabir e amigo do mesmo.​ Outra persoa ferida a mañá do xoves na explosión de Alcanar foi detido tamén.​ Segundo os Mossos d'Escuadra, o atentado en Barcelona estaría relacionado coa explosión nunha casa en Alcanar o día anterior, o 16 de agosto.​ Nesta vivenda había varias bombonas de butano e explosivos de fabricación caseira. A súa explosión accidental obrigou aos terroristas, segundo os Mossos, a elixir precipitadamente por un atropelo masivo nas Ramblas.​ O 19 de agosto identificouse ao imán de Ripoll, Abdelbaki Es Satty, tamén de Marrocos, como o radicalizador dos mozos terroristas e posible xefe da célula. O 21 de agosto confirmouse o falecemento do imán na explosión do chalé.​ Ese mesmo día foi abatido Younes Abouyaaqoub en Subirats.​

Badalona

Badalona é un concello e cidade da costa central de Cataluña, que forma parte da comarca do Barcelonès, na provincia de Barcelona. Dende 1897 está considerada cidade.

Situada na costa do Mar Mediterráneo, ocupa parte do delta do río Besòs e as contrafortes da Serra da Marina. A cidade está rodeada polos concellos de Sant Adrià de Besòs, Santa Coloma de Gramenet, Tiana, Montgat, Sant Fost de Campsentelles e Montcada i Reixac. Está situado no extremo norte da comarca, a escasos metros ao norte de Barcelona.

Cos seus 215.848 habitantes en 2017, Badalona é a cuarta cidade máis poblada de Cataluña, tras Barcelona, L'Hospitalet de Llobregat e Terrassa, e a 23ª de España. Forma parte da área metropolitana de Barcelona.

Os restos arqueolóxicos atopados nos barrios de Llefià e de Sistrells remontan a súa historia ao Neolítico, pero a fundación da poboación produciuse ao redor do ano 100 aC, baixo o nome romano de Baetulo.

Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

Montsià

O Montsià é unha comarca da provincia de Tarragona, en Cataluña. É a máis meridional das comarcas catalás e a súa capital é Amposta. En 2009 tiña 72.189 habitantes.

A comarca limita co Baix Ebre polo norte, co mar Mediterráneo polo leste, co Baix Maestrat (Castelló) polo sur e coa comarca do Matarraña (Aragón) polo oeste.

Partidos políticos de España inscritos de 1996 a 2000

Esta é unha lista de partidos inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España de 1996 a 2000.

Provincia de Tarragona

A provincia de Tarragona é a provincia máis meridional das catro con que conta a Comunidade Autónoma de Cataluña. A súa capital é a cidade homónima de Tarragona. Ten unha superficie de 6.283,8 km² e a súa poboación era de 704.907 habitantes (2005), dos cales case o 20 % vivían na capital provincial.

As cidades de Tarragona (121.076 habs.), e Reus (94.407 habs.), son as únicas da provincia que superan os 50.000 habitantes.

Río Sénia

O Sénia (en castelán: Cenia) é un curto río do leste de España, que transcorre entre as provincias de Tarragona e Castelló. Ten 49 km de lonxitude e desemboca no mar Mediterráneo.

O río nace nos Ports de Beseit, no concello de La Pobla de Benifassà, na comarca do Maestrat. As súas augas acumúlanse pouco despois no encoro de Ulldecona, situado no mesmo término municipal, a 477 m de altitude.

A partir do encoro, o río discorre por zonas de fortes pendentes, o que lle proporciona unha elevada osixenación, sendo a vexetación moi abundante, o que contribúe a manter o hábitat da vida piscícola. Posteriormente, e antes de chegar a La Sénia, existen derivacións de caudal que abastecen aos regadíos desta zona, unhas 2.360 hectáreas.

Pouco antes de La Sénia, o río alcanza a fronteira entre Cataluña e a Comunidade Valenciana; a partir de entón e ata a súa desembocadura, o Sénia servirá de límite fronteirizo entre estas dúas comunidades autónomas. A partir deste punto a canle practicamente non recibe achegues naturais e a calidade da auga empeora de forma notable.

Preto da localidade de Alcanar, o río entra na Plana de Vinaròs e desemboca no mar Mediterráneo.

Terra Lliure

Terra Lliure foi unha organización armada independentista catalá, fundada en 1978 e que se deu a coñecer oficialmente no Camp Nou do Futbol Club Barcelona o 23 de xuño de 1981, no marco da campaña "Som una Nació". A xustiza e as forzas de seguridade do estado español consideraron ó grupo como unha banda terrorista.

Terres de l'Ebre

As Terres de l'Ebre (Terras do Ebro) é unha rexión do sur de Cataluña (España) formada polas comarcas de Baix Ebre, Montsià, Terra Alta e Ribera d'Ebre. É un dos oito ámbitos funcionais territoriais definidos no Plan territorial xeral de Cataluña, para un hipotético desenvolvemento da Comunidade Autónoma en vigairías.

O seu accidente xeográfico máis característico é o curso baixo do río Ebro. O seu territorio, con máis de 3.300 km cadrados representa o 52% da superficie da provincia de Tarragona e o 10% da de Cataluña e está constituído por 52 municipios.

As principais localidades por poboación son: Tortosa, Amposta, Sant Carles de la Ràpita, Deltebre, Alcanar e l'Ametlla de Mar. Teñen un peso representativo tamén Gandesa e Móra d'Ebre, como capitais de comarca que son.

No aspecto ambiental as catro comarcas posúen un importante patrimonio natural: os parques naturais de Delta do Ebro e Portos de Tortosa-Beceite, así como outras zonas que gozan doutros graos de protección, como a serra de Cardó ou a reserva de Sebes en Flix. A este súmaselle o seu legado cultural e histórico-artístico, como os conxuntos históricos de Tortosa, Horta de Sant Joan, Miravet, Batea ou Arnes.

Vinaròs

Vinaròs é un concello do País Valenciano. Situado no extremo norte da costa da provincia de Castelló, na comarca do Baix Maestrat. Ten 27.912 habitantes (INE 2008).

Vía catalá

A vía catalá cara á independencia (en catalán: Via Catalana cap a la Independència), máis coñecida como vía catalá, foi unha cadea humana duns 400 quilómetros feita en Cataluña a proposta da Assemblea Nacional Catalana (ANC) para a diada do 11 de setembro de 2013. O seu obxectivo era reivindicar a independencia de Cataluña. Contou co apoio das 14 entidades non gobernamentais que colaboran na iniciativa ElClauer.cat. A cadea seguiu o trazado da antiga Vía Augusta, dende Pertús (Vallespir) ata Alcanar (Montsià). Segundo Carme Forcadell, presidenta da ANC, foi «un símbolo, o símbolo da unidade do pobo catalán para acadar a soberanía nacional».En total, 1.600.000 manifestantes participaron na vía catalá, 500.000 dos cales fixérono nas rúas da cidade de Barcelona, segundo o Departamento do Interior da Generalitat de Cataluña.A cadea humana comezou ás 17:14 horas do mércores 11 de setembro cun repenique de campás, e despois houbo un acto político simultáneo en diversas localidades catalás ata as 18:00h, cando se cantou Els Segadors. En total, a organización mobilizou 1.500 autocares e 30.000 voluntarios. Contratáronse máis de vinte medios aéreos para documentar o acto e máis de 800 fotógrafos voluntarios inmortalizaron o acto. Ademais, vendéronse máis de 500.000 camisolas oficiais da ANC por toda a vía.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.