Alberto Ruiz-Gallardón

Alberto Ruiz-Gallardón Jiménez, nado en Madrid o 11 de decembro de 1958, é un fiscal e político español, ministro de Xustiza entre o 22 de decembro de 2011 e a súa dimisión do 23 de setembro de 2014.

Alberto Ruiz-Gallardón
Ruiz-Gallardón y Soria, septiembre 2012
Alberto Ruiz-Gallardón Jiménez
Datos persoais
Nacemento11 de decembro de 1958
 Madrid
OrganizaciónPartido Popular
PaiJosé María Ruiz Gallardón
Alma máterCentro de Estudios Universitarios
ProfesiónAvogado
RelixiónIgrexa católica

Inicios da traxectoria política

Fillo do tamén político José María Ruiz-Gallardón, estudou o bacharelato nun colexio dos xesuítas e licenciouse en Dereito pola Universidade San Pablo CEU. Obtivo o segundo posto nas oposicións á fiscalía en 1979 e serviu como fiscal durante un breve período de tempo na Audiencia Provincial de Málaga, posto do que actualmente se atopa en situación de excedencia.

En 1983 foi elixido como concelleiro de Madrid. A súa traxectoria na oposición municipal caracterizouse pola súa actitude conservadora, que lle levou a denunciar a política cultural impulsada polo alcalde Enrique Tierno Galván, especialmente coa revista Madriz con motivo dunha historieta sobre o anterior Xefe do Estado[1].

En 1986 pasou a formar parte da executiva de Alianza Popular no seu sétimo congreso como Secretario Xeral en substitución de Jorge Verstrynge. En xuño 1987 foi elixido deputado da Asemblea de Madrid. Un mes máis tarde foi nomeado voceiro do Grupo Parlamentario Popular no Senado, cargo que ocupou ata 1995. En 1989 encabezou unha moción de censura contra o presidente socialista da Comunidade Joaquín Leguina, sen éxito. En abril de 1990, dirixiu a investigación dentro do partido das implicacións do Caso Naseiro[2].

Presidente da Comunidade de Madrid

Foi investido como presidente da Comunidade de Madrid en 1995, tras gañar o seu partido as eleccións con maioría absoluta, e deixou o seu escano no Senado. En 1999 revalidou o cargo, novamente con maioría absoluta do seu partido. A súa política á fronte da Comunidade caracterizouse polo diálogo cos sindicatos e patronal, de onde resultou a implantación das 35 horas na administración rexional. Ademais xestionou os traspasos de competencias desde a administración central en materia de sanidade e educación.

Alcalde de Madrid

En 2003, muda de escenario político a petición de José María Aznar e preséntase ás eleccións á alcadía de Madrid coa esposa de Aznar Ana Botella como número dous e converténdose en alcalde ao obter a maioría absoluta fronte á socialista Trinidad Jiménez e á candidata de Izquierda Unida Inés Sabanés.

En 2004, foi o único membro do Partido Popular que interveu publicamente no Congreso facendo autocrítica dalgúns dos fallos cometidos polo seu partido no goberno da nación, sen mencionalos expresamente. Posteriormente, intentou sen éxito lanzar a candidatura do vicealcalde de Madrid Manuel Cobo á presidencia do Partido Popular de Madrid fronte a Esperanza Aguirre. Manuel Cobo foi un estreito colaborador seu desde os anos en que era presidente da Comunidade de Madrid. O enfrontamento entre o seu sector e o de Esperanza Aguirre, naquela altura xa presidenta da Comunidade, sería constante entre 2004 e 2007.

Destaca do seu labor á fronte da alcaldía o proxecto Madrid Calle 30 consistente na remodelación da autoestrada M-30, que circunvala a cidade; incluíndo o seu soterramento no tramo no que o seu trazado coincide coa canle do río Manzanares. A obra durou 22 meses e viuse afectada polas polémicas das molestias que causaban as obras e polo arrincado de árbores. Outra polémica na que se envolveu Ruiz-Gallardón foi a instalación de parquímetros en Madrid. Promoveu a candidatura olímpica de Madrid para organizar os Xogos Olímpicos de 2016 (a candidatura para 2012, lanzada por José María Álvarez del Manzano, perdera fronte a Londres). Mantivo xestos que o aproximaron dunha posición centrista, como oficiar un matrimonio entre persoas do mesmo sexo ou como escribir un artigo laudatorio na morte de Jesús de Polanco, presidente do grupo PRISA, que lle provocaron a inimizade dos sectores máis conservadores do Partido Popular.

Nas eleccións municipais de 2007, Ruiz-Gallardón revalidaría a maioría absoluta na alcaldía fronte ao candidato do PSOE, Miguel Sebastián e o representante de Izquierda Unida Ángel Pérez.

Gallardón pediulle publicamente a Mariano Rajoy a súa inclusión nas listas electorais nos comicios xerais de 2008, nas listas de Madrid. Ocupar un escano de deputado non xeraría incompatibilidade legal, pero reforzaría a súa posición dentro do Partido Popular. O sector de Aguirre opúxose duramente, e finalmente non foi incluído nas listas, co que anunciou que deixaría a política en marzo de 2008[3].

Predecesor:
Joaquín Leguina
 Escudo de la Comunidad de Madrid.svg
Presidente da Comunidade de Madrid
 
1995 - 2003
Sucesor:
Esperanza Aguirre
Predecesor:
José María Álvarez del Manzano
 Nuevo Escudo de Madrid.svg
Alcalde de Madrid
 
2003 - 2011
Sucesor:
Ana Botella
Predecesor:
Francisco Caamaño
 Escudo de España.svg
Ministro de Xustiza de España
 
2011 - 2014
Sucesor:
Rafael Catalá

Persoal

Alberto Ruiz-Gallardón está casado con María del Mar Utrera (filla do ex ministro franquista José María Utrera) e ten catro fillos (Alberto, José, Ignacio e Rodrigo). É católico practicante[4] e membro da Fundación Internacional Raoul Wallenberg, unha organización non gobernamental que promove a paz e o entendemento entre culturas.

Notas

  1. Felipe Hernández Cava. Apuntes para a historia dun cómic subvencionado. Neuróptica. Zaragoza, 1988. páxina 56
  2. O "caso Naseiro", ABC, 21.5.1990,
  3. "Rajoy excluye a Gallardón de las listas y el alcalde decide abandonar la política", artigo en El País, 16 de xaneiro de 2008 (en castelán).
  4. http://www.publispain.com/revista/biografia-de-alberto-ruiz-gallardon.htm Arquivado 23 de maio de 2007 en Wayback Machine. Biografía de Alberto Ruiz Gallardón
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
11 de decembro

O 11 de decembro é o 345º día do ano do calendario gregoriano e o 346º nos anos bisestos. Quedan 20 días para finalizar o ano.

Alianza Popular

Alianza Popular, coñecida tamén polas siglas AP, foi unha federación de pequenos partidos conservadores, liderados na súa maioría por ex ministros franquistas.

Ana Botella

Ana María Botella Serrano, nada en Madrid o 23 de xullo de 1954, coñecida como Ana Botella, é unha política española do Partido Popular, alcaldesa de Madrid entre 2011 e 2015.Está casada desde 1977 con José María Aznar, presidente do Goberno de España durante as lexislaturas VI e VII, a quen coñeceu durante a súa viaxe de fin de carreira e con quen ten tres fillos: José María, Ana e Alonso Aznar Botella.

É a maior de trece irmáns, filla de Ernesto Botella Pradillo (1918-2011) e Ana María Serrano Sancho-Álvarez.

Candidatura de Madrid aos Xogos Olímpicos de 2012

Madrid 2012 foi unha das cinco candidaturas olímpicas clasificadas para os Xogos Olímpicos de 2012.

Logo dos Xogos de Barcelona de 1992, Sevilla presentou a súa candidatura para os Xogos de 2004 e os de 2008, aínda que non logrou pasar do primeiro corte en ningunha das dúas ocasións. Intentaría, pois, presentarse aos de 2012 aínda que Madrid entón entrou a poxar pola convocatoria, e ao soamente poder presentarse unha cidade por país ante o COI, Madrid foi escollida como sede española.

Para os Xogos de 2012, Madrid e Nova York foron as dúas únicas cidades candidatas que nunca antes celebraran os Xogos. A véspera do día da votación, celebrada o 5 de xuño de 2005 no centro de Madrid, incluíu no seu programa o paseo da bandeira máis longa do mundo polas rúas de Madrid así como unha actuación da cantante Shakira. A celebración concluíu cun espectáculo de fogos artificiais. O lema oficial da candidatura era Preparados para ti.

A candidatura de Madrid foi eliminada na terceira rolda das votacións para seleccionar a cidade anfitrioa na 117ª sesión do COI, o 6 de xuño de 2005 en Singapur.

O xoves 6 de xullo de 2006, o alcalde de Madrid Alberto Ruiz-Gallardón anunciou a candidatura da cidade de Madrid para os Xogos Olímpicos de 2016.

Candidatura de Madrid aos Xogos Olímpicos de 2016

A candidatura olímpica de Madrid 2016 foi o intento por parte da cidade de Madrid para ser elixida polo Comité Olímpico Internacional (COI) como cidade anfitrioa dos Xogos Olímpicos de 2016. Madrid é unha das grandes cidades europeas que nunca albergaron uns Xogos, e esta candidatura converteuse na terceira vez, e segunda consecutiva, que Madrid se postulába como candidata a organizar unha olimpíada.

O alcalde de Madrid, Alberto Ruiz-Gallardón, situou os Xogos Olímpicos para a capital española no primeiro lugar en importancia durante as súas dúas lexislaturas desde 2003. Madrid 2016 contaba cun alto apoio en Madrid e España e coa segunda mellor valoración técnica do COI, só avantaxada por Toquio, pero, malia iso, non figuraba entre as favoritas por celebrarse en Londres os Xogos Olímpicos de 2012, dada a rotación de continentes entre cada olimpíada que se leva cumprindo desde 1956. Finalmente foi derrotada pola candidatura de Río de Xaneiro na rolda final de votacións por 66-32, quedando por diante das outras dúas cidades contendentes, Toquio e Chicago.As datas propostas para a celebración dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Madrid 2016 foron: desde o venres 5 de agosto ao domingo 21 de agosto para os Xogos Olímpicos e desde o venres 9 de setembro ao martes 20 de setembro para os Xogos Paralímpicos.

Eleccións municipais de España de 2011

De acordo co establecido pola Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG), o 22 de maio de 2011 (cuarto domingo de maio), celebráronse en España eleccións municipais. O 29 de marzo foi publicado no BOE o Decreto de convocatoria.Por outra parte, na mesma xornada, tamén se celebraron eleccións en trece das dezasete comunidades autónomas españolas (Asturias, Cantabria, Navarra, Castela e León, A Rioxa, Comunidade Valenciana, Comunidade de Madrid, Castela-A Mancha, Rexión de Murcia, Canarias, Illas Baleares, Aragón e Estremadura) e nas dúas cidades autónomas (Ceuta e Melilla); ás Xuntas Xerais do País Vasco; aos Cabidos Insulares canarios; aos Consellos Insulares de Baleares; ao Consello Xeral de Arán; aos concellos de Navarra; e ás entidades de ámbito territorial inferior ao municipio.

En 35 municipios e en 110 entidades menores houbo que repetir as eleccións o 20 de novembro do mesmo ano (coincidindo coas Eleccións a Cortes Xerais), ben por defectos no reconto dalgunha mesa, por defectos na comunicación de resultados, ou pola falta de candidatos.

Esperanza Aguirre

Esperanza Aguirre Gil de Biedma, nada en Madrid o 3 de xaneiro de 1952, é unha política española. Foi a presidenta da Comunidade de Madrid dende o 21 de novembro de 2003 ata o 26 de setembro de 2012.

Feira do cocido de Lalín

A Feira do Cocido de Lalín é unha festa gastronómica que se celebra cada ano o domingo antes do Entroido en Lalín. A feira xorde no ano 1968 como iniciativa de difusión e comercialización dos produtos típicos da comarca do Deza levada a cabo polos seis concellos dezaos (Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro, Agolada e Dozón).

Francisco Caamaño

Francisco Manuel Caamaño Domínguez, nado en Cee o 8 de xaneiro de 1963, é un político galego, foi ministro de Xustiza de España entre 2009 e 2011.

Ignacio González González

Ignacio González González, nado en Madrid o 19 de outubro de 1960, é un político español militante do Partido Popular e ex-presidente da Comunidade de Madrid (tras a dimisión de Esperanza Aguirre anunciada o 17 de setembro de 2012), ademais é secretario xeral do PP de Madrid. Dende sempre estivo moi vinculado a Esperanza Aguirre e, con ela, ao sector máis dereitista do PP.

José María Ruiz Gallardón

José María Ruiz Gallardón, nado en Madrid o 2 de maio de 1927 e finado na mesma cidade o 17 de novembro de 1986, foi un político, avogado e profesor universitario español.

José María Álvarez del Manzano

José María Álvarez del Manzano y López del Hierro, nado en Sevilla o 17 de outubro de 1937, é un político español, que foi alcalde de Madrid antes que Gallardón polo mesmo partido, o Partido Popular, durante doce anos.

Residente en Madrid desde que tiña tres anos, licenciado en dereito pola Universidade Complutense, funcionario do estado desde 1963, traballou nas delegacións de facenda de Cidade Real, Badaxoz, Toledo, Santander, Biscaia e Álava. Concelleiro de Madrid desde 1974, foi o seu alcalde de 1991 a 2003 polo Partido Popular. Tamén foi secretario xeral técnico do Ministerio de Facenda en 1976 e subsecretario do Ministerio de Agricultura en 1977. Desde 2003 preside a Xunta Rectora do IFEMA (Instituto de Feiras e Exposicións de Madrid).

Está casado con María Eulalia Miró Ramírez e ten catro fillos: José, María, Marta e Mónica.

Matrimonio entre persoas do mesmo sexo en España

O matrimonio entre persoas do mesmo sexo en España é legal dende o 3 de xullo de 2005. No ano 2004, o novo goberno do PSOE liderado polo presidente José Luis Rodríguez Zapatero comezou unha campaña a prol da súa legalización, incluíndo o dereito de adopción para as parellas do mesmo sexo. Tras unha serie de debates, aprobouse a lei correspondente nas Cortes Xerais o 30 de xuño de 2005, publicándose o 2 de xullo de 2005. A lei pasou a ter efecto ó día seguinte da súa publicación, convertendo a España no terceiro país do mundo en permitir o matrimonio entre persoas do mesmo sexo en todo o seu territorio, tralos Países Baixos e Bélxica, e 17 días antes de que este dereito se estendese por todo o territorio do Canadá.

Malia que as enquisas indicaban que tiña un apoio dun 66% da poboación do país, a ratificación desta lei non estivo exenta de conflitos. Varias autoridades da Igrexa católica opuxéronse firmemente á mesma, criticando o que eles consideraban unha debilitación do significado do matrimonio, e outras asociacións conservadoras expresaron preocupación pola posibilidade de que os gays e lesbianas puidesen adoptar nenos. Houbo manifestacións a favor e en contra da lei que reuniron a miles de persoas por todo o páis, e trala súa aprobación o Partido Popular presentou unha moción da lei perante o Tribunal Constitucional.Durante o primeiro ano de vixencia da lei casáronse aproximadamente unhas 4500 parellas do mesmo sexo en España. Ó pouco de aprobarse a lei xurdiron dúbidas sobre o status legal destes casamentos para aqueles estranxeiros dos que os seus países de orixe non permitían o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, e unha sentenza do Ministerio de Xustiza afirmou que a lei permitía que un cidadán español se casase con un estranxeiro sen importar se o país de orixe deste recoñecía a relación ou non. Tamén se confirmou que un dos dous membros da parella debería ser cidadán español para poder casar, malia que dous cidadáns estranxeiros poderían casar tamén se ambos tiñan a residencia permanente en España.

Tralas eleccións xerais de 2011 nas que o Partido Popular gañou con maioría absoluta, o seu líder Mariano Rajoy afirmou que se opoñía ó matrimonio entre persoas do mesmo sexo, pero que calquera decisión sobre a derogación da lei so podería facerse tras unha sentenza do Tribunal Constitucional. O 6 de novembro de 2012 o Tribunal ratificou a lei con 8 votos a favor e 3 en contra, e o entón ministro de xustiza Alberto Ruiz-Gallardón anunciou que o goberno acataría esta sentenza e non derogaría a lei.

Ministerio de Xustiza de España

O Ministerio de Xustiza de España é o órgano de goberno da Administración Xeral do Estado, ao que lle corresponde a preparación e execución da política do goberno de España en materia de Dereito Penal, Mercantil, Civil e Procesal; liberdade de cultos; dereito de graza, títulos nobiliarios, grandezas de España e avogacía do Estado.

O actual ministro de xustiza é Rafael Catalá Polo.

Partido Popular

O Partido Popular (PP) é un partido político conservador español situado no centro dereita ou a dereita política. Foi fundado en 1989, cando adoptou a súa denominación actual, que substituíu á de Alianza Popular, partido fundado en 1976 por Manuel Fraga (ministro durante a época franquista).

É un dos partidos maioritarios de España. O PP ten maioría simple no Congreso dos Deputados, maioría absoluta no Senado e goberna en cinco comunidades autónomas, así como en Ceuta e Melilla. É, coas presidencias de José María Aznar e Mariano Rajoy, a segunda formación que máis anos gobernou o país desde o restablecemento da democracia, por detrás do PSOE.

Rafael Catalá Polo

Rafael Catalá Polo, nado en Madrid o 21 de xuño de 1961, é un político e alto funcionario español. Foi ministro de Xustiza entre 2014 e 2018.

Rosa Regàs

Rosa Regàs Pagés, nada en Barcelona o 11 de novembro de 1933, é unha escritora catalá.

Trinidad Jiménez

Trinidad Jiménez García-Herrera, nada en Málaga o 4 de xuño de 1962, é unha política española pertencente ó PSOE.

Valentina Martínez Ferro

María Valentina Martínez Ferro, nada en Santiago de Compostela o 21 de xuño de 1976, é unha política galega do Partido Popular, deputada no Congreso dos Deputados.

Presidentes da Comunidade de Madrid

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.