Alberto Núñez Feijóo

Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961,[1] é un político galego, actual presidente da Xunta de Galicia. É tamén o presidente do Partido Popular de Galicia, que resultou o máis votado nas eleccións autonómicas de 2009, acadando a maioría absoluta, e o Parlamento de Galicia elixiuno para ser presidente da Xunta, tomando posesión o 18 de abril dese mesmo ano.[2] Revalidou o cargo nas eleccións de 2012 e nas de 2016.

Alberto Núñez Feijóo
Alberto Núñez Feijóo

Actualmente no cargo
Dende o 16 de abril de 2009
Precedido por Emilio Pérez Touriño

People's Party (Spain) Logo.svg
Presidente do PP de Galicia
Actualmente no cargo
Dende o 15 de xaneiro de 2006
Precedido por Manuel Fraga

Actualmente no cargo
Dende o 18 de xullo de 2005

Escudo de la Xunta de Galicia.svg
6.º Vicepresidente da Xunta de Galicia
10 de setembro de 2004 – 2 de agosto de 2005
Presidente Manuel Fraga
Sucedido por Anxo Quintana

Escudo de la Xunta de Galicia.svg
Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia
18 de xaneiro de 2003 – 2 de agosto de 2005
Presidente Manuel Fraga
Precedido por Xosé Cuíña
Sucedido por Maria José Caride

Datos persoais
Nacemento 10 de setembro de 1961 (57 anos)
Ourense, Galicia
Partido Partido Popular de Galicia
Alcume Feijóo
Cónxuxe/s Eva Cárdenas
Fillos Alberto Feijóo Cárdenas
Profesión Avogado, político
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Sinatura Sinatura de Alberto Núñez Feijóo
Sitio web http://feijoo.gal/
Twitter @FeijooGalicia
Facebook feijoogalicia

Traxectoria

Formación

Naceu en Ourense, pero criouse nos Peares. Alberto Núñez Feijóo licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.

Cargos en empresas

Formou parte de diversos consellos de administración: Banco de Crédito Local, Empresa Nacional de Autopistas, Paradores de Turismo de España, Instituto Galego de Medicina Técnica, International Post Corporation, Fábrica Nacional de Moneda y Timbre e Chronopost Express. Tamén foi membro do Consello Asesor de Telecomunicacións e do Consello Asesor Postal.

Política

A súa entrada na alta política veu da man de José Manuel Romay Beccaría, quen, sendo conselleiro de Sanidade, o designou secretario xeral da consellería e secretario xeral do Sergas. Cando en 1996 Romay Beccaría foi nomeado ministro de Sanidade no primeiro goberno de José María Aznar, Núñez Feijóo pasou a ser presidente executivo do Insalud en 1996. De aí chegou a ser director xeral de Correos y Telégrafos, a empresa pública española de envíos postais.

En xaneiro de 2003 foi designado por Manuel Fraga como conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e en setembro de 2004 vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, converténdose no primeiro vicepresidente que nomeaba Fraga mentres ocupou a cadeira de San Caetano. Colocábase así de primeiro nos postos de sucesión ó xa daquela octoxenario Manuel Fraga.

Ao perder o Partido Popular a maioría absoluta nas eleccións do 19 de xuño de 2005, abriuse un período de rifas internas no PPdeG para acadar a presidencia do partido. Nesas eleccións, Núñez Feijóo encabezou a lista electoral por Pontevedra, e obviamente, converténdose en deputado. Dos catro candidatos, Xosé Cuíña Crespo, Xosé Manuel Barreiro e Henrique López Veiga, e Alberto Núñez Feijóo, foi este último quen conseguiu vencer nos comicios internos e a partir daquela ocupou o cargo de líder da oposición, presidente do Partido Popular de Galicia e voceiro parlamentario dos populares.

Por outra banda, é vogal electo do Comité Executivo Nacional do Partido Popular español.

Presidente da Xunta de Galicia

Núñez Feijóo foi nomeado Presidente da Xunta de Galicia polo Parlamento de Galicia o 16 de abril de 2009, tomando posesión dous días despois.[2]

Ao día seguinte ás eleccións ao Parlamento de Galicia, Feijóo deu a coñecer as súas prioridades: baixar impostos como o IRPF, eliminación de dúas Consellarías, a derrogación do decreto do galego no ensino e rematar coas galescolas.[3] Prometeu, ademais, que os pais ían ter liberdade de escolla da lingua vehicular no ensino dos seus fillos, máis tamén afirmou que non ía segregar por lingua e que non ía, polo tanto, duplicar o sistema educativo.[4] Ás súas declaracións reaccionaron con prontitude a Mesa pola Normalización Lingüística[5] e o STEG.[6]

Estes anuncios motivaron asemade que a Real Academia Galega elaborase un comunicado moi crítico coa dirección que tomara o Goberno de Feijóo, acusándoo de "desprotexer a lingua".[7]

Xa en xuño, a Xunta anunciou[8] que se ía facer unha enquisa lingüística aos pais con fillos en idade escolar.[9] Non houbo que agardar moito para ver as diferentes reaccións. En contra dela, posicionáronse galeguistas históricos como Avelino Pousa Antelo, quen cualificou a enquisa como unha "aberración pedagóxica e unha pallasada".[10] O Bloque Nacionalista Galego anunciou que a denunciaría ante a UNESCO.[11]

Polémicas

Véxase tamén: Caso das fotografías de Alberto Núñez Feijóo con Marcial Dorado.

En marzo de 2013 o xornal El País publicou unhas polémicas fotos nas que Feijóo aparecía de vacacións co contrabandista Marcial Dorado no ano 1995. Por aquel entón, Dorado era xa un famoso narcotraficante arousán que fora detido dúas veces.[12] Feijóo non dimitiu como esixía a oposición, pese a que el mesmo pedira en 2009 a dimisión de Anxo Quintana, antigo Vicepresidente da Xunta de Galicia, cando se publicaran unhas fotos nas que saíra cun empresario.[13]

O 3 de setembro de 2015 ocorreron dúas multitudinarias protestas na cidade de Lugo para a defensa do sector lácteo galego, e na cidade de Vigo pola deficiencia nas dotacións no Hospital Álvaro Cunqueiro.[14][15][16] Tamén recibiu críticas en 2017 polo cambio no nomeamento do Consello Consultivo de Galicia[17] e pola súa xestión na Vaga de incendios forestais de 2017 en Galicia.[18]

Nos xulgados

Ó longo dos seus mandatos á fronte da Xunta de Galicia, cargos do goberno de Feijóo levan acumulado diversas condenas nos xulgados.[19] Entre elas, as do caso Campeón,[20] Retablo[21] ou Cela.[22]

Predecesor:
Xosé Cuíña
 Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas
 
2003 - 2005
Sucesor:
María Xosé Caride
Predecesor:
non existía o cargo
 Escudo de Galicia.svg
Vicepresidente da Xunta de Galicia
 
2004 - 2005
Sucesor:
Anxo Quintana
Predecesor:
Manuel Fraga
 Presidente do PP de Galicia 
2006 - actualidade
Sucesor:
no cargo
Predecesor:
Emilio Pérez Touriño
 Escudo de Galicia.svg
Presidente da Xunta de Galicia
 
16 de abril de 2009 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas

  1. Biografía de Alberto en El País
  2. 2,0 2,1 "Feijóo toma posesión como nuevo presidente de la Xunta de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2009. Consultado o 12 de setembro de 2013.
  3. Derrogar o decreto e converter as Galescolas en garderías, prioridades de Feijóo, en Vieiros, 2 de marzo de 2009.
  4. Feijóo garante agora que non vai haber segregación nas escolas por razón de idioma, en Vieiros, 5 de marzo de 2009.
  5. "O futuro presidente da Xunta promete unha involución lingüística histórica", en Vieiros, 6 de marzo de 2009.
  6. O futuro da lingua e o aumento de concertos educativos, principais preocupacións para STEG, en Vieiros, 6 de marzo de 2009.
  7. A RAG considera 'desprotectoras' as decisións lingüísticas da Xunta Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine., en A Nosa Terra, 12 de maio de 2009.
  8. Feijóo anuncia 300.000 consultas a los padres sobre la lengua Arquivado 12 de xuño de 2009 en Wayback Machine., en Xornal de Galicia, 3 de xuño de 2009.
  9. Consulta ás familias sobre a utilización das linguas no ensino non universitario de Galicia
  10. “A enquisa aos pais é unha aberración pedagóxica e unha pallasada”, en Galicia Hoxe, 22 de xuño de 2009.
  11. "Isto é un lingüicidio", en Galicia Hoxe, 21 de xuño de 2009.
  12. Feijóo y el contrabandista
  13. Feijoo pide el cese de Quintana por las fotos comprometedoras
  14. "Vigo y su área toman la calle para "recuperar" una sanidad pública de calidad" Faro de Vigo.
  15. "A sanidade e o leite abren dúas vías de auga na xestión da Xunta" Praza Pública.
  16. "O PP ofrece a comparecencia da conselleira de Sanidade, pero o PSOE reclama a de Feijoo" La Voz de Galicia.
  17. Protesta polos propios membros do Consello Consultivo, que foi levado ó Tribunal Constitucional
  18. Da poboación civil partiron protestas e concentracións, mentres que os efectivos de urxencias pedían a demisión da conselleira e baseábanse na ausencia dun mando único (xa en 2015), no modelo e desmantelamento anticipado do dispositivo e na recomendación a chamar ó 112. O secretario xeral do Eixo Atlántico Xoán Vázquez Mao, ante a insinuación de culpar o descontrol dos incendios en Portugal, criticou a falta de coordinación de medios tamén nun mando unificado transfronteirizo. Pola súa banda, a Televisión de Galicia recibiu tamén críticas tamén pola "desconexión" da realidade
  19. Reinero, David. "Tráfico de influencias, abuso de derecho, cohecho: las condenas judiciales que afean los 10 años de Feijóo en la Xunta". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-03-04.
  20. fraude, Corrupción y. "Condenados por corrupción tres cargos públicos del PP a los que la Xunta evitó acusar en el caso Campeón". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-03-04.
  21. poder, Vigilancia del. "Fiscalía y Xunta dejan en una multa de 720 euros la condena por cohecho del técnico que iba a "repartir Galicia" en contratos". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-03-04.
  22. Reinero, David. "Feijóo avala que la Xunta no acuse a cargos del PP juzgados en los casos Cela y Campeón". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-03-04.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

10 de setembro

O 10 de setembro é o 253º día do ano do calendario gregoriano e o 254º nos anos bisestos. Quedan 112 días para finalizar o ano.

Alfonso Rueda

Alfonso Rueda Valenzuela, nado en Pontevedra en xullo de 1968, é un avogado e político galego do PPdeG.

Caso da hepatite C en Galicia

O caso da hepatite C en Galicia foi un procedemento xudicial aberto polo xulgado de instrución número 3 de Santiago de Compostela contra o Servizo Galego de Saúde e dous cargos sanitarios do goberno de Alberto Núñez Feijóo, os cales foron imputados por prevaricación e homicidio imprudente pola negativa a receitar o fármaco Sofosbuvir (cuxos nomes comerciais son Sovaldi e Virunon) a doentes con hepatite C en estado avanzado. Os directivos do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), terían atrasado ou denegado deliberadamente, e por razóns orzamentarias, a concesión da receita deste novo fármaco para a hepatite C, moito máis eficaz e o indicado nas últimas guías clínicas para o tratamento desta doenza, pero cun custo económico substancialmente maior. Algúns dos doentes afectados por este caso faleceron durante o tempo de espera á concesión da receita. O xefe da Unidade de Trasplantes do Hospital de Santiago, Evaristo Varo Pérez, vinculou o atraso das prescricións a, a lo menos, a morte de tres pacientes.O procedemento xudicial aberto pola fiscalía contra o SERGAS foi o primeiro destas características no Estado Español, e estivo xestionado polo Xulgado de Intrución número 3 de Santiago de Compostela a cargo do maxistrado Andrés Lago Louro, o mesmo xuíz que levou o caso do accidente de Angrois.

Caso das fotografías de Alberto Núñez Feijóo con Marcial Dorado

O caso das fotografías de Alberto Núñez Feijóo con Marcial Dorado, en ocasións citado como escándalo das fotos con Marcial Dorado fai referencia ao escándalo político en Galicia tras a publicación dunhas fotografías no xornal El País o 30 de marzo de 2013, onde aparecía o Presidente da Xunta de Galicia, o político do Partido Popular Alberto Núñez Feijóo, xunto ao narcotraficante Marcial Dorado. A publicación da información puxo en evidencia a relación de amizade entre o político galego e o narcotraficante, os cales chegaron a realizar viaxes xuntos.

As polémicas fotos foron tiradas nunha embarcación recreativa no ano 1995. Por aquel entón, Dorado era xa un recoñecido narcotraficante residente na Illa de Arousa, que fora xa detido en dúas ocasións. Pola contra, Feijóo ocupaba un posto destacado na Administración galega, no departamento de Saúde, sendo o "número dous" do daquela conselleiro, Romay Beccaría.Ademais das fotografías no barco de Dorado, a relación entre Feijóo e o contrabandista incluíu invitacións persoais á súa mansión na Illa de Arousa, e tamén visitas a un domicilio en Baiona entre 1995 e 1998. O propio Feijóo recoñeceu ter realizado viaxes co narcotraficante a Cascais, en Portugal, e a Andorra.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009

As eleccións autonómicas de Galicia de 2009 foron as oitavas eleccións ao Parlamento de Galicia. Nestas eleccións parlamentarias foron convocados ás urnas 2 646 872 galegos, dos cales 335.452 (12,7%) residen no estranxeiro.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012

As eleccións autonómicas de Galicia de 2012 foron as novenas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celébranse a falta de medio ano para o remate da lexislatura.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016

As eleccións autonómicas de Galicia de 2016 foron as décimas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celebráronse o 25 de setembro de 2016, data en que se fan catro anos desde a celebración dos comicios anteriores.

Emilio Pérez Touriño

Emilio Pérez Touriño, nado na Coruña o 8 de agosto de 1948, é un economista e político galego. Foi o presidente da Xunta de Galicia dende o 2 de agosto de 2005 ata marzo de 2009, e Secretario Xeral do PSdeG dende 1998 ata o 2 de marzo de 2009.

Francisco Conde López

Francisco José Conde López, nado en Monforte de Lemos en 1968, é un economista e político galego.

Os Peares, A Peroxa

Para o núcleo, véxase Os PearesNosa Señora do Pilar dos Peares é unha parroquia do concello da Peroxa, na comarca de Ourense. Segundo o IGE, no ano 2015 tiña 68 habitantes, 35 homes e 33 mulleres. Consta dun único lugar que leva o mesmo nome.

Esta parroquia e lugar é o máis poboado do núcleo de poboación dos Peares que se estende por catro parroquias de catro concellos das provincias de Lugo e Ourense.

Aquí criouse o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo[Cómpre referencia].

Partido Popular de Galicia

O Partido Popular de Galicia (PPdeG) é a rama galega do Partido Popular español. No ano 2015 contaba con 1753 concelleiros, e 15 deputados no Congreso dos Deputados. Ten a maioría absoluta no Parlamento de Galicia, con 41 dos 75 escanos.

Ponte sobre a ría de Noia

A ponte sobre a ría de Noia une o lugar da Barquiña (Barro) e o porto de Testal (O Obre), no concello de Noia, sobre a ría de Muros e Noia, cunha lonxitude de 1.657 metros. Foi inaugurada en 2014 e trátase da primeira ponte atirantada construída pola Administración autonómica.Forma parte dunha variante (estrada AC-549) que une o corredor CG-1.5 na Barquiña coa estrada AC-550 no lugar de Taramancos (Boa), cunha lonxitude total de 4,8 km.

Presidencia da Xunta

A presidencia da Xunta é ostentada pola persoa encargada de liderar a Xunta de Galicia, o máximo órgano executivo do ámbito competencial galego, e de representar a Galicia no exterior. É elixida polo Parlamento de Galicia, entre os seus deputados (artigo 15.2, do Estatuto de Autonomía) escollidos á súa vez por sufraxio universal.

O goberno de Galicia foi establecido o 16 de marzo de 1978 e foi reforzado polo Estatuto de autonomía de Galicia de 1981, ratificado o 28 de abril de 1981. O seu período de goberno é de catro anos, que poden ser renovables as veces que os galegos e as galegas queiran.

Dende 2009, a presidencia da Xunta de Galicia está rexida polo ourensán Alberto Núñez Feijóo.

Turgalicia

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, coñecida co seu nome comercial de Turgalicia, é unha sociedade de capital público, inscrita no organigrama da Xunta de Galicia e responsable da promoción turística de Galicia.

Vicepresidencia da Xunta de Galicia

A vicepresidencia da Xunta é un antigo cargo político dentro do organigrama da Xunta e que a miúdo serviu como coordinación do traballo doutras consellerías. Ao longo da historia da Xunta de Galicia houbo gobernos que contaron cun vicepresidente, con dous vicepresidentes ou con ningún.

O vicepresidente é tamén o encargado de substituír o presidente nas súas funcións en caso de falecemento, dimisión ou viaxe ao estranxeiro, e ata a elección dun novo presidente, de ser o caso. De non existir vicepresidente, esas funcións recaen na persoa que ocupe o cargo de conselleira de Presidencia.

A vicepresidencia pode rer funcións políticas claramente definidas ou actuar como consellería sen carteira, na asistencia do cargo do presidente.

Xesús Vázquez Abad

Xesús Vázquez Abad, nado en Nuremberg (Alemaña) o 22 de setembro de 1967, é un político galego pertencente ao PPdeG.

Xosé Cuíña

Xosé Cuíña Crespo, nado en Prado (Lalín) o 25 de febreiro de 1950 e finado en Santiago de Compostela o 28 de decembro de 2007, foi un empresario e político galego.

Xoán Manuel Jiménez Morán

Juan Manuel Jiménez Morán, nado en Verín o 22 de setembro de 1956, é un político galego do PPdeG.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.