Albacete

Albacete é unha cidade española situada ao sueste da Meseta Central, concretamente na rexión histórica da Mancha, aínda que actualmente situada dentro da comarca dos Llanos de Albacete, da que é o seu único municipio. É a capital da provincia de Albacete, pertencente á comunidade autónoma de Castela-A Mancha, e sede do Tribunal Superior de Xustiza de devandita comunidade autónoma.

Albacete, cos seus 166.909 habitantes (212.599 no área de atracción metropolitana), segundo datos do INE de 2008, é a maior cidade en número de habitantes de toda Castela-A Mancha.

As orixes da cidade son incertos, aínda que as primeiras certezas da súa existencia atópanse durante o dominio andalusí da zona, sendo chamada a cidade orixinalmente como Al-Basit, en árabe "A Chaira", en alusión ao carácter chairo da xeografía do lugar.

Coordenadas: 38°59′44″N 1°51′21″O / 38.99556, -1.85583

Albacete
Albacete-Bandera
Escudo Albacete
Ayuntamiento Albacete
Concello de Albacete.
Localización
Albacete en España

Albacete
Albacete
Albacete en Provincia de Albacete

Albacete
Albacete
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaCastela-A Mancha Castela-A Mancha
ProvinciaAlbacete
ComarcaLlanos de Albacete
Xeografía
Altitude686 msnm
Superficie1.125,91 km²
Demografía
Poboación170.475 hab. (2010)
Densidade151,41 hab./km²
XentilicioAlbaceteño/-a ou albacetense
Outros datos
Código postal02001 - 02007
AlcaldeCarmen Bayod Guinalio (PP)
www.albacete.es

Demografía

Fonte: INE (Wikipedia DE)
1842 1857 1860 1877 1887 1897 1900 1910 1920
13.143 16.607 17.088 18.591 20.671 21.449 21.373 24.981 32.163
1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2008
41.889 60.038 69.504 72.597 93.062 116.484 130.023 148.934 166.909

Monumentos e lugares de interese

O patrimonio monumental de Albacete, salvo escasas excepcións, non sobresae pola súa antigüidade ou espectacularidade, e ademais foi moi danado coa construción de novos bloques de vivendas durante a segunda metade do século XX. No entanto, destacan os seguintes edificios e lugares:

Catedral de Albacete
Catedral de San Juan Bautista, Albacete.
  • Museos da cidade
  • Biblioteca Municipal "Depósitos do Sol"
  • Parque de Abelardo Sánchez
  • IES Bacharel Sabuco
  • Conxunto arquitectónico da Praza de Gabriel Lodares, "Rúa Ancha" e Praza do Altozano
  • Pasaxe de Lodares
  • Pousada do Rosario
  • Palacio da Deputación
  • Teatro Circo
  • Fábrica de Fariñas
  • Catedral de San Xoán Bautista
  • Concello
  • Centro Cultural da Asunción
  • Casa Perona
  • Praza de touros
  • Recinto Feiral

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aeroporto de Albacete

O Aeroporto de Albacete é un aeroporto xestionado por Aena, situado no aeródromo de Albacete-Los Llanos xunto á Base Aérea de Los Llanos do Exército do Aire, ao sur da cidade de Albacete (España), a uns 4 quilómetros do centro.

Comezou a funcionar como aeroporto civil oficialmente o 1 de xullo de 2003 cando AENA converteu unha parte do aeródromo militar de Los Llanos nun aeroporto comercial. Nesa data chegou un voo da compañía Hola Airlines desde o aeroporto internacional de Palma. O aeroporto de Albacete e o de Cidade Real son os únicos de Castela-A Mancha.

A día de hoxe non hai servizos regulares dende o aeroporto de Albacete. Só existen varios voos chárter operados por aeroliñas como Privilege Style.

Albacete Balompié

O Albacete Balompié é un club de fútbol de España, da cidade de Albacete. Foi fundado en 1940 e actualmente xoga na Segunda División Española.

Arsenio Iglesias

Arsenio Iglesias Pardo, tamén coñecido como o Bruxo de Arteixo ou o Raposo de Arteixo, nado en Arteixo o 24 de decembro de 1930, é un ex-futbolista e adestrador de fútbol galego que estivo unido durante boa parte da súa carreira ao Deportivo da Coruña, onde acadou importantes éxitos deportivos. Arsenio Iglesias é hoxe unha das figuras máis destacadas do deportivismo. Xogaba de dianteiro.

Castela

Castela (en castelán: Castilla) é o nome dunha rexión histórica española que se corresponde con parte dos territorios pertencentes ao antigo Reino de Castela.

A primitiva Castela xurdiu durante as orixes da Reconquista na cabeceira do Ebro, ante o pulo de cántabros e vascóns. Dependendo dos autores e as épocas, considérase composto de territorios diferentes. A evolución histórica fai aínda máis imprecisos os seus compoñentes: o Reino de Castela foi nun primeiro momento un condado dependente do Reino de León, que finalmente se separou deste, e posteriormente formou parte, xunto a outros reinos, da Coroa de Castela.

Así, o nome de Castela empregouse na Baixa Idade Media para denominar á Coroa de Castela, o conxunto de todos os territorios dos monarcas da Coroa (por contraposición ao resto de reis hispánicos, os de Aragón, Navarra e Portugal).

Castela-A Mancha

Castela-A Mancha (en castelán: Castilla-La Mancha) é unha comunidade autónoma española que abrangue parte das rexións xeográficas de Castela e A Mancha, e está formada por cinco provincias: Albacete, Cidade Real, Cuenca, Guadalaxara e Toledo. A capital da comunidade autónoma é Toledo. Limita con Castela e León, Comunidade de Madrid, Aragón, Comunidade Valenciana, Rexión de Murcia, Andalucía e Estremadura.

É a herdeira da rexión histórica de Castela a Nova, exceptuando a provincia de Madrid, que se decidiu que constituíse unha comunidade autónoma uniprovincial tras a división territorial de España posterior á promulgación da Constitución de 1978, e inclúe a totalidade da comarca ou rexión natural da Mancha, ao incorporarse a provincia de Albacete, que antes formaba parte da rexión de Murcia.

Réxese mediante un Estatuto, aprobado en 1983 e reformado por última vez en 2007. O estatuto establece que o poder rexional é exercido pola Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha, presidido na actualidade por Emiliano García-Page, do Partido Socialista.

José Luis Cuerda

José Luis Cuerda, nado en Albacete o 18 de febreiro de 1947, é un director, guionista e produtor de cine español.

Juan Antonio Anquela

Juan Antonio Albacete Anquela, nado en Linares (Xaén) o 11 de setembro de 1957, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro e actualmente adestra ó Deportivo da Coruña.

Luis Suárez Miramontes

Luis Suárez Miramontes, nado na Coruña, no barrio de Montealto, o 2 de maio de 1935, é un ex futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española. Na actualidade forma parte do equipo técnico do Inter de Milán. Trátase do único Balón de Ouro galego e español, premio que acadou en 1960.

Paco Herrera

Francisco "Paco" Herrera Lorenzo, nado en Barcelona o 2 de decembro de 1953, é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol catalán. Xogou na demarcación de centrocampista.

Pepe Murcia

José Murcia González, máis coñecido como Pepe Murcia, nado en Córdoba o 3 de decembro de 1964, é un adestrador de fútbol español.

Provincia de Alacant

A provincia de Alacant (en valenciano: Alacant, en castelán: Alicante) é a máis meridional da Comunidade Valenciana. Limita ao norte coa provincia de València, ao sur coa Rexión de Murcia, ao oeste con Murcia e a provincia de Albacete (Castela-A Mancha), e ao leste co mar Mediterráneo. A súa capital é a cidade homónima de Alacant. A súa área abrangue 5.863 km², cunha poboación de 1.855.047 habitantes (2015).

As cidades da provincia que superan os 50.000 habitantes son Alacant (328.648 hab.), Elx (227.312 hab.), Torrevieja (88.447 hab.), Orihuela (82.675 hab.), Benidorm (69.045 hab.), Alcoi (59.567 hab.), Sant Vicent del Raspeig (56.302 hab.) e Elda (53.248 hab.).

Provincia de Albacete

A provincia de Albacete é unha das cinco nas que se divide a comunidade autónoma de Castela A Mancha. Limita ó norte con Cuenca, ó leste coa Comunidade Valenciana, ó sur con Murcia e Granada e ó oeste con Cidade Real e Xaén.

A provincia ten unha poboación de 384.640 habitantes (2005). A súa capital é Albacete e as localidades máis importantes ademais da capital son Hellín, Villarrobledo, Almansa e La Roda.

Provincia de Cidade Real

A provincia de Cidade Real (en castelán: Ciudad Real) é unha provincia española, situada en Castela-A Mancha, que ten como capital a cidade do mesmo nome. Conta cunha poboación de 506.864 habitantes (2006), e ocupa unha superficie de 19.813 km², que se reparten entre 100 concellos. Limita polo norte coa provincia de Toledo, polo nordeste coa provincia de Cuenca, polo leste coa provincia de Albacete, polo sur coas provincias de Córdoba e Xaén (Andalucía), e polo oeste coa de Badaxoz (Estremadura).

Provincia de Cuenca

A provincia de Cuenca é unha provincia española situada na parte oriental de Castela-A Mancha. No ano 2006 estaban censadas na provincia 208.616 persoas, nunha área de 17.061 km², repartida entre 238 municipios. Unha cuarta parte da poboación residía na capital.

Limita ao sur coas provincias de Albacete e Cidade Real, ao norte coa provincia de Guadalaxara e máis a Comunidade Autónoma de Aragón, ao leste coa Comunidade Valenciana, e ao oeste coa provincia de Toledo e a Comunidade de Madrid.

Provincia de Valencia

A provincia de Valencia (en valenciano: València) é unha provincia da Comunidade Valenciana. A capital provincial é a cidade homónima de València. Ocupa unha superficie de 10.563 km², na que habitaban 2.463.592 persoas (INE 2006).

No 2005, o 70,14 % dos habitantes da provincia (1.694.970) vivían na área metropolitana da capital. Outros municipios destacados son Xiva, Cheste, Gandia, Paterna, Sagunt, Alzira, Xàtiva, Requena e Utiel.

Situada no Oriente da Península Ibérica, ocupa a posición central da súa comunidade, e limita co mar Mediterráneo polo leste; coas provincias de Castelló e Teruel polo norte; Cuenca e Albacete polo oeste e Alacant polo sur.

A provincia conta cun enclave separado, entre as provincias de Cuenca e Teruel, o Rincón de Ademuz.

Correspóndenlle 16 escanos no Congreso dos Deputados e 36 nas Cortes Valencianas.

Rexión de Murcia

A Rexión de Murcia (en castelán: Región de Murcia, en valenciano: Regió de Múrcia) é unha comunidade autónoma uniprovincial de España situada no sueste da Península Ibérica. Limita ao norte con Castela-A Mancha, ao sur co mar Mediterráneo, ao oeste con Andalucía e ao leste coa Comunidade Valenciana.

Trátase dunha rexión histórica do sueste de España, herdeira do antigo Reino de Murcia, que tradicionalmente comprendeu as provincias de Albacete e Murcia. Durante a Transición, Albacete quedou integrada na nova Castela-A Mancha, formándose a actual autonomía uniprovincial.

A súa capital e cidade máis poboada é Murcia, que é sede dos órganos institucionais rexionais, agás a Asemblea Rexional de Murcia, que se atopa en Cartaxena, segunda cidade en importancia. Algo menos dun terzo da poboación total da Rexión vive na cidade de Murcia, mentre que esta cidade xunto con Cartaxena e Lorca aglutinan a metade da poboación.

A rexión é unha das maiores produtoras de froitas, verduras e flores de Europa, con viñedos importantes nos municipios de Jumilla, Bullas e Yecla, que posúen denominación de orixe. O seu territorio é cálido e na súa maioría semiárido; a pesar diso, a súa agricultura é tradicionalmente de regadío. Tamén é importante o sector turístico, especialmente concentrado na costa, así como as industrias petroquímica, enerxética e alimentaria.

Segunda división B española de fútbol

A Segunda División B, coñecida habitualmente como Segunda B, é a terceira división xerárquica da Liga española de fútbol. Foi introducida en 1977 como categoría intermedia entre a Segunda División e a Terceira División. A súa organización depende da Real Federación Española de Fútbol. A pesar de non estar integrada na LFP a práctica totalidade dos clubs son profesionais.

Segunda división española 1990/91

A tempada 1990–91 da Segunda División de España de fútbol corresponde á 60º edición do campionato. Disputouse do 1 de setembro de 1990 ao 9 de xuño de 1991. O Albacete Balompié proclamouse campión por primeira vez na súa historia, logrando así debutar en Primeira División.

Segunda división española de fútbol

A Segunda División de España, oficialmente La Liga 2 e coñecida como La Liga SmartBank por razóns de patrocinio, é a segunda categoría da Liga española de fútbol, inmediatamente inferior á Primeira División e por riba da Segunda División B.

En xogo dende a tempada 1928-1929, está organizada pola Liga de Fútbol Profesional, sendo unha das dúas ligas profesionais de fútbol existentes no Estado xunto coa Primeira.

Capitais de provincias de España

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.