Alba de Tormes

Alba de Tormes é un municipio na provincia de Salamanca, na Comunidade Autónoma de Castela e León, España. Alba de Tormes é tamén o nome do seu principal núcleo de poboación. En 2012 tiña 5382 habitantes.

De pouco máis de 3000 habitantes en 1900, a súa poboación foi aumentando durante a maior parte do século XX. A finais de 2005 contaba cunha poboación de 4953 habitantes, 2.457 homes e 2.496 mulleres, nunha superficie de 46,51 km². A súa altitude é de 830 m sobre o nivel do mar.

Limita: ao norte co municipio de Garcihernández, ao leste co municipio de Aldeaseca de Alba, ao sueste con Navales, ao sur con Encinas de Arriba, ao suroeste co municipio de Martinamor, e ao oeste con Terradillos.

A súa economía baséase en cereais, remolacha azucreira, garavanzos e patacas. Cultivo de regadío e de secaño.

Coordenadas: 40°50′N 5°30′O / 40.833, -5.500

Alba de Tormes
Escudo de Alba de Tormes
Alba de Tormes, Salamanca, España
Vista da localidade
Localización
Término municipal de Alba de Tormes
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaCastela e León Castela e León
Xeografía
Altitude842 msnm
Superficie46,51 km²
Demografía
Poboación5382 hab. (en 2012)
Densidade115,72 hab./km²
Xentilicioalbense
Outros datos
Código postal37800
AlcaldeMaría Concepción Miguélez (PP)
albadetormes.com

Historia

Alba de Tormes é un municipio histórico. Contén a vila do mesmo nome, que conforma o Ducado de Alba de Tormes, antigo condado e señorío. Ademais neste concello está o sepulcro de Santa Tareixa de Xesús, onde se conserva o seu corpo incorrupto.

Monumentos

  • Basílica (S. XIX): Templo inacabado de estilo. Foi concibida para albergar os restos da Santa e acoller os miles de peregrinos que ían visitalos. Cabe tamén destacar as 8 capelas laterais.
  • Castelo dos Duques de Alba: Comezouse a construír sobre 1430, e concluíuse no século XVI, sendo desde o momento da súa construción residencia dos Duques de Alba. A sobriedade dos severos muros da antiga Torre da Homenaxe contrasta coa grandeza do seu interior, onde a Sala da Armería mostra excepcionais frescos renacentistas realizados polo italiano Cristóbal Passini. A sala baixa alberga unha interesante exposición dos restos arqueolóxicos encontrados nas escavacións realizadas no propio castelo en 1993.
  • Ermida da virxe de Otero.
  • Ponte do río Tormes.
  • Igrexa MM Benedictinas.
  • Colexio - Seminario San Xerome: É un mosteiro que pertenceu aos Premostratense e que despois pasou aos Xerónimos, e de aí lle ven o seu nome. Na actualidade é un colexio dos Padres Reparadores[1].
  • Igrexa de Santiago: É a máis antiga de Alba. Foi albergue de peregrinos. Mestura o mourisco e o románico, combinando ladrillo e pedra.
  • Igrexa de San Juan de la Cruz: Primeiro templo do mundo dedicado ao santo carmelitano.
  • Igrexa de San Xoán: Foi construída a finais século XII e principios do XIII. É de estilo Románico-mudéxar e declarada Monumento Nacional. Alberga no seu interior pezas extraordinarias encadradas dentro dos máis variados estilos, entre as que se encontra o Apostolado románico-bizantino de pedra areisca policromada.
  • Igrexa de San Pedro: Portada gótica que perdura despois dun incendio que destruíu por completo o templo. É a sede parroquial de Alba.

Festas

  • 5 de febreiro.
  • 25 - 27 de agosto: Festa da Transverberación de Santa Tareixa ou Festas de verán.
  • 14 - 22 de outubro: Festas Patronais en honor de Santa Tareixa.

Galería de imaxes

20060706-Alba de Tormes Torre

Torre da Homenaxe do Castelo dos Duques de Alba.

20060706-Alba de Tormes Iglesia de San Juan de la Cruz

Igrexa de San Juan de la Cruz.

Notas

  1. Colegio Seminario San Jerónimo

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alba

Alba pódese referir a:

A alba, o abrir o día;

Alba, antropónimo feminino;

Alba, territorio mitolóxico;

Alba, rei mitolóxico de Alba Longa;

Alba, poema lírico occitano, creador do xénero da alba;

alba, vestidura usada no cristianismo en actos litúrxicos;

Alba, revista poética galega (1948-1956);

ALBA, sincrotrón que se está construíndo en Cerdanyola del Vallès;

Alternativa Bolivariana para las Américas, organización internacional;

O ducado de Alba e a Casa de Alba;

Corporación Financiera Alba, hólding que controla Uralita ou Cervezas San Miguel.

ALBA Berlin, equipo alemán de baloncesto.

Carlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo

Carlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo, nado en Madrid o 2 de outubro de 1948, é un aristócrata español, XIX Duque de Alba de Tormes, fillo de Cayetana Fitz-James Stuart e de Luis Martínez de Irujo y Artázcoz.

Casa de Alba

A casa de Alba de Tormes, coñecida habitualmente como casa de Alba, é unha casa nobiliaria española, orixinaria da coroa de Castela, cuxas orixes se remontan ao século XIV.

O seu nome provén do ducado de Alba de Tormes, título con Grandeza de España, que ostenta o seu xefe ou cabeza.

Tradicionalmente o herdeiro do ducado de Alba ostenta o ducado de Huéscar. A súa actual titular é Cayetana Fitz-James Stuart, XVIII duquesa de Alba de Tormes.

Castelo de Valencia de Don Juan

O Castelo de Valencia de Don Juan ou de Coyanza atópase na localidade de Valencia de Don Juan, na provincia de León (Castela e León), vila chamada anteriormente Valencia de Campos e Coyanza. É un edificio histórico, referente peninsular da arquitectura gótico-militar. Obtivo a declaración de Monumento Nacional por parte do goberno provisional da Segunda República. Emprázase sobre un antigo castro das idades do Bronce, Ferro e época romana. Pertence á Fundación Instituto Valencia de Don Juan, con sede en Madrid, por doazón dos herdeiros da XXV Condesa de Valencia de Don Juan, Adelaida Crooke e Guzmán. No ano 1998 asinouse un convenio de cesión entre a Fundación Instituto Valencia de Don Juan e o Concello de Valencia de Don Juan, por medio do cal a primeira institución cedera á segunda o uso e aproveitamento do castelo durante 75 anos (1998-2073).

A cuarta fortaleza da que se ten certeza neste soar foi mandada construír a finais do século XIV polo infante Xoán de Portugal, I duque de Valencia de Campos, título concedido o 22 de decembro de 1387, fillo bastardo do rei Pedro I de Portugal e da nobre galega Inés de Castro. O infante Xoán foi un dos potenciais candidatos á coroa portuguesa durante a crise de 1383-1385 en Portugal, defendido polo partido lexitimista-nacionalista, dirixido por Martín Vázquez de Acuña durante as Cortes de Coímbra de 1385 nas que a alta nobreza defendía o seu nome como o lexítimo pretendente ao trono. Exiliado en Castela, en Valencia de Campos establecería o seu castelo. Casou dúas veces: primeiro con María Téllez de Meneses, filla de Martín Alfonso Téllez de Meneses; e logo con Constanza Enríquez, filla ilexítima do rei Enrique II de Castela, señora de Alba de Tormes. Do segundo matrimonio naceu María de Portugal, que casaría con Martín Vázquez de Acuña, e herdarían o señorío de Valencia de Campos, continuando a construción do castelo.

O edificio actual débese a Xoán de Acuña e Portugal, terceiro conde e segundo duque de Valencia de Don Juan, e a súa muller Teresa Enríquez e está construído en cachotaría de pedra, ladrillo e tapia. Os seus brasóns, xunto aos dos Quiñónes de León, son aínda visibles nas torres da muralla. Durante a Guerra de Sucesión Castelá foi asediado en 1475, acto no que morreu Xoán de Acuña e Portugal precipitado dende unha das xanelas do castelo. Abandonado a mediados do século XVI, o seu derrubamento iniciouse no século XVII, desaparecendo os seus forxados, bóvedas e cubertas, ademais das xesarías mudéxares que decoraban o interior dos seus muros. Dende entón o castelo foi restaurado en varias ocasións dende mediados do século XX: entre 1950 e 1955 reconstruíuse parcialmente a torre da homenaxe, en 1980 consolidáronse e sanearon as murallas, entre 1987 e 1988 fixéronse escavacións arqueolóxicas e unha pasarela de acceso, e entre 2004 e 2005 reconstruíuse parcialmente a torre da homenaxe e reconstruíuse o segundo arco de entrada.

No ano 2008 inaugurouse o Museo do Castelo de Valencia de Don Juan, dentro dun edificio de ferro, madeira e cristal instalado no interior da torre da homenaxe. Esta colección museográfica céntrase na divulgación da historia de Valencia de Don Juan, do seu Castelo e da familia de Acuña e Portugal, a través de materiais arqueolóxicos achados na localidade, fundamentalmente no propio castelo como escudos, moedas ou vaixela.

Cayetana Fitz-James Stuart

María del Rosario Cayetana Fitz-James Stuart y Silva, comunmente coñecida como Cayetana de Alba ou Duquesa de Alba, nada no Palacio de Liria (Madrid) o 28 de marzo de 1926 e finada no Palacio de las Dueñas (Sevilla) o 20 de novembro de 2014, foi unha aristócrata española, XVIII duquesa de Alba, xefa da Casa de Alba e connotada figura social. Foi a terceira muller que ostentou o título por dereito propio dentro da familia. Cayetana era descendente directa do Rei Xacobe II de Inglaterra a través do seu fillo ilexítimo James Fitz-James, o cal tivo co seu amante Arabella Churchill.

Segundo o Libro Guinness dos Récords, Cayetana de Alba posuía máis títulos que ningún outro nobre no mundo legalmente ante un goberno vixente que os recoñezca: era cinco veces duquesa, dezaoito veces marquesa (entre elas, marquesa de Sarria, vinte condesa (de Lemos e Ribadeo entre outros), vicecondesa, condesa-duquesa e condestablesa, ademais de ser catorce veces Grande de España.

Condado de Lerín

O Condado de Lerín é un título nobiliario español, de orixe navarra, concedido polo rei Carlos III de Navarra o 25 de agosto de 1459 á súa filla natural Xoana de Navarra cando esta casou en segundas nupcias co seu primo Luís de Beaumont, neto de Luís de Évreux, duque de Durazzo e bisneto dos reis Xoana II de Navarra e Filipe III.

Os condes de Lerín encabezaron a facción dos beaumonteses durante a guerra civil de Navarra, en defensa dos intereses de Carlos de Viana, príncipe de Viana en contra do seu pai o rei Xoán II o Usurpador.

Trátase dun dos títulos nobiliarios más importantes de España, ao que concedeu en 1520 o emperador Carlos V a Grandeza de España de primeira clase.

O seu actual titular é Carlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo, duque de Alba.

Condado de Monterrei

O Condado de Monterrei (ou Monterrey en castelán) é un título da nobreza española.

Ducado de Alba de Tormes

O Ducado de Alba de Tormes, comunmente denominado ducado de Alba a secas, é un título nobiliario hereditario que o rei Henrique IV de Castela outorgou, en 1472, a García Álvarez de Toledo y Carrillo de Toledo, II conde de Alba de Tormes, ao converter o seu condado de Alba de Tormes nun ducado, que hoxe en día, e dende hai máis de cincocentos anos, é un dos principais e máis tradicionais títulos do Reino de España e o que lle dá nome á Casa de Alba, como propietaria deste, constituíndo a liñaxe familiar máis importante de España en soleira, avoengo e relevancia histórica.

Ducado de Montoro

O ducado de Montoro é un título nobiliario español creado o 12 de abril de 1660 con Grandeza de España polo rei Filipe IV a favor de Luis de Haro y Guzmán, fillo do V marqués do Carpio. O seu nome refírese ao municipio andaluz de Montoro, na provincia de Córdoba.

En 1994, Cayetana Fitz-James Stuart, a XVIII duquesa de Alba de Tormes cedeu o título de duquesa de Montoro á súa filla María Eugenia Martínez de Irujo y Fitz-James Stuart, desligándoo así a futuro da casa do Carpio.

Francisca Sarasate

Francisca Sarasate Navascués, nada na Coruña o 29 de novembro de 1853 e finada en Pamplona o 1 de maio de 1922, foi unha escritora navarra de orixe galega. Asinou algúns dos seus libros como Francisca Sarasate de Mena debido ao apelido do seu home.

Henrique II de Castela

Henrique II de Castela, nado en Sevilla o 13 de xaneiro de 1334 e finado en Santo Domingo de la Calzada o 29 de maio de 1379, foi rei de Castela, fillo ilexítimo de Afonso XI de Castela e Leonor de Guzmán e polo tanto medio irmán de Pedro I de Castela.

Palacio de las Dueñas

O Palacio de las Dueñas é un edificio situado na cidade española de Sevilla, en Andalucía, que pertence en propiedade á Casa de Alba. Foi levantado entre os séculos XV e XVI, de estilos gótico-mudéxar ao renacentista e é un dos principais inmobles da cidade, polo seu valor histórico, arquitectónico, artístico e pola importancia dos seus bens mobles.

Nel naceu o poeta Antonio Machado en 1875, e casou nas súas terceiras nupcias o 5 de outubro de 2011 e faleceu o 20 de novembro de 2014 Cayetana Fitz-James Stuart, a XVIII duquesa de Alba de Tormes.

Palomares

O topónimo castelán Palomares (pombais) pode referirse a:

a localidade andaluza de Palomares, do municipio de Cuevas del Almanzora (provincia de Almería);

a localidade andaluza de Palomares, do municipio de Rute (provincia de Córdoba);

a localidade castelá de Palomares, do municipio de Béjar (provincia de Salamanca);

a localidade castelá de Palomares de Alba, do municipio de Alba de Tormes (provincia de Salamanca);

o concello de manchego de Palomares del Campo (provincia de Cuenca);

o concello andaluz de Palomares del Río (provincia de Sevilla);

a localidade canaria de Los Palomares, do municipio de Los Llanos de Aridane (Tenerife);

a localidade de Sobradillo de Palomares, do municipio de Pereruela, (provincia de Zamora);O apelido Palomares é levado por:

o ciclista valenciano Adrián Palomares;

o cantante e compositor mexicano Gabino Palomares;

o indíxena mexicano Fernando Palomares;

o sacerdote protestante valenciano Francisco Palomares;

a independentista cubana Luz Palomares;

o escritor venezolano Ramón Palomares.

Pedro Madruga

Pedro Álvarez de Soutomaior, alcumado Pedro Madruga, tal vez finado en Alba de Tormes en 1486, foi unha das figuras máis salientables do medievo galego, considerado hoxe o prototipo de cabaleiro feudal. De orixe bastarda, foi un home belicoso que chegou ao máis alto escalafón da liñaxe dos Soutomaior. Temido e admirado, os ecos dos seus feitos promoveron centos de estudos sobre a súa figura e mais o seu tempo. Foi un acérrimo inimigo de Alonso II de Fonseca e defensor dos dereitos sucesorios de Xoana a Beltranexa.

Provincia de Salamanca

Salamanca é unha provincia española, situada no suroeste da Comunidade Autónoma de Castela e León.

A súa capital é a cidade de Salamanca. Limita ao norte coa provincia de Zamora, ao nordeste coa de Valladolid, ao leste coa provincia de Ávila, ao sur coa de Cáceres e polo oeste confina con Portugal.

A súa supeficie é de 12.336 km², o que a converte na terceira provincia de Castela e León, despois de León e Burgos.

Consonte con datos do (INE 2005), a provincia conta con 352.414 habitantes, dos cales 160.331 (un 45%) vive na capital.

Río Tormes

O río Tormes é un curso fluvial de Castela e León, que verte as súas augas na marxe esquerda do río Douro, logo dun percorrido de 247,1 km.

Santa Marta de Tormes

Santa Marta de Tormes é un municipio na provincia de Salamanca, na Comunidade Autónoma de Castela e León, España. Está a unha distancia de 3 km de Salamanca, a capital provincial.

Serra de Béjar

A Serra de Béjar é unha das estribacións* do Sistema Central na provincia de Salamanca, Castela e León. Trátase dunha das bisbarras con maior sentido histórico-tradicional, xeográfico e cultural da provincia. Os seus límites non se corresponden cunha división administrativa. A súa parte máis elevada fai de límite coas provincias de Ávila e Cáceres polo que nas bisbarras cacereñas do Val do Jerte e o Val do Ambroz así como a do Alto Tormes en Ávila, tamén se usa o topónimo Serra de Béjar para referirse ás súas vertentes.

Ten as súas raíces históricas en dous territorios diferenciados, o leonés Marquesado de Montemayor e o castelán Comunidade de Vila e Terra de Béjar, que se xuntaron tras a inclusión da maior parte do segundo na provincia de Salamanca. Esta operación levouse a cabo na división territorial de España en 1833 realizada por Javier de Burgos e sentou as bases das provincias actuais, que deron pé á organización destas en partidos xudiciais. Béjar constituíuse como cabeceira de partido en 1834 e é precisamente este feito o que dotou de sentido comarcal a toda a serra coa cidade de Béjar como capital e centro de servizos. O partido creado entón coincide coa bisbarra actual agás pola inclusión de Muíño, Pinedas e case todos os concellos do Alto Tormes. No século XX, partido e bisbarra empezáronse a diferenciar pois trala sucesiva perda de poboación na provincia salmantina, elimináronse os partidos xudiciais de Alba de Tormes, Ledesma e Sequeros, o que implicou o aumento de extensión do resto, entre eles o de Béjar.

Tareixa de Ávila

Tareixa de Ávila ou Tareixa de Xesús, nada como Teresa de Cepeda y Ahumada en Ávila o 28 de marzo de 1515, e finada en Alba de Tormes o 4 de outubro de 1582, foi unha relixiosa, doutora da Igrexa católica, mística e escritora española. Foi a fundadora da Orde dos Carmelitas Descalzos.

Xunto con san Xoán da Cruz, é considerada o cumio da mística experimental cristiá e unha das grandes mestras da vida espiritual da Igrexa católica.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.