Alameda de Santiago de Compostela

Coordenadas: 42°52′36″N 8°32′50″O / 42.87667, -8.54722

Alameda de Santiago de Compostela
Árbores no Parque da Alameda de Sanrtiago.

A Alameda de Santiago de Compostela, ou o Parque da Alameda de Santiago de Compostela constitúe o parque urbano máis destacado da cidade de Santiago de Compostela.

Situación e composición

Situado a medio camiño entre dous dos elementos máis emblemáticos da cidade, o Campus Sur da Universidade e o casco histórico, a súa composición actual é o resultado de varias ampliacións e restauracións que hoxe en día conforman un magnífico patrimonio arquitectónico e botánico que, aínda que recibe o nome xenérico de Alameda, está constituído por tres zonas ben diferenciadas:[1][2]

A unidade así formada é, desde o século XIX, o máis importante punto de referencia dos paseos e do ocio dos santiagueses, un espazo moi acolledor, unha especie de salón natural, moi visitada tamén polos turistas. A súa situación privilexiada, bordeando unha parte da cidade histórica —e cunha magnífica perspectiva sobre a súa fachada oeste, a máis monumental— converteuno no principal xardín urbano da cidade, destacando ademais pola variedade e porte das súas especies arbóreas ornamentais, como o conxunto dos carballos, os espléndidos eucaliptos ou a pérgola con vistas cara ao monte Pedroso, a Residencia (actual Campus Sur da Universidade) e os arredores do sur da cidadde de Santiago, que compoñen os castiñeiros de Indias no Paseo da Ferradura.[1]

O paso do tempo foi deixando pegadas na súa ordenación espacial, como se pode apreciar no paseo central, con tres corredores diferenciados para as distintas clases sociais do século XIX, no case arco triunfal que dá acceso ao Paseo dos Leóns, ou na disposición de terrados (parterres), fontes e estanques. E tamén nas súas edificacións decimonónicas, modernistas e actuais (igrexa do Pilar, pavillón de Recreo Artístico e Industrial, único edificio que queda da Exposición Rexional Galega de 1909, palomar, quiosco da música, banco acústico, etc., na abundancia e formas das súas estatuas e esculturas, e no seu mobiliario, especialmente os bancos graníticos con artístico respaldo de fundición da famosa fábrica de Sargadelos, que contaba co pimeiro alto forno de España, creada por Antonio Raimundo Ibáñez, marqués de Sargadelos.[1]

Historia

No século XII, o arcebispo Xelmírez mandou construír unha igrexa para albergar as reliquias de Santa Susana, templo que foi remodelado nos séculos XVII e XVIII, e que está hoxe rodeado por máis de 300 carballos centenarios que forman unha magnífica carballeira (a carballeira de Santa Susana).
En 1546, o nobre compostelán Rodrigo de Moscoso Osorio e Álvarez de Toledo, V conde de Altamira, doou unhas terras agrícolas para uso e goce dos santiagueses.
No ano 1835, o concello de Santiago iniciou a creación do Campo da Estrela,[3] e máis do Paseo da Ferradura, que rodea a carballeira de Santa Susana.[2]
En 1885 dúas grandes figuras escultóricas con forma de león foron trasladadas desde a Porta Faxeira, sendo colocadas na entrada do Paseo da Ferradura, percorrido semicircular que bordea a Alameda. Desde entón, este treito recibe o nome de Paseo dos Leóns.[4]

Datos de interese

O Parque ten unha extensión de 56 087 m2. A súa topografía é en pendente suave. É un xardín de especial interese botánico e monumental. Nel encóntranse varios miradoiros sobre a cidade vella e o que permite contemplar o monte Pedroso, a Residencia (actual Campus Sur ou Campus Vida) e os arredores do sur da cidade de Santiago. Dispón de amplas zonas de sombra, de céspede e de descanso con bancos. Están sinalizados itinerarios peonís e hai posibilidade de percorrelo en bicicleta. É accesíbel para persoas con discapacidade física. Dispón de fontes de auga potábel, estanques, parque de xogos infantís e servizos sanitarios públicos. Ten iluminación nocturna, un punto de información e zonas de aparcamento próximas (de pago).[1]

Galería de imaxes

Santiago Alameda GDFL06

Paseo da Ferradura

Valle-inclan.Santiago

Escultura de Valle Inclán, sentado nun banco do Paseo da Ferradura

Santiago Alameda Fonte Ferradura GDFL

Fonte no Paseo da Ferradura

Santiago Alameda ARAUCARIA GDFL04

Araucaria (esquerda) e dúas palmeiras no Paseo da Ferradura

Santiago Alameda 2006

Palco da Música no Paseo da Alameda

Paseo da Ferradura, Santiago de compostela

Banco no Paseo da Alameda

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Parque de la Alameda en Turismo de Santiago (en castelán).
  2. 2,0 2,1 2,2 Alameda de Santiago de Compostela en SEC (Sociedad Española de la Camelia (en castelán).
  3. Situado na actual rúa do Campo da Estrela.
  4. Paseo dos Leóns en turismo.gal

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Alameda

Unha alameda adoita ser un terreo poboado de álamos, e por extensión un xardín con árbores. Ademais do artigo sobre o nome común, hai tamén xardíns concretos que teñen artigo de seu:

Alameda da Praza de Compostela

Alameda de Santiago de CompostelaComo topónimo dá nome aos seguintes lugares:

Alameda, localidade andaluza da provincia de Málaga;

o condado de Alameda, un condado californiano que se acha na ribeira leste da baía de San Francisco;

Alameda, cidade estadounidense, que pertence a ese condado

a illa Alameda, precisamente na costa leste da baía de San Francisco

o rego da Alameda, un río duns 70 km que percorre o condado de Alameda e que fai foz na baía.

As Orfas

O convento, igrexa e colexio das Orfas é un conxunto de edificios de estilo barroco situados en Santiago de Compostela.

Carballeira de San Lourenzo

A carballeira de San Lourenzo é unha carballeira compostelá cunha extensión de 8.000 metros cadrados. Está situada á beira do río Sarela, xusto ao pé do convento franciscano de San Lourenzo de Trasouto, que foi fundado no século XIII.

Por medio desta zona arborada transcorre o Camiño de Santiago, en dirección a Fisterra. No interior da carballeira hai dispostos unha fonte e dous cruceiros de interese.

Trátase dun lugar de reunión ao que Rosalía de Castro cantou na súa obra Follas Novas.

Carballeira de Santa Susana

A carballeira de Santa Susana é un outeiro de Santiago de Compostela que forma parte do Parque da Alameda de Santiago de Compostela, canda o Paseo da Alameda e o Paseo da Ferradura.Foi coñecido antigamente como outeiro de Poldros, no que houbo un castro.[Cómpre referencia]

Casa da Conga

A casa da Conga é un edificio de principios do século XVIII sito na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

Trátase dun edificio barroco construído para vivenda dos cóengos da catedral. As trazas iniciais débense a Domingo de Andrade, pero quen rematou a construción en 1730 foi Casas e Novoa. Está situada pechando a parte sur da praza da Quintana. Estrutúrase como un bloque de catro casas cun vistoso pórtico corrido que une as catro edificacións. É de estilo moi clasicista en contraste coa Casa da Parra situada na parte superior da praza. Na actualidade a casa da dereita é sede do Colexio de Arquitectos de Galicia e sala de exposicións. O resto está ocupado por comercios, restaurantes, bares e cafeterías.

Casa da Parra

A casa da Parra é un edificio de finais do século XVII situado na praza da Quintana de Santiago de Compostela. Foi deseñado por Domingo de Andrade

Casa do Cabido

A Casa do Cabido é un edificio situado na Praza de Praterías de Santiago de Compostela, construído no século XVIII e concibido para o embelecemento urbano con obxecto de adornar a praza.

Centro Comercial Compostela

O Centro Comercial Compostela é un edificio de tendas de El Corte Inglés, sito en Santiago de Compostela, na saída da cidade cara a Ourense. Inaugurado en 1998, foi o segundo centro comercial que se construíu na capital de Galicia.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Escaleira

Unha escaleira é unha construción deseñada para unir diversos espazos situados en varios niveis en vertical, dividíndoo en alturas reducidas cun lugar para poñer o pé, chamadas chanzos. Poden ser fixas, transportábeis ou móbiles. A escaleira ampla, xeralmente artística ou monumental, coñécese co nome de escalinata. A transportábel ou «de man», elaborada con madeira, corda ou ambos os dous materiais, denomínase escada. A escaleira cuxos chanzos se desprazan mecanicamente chámase escaleira mecánica.

Eva Perón

Eva María Ibarguren, máis coñecida como Eva Perón, nada en Los Toldos o 7 de maio de 1919 e finada o o 26 de xullo de 1952, foi unha actriz e política arxentina.

Facultade de Química de Santiago de Compostela

A Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela é un edificio situado no Campus Sur (ou Campus Vida) da Universidade de Santiago de Compostela. Deseñada en 1930 polo arquitecto Jenaro de la Fuente,, foi residencia estudantil até que en 1962 pasou a ser a Facultade de Ciencias. Está situada ao pé da Alameda de Santiago de Compostela, na Avenida das Ciencias, s/n..

Até 1962 os estudos de Ciencias impartíanse na actual Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela, no antigo edificio da Universidade. A sección de Químicas estaba no terceiro andar, e os laboratorios no faiado.

Galería de imaxes da alameda de Santiago de Compostela

Na alameda de Santiago de Compostela está o paseo da Ferradura.

Monte do Gozo

O monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da catedral.

Museo Pedagóxico de Galicia

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro dedicado á recuperación, coidado, estudo e mostra do legado pedagóxico de Galiza. Está situado en Santiago de Compostela.

Parque

Un parque é ou ben unha área natural, semi-natural ou unha plantación que se emprega para lecer e xogo de persoas ou ben unha área de protección da vida salvaxe ou hábitats.

Os parques como os parques urbanos ou xardíns urbanos son espazos verdes para a o lecer e que se atopan dentro de cidades, urbanizacións ou outros puntos de interese similares.

Outros parques destínanse á protección de grandes áreas naturais conservadas ou con certo interese de conservacións. Tanto poden ser espazos de gran tamaño, onde abundan especies ou ecosistemas de interese de conservación ou protección, como pequenas áreas cun interese paisaxístico, xeolóxico ou de conservación biolóxica. Algunhas destes parques puideron ser declarado polos estados como áreas e interese e protexidas, ben sexan terreos públicos ou privados.Exemplos de parque ou xardíns urbanos galego son a Alameda de Santiago de Compostela o lucense Parque de Rosalía de Castro, e o dun parque nacional galego declarado como lugar protexido é o das Illas Atlánticas.

Paseo da Alameda de Santiago de Compostela

O Paseo da Alameda de Santiago de Compostela, coñecido polos composteláns simplemente como Paseo da Alameda, é unha das tres partes que comprende o Parque da Alameda de Santiago de Compostela, canda a Carballeira de Santa Susana e o Paseo da Ferradura (ou Paseo dos Leóns).

Paseo da Ferradura

O Paseo da Ferradura, tamén coñecido como o Paseo dos Leóns, é unha das tres partes que comprende o Parque da Alameda de Santiago de Compostela, canda o Paseo da Alameda e a Carballeira de Santa Susana.

Área Central

Área Central é un complexo cívico comercial de Santiago de Compostela, sito no barrio de Fontiñas. Inaugurado o 20 de outubro de 1993, foi o primeiro centro comercial da capital de Galicia.

Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.