Alambique

Un alambique, tamén chamado alquitara ou destilador, é un aparello utilizado para destilar líquidos, tradicionalmente aceiro ou cobre e na actualidade tamén de vidro, consta dunha caldeira onde se quenta o líquido e un serpentín refrixerado onde posteriormente arrefría. Desenvolvido polo alquimista árabe Jabir ibn Hayyan sobre o 800, emprégase para producir perfumes, medicinas e alcohol procedente de froitas fermentadas. En Galicia foi moi utilizado para destilar augardente.

Alambic-1897
Alambique do século XIX.

Galería de imaxes

Alambique. Alquitara

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aromaterapia

A aromaterapia (etimoloxía : latín « aroma », grego « ἄρωμα - arôma » = aroma; grego « θεραπεία - therapeia » = cura, coidado) é a utilización con fins terapéuticos ou de curación de extractos aromáticos de plantas (esencias e aceites esenciais). Non debe confundirse coa fitoterapia, que utiliza a totalidade dos elementos extraídos das plantas terapéuticas.

O termo foi utilizado desta xeira polo alquimista francés René Maurice Gattefossé no 1935.

A aromaterapia é unha pseudociencia.

Asente

Este artigo trata sobre a bebida alcohólica elaborada a partir da planta medicinal absintio. Para o artigo sobre esta planta véxase Absintio.O asente (do latín absinthĭum, e este do grego ἀψίνθιον, apsinthion) é unha bebida con alto contido alcohólico (de até 89,9°) e con sabor moi parecido ao licor de anís. Trátase dun composto a base de herbas e flores de plantas medicinais e aromáticas, con predominio de absintio. Considerada ás veces, incorrectamente, un licor, o asente non contén azucre engadido.

Alcumada en francés a Fée Verte ('A fada verde'), esta bebida alcohólica é de lixeiro sabor anisado, cun fondo amargo de tinguiduras complexas debido á contribución doutras herbas. Cando se lle engade auga fría, a bebida transfórmase na esencia leitosa louche. Comezou sendo un elixir en Suíza, pero onde se fixo popular foi en Francia debido á asociación entre os artistas e escritores románticos que tomaban esta bebida no París da última parte do século XIX ata que se produciu a súa prohibición en 1915. A marca máis popular de asente durante os anos iniciais foi Pernod Fils e hoxe continúa séndoo mundialmente.

Augardente

A augardente (composta por auga, do latín aqua, -ae e ardente, do participio latino do verbo ardere) é o nome co que se designa un espectro de bebidas alcólicas destiladas, de entre 40 e 45 graos, que poden ser bebidas, xa sexa puras, engadidas con outras bebidas, aromatizadas ou mesturadas. Obtéñense por destilación do bagazo ou de determinados cereais, froitas ou sementes, como centeo, cebada, bagas de xenebreiro, cereixas, uvas, cana de azucre e o anís, entre outras. O nome deriva do latín aqua ardens, termo co que se chamaba ao alcol obtido por destilación.

Augardente de herbas

A augardente de herbas, é unha bebida de alta graduación (aínda que menor cá da augardente branca), típica de Galiza, e tamén Cantabria e León, que se obtén a partir da destilación do bagazo (residuo da uva despois de espremela e tirarlle o mosto) xunto con herbas aromáticas , obtendo un licor dun ton intenso amarelo averdado característico.

Ten denominación de orixe local amparada na Denominación Xeográfica Augardente de Galicia no que tamén aparece a augardente branca, o licor café e o licor de herbas. Segundo a devandita denominación, o seu contido en azucres debe ser inferior a 100 g/L. As herbas empregadas na súa elaboración adoitan ser menta, macela, herba luísa, romeu, ourego, tomiño, coandro, flor de laranxeira, fiúncho, regalicia, noz moscada e canela.

Bagazo

O bagazo, bagaño, bagullo ou bullo é o residuo de certos froitos como a uva ou a oliva, despois de espremelos e sacarlles o líquido. En Galicia o bagazo das uvas emprégase para destilar augardente; o bagaño das uvas está formado pola casca dos bagos e as pebidas unha vez fermentado e prensado.

Ciencia

A ciencia é, en sentido amplo, calquera coñecemento organizado. Pero, en sentido máis restritivo, é o conxunto dos sistemas de coñecemento organizado con obxectos e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar (o que se chama o método científico), e tamén ao sistema empregado para adquirir ditos coñecementos.Este artigo está de acordo co sentido máis restritivo da palabra. A ciencia, tal como se considera neste artigo, denomínase moitas veces como ciencia experimental, a fin de diferenciala da ciencia aplicada, que é a aplicación da investigación científica a necesidades humanas específicas, aínda que as dúas estean certamente interconectadas. E moito menos se consideran as denominadas ciencias sociais.A vontade da comunidade científica é a de producir "coñecementos científicos" a partir de métodos de investigación rigorosos, verificábeis e reproducíbeis. En canto aos "métodos científicos" e aos "valores científicos", son á vez o produto e a ferramenta de produción destes coñecementos, e caracterízanse polo seu obxectivo, que consiste en permitir, comprender e explicar o mundo e os seus fenómenos da maneira o máis elemental posíbel, é dicir, producir coñecementos aproximándose o máis posíbel aos feitos observábeis. A diferenza dos dogmas, que pretenden igualmente dicir a verdade, a ciencia está aberta á crítica, e os coñecementos científicos, así como os seus métodos, están sempre abertos á revisión. Ademais, as ciencias teñen como finalidade comprender os fenómenos, e obter diso previsións xustas e aplicacións funcionais. Estes coñecementos son a base de numerosos desenvolvementos técnicos que teñen forte impacto na sociedade.

Destilación

A destilación é un proceso físico que consiste en quentar un material ata que os seus compoñentes máis volátiles pasan á fase de vapor e, a continuación, arrefrían o vapor para recuperar ditos compoñentes en forma líquida por medio da condensación. O obxectivo principal da destilación é separar unha mestura de varios compoñentes aproveitando as súas distintas volatilidades, ou ben separar os materiais volátiles dos non volátiles.

Na evaporación e no secado, normalmente o obxectivo é obter o compoñente menos volátil; o compoñente máis volátil, case sempre auga, rexéitase. Porén, a finalidade principal da destilación é obter o compoñente máis volátil en forma pura. Por exemplo, a eliminación da auga da glicerina evaporando a auga, chámase evaporación, pero a eliminación da auga do alcohol evaporando o alcohol, chámase destilación, aínda que se usan mecanismos similares en ámbolos dous casos.

Década de 800

A década de 800 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 800 e remata o 31 de decembro de 809.

Gastronomía de Galicia

A gastronomía de Galicia ten unha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galegas.

Está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. En Galiza teñen lugar gran número de festas gastronómicas, a maioría delas no verán. Un dos seus maiores estudosos foi o escritor Álvaro Cunqueiro.

Os petiscos, a diferenza doutros lugares, son consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas; adoitan ser gratuítos ou de moi baixo prezo, sobre todo na provincia de Lugo, onde a súa gratuidade, ao ser acompañados por un viño ou unha cervexa, é unha tradición convertida xa nun reclamo turístico. Ademais dos petiscos, tamén son frecuentes as tapas.

José Carlos González

José Carlos González Rodríguez, nado en Lisboa o 27 de maio de 1937 e finado no ano 2000, foi un poeta, escritor, tradutor e técnico da Biblioteca Nacional Portuguesa.

Leonardo da Vinci

Leonardo da Vinci ( Leonardo di ser Piero da Vinci ), nado en Anchiano, Toscana, (República de Florencia), preto de Vinci, o 15 de abril de 1452 e finado en Amboise (Francia) o 2 de maio de 1519, foi un artista florentino destacado polímata en diferentes eidos: pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico, escultor, inventor, urbanista, matemático, escritor e músico icona do Renacemento italiano.

Frecuentemente descrito como un arquetipo e símbolo do home do Renacemento, xenio universal, ademais de filósofo humanista cuxa curiosidade infinita só pode ser equiparable á súa capacidade inventiva, Leonardo da Vinci é considerado como un dos máis grandes pintores de tódolos tempos e, probablemente, é a persoa co maior número de coñecemento en múltiples disciplinas que xamais existiu.É máis coñecido como pintor e dúas das súas obras máis soadas son a Mona Lisa, tamén coñecida como A Gioconda, e A Última Cea, copiadas e parodiadas en múltiples ocasións, do mesmo xeito que o seu debuxo do Home de Vitruvio, que chegaría a ser retomado en numerosos traballos derivados. Porén, só se coñecen unha vintena das súas obras, debido principalmente aos seus constantes (e ás veces desastrosos) experimentos con novas técnicas e á súa inconstancia crónica. Este reducido número de creacións, xunto cos seus cadernos que conteñen debuxos, diagramas científicos e reflexións sobre a natureza da pintura, constitúen un legado para as sucesivas xeracións de artistas, só igualado, salvando as distancias, unicamente por Michelangelo.

A pegada de Leonardo na historia da arte europea é bastante profunda. Algunhas técnicas desenvolvidas por el, destacadamente o sfumato e o clarescuro, tornáronse unha regra para a pintura dos séculos vindeiros.

Como enxeñeiro e inventor, Leonardo desenvolveu ideas moi adiantadas ao seu tempo, tales como o helicóptero, o carro de combate, o submarino e o automóbil. Moi poucos dos seus proxectos chegaron a construírse (entre eles a máquina para medir o límite elástico dun cable), xa que a maioría aínda non eran realizables nesa época. Como científico, Leonardo da Vinci fixo progresar moito o coñecemento nas áreas da anatomía, a enxeñaría civil, a óptica e a hidrodinámica.

No ano 2008 foi elixido, nunha enquisa elaborada co motivo da celebración do Día de Europa en 50 países europeos, o personaxe máis influente na sociedade europea actual. Nun estudo realizado en 1926 o seu cociente intelectual (CI) foi estimado en cerca de 180.

María a Xudía

María a Xudía, tamén coñecida como María a Hebrea ou Míriam a Profetisa, foi a primeira muller alquimista. Viviu entre o século I e o século III d.C. en Alexandría. É considerada como a «fundadora da alquimia» e unha gran contribuidora á ciencia práctica.

Queimada

A queimada (de queimar, que se supón que evolucionou a partir dunha forma hispánica *caimare, alteración do latín cremare) é unha bebida alcohólica tradicional galega propia da súa gastronomía. Elabórase a base de augardente queimada, con azucre, grans de café e limón. Atribúenselle facultades curativas, asemade, o seu consumo está rodeado de tradicións: mentres se elabora pronúnciase un conxuro para protexer contra meigallos e para escorrentar aos espíritos e demais seres malvados de quen a bebe.

Tempos Novos

Tempos Novos é unha revista galega de publicación mensual en papel publicada por Atlántica de Información e Comunicación de Galicia desde abril de 1997. Nas súas páxinas os lectores poden atopar reportaxes e entrevistas coa actualidade política, económica ou social como tema central e varias seccións dedicadas ao pensamento, á cultura e á arte en todas as súas manifestacións, con sinaturas recoñecidas dos eidos da Universidade e a investigación vencelladas fundamentalmente ao xornalismo, críticas de distintas disciplinas e valores emerxentes da nova literatura galega.

Vinagre y rosas

Vinagre y rosas é o vixésimo álbum do cantautor español Joaquín Sabina, publicado o 17 de novembro de 2009. Consta de 13 cancións, un bonus track e o primeiro sinxelo é "Tiramisú de limón", canción na que participan como compositores da súa música e cantantes o grupo Pereza.

Vodka

A vodka ou o vodka (wódka en polaco, водка en ruso) é unha augardente clara sen cor, nin cheiro. Xeralmente de gran fermentado, aínda que se chegou a obter da monda de pataca. É a augardente nacional de Rusia e Polonia.

Fóra de cantidades insignificantes de condimentos, a vodka consiste de auga e alcol (etanol). Contén un rango de alcol entre 35 e 70% en volume. A clásica vodka rusa ten uns 40 graos.

A orixe da vodka (e do seu nome) non están moi clara aínda, pero crese que tivo a súa orixe en Polonia ou Rusia. Sorprendentemente até hai pouco non houbo investigacións históricas sobre a vodka. Case toda a investigación sobre a vodka é sobre o seu consumo e a súa venda máis mesmo que sobre a súa fabricación.

Pódese destilar de calquera planta rica en amidón, tradicionalmente de gran como centeo (xeralmente considérase superior aos outros tipos de vodka) ou trigo, pero tamén de pataca e melaza.

A vodka prodúcese hoxe en todo o mundo. Hai moitos produtores estadounidenses, e mesmo xaponeses, como Suntory.

A vodka goza de grande popularidade e prestixio nos países escandinavos sendo a sueca Absolut e a finlandesa Finlandia, as marcas de vodka máis prestixiosas por moitos gourmets do vodka.

Whisky

O whisky (en gaélico uisce beatha ou uisge-beatha, auga de vida) é unha bebida alcohólica obtida a partir dunha mestura de augardente de malte de cebada con alcohois elaborados por destilación doutros cereais fermentados, como trigo, centeo ou millo. O resultado é unha augardente de alta graduación, de 40º ou máis graos. O whisky é un licor estritamente regulado en todo o mundo con moitas clases e tipos. As características típicas das diferentes clases e tipos son a fermentación de grans, destilación e envellecemento en barriles de madeira.

En Irlanda utilízase a grafía whiskey.

Whisky de gran

O Whisky de gran é calquera whisky feito (polo menos en parte) a partir de grans distintos aos de malte e cebada, como o whisky obtido utilizando millo, trigo ou centeo. Algúns tamén conteñen whiskies de gran de cebada malteada. O whisky feito de cebada malteada (ou principalmente con cebada malteada) chámase normalmente whisky de malte en lugar de whisky de gran (aínda que cebada é un cereal).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.