Alalá

Este artigo trata sobre o canto popular, para o programa da TVG véxase Alalá (programa de televisión).

O alalá é un canto popular galego.

Características

O alalá é arrítmico e está composto por coplas octosilábicas no que se repite un tema curto e as ailalá, ailalá repetidas. Interprétanse normalmente a capella, aínda que en tempos recentes engadíronselle frases instrumentais de gaita ou zanfona. As letras adoitan ser de temática seria e a interpretación é un valor de suma importancia: ao seren de ritmo libre, o intérprete ten moito xogo para engadirlle adornos á melodía principal.

O alalá é considerado pola maioría dos autores como a forma de música tradicional galega máis antiga e característica. A súa orixe non está totalmente clara, pero a teoría más aceptada é que están relacionados co canto gregoriano. Os alalás foron a súa vez tamén orixe doutros xéneros como os cantos de arrieiro, cantos de oficios ou os cantos de andar o camiño.

Perfecto Feijoo (1858-1935), fundador do primeiro coro galego "Aires da Terra", foi un gran compilador e intérprete de alalás. O zanfonista ourensán Faustino Santalices recuperou moitos cantos que poderían terse perdido, e gravou un histórico disco en 1958 incluíndo moitos alalás.

Vexamos como exemplo a letra do Alalá das Mariñas, un dos mais populares cantos deste xénero:

na Mariña entre loureiros,

teño paz e teño amor

e estou vivindo no ceo.

Ailalala, ailalala...

E adiós á miña casiña,

portelo do meu quinteiro,

auga da miña fontiña,

sombra do meu laranxeiro

Véxase tamén

Ligazóns externas

3 por 4

3 por 4 foi un programa concurso musical emitido pola Televisión de Galicia en 1988.

Alalá (programa de televisión)

Este artigo trata sobre o programa da TVG, para o canto popular véxase Alalá.Alalá é un programa documental adicado á música tradicional galega, emitido pola Televisión de Galicia. Este espazo semanal, que se emitía os martes a partir das 21:35 h., estivo dirixido por Senén Bernárdez Ferrán e presentado por Pilar García Rego e emitiu sete temporadas.

Apaga a luz

Apaga a luz foi unha serie da TVG, emitida en 1999. Estaba dirixida por Carlos Alleres e Miguel Piñeiro.

Entre os seus actores estaban Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Santi Prego.

Arestora

Arestora foi un programa da Televisión de Galicia dirixido e presentado por Fidel Fernán que se emitiu entre 1988 e 1990, consistía en actuacións musicais, entrevistas, reportaxes, un concurso presentado por María Xosé Rodríguez e un espazo de humor a cargo de Farruco.

DeZine

DeZine foi un programa sobre cine que emitiu a TVG desde 1998 ata 2005 presentado pola actriz Uxía Blanco e dirixido por Pilar Comesaña e Eduardo Galán Blanco. Recibiu o Premio AGAPI 1998 ó mellor programa de televisión e o Premio Mestre Mateo 2002 ó mellor programa de televisión.

Entre nós

Entre nós foi un programa informativo e de entretemento da Televisión de Galicia de emisión diaria e unha hora de duración. Comezou a emitirse o 9 de setembro de 1985 presentado por Xosé Ramón Gayoso, Eva Veiga e Pemón Bouzas.

Extramuros

Para a colección literaria de Edicións Xerais de Galicia véxase: Colección Extramuros.Extramuros foi un programa cultural da Televisión de Galicia que se emitiu en 1988 dirixido e presentado por Luis Álvarez Pousa dedicado ás novas correntes artísticas e de pensamento en Galicia e no mundo.

Faustino Santalices

Faustino Santalices Pérez, nado na Granxa (Cadós, Bande) o 16 de novembro de 1877 e finado en Madrid o 6 de decembro de 1960, foi un gaiteiro galego e o investigador máis importante de zanfona na primeira metade do século XX.

Faíscas da lingua

Faíscas da lingua foi un programa divulgativo da Televisión de Galicia, o primeiro programa de televisión dedicado á aprendizaxe da lingua galega. Emitiuse durante os anos 1986 e 1987.

Galegos (programa de televisión)

Galegos foi un programa da Televisión de Galicia dunha hora de duración presentado por Xosé Antonio Silva que comezou a emitirse o 4 de setembro de 1985. O programa consistía nunha longa entrevista a un personaxe coñecido da sociedade galega.

O protagonista do primeiro programa foi Valentín Paz-Andrade.

Luces da cidade (programa)

Luces da cidade foi un programa da Televisión de Galicia dedicado ao cine que se emitiu en 1989 e 1990

Lúa Nova

Lúa Nova foi un programa da Televisión de Galicia dirixido e presentado por Xosé Ramón Gayoso que se emitiu na tempada 1986-1987, consistía en actuacións musicais, entrevistas, espectáculos de humor e circenses.

Máis alá

Máis alá foi un programa cultural da Televisión de Galicia dirixido por Manuel Rivas e que tamén presentaba xunto con Elvira Varela e Piedade Cabo durante a tempada 1986-1987. O programa recollía o testemuño do manifesto vangardista homónimo de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro -publicado nos anos vinte e unha das proclamas máis rompedoras da cultura galega do século XX- para sintonizar con ese espírito de ir "máis alá" e dar a coñecer a cultura galega máis nova e innovadora.

A música empregada como sintonía do programa é unha composición orixinal de César Morán e está interpretada por César Morán na voz e no piano, Pablo Morán na guitarra, Humberto Morán na batería e Afonso Morán no contrabaixo. Foi gravada en directo nos estudios da TVG en San Marcos - Santiago de Compostela en maio de 1986.

No bico un cantar

No bico un cantar, subtitulado Letras e melodías gravadas no noso corazón, é un programa da Televisión de Galicia sobre cancións populares galegas, feito por un equipo de profesionais que xa traballaran xuntos no programa Alalá, dirixido por Senén Bernárdez Ferrán. O título está tirado da cantiga "A Rosalía", que Manuel Curros Enríquez lle adicara a Rosalía de Castro.

O campo de atrás

O campo de atrás foi un programa infantil que emitiu a TVG en 1988. Dirixido por Manuel Pombal, contou coa participación, entre outros, dos actores Avelino González como o boneco Bogo, a xa falecida Marisa Soto, Xosé Lois, Serxio Pazos, Gonzalo Uriarte e Xosé Manoel Conde como o "Profesor Lampantín". Foron guionistas do programa Xosé Manoel Conde, Cándido Pazó, Avelino González, Manoel Pombal e Paco Barreiro.

O mellor

O mellor foi un programa da Televisión de Galicia dirixido e presentado por Manuel Rivas que se emitiu na tempada 1986-1987, consistía nun concurso de enxeño e humor, no que os concursantes subían a un ring de boxeo para competir en ser o mellor humorista, en cada programa tamén contaban chistes recoñecidos humoristas e afeccionados, como varios presentadores da propia TVG no primeiro programa.

Ruada

Ruada foi un programa da Televisión de Galicia presentado por Xosé Luís Blanco Campaña que se emitiu na tempada 1985-1986. Emitíase os mércores e venres pola noite. Ruada consistía en actuacións de músicos, bandas e grupos de baile tradicionais galegos e entrevistas a personaxes populares e do eido da cultura.

Sabor a ti

Sabor a ti foi un programa de variedades da Televisión de Galicia.

Vivir aquí

Vivir aquí foi un programa dos servizos informativos da Televisión de Galicia que se emitiu entre 1988 e 1990 dirixido e presentado por Antón Galocha.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.