Aixola

A aixola é unha ferramenta para traballar a madeira. Trátase dunha sorte de machada con folla de ferro curva e con forma tronco-cónica, perpendicular a un mango curto de madeira xeralmente. A aixola era utilizada polos carpinteiros para desbastar a madeira.

Adze
Aixola.

Na prehistoria

En Galiza as aixolas de pedra teñen aparecido en numerosos túmulos funerarios megalíticos. Tiñan forma rectangular e sección biconvexa e rectangular. As dobres aixolas tiñan unha perforación no centro e apareceron a finais do megalitismo, nas cámaras tipo cista.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Den

Den, ou Udimu, foi o quinto faraón da primeira dinastía de Exipto de c. 2914-2867 adC (von Beckerath).

Manetón denomínao Usafais, segundo Xulio Africano e Eusebio de Cesarea e atribúenlle 20 anos de reinado. Aínda que Kaplony cre que puido chegar ata 45 anos.

A Pedra de Palermo menciona que baixo o seu reinado houbo un empadroamento xeral do país e numerosas festas relixiosas.

Foi o primeiro faraón en usar o título de rei do Alto e Baixo Exipto.

Do mesmo xeito que os seus predecesores realizou numerosas expedicións bélicas, especificamente contra as tribos nómades do Sinaí.

Atopáronse numerosos obxectos na súa tumba, incluíndo unha tablilla onde aparece cumprindo ritos relixiosos destinados a repetir a coroación, Heb Sed, e xa que logo, renovar o poder real.Dreyer atopou na tumba T de Umm el-Qaab, Abidos, unha inscrición cos nomes de Narmer, Aha, Djer, Djet, Den e Meit-Neit, e nesa orde, confirmando a nomenclatura e sucesión destes faraóns.

Lingua aquitana

O aquitano era unha lingua prerromana que se falaba no suroeste da actual Francia e o extremo occidental dos Pireneos, coñecida por unha serie de textos votivos e funerarios en latín que conteñen uns 400 nomes de persoa (antropónimos) e 70 nomes de deuses (teónimos).

Motín do HMS Bounty

O motín a bordo do navío HMS Bounty da Mariña Real Británica tivo lugar o 28 de abril de 1789 no medio do océano Pacífico. Un grupo de tripulantes insatisfeitos, liderados polo axudante de mestre Fletcher Christian, tomaron o control da embarcación de mans do seu capitán, o tenente William Bligh, a quen deixaron á deriva a bordo dun bote con poucas provisións xunto con outros dezaoito mariñeiros que permaneceron leais. Os amotinados establecéronse en Tahití ou nas illas Pitcairn, mentres que Bligh conseguiu realizar unha viaxe de máis de 6 500 km ata atopar terra, comezando entón un proceso para que os amotinados comparecesen ante a xustiza.

O Bounty deixara Gran Bretaña en 1787 para recoller e transportar árbores do pan desde Tahití ata as Indias Occidentais. A disciplina entre os homes deteriorouse tras cinco meses de descanso pasados en Tahití, período no que moitos mariñeiros viviron en terra e estableceron relacións con mulleres nativas. A relación de Bligh coa súa tripulación foi empeorando a medida que impoñía castigos cada vez máis severos e aumentaba as súas críticas e abusos, tendo Fletcher Christian como branco frecuente. Este terminou por organizar con éxito un motín contra o capitán unhas tres semanas despois de que o navío deixase Tahití.

Bligh logrou regresar a Gran Bretaña en abril de 1790, e o Almirantado británico enviou o HMS Pandora para prender os amotinados. Catorce foron capturados en Tahití e aprisionados no navío, que entón procedeu a buscar (sen éxito) a Christian e o resto dos homes que se esconderon nas Pitcairn. A fragata Pandora encallou na Gran Barreira de Coral no camiño de volta, perdendo 31 tripulantes e catro prisioneiros do Bounty. O dez restantes chegaron a Gran Bretaña en xuño de 1792 e foron xulgados nun consello de guerra; catro foron absoltos, tres indultados e tres aforcados.

O grupo de Christian permaneceu sen ser descuberto ata 1808, data en que só un dos amotinados, John Adams, seguía vivo. Case todos os demais homes, incluído Christian, matáranse entre eles ou morreran a mans dos reféns polinesios. Non se tomou ningunha acción contra Adams. Os descendentes dos amotinados coas súas consortes tahitianas viven ata hoxe nas Pitcairn. A percepción que acabou calando no imaxinario popular foi a de Bligh como un tirano e Christian como unha vítima tráxica das circunstancias, percepción rexistrada en varias películas sobre os eventos. Con todo, a historiografía dos séculos XX e XXI están a reflectir unha imaxe máis amable de Bligh.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.