Aixada

Unha aixada é unha ferramenta agrícola que consiste nunha peza de metal, ferro polo xeral, en forma de pa aguzada por un lado e unida a un mango perpendicular, e que se utiliza para cavar ou remexer a terra.

Un tipo de aixada é o sacho, que normalmente é un pouco máis pequeno, denominándose ás veces sacha. Con todo, o tamaño do sacho pode variar segundo a zona na que nos situemos.

Sachos e picarañas
Aixadas, sachos e, na fila inferior, picarañas (Centro Etnográfico de Soutelo de Montes, Pontevedra).
Arado

O arado é un apeiro usado en agricultura para preparar a terra para sementar ou plantar. Foi un instrumento básico na historia e representou un dos maiores avances da técnica agrícola. O uso primordial do arado é remover as capas superficiais da terra, permitindo a entrada dos nutrientes e que se meteorice.

Calendario republicano francés

O calendario republicano francés (en francés: Calendrier républicain) é un calendario proposto durante a Revolución francesa e adoptado pola Convención Nacional, que o empregou entre 1792 e 1806. O deseño intentaba adaptar o calendario ao sistema decimal e eliminar as referencias relixiosas; o ano comezaba o 22 de setembro, coincidindo co equinoccio de outono no Hemisferio Norte.O calendario republicano foi deseñado polo matemático Charles-Gilbert Romme, membro da Convención, coa axuda dos astrónomos Joseph Jerôme de Lalande, Jean-Baptiste Joseph Delambre e Pierre-Simon Laplace, aínda que se lle adoita atribuír notable participación ao actor e dramaturgo Fabre d'Églantine, quen lles deu os nomes aos meses e aos días.Naceu así por decreto da Convención Nacional Francesa do 5 de outubro de 1793, e o calendario foi adoptado pola Convención Nacional controlada polos xacobinos o 24 de outubro de 1793. Fixouse o seu inicio o 22 de setembro de 1792, coincidindo coa proclamación da República no Jeu de Paume. Dese xeito, o calendario comezou un ano antes de ser finalmente adoptado, o día do inicio da nova era de Francia, e o período de setembro de 1792 a setembro de 1793 foi denominado "Ano 1 da Revolución".

O calendario foi de aplicación civil en Francia e nas súas colonias americanas e africanas ata que Napoleón aboliu o seu uso oficial o 1 de xaneiro de 1806 (de feito este día correspondeu á media noite do 10 de nivoso do ano XIV, é dicir, o 31 de decembro de 1805, pouco máis de 12 anos despois de ser introducido) como un xeito oportuno de eliminar os signos de democracia republicana.

Napoleón autoproclamárase Emperador dos franceses en decembro de 1804 e creara a nova nobreza imperial durante o ano 1805, ambos os conceptos incompatibles coa natureza deste calendario, así como para reconciliarse cos católicos e co papado, dos que conseguiu unha certa tolerancia ao devolver as festividades civís e relixiosas da Igrexa católica co novo calendario, ademais de cuestións prácticas como as vantaxes de utilizar o calendario gregoriano que case todo o resto de Europa empregaba daquela.

Este calendario volveuse implantar brevemente tras o derrocamento de Napoleón en 1814, e foi usado tamén pola efémera Comuna de París de 1871.

Dolabra

Unha dolabra é unha ferramenta versátil empregada pola xente da Península Itálica dende a antigüidade. A dolabra podía servir como un pico para os mineiros e escavadores, como instrumento de sacerdotes para rituais relixiosos de sacrificio de animais e como un útil de trincheira (aixada) usado nas tácticas de infantaría romana.

Fouce e martelo

A fouce e martelo (☭) é un símbolo empregado para representar ó comunismo e ós partidos políticos comunistas. O deseño presenta unha fouce sobreposta a un martelo, de forma que semellan cruzados ou entrelazados. As dúas ferramentas simbolizan, respectivamente, o proletariado industrial e o campesiñado; as dúas clases cuxa alianza é considerada fundamental polos marxistas-leninistas para o triunfo da revolución socialista.

O emblema é mais coñecido por ter sido incorporado á bandeira vermella da Unión Soviética, así como a cada unha das súas repúblicas constituíntes, cabo da Estrela vermella.

Galego de Asturias

O galego de Asturias, eonaviego ou galego-asturiano refírese ao galego que se fala no occidente do actual Principado de Asturias, que chega polo norte ata uns oito quilómetros da beira oriental do río Navia. Esta é unha zona onde e constatábel a súa pertenza xeo-antropolóxica galaica tanto na toponimia e na cultura (cultos, lendas, patrimonio inmaterial) como en elementos arquitectónicos diferentes como os cabazos (hórreos) ou os lousados das casas, semellantes aos da bisbarra da Mariña ou da Terra Chá.

En xaneiro de 2016 o concello da Veiga declarou o galego lingua oficial do municipio, converténdose deste xeito na primeira localidade da Galicia estremeira en situalo en pé de igualdade co castelán.

Historia da tecnoloxía

A historia da tecnoloxía é a historia da invención de ferramentas e técnicas cun propósito práctico. A historia moderna está relacionada intimamente coa historia da ciencia, pois o descubrimento de novos coñecementos permitiu crear novas cousas e, reciprocamente, puidéronse realizar novos descubrimentos científicos grazas ao desenvolvemento de novas tecnoloxías, que estenderon as posibilidades de experimentación e adquisición do coñecemento.

Os artefactos tecnolóxicos son produtos dunha economía, unha forza do crecemento económico e unha boa parte da vida. As innovacións tecnolóxicas afectan e están afectadas polas tradicións culturais da sociedade. Tamén son un medio de obter poder militar.

Idade de Pedra

A Idade de Pedra é o período da Prehistoria que abrangue dende que os seres humanos comezaron a elaborar ferramentas e trebellos de pedra ata o descubrimento e uso dos metais. Tamén se utilizaron a madeira, os ósos e mais outros materiais coma corno, coiro, cordas, ou cestos, mais a pedra (en particular diversas rochas de rotura concoide coma o pedernal, o cuarzo, a cuarcita, ou a obsidiana) foi utilizada para fabricar ferramentas e armas, de corte ou de percusión.

Non obstante, esta é unha circunstancia necesaria, pero insuficiente para a definición deste período, xa que tiveron lugar nel fenómenos fundamentais para o que sería o futuro da humanidade: a evolución humana, as grandes adquisicións tecnolóxicas (o lume, as ferramentas ou a vestimenta), a evolución social, os cambios climáticos, a diáspora do ser humano por todo o mundo habitable (ecúmene) dende o seu berce africano, e a revolución económica dende un sistema cazador-colector, ata un sistema parcialmente produtor, entre outras cousas. O rango de tempo que abrangue este período é ambiguo, discutido e variable segundo a rexión da que se trate. Aínda que é posible falar deste período en concreto para o conxunto da humanidade, non hai que esquecer que algúns grupos humanos nunca desenvolveron a tecnoloxía da fundición de metais e por tanto quedaron sumidos nunha idade de pedra ata que se atoparon con culturas tecnoloxicamente máis desenvolvidas. Non obstante, en xeral, considérase que este período comezou en África hai 2,8 millóns de anos, coa aparición da primeira ferramenta humana, ou quizais pre-humana.

A este período seguiulle o Calcolítico ou Idade de Cobre e, sobre todo, a Idade de Bronce, durante a que as ferramentas desta aliaxe chegaron a ser comúns; esta transición aconteceu entre o 6000 a.C. e 2500 a.C. Tradicionalmente divídese a Idade de Pedra en Paleolítico, cun sistema económico de caza-recolección e Neolítico, no que se produce a revolución cara ao sistema económico produtivo agropecuario, a suma da agricultura e maila gandaría.

Kilimanjaro

O monte Kilimanjaro (Kilima Njaro, que significa 'montaña brillante' en kiswahili ou Oldoinyo Oibor, 'montaña branca' en masai) localizado no norte de Tanzania, xunto á fronteira con Kenya, é o punto máis alto de África, cunha altitude de 5 895 m. Este antigo volcán, co cume cuberto de neves eternas, érguese no medio dunha planicie de sabana, ofrecendo un espectáculo único.

O monte e as selvas circundantes, cunha área de 75 353 ha, posúen unha fauna rica, incluíndo moitas especies ameazadas de extinción e constitúen un parque nacional que foi inscrito pola UNESCO en 1987 na lista dos lugares que son Patrimonio da Humanidade.

O complexo do Monte Kilimanjaro coas súas forestas, localizado entre 2°50'-3°20'S e 37°00'-37°35'E, xa fora considerado unha reserva de caza polo goberno colonial alemán nos principios do século XX, mais foi considerado unha reserva forestal en 1921, até que, en 1973, foi declarado Parque Nacional.

Laia

O termo galego laia pode referirse a:

Laio, lamento;

Aixada, apeiro para labrar e remover a terraAmais, como topónimo pode referirse a:

Laia, parroquia do concello de Palas de Rei;

Laia, lugar de dita parroquia.

Lista de palabras galegas de orixe celta

Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas. As palabras marcadas cun asterisco (*) non están plenamente comprobadas e son polo tanto casos hipotéticos.

Aínda non existe unha investigación coidadosa e sistemática sobre o léxico galego de orixe celta.

Novembro na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de novembro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Hai varias denominacións populares do mes de novembro. Moi común é a de San Martiño (ou mes de San Martiño). Por celebrarse neste mes o día de defuntos, recibe os nomes de mes dos mortos ou, simplemente, mes morto; tamén mes das ánimas. E, por caer neste mes o día de Santo André, tamén recibe o nome de mes de San Andrés ou, simplemente, San Andrés .

Tan identificado está novembro coas castañas que no Incio e en Quiroga chaman Castañal ó propio mes .

O día 1, día de Tódolos Santos, tamén serve para darlle nome: Santos ou mes de Santos.

Rei Escorpión

Horus Escorpión (II) ou o Rei Escorpión foi un gobernante do Antigo Exipto, pertencente á denominada Dinastía 0.

Aínda que os datos sobre Horus Escorpión son imprecisos (ata se dubida da súa mesma existencia), algúns estudosos sosteñen que viviría cara ao ano 3200 a. C., e que conquistou Hieracómpolis, a cidade máis importante do Alto Exipto, transformándose no dominador do país.

A existencia de Horus Escorpión parece confirmada por unha cabeza de maza cerimonial de pedra calcaria descuberta en Hieracómpolis a finais do século XIX polo arqueólogo James Edward Quibell, na que figura un faraón coa coroa branca e un escorpión xunto á cabeza, acompañado do falcón Horus, símbolo da realeza exipcia. Esta maza está depositada no Museo Ashmolean e é unha das representacións máis antigas dun rei exipcio. Pertencente a unha época na que a escritura era incipiente, debuxándose xunto ao rei un escorpión, a modo de xeroglífico, que representaba o nome do faraón.

Quíxose interpretar isto como evidencia da existencia dun gobernante chamado Escorpión, que inauguraría, ou proseguido segundo unha tradición real, a unificación do Antigo Exipto, levada a cabo con posterioridade e foi efectuada cara ao ano 3100 a. C., cando os gobernantes do Alto Exipto dominaron o Baixo Exipto.

Horus Escorpión leva unha aixada na man coa que abre un dique, o que se relaciona cos ritos relixiosos sobre a inundación do Nilo, e na parte superior hai oito paxaros representados: estes convertéronse máis adiante no xeroglífico que representaba os súbditos, o que indicaría a preeminecia deste gobernante.

Santo Cristo de Laza

Festa do Santo Cristo (Laza)

No concello de Laza, ó sur provincia de Ourense, celébrase o primeiro fin de semana do mes de maio a Festa do Santo Cristo, o patrón da vila.Trátase dunha celebración relixiosa, aínda que porde ter unha orixe pagá. A festa representa a loita entre os mouros e cristiáns e os seus protagonistas son os danzantes, Eva, Abrahán e Isaac.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.