Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

Santa María de Aguasantas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE no 2010 tiña 326 habitantes (130 homes e 196 mulleres), 26 menos ca en 2007. Dos 28 lugares da parroquia, 15 están habitados.

Coordenadas: 42°25′17″N 08°27′21″O / 42.42139, -8.45583

Aguasantas
IgrexaAguasantas
Igrexa de Santa María de Aguasantas.
ConcelloCerdedo-Cotobade
Área18,7 km²
Poboación326 hab. (2010)
Densidade17,43 hab./km²
Entidades de poboación28

Patrimonio

A parroquia católica pertence ó arciprestado de Cotobade, da arquidiocese de Santiago de Compostela. A igrexa parroquial é punto de romaría, con culto á Nosa Señora. Posiblemente o primeiro templo fose románico. No século XVI comezouse un novo edificio, rematado no XVII. Antigamente celebrábase unha romaría o 8 de setembro[1].

Conta a tradición, recollida polo padre Solla, que na Idade Media a única igrexa da zona era a da parroquia de Caroi. Un domingo unha cega do lugar das Boliñas ía a misa acompañada dun familiar, e ó pasar a carón dunha fonte, ó pé da casa, lavouse. Ó pasar a auga polos ollos recuperou a vista, e tralo milagre, impulsada por un presentimento, atopou unha imaxe da Virxe entre a maleza. Logo de correrse a voz, os frades do mosteiro de Tenorio promoveron a construción dun novo templo, comprometéndose a ir dar a misa.

Nesta parroquia, no lugar da Pena, naceu o escultor Xosé Cerviño García (1843-1922, autor do cruceiro do Hío) e mais o pai franciscano Andrés Solla García.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Aguasantas, Cerdedo-Cotobade.
Cotobade, Aguasantas 01-05

Portada da igrexa

AtrioAguasantas

Adro da Igrexa parroquial de Santa María.

Eaguasantas

Ermida de San Xosé.

Lugares e parroquias

Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Notas

  1. Fraguas Fraguas, A.: "Nosa Señora de Aguasantas en Cotobade", en Romarías e santuarios (1988).

Véxase tamén

Outros artigos

A Casa Grande, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

A Casa Grande é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Actualmente está deshabitado.

A Coviña, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

A Coviña é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Actualmente está deshabitado.

A Portela, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

A Portela é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Actualmente está deshabitado.

Agualta, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

Agualta é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Actualmente está deshabitado.

As Boliñas, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

As Boliñas é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 32 habitantes (12 homes e 20 mulleres), catro menos ca no 2007.

Neste lugar atópase o cruceiro das Boliñas, do século XVII.

Calvelle, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

Calvelle é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE do 2010 tiña 32 habitantes (13 homes e 19 mulleres), un menos ca no 2007.

Ceraxe, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

Ceraxe é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 35 habitantes (15 homes e 20 mulleres), 8 menos ca en 2007.

Neste lugar naceu o pai franciscano Andrés María Solla García.

Famelga, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

Famelga é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 60 habitantes (25 homes e 35 mulleres), 6 máis ca en 2007.

Neste lugar atópase a capela de San Bartolomeu e Santa Lucía, preto dun cruceiro de 1991. Tamén está o peto de ánimas de Famelga, de 1825, e o Coto do Castro, un poboado castrexo da idade de ferro.

O topónimo fai referencia a un lugar de fame (do latín [villa] famellica).

Martín, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

Martín é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña dúas habitantes, 2 menos ca en 2007.

O Campo, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

O Campo é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Actualmente está deshabitado.

O Casal, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

O Casal é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 14 habitantes (6 homes e 8 mulleres), tres máis ca en 2007.

O topónimo fai mención a o pequeno grupo de casas que conforma a aldea.

O Castro, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

O Castro é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Actualmente está deshabitado.

O Coto, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

O Coto é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Actualmente está deshabitado.

O Fental, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

O Fental é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE do 2010 tiña 13 habitantes (7 homes e 6 mulleres), 7 menos ca en 2007.

Neste lugar atópase o cruceiro do Fental.

O Regueiro, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

O Regueiro é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 estaba deshabitado, se ben en 2007 tiña unha habitante.

O nome vén dado por un regueiro, un curso pouco abundante de auga.

O Trebello, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

O Trebello é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 5 habitantes (2 homes e 3 mulleres), o mesmo número ca en 2007.

Penelas, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

Penelas é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Actualmente está deshabitado.

No lugar atópase a ermida de San Xosé.

Peroselo, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

Peroselo é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 23 habitantes (10 homes e 13 mulleres), os mesmos ca en 2007.

O nome do lugar débese a que está situado nunha pequena elevación do terreo.

Trasdonabal, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

Trasdonabal é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Actualmente está deshabitado.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.