Agricultura de Galicia

Tradicionalmente, a agricultura galega, caracterizada polo minifundismo, baseouse no policultivo e no traballo intensivo. Nos últimos tempos, o sector experimentou cambios profundos de cara á súa modernización.

Homenaxemullerlabrega
Homenaxe á muller labrega en Sandiás.

Cultivos

Belesar, Baiona
A agricultura galega caracterízase polo minifundismo.

Na actualidade [Cómpre referencia], os cultivos de maior extensión son os seguintes:

  • Plantas forraxeiras (millo forraxeiro e praderías polifitas): 230 987 ha de superficie e 11 342 200 t de produción. Son a base da produción gandeira galega e, xunto cos prados e pasteiros, constitúen o eixe da paisaxe agraria na meirande parte do territorio.
  • Cereais: o trigo e o centeo ocupan 24 156 ha de superficie, cunha produción de 62 738 t.
  • Vide: 30 806 ha de superficie, das que o 25,3% está acollido a algunha das denominacións de orixe, e 234 744 t de produción. As maiores extensións de viñedo danse nas provincias de Pontevedra e Ourense.
  • Pataca: 22 413 ha de superficie e 462 781 t de produción. É un cultivo tradicional moi apreciado pola súa calidade e sabor. O 3% da superficie está acollida á denominación específica Pataca de Galicia, cunha produción de 3 604 t.
  • Cultivos hortícolas: a produción de tomate, leituga, cebola, feixón verde, repolo e coliflor conta cunha superficie de 7 140 ha. Son produtos de alta calidade, vinculados a pequenas hortas familiares, en gran parte orientados ó autoconsumo, pero cunha clara tendencia a adaptarse ós mercados e a conseguir unha maior profesionalización.

Véxase tamén

Outros artigos

Agricultura

A agricultura é a arte ou proceso de usar o solo para o cultivo de plantas co obxectivo de obter alimentos, fibras, enerxía e materia prima para facer roupa, construcións, medicamentos, ferramentas e, incluso, para a súa contemplación estética.

A persoa que traballa na agricultura é o agricultor ou a agricultora.

Agricultura de subsistencia

A agricultura de subsistencia é un tipo de agricultura na que os produtos colleitados que produce a terra están destinados soamente ao consumo da familia que os traballa. A agricultura de subsistencia non procura o beneficio económico que resulta da comercialización dos produtos da terra, senón que o obxectivo é o autoconsumo e a autosuficiencia alimentaria..

Os terreos adicados á agricultura de subsistencia adoitan ser de poucas hectáreas, e o volume de produción é escaso. A man de obra case sempre é a familia posuidora das terras, e os recursos agrarios son limitados, isto é, apenas se emprega maquinaria nin utensilios agrarios industriais.

Economía de Galicia

A economía de Galicia áchase fortemente imbricada aos recursos naturais. Galicia destaca polos seus contrastes económicos: mentres a costa oeste, sede dos maiores centros de poboación, e tamén das industrias manufactureiras e de derivados da pesca, é próspera e incrementa a súa poboación (especialmente aquelas comarcas situadas no eixo da autoestrada AP-9), a zona rural das provincias de Ourense e Lugo presenta unha economía na que predomina aínda a compoñente rural, asentada no minifundio, ou pequenas explotacións agrícolas e/ou gandeiras.

José María Moscoso de Altamira

José María Moscoso de Altamira Quiroga, nado en Mondoñedo o 25 de maio de 1788 e finado en Madrid o 1 de marzo de 1854, foi un político galego.

Lagoa de Antela

A lagoa de Antela era unha lagoa, desecada nos anos 1950, que estaba situada na comarca da Limia, no centro da provincia de Ourense. Abranguía terreos situados nos concellos de Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.

Marquesado de San Sadurniño

O marquesado de San Sadorniño é un título nobiliario español outorgado o 21 de decembro de 1688 polo rei Carlos II a Pedro Álvarez de Reinoso Arxiz, Gaioso e Feixoó, Rexedor Perpetuo de Ourense. Debe o seu nome á vila de San Sadurniño, na comarca de Ferrol.

Os seus titulares foron:

Pedro Álvarez de Reinoso (1688 - 1702)

Pedro Francisco Álvarez de Reinoso Andrade (1702 - 1735)

José Jacinto Quindós Reinoso de Andrade (1735 - 1753)

José Javier Quindós Pardo (1753 - 1811)

José María Quindós Quiroga (1811 - 1821)

José Mariano Quindós Tejada (1822 - 1900)

María de la Natividad Quindós Villaroel (1900 - 1953)

Alfredo Moreno Uribe (1954 - 1981)

María Moreno Uribe (1981 - 1991)

José Manuel Romero Moreno (1993 - actualidade)

Temas relacionados con Galicia

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.