Agolada

Agolada é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2015 tiña 2 585 habitantes (3 875 en 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é agoladés ou aqualatense[5].

Coordenadas: 42°45′46″N 08°01′09″O / 42.76278, -8.01917

Agolada
Escudo de Agolada
Casa do Concello de Agolada
Casa do concello.
Situacion Agolada
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Deza
Poboación2.370 hab. (2018)
Área147,8 km²
Densidade16,04 hab./km²
Entidades de poboación24 parroquias e 165 lugares
Capital do concelloAgolada
Política (2019[2])
AlcaldeLuís Calvo Miguélez (PAYJ[3])
Concelleiros
PPdeG: 4

Outros: PAYJ 7
Eleccións municipais en Agolada
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes86,33%
Na rede
www.agolada.es

Xeografía

Agolada está situado no centro de Galicia, na punta nordeste da provincia de Pontevedra, entre o río Arnego, a serra do Farelo e o río Ulla. O concello limita cos concellos de Palas de Rei, Antas de Ulla (provincia de Lugo), Santiso (provincia da Coruña), Rodeiro, Lalín e Vila de Cruces.

O monte Farelo, con 952,6 metros[6], e situado na serra do Farelo, é o punto máis alto do concello. O río Ulla, que fai de límite norte do concello, é o principal curso fluvial. En Brocos úneselle o río Arnego antes do comezo do encoro de Portodemouros. O seu outro afluente principal é o río Deza.

Ten clima é oceánico interior, co inverno suave e o verán fresco. As precipitacións anuais son de 1 290 mm.

Demografía

Censo total 2015 2 585
Menores de 15 anos 171 (6,61 %)
Entre 15 e 64 anos 1 428 (55.24 %)
Maiores de 65 anos 986 (38.14 %)
Evolución da poboación de Agolada   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4 794 6 432 7 003 4 786 3 678 2 995 2 926 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Antiga casa do concello, Borraxeiros, Agolada
Antiga casa do concello, na Guillerma.

Consérvanse importantes pegadas correspondentes ao Megalitismo pertencentes ao período do 3000 ao 1800 a. C. Estas terras están cubertas de mámoas das cales sobresae o Tesouro de Agolada atopado nunha mámoa do Campo do Xastre, na parroquia de Ferreiroa, e que na actualidade áchase no Museo Provincial de Pontevedra. Este tesouro está formado por dous brazaletes e un torque de ouro; unha louza con gravados en zig-zag, atopada en Coteimil; dúas mazás de pedra puída en Lamas (Trabancas).[7]

Os campos de túmulos máis salientábeis áchanse en Pereiro en Agra, Monte Luxilde en Artoño, Monte da Carballeira en Berredo, Campo da Mámoa en Brántega, e noutros lugares como Eidián, Esperante, Vidueiros, Ferreiroa, Gurgueiro etc.

Tamén hai abondosos castros neste concello. Sobresae o Castro Marcelín, situado na parroquia de Merlín, posuidor de mámoas, covas, tesouros e unha lenda sobre a raíña Marcela. A lenda di que nel habitou unha raíña chamada Marcela ou Marcelina, de aí o nome do lugar, e que agochou un tesouro tras dunha porta de pedra e das consabidas trabes de ouro, prata, piche etc. Outros son o Castro do Coto dos Mouros, en Trabancas; o Castro de Vilela, en Borraxeiros; o Castro de Buxel, en Artoño; o Castro de Brocos...

Neste concello atopouse unha machada con dúas argolas de bronce no Monte Farelo, en Trabancas, pertencente á Idade de Bronce.

Desde o século VI, Agolada pertenceu ao Condado do Deza e até o século XIV pertenceu aos Condes de Deza, cando pasou aos Suárez de Deza, máis coñecidos como os Churruchaos. Máis tarde, estas terras pasaron a mans do Conde de Lemos, Pedro Enríquez de Castro.

Constituíuse como concello trala caída do Antigo Réxime. A capital estivo situada na Guillerma (parroquia de Borraxeiros), até que pasou ao lugar de Agolada, na parroquia de Ferreiroa.

Cultura

Toponimia

O topónimo procede do latín, combinando os lexemas aqua, aquae, "auga" e mais latus, lata, latum (participio do verbo fero, fers, ferre, tuli, latum, "levar"). Así o significado de Aqua Lata sería "auga levada", debido ás conducións hídricas que traían auga doutros lugares.

A errónea interpretación do topónimo como locución artigo + substantivo, supoñéndolle na etimoloxía popular un derivado de golada ou golete (unha indumentaria medieval), provocou a aférese do a inicial que deu pé ao topónimo *Golada ou á variante *La Golada, como resultado da oficialización dos topónimos en castelán no século XIX.

Patrimonio

Atópanse numerosos restos do Megalítico, como 17 mámoas no Trazos dos Montes[8], nas proximidades do Castro Marcelín descubertas por Manuel Galego Iglesias[9][10], ou o monte das Mámoas. Da idade de bronce é o tesouro de Agolada.

Hai dous castros notorios, o castro de Buxel e o castro de Marcelín. Conta a lenda, recollida por Manuel Galego, que neste último houbo unha raíña chamada Marcela[11] que de cando en vez baixaba ó val a cazar e recoller froita.

No Monte Farelo hai constancia da existencia noutro tempo dunha capela chamada de San Silvestre. Atópanse varias construcións notorias, aínda que en certo estado de ruína, como a fortaleza dos condes de Borraxeiros, do século XVI, a torre dos Vilar de Ferreirós, a casa de Quintela dos Arias Loureiro e a casa dos Traspenas.

Na vila de Agolada consérvanse os pendellos da feira, que se celebra o día 12 de cada mes.

Festas e celebracións

As Festas patronais de Agolada na parroquia de Ferreiroa, son o 29 de xuño, festividade de San Pedro. O día 12 de cada mes celébrase a feira, tanto de gando, coma de alimentación, téxtil, ferramentas etc. Amais, previa á feira do 12 de agosto, o 11 dese mes celébrase a romaría medieval, acompañada da mostra de artesanía. A derradeira fin de semana do mes de xullo celébrase a festa dos chofers.

Feira

As primeiras pegadas de feiras no concello son as celebradas en Chaos de Aián, ao pé do Monte Farelo, pasando a Agolada por xestións realizadas polo entón escribán Ramón Barrio de Losada no ano 1788. Na actualidade presérvase un monólito de pedra adicado a Constitución da Vila, situado na Rúa da Constitución. O novo mercado, de rexistro comarcal, substitúe as funcións do vello Campo da Feira.

Economía

A economía do concello é eminentemente agraria, sector no que se ocupa o 60% da poboación. As terras máis fértiles, que se dividen en parcelas de tamaño medio superior ao doutras zonas de Galicia, atópanse no fondo dos vales, onde a pendente é menor, a uns 300 m. de altitude. Ademais da agricultura de autoconsumo (millo, hortalizas, centeo e vide), comercialízanse noces, castañas, patacas e trigo.

Nas últimas décadas aumentou a cabana gandeira, especialmente vacas e porcos. Existe unha incipiente industria de transformación da madeira (serradoiros).

Agolada na cultura popular

  • As mociñas da Agolada/ non saben tascar o liño/ e andan porta por porta:/ ¡tásqueme este afuxaliño!

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Agolada.
Os Pendellos de Agolada

Os Pendellos de Agolada

Iglesia de San Cristovo de Borraxeiros - Agolada - Pontevedra

Igrexa de San Cristovo de Borraxeiros

Parroquias de Agolada

As vinte e catro parroquias que conforman o concello de Agolada.

Lugares de Agolada

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Agolada vexa: Lugares de Agolada.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Agolada Resultados eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Agolada". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 42. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. Cartografía 1:5000 Arquivado 13 de abril de 2008 en Wayback Machine. do Sistema de Información Territorial de Galicia, folla 122-46.
  7. Concello de Agolada. "Algo de historia". Consultado o 12/9/2015.
  8. Mámoas da provincia de Pontevedra, artigo de Xabier Moure no blog O noso patrimonio, xullo de 2011.
  9. Fichas en Megalitos.Arqueoloxico.com
  10. "Denuncian ante Patrimonio destrozos en cuatro mámoas de ´Trazos dos Cotos´", Faro de Vigo, 22 de decembro de 2013 (en castelán).
  11. "Los Castros y la Reina Marcela", Faro de Vigo, 24 de setembro de 1963 (en castelán).

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Baíña, Agolada

San Pedro da Baíña é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 83 habitantes (51 homes e 32 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 127 habitantes.

Nesta parroquia tivo a súa sede a Banda de música da Baíña.

Agra, Agolada

San Miguel de Agra é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 50 habitantes (24 homes e 25 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 73 habitantes.

Artoño, Agolada

Santalla de Artoño é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 116 habitantes (55 homes e 61 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 222 habitantes.

Nesta parroquia tivo a súa sede a Banda de música de Artoño e naceu o alcalde de Agolada Ramiro Varela Peón.

As Trabancas, Agolada

San Mamede das Trabancas é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2016 tiña 116 habitantes (60 mulleres e 56 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 192 habitantes.

Basadre, Agolada

Santa María de Basadre é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 49 habitantes (25 mulleres e 24 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 91 habitantes.

Berredo, Agolada

Santa María de Berredo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE de 2013 tiña 106 habitantes (62 mulleres e 44 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 171 habitantes.

Borraxeiros, Agolada

San Cristovo de Borraxeiros é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Agolada. Segundo o IGE de 2013 tiña 267 habitantes (136 mulleres e 131 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 450 habitantes.

Brocos, Agolada

San Miguel de Brocos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 62 habitantes (36 homes e 26 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes.

Brántega, Agolada

San Lourenzo de Brántega é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Agolada. Segundo o IGE de 2013 tiña 127 habitantes (66 homes e 61 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 240 habitantes. Nesta parroquia tivo a súa sede a Banda de música de Brántega

Carmoega, Agolada

San Pedro de Carmoega é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 76 habitantes (46 homes e 30 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 137 habitantes.

Comarca de Deza

A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

Eidián, Agolada

Santiago de Eidián é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 112 habitantes (57 mulleres e 55 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 212 habitantes.

Ferreiroa, Agolada

San Pedro de Ferreiroa é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 591 habitantes (275 homes e 286 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 684 habitantes. Na parroquia está situada a vila de Agolada, capital do concello e sede da Banda Municipal de Agolada.

Gurgueiro, Agolada

San Miguel de Gurgueiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 33 habitantes (19 mulleres e 14 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 76 habitantes.

Merlín, Agolada

San Pedro de Merlín é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 45 habitantes (20 homes e 25 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 128 habitantes.

O Sexo, Agolada

Santiago do Sexo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 51 habitantes (24 homes e 27 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 83 habitantes.

Val de Sangorza, Agolada

Santa María de Val de Sangorza é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 86 habitantes (49 mulleres e 37 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 138 habitantes.

Ventosa, Agolada

San Xulián de Ventosa é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Agolada, na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2013 tiña 305 habitantes (149 homes e 146 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 483 habitantes.

Nesta parroquia existiu unha banda de música: a Banda de música de Ventosa.

Órrea, Agolada

Santo André de Órrea é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 88 habitantes (49 mulleres e 39 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 112 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.