Agnosticismo

O agnosticismo é unha doutrina filosófica segundo a cal o entendemento humano non pode coñecer o absoluto, senón só o fenomenal ou relativo.

Thomas Henry Huxley
Thomas Henry Huxley, quen acuñou o termo "agnóstico".

Orixe do termo

A lectura da pasaxe de Paulo de Tarso no que alude á inscrición "A un Deus descoñecido" que viu nun altar de Atenas (Act. 27:23) suxeriulle a Thomas Henry Huxley o emprego desta palabra, agnosticismo (1869), co significado oposto ao de "gnosticismo", método de especulación vago e teosófico moi xeneralizado na Igrexa primitiva.

O agnosticismo limita o noso coñecemento ás manifestacións e transformacións da materia e a enerxía e rexeita todo coñecemento de existencia espiritual, ora divina, ora humana. Acepta as conclusións da ciencia e a experiencia sensorial e rexeita, como conxectura carente de fundamento, toda afirmación referente ao non visible.

Os agnósticos poñen gran coidado, non obstante, en non confundirse cos ateos, por unha parte, e cos materialistas filosóficos, por outra, aínda que uns e outros rexeitan actitudes que se limitan a proclamarse puramente nescientes no referente á existencia espiritual. Os agnósticos non negan que tras os fenómenos cognósticos, sensoriais e volitivos exista un ente permanente ou alma; pero sosteñen que nada pode probarse ou desbotarse respecto á existencia da alma separada do corpo, a súa substancia ou permanencia. Admiten, así mesmo, que tras os fenómenos materiais do Universo pode existir un Deus ou Ser Universal; pero afirman a imposibilidade de determinar ou definir a natureza consciente e espiritual dese Ser. A todos eses problemas convén unha soa resposta: non sabemos nada nin nada nos induce a supoñer que cheguemos algún día a saber algo.

O agnóstico adoita diferenciar entre «coñecer» e «crer». Para el, unha persoa relixiosa distínguese dunha atea polo feito de que o relixioso «cre que Deus existe» e o ateo «cre que deus non existe». Así, o agnóstico apártase da postura de crenza indicando que uns e outros (relixiosos e ateos) «cren» na existencia ou inexistencia dunha entidade superior, mentres que el a «descoñece».

Aínda así, a historia parece demostrar que gran parte do agnosticismo relixioso tende en último termo ao escepticismo.

Variedades e controversias

Aínda que existen moitos matices e variedades de agnosticismo, todas as formas razoadas e sistemáticas se basean actualmente, máis ou menos abertamente, nas especulacións de Kant. A conclusión da análise crítica da razón humana, segundo Kant, é a de que soamente podemos coñecer o fenómeno, mentres que as ideas tales como as de Deus, alma e inmortalidade só poden ser aprendidas pola razón práctica.

O lado negativo desta teoría foi presentado por Herbert Spencer, cuxas obras constitúen unha exposición acabada do agnosticismo.

En definitiva sempre se chegará á conclusión de que este descansa na teoría subxectiva do coñecemento e soamente pode ser refutado mediante a demostración de que o noso coñecemento da realidade é xenuíno e seguro.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Apostasía

A apostasía ten diversas acepcións, podendo facer referencia, segundo a Igrexa, á negación da fe de Xesús Cristo recibida no bautismo, ao abandono de xeito irregular a orde ou instituto ao que pertence, ou, no caso de estar referida a un crego, prescindir este habitualmente da condición de seu por incumprimento das obrigas propias do seu estado.

Ateísmo

O ateísmo é o rexeitamento á crenza na existencia dunha ou máis deidades. En sentido estrito, é a postura expresa na que non existe ningún deus. Nun sentido máis amplo, é a ausencia de crenza en que exista algunha deidade. Oponse o teísmo, que na súa forma máis xeral é a crenza na existencia de polo menos unha deidade.O termo ateo provén etimoloxicamente do latín athĕus e este de o grego ἄθεος, que significa 'sen deus(es)' e foi empregado de forma pexorativa para referirse a quen rexeitaba aos deuses adorados pola súa sociedade. Co xurdimento e a difusión do librepensamento, o escepticismo científico e o subsecuente incremento da crítica da relixión, diminuíu o alcance do termo. As primeiras persoas en identificarse a si mesmas coa palabra «ateo» viviron na Ilustración durante o século xviii. A revolución francesa, notable polo seu "ateísmo sen precedentes", presenciou o primeiro gran movemento político da historia en avogar pola supremacía da razón humana.Os argumentos a favor do ateísmo abarcan desde aspectos filosóficos a perspectivas sociais e históricas. As razóns para non crer en deidades inclúen argumentos de ausencia de evidencia empírica, o problema do mal, o argumento das revelacións inconsistentes, o rexeitamento a conceptos infalsables e o argumento da non crenza, entre outros. Aínda que algúns ateos adoptaron filosofías seculares (como o humanismo e o escepticismo), non existe unha ideoloxía ou conxunto de conduta único ao que todos os ateos se adhiran. Moitos deles sosteñen que o ateísmo é unha cosmovisión máis parsimoniosa que o teísmo e que por tanto a carga da proba non recae en quen non cre na existencia de deuses, senón que é o crente quen debe xustificar o seu teísmo.Dado que as nocións de ateísmo varían, as estimacións precisas de cantos ateos existen no globo son unha tarefa complexa. Segundo unha estimación feita en 2007, os ateos representaban o 2,3 % da poboación mundial, ademais dun 11,9 % de non relixiosos (ateos non incluídos). Nunha enquisa de WIN/GIA de 2012 preguntouse «Independentemente de se asiste a un lugar de culto ou non, diría vostede que é unha persoa relixiosa, non relixiosa ou un ateo convencido?». O 59 % da poboación mundial identificouse como relixiosa, un 23 % non relixiosa e un 13 % declarouse atea convencida. Os ateos están concentrados principalmente en Asia Oriental, especialmente China (47 %) e Xapón (31 %), e en Europa Occidental (en media 14 %), onde sobresae Francia (29 %). En comparación co mesmo estudo realizado en 2005, en sete anos a relixiosidade diminuíu nove puntos porcentuais mentres que os ateos aumentaron tres nos países en común.

Clement Attlee

Clement Richard Attlee foi primeiro ministro do Reino Unido dende o 27 de xullo de 1945 ata o 26 de outubro de 1951. Do Partido Laborista, o seu mandato comprendeu o final da segunda guerra mundial. Foi precedido por Winston Churchill, de cuxo gabinete de guerra formou parte, e foi sucedido tamén por Winston Churchill.

Dan Brown

Dan Brown, nado en Nova Hampshire o 22 de febreiro de 1964, é un escritor norteamericano.

Deus

O concepto teolóxico, filosófico e antropolóxico de Deus (do latín: Deus) fai referencia a unha deidade suprema. Deus é o nome que se lle dá en galego a un ser supremo omnipotente, omnipresente, omnisciente e persoal en relixións teístas e deístas (e outros sistemas de crenzas) quen é: ou ben a única deidade, no monoteísmo, ou a deidade principal, nalgunhas formas de politeísmo, coma no henoteísmo.Deus tamén pode referirse a un ser supremo non persoal coma no panteísmo, e nalgunhas concepcións é unha mera idea ou razoamento sen ningunha realidade subsistente fóra da mente, coma nos sistemas materialistas.

A miúdo, Deus é concibido como o creador sobrenatural e supervisor do universo. Os teólogos adscribiron unha variedade de atributos ás numerosas concepcións diferentes de Deus. Entre estas, as máis comúns son omnisciencia, omnipotencia, omnipresencia, omnibenevolencia (perfecta bondade), simplicidade divina, e existencia eterna e necesaria. Deus tamén foi concibido como de natureza incorpórea, un ser persoal, a fonte de toda obrigación moral, e o «maior ser concibible con existencia».

Estes atributos foron descritos en diferentes graos polos primeiros filósofos-teólogos xudeus, cristiáns e musulmáns, incluídos Maimónides, Agostiño de Hipona e Al-Ghazali, respectivamente. Moitos destacados filósofos medievais e filósofos modernos desenvolveron argumentos a prol da existencia de Deus. De xeito análogo, numerosos filósofos e intelectuais de renome desenvolveron argumentos en contra.

Diane Keaton

Diane Hall, nada nos Ánxeles (California) o 5 de xaneiro de 1946, é unha actriz estadounidense.

Edward Teller

Edward Teller, nado en Budapest o 15 de xaneiro de 1908 e falecido en Stanford, Estados Unidos, o 9 de setembro de 2003, foi un físico teórico.

De orixe xudía, emigrou aos Estados Unidos en 1935 fuxindo das persecucións da Alemaña de Hitler. En 1941 adoptou a nacionalidade estadounidense. Teller é especialmente recordado pola súa vinculación á fabricación da bomba de hidróxeno, polo que se lle atribúe o alcume de pai da bomba H, en contra do seu criterio, pois aludía non ter feito méritos para elo.Fixo numerosas contribucións á física nuclear e física molecular, espectroscopía (en particular, o efecto Jahn-Teller e o efecto Renner-Teller) e á física de superficies. A súa extensión da teoría de Enrico Fermi da radiación beta, na forma das transicións Gamow-Teller, proporcionou un fito na súa aplicación, mentres o efecto Jahn-Teller e a teoría Brunauer–Emmett–Teller (BET) mantiveron a súa formulación orixinal e son aínda pedras angulares en física e química. Tamén fixo contribucións á teoría de Thomas-Fermi, precursora da teoría da función densidade, ferramenta estándar na aplicación da Mecánica cuántica ó tratamento de moléculas complexas. No 1953, con Nicholas Metropolis, Arianna Rosenbluth, Marshall Rosenbluth, e Augusta Teller, foi autor dun artigo que supuxo o punto de partica para a aplicación do Método de Montecarlo na Mecánica estatística. Ó longo da súa vida, Teller foi coñecido pola súa habilidade científica e as súas dificultosas relacións interpersoais e volátil personalidade.

Foi un dos primeiros membros do Proxecto Manhattan, encargado de desenvolver a primeira bomba atómica. Durante ese tempo, fixo asemade un gran esforzo para o desenvolvemento das armas baseadas na fusión nuclear, aínda que dito tipo de armas tivo comezo pasterior á segunda guerra mundial. Despois da súa controvertida testemuña no proceso do seu superior no laborario Nacional dos Álamos, J. Robert Oppenheimer, Teller foi illado pola maioría da comunidade científica. Seguiu tendo o apoio do goberno e estamentos de investigación militar estadounidenses, en particular pola súa defensa do desenvolvemento da enerxía nuclear, dun forte arsenal nuclear e e dun programo de testado nuclear vigoroso. Foi cofundador do Laboratorio Nacional Lawrence Livermore (Lawrence Livermore National Laboratory, LLNL), do que foi tamén director asociado e director durante moitos anos.

Nos seus últimos anos, foi coñecido como defensor de solucións tecnolóxicas controvertidas para problemas civís e militares, incluíndo un plan para a escavación dun porto artificial en Alasca usando explosivo termonuclear (proxecto Chariot). Asemade, foi un firme defensor da Iniciativa estratéxica de defensa (SDI) de Ronald Reagan

A súa figura pública foi sempre controvertida, tendo recibido importantes honores e sendo criticado duramente por moitos dos seus colegas.

François Mitterrand

François Maurice Adrien Marie Mitterrand, nado o 26 de outubro de 1916 en Jarnac (Charente), e falecido o 8 de xaneiro de 1996 en París, foi un estadista e presidente francés.

Durante a Cuarta República Francesa tivo once cargos de ministro.

Getúlio Vargas

Getúlio Dornelles Vargas, nado en São Borja, Río Grande do Sur, o 19 de abril de 1882 e falecido en Río de Xaneiro o 24 de agosto de 1954, foi un político brasileiro, líder civil da Revolución de 1930, que puxo fin á República Vella depondo seu 13º e derradeiro presidente Washington Luís.

Guillermo del Toro

Guillermo del Toro, nado en Guadalaxara (Xalisco) o 9 de outubro de 1964, é un director de cine mexicano.

Irrelixión

Irrelixión é a ausencia, indiferenza, rexeitamento ou hostilidade cara a relixión. Algúns segmentos poden posicionarse contrarios e, eventualmente, inclusive ser hostís ás relixións, como pode ser o caso do anticlericalismo, do antiteísmo e da antirrelixión. Cando é definida como indiferenza á relixión, inclúe o apateísmo. A irrelixión tamén consiste parcialmente no rexeitamento da crenza relixiosa, onde se insire o ateísmo e o humanismo secular. Cando é definida como a ausencia de crenza relixiosa, pode incluír algunhas persoas que serían incluídas no agnosticismo, ignosticismo, non teísmo, deísmo, pandeísmo, escepticismo relixioso, pensamento libre e a non-crenza. A irrelixión pode até incluír formas de teísmo dependendo do contexto relixioso, como na Europa do século XVIII, onde o epítome da irrelixión foi o deísmo.Algunhas evidencias suxiren que o status relixioso que máis medra nos Estados Unidos é o status denominado "sen relixión".

Julio María Sanguinetti

Julio María Sanguinetti Coirolo (nado o 6 de xaneiro de 1936 en Montevideo) é un avogado, historiador, xornalista e político uruguaio. Foi tres veces deputado, dúas veces ministro, senador e Presidente da República en dous períodos, 1985-1990 e 1995-2000. É membro do sector "Foro Batllista" do Partido Colorado, do cal foi Secretario Xeral de 1983 a 1985 e de 2004 a 2009. É autor dunha extensa biografía do pintor Pedro Figari.

Matt Groening

Matthew Abram Groening, nado o 15 de febreiro de 1954 en Portland, (Oregón), é un debuxante, produtor de televisión e escritor estadounidense, coñecido por ser o creador de The Simpsons. Ademais, tamén é o creador de Futurama e o autor da tira cómica semanal Life in Hell. Groening publicaba Life in Hell no semanario de Licorice Pizza, unha tenda na cal traballaba.

Pobo kurdo

Os kurdos son un pobo indoeuropeo que se atopa na rexión montañosa de Kurdistán, no suroeste de Asia, esparexida principalmente entre os estados de Iraq, Turquía e Irán. Os kurdos son na súa maioría musulmáns sunnitas.

Son ao redor de trinta millóns de individuos, malia que non existe ningún censo onde consten de maneira fiable. Calcúlase que preto do 55% do total vive en Turquía, un 20% en Iraq e un 5% en Siria. Existe tamén unha importante diáspora kurda en Europa occidental, sobre todo en países como Alemaña, o Reino Unido ou Suecia.

A finais da Primeira Guerra Mundial, na que apoiaron os aliados contra o Imperio Otomán, os kurdos conseguiron, por medio do tratado de Sèvres o recoñecemento da independencia do Kurdistán. Mais, este acordo internacional endexamais foi ratificado e foi substituído en troques polo tratado de Lausana, que repartiu o territorio kurdo entre Turquía, Iraq, Irán e Siria.

Protágoras de Abdera

Protágoras de Abdera é un filósofo grego da época clásica.

Relixión

A palabra relixión, ás veces empregada como sinónimo de fe ou sistema de crenzas, defínese comunmente como crenza concernente ao sobrenatural, sagrado, ou divino e aos códigos morais, prácticas, rituais, valores e institucións relacionadas coa devandita crenza. En ocasións, a palabra relixión úsase para designar o que debería ser chamado "relixión organizada" ou "organización relixiosa", é dicir, organizacións que soportan o exercicio de certas relixións, frecuentemente baixo a forma de entidades legais.

Richard Dawkins

Clinton Richard Dawkins, nado en nado en Nairobi en 1941, é un etólogo, biólogo evolutivo e escritor inglés.

De pais británicos, a súa familia volveu desde Nairobi a Inglaterra en 1949. Educouse en Oxford e doctorouse baixo a tutela do Premio Nobel Niko Tinbergen. Dende 1967 ata 1969 foi profesor asistente na Universidade de California, Berkeley. En 1995 pasou a ocupar a cátedra "Simonyi para a Comprensión Publica da Ciencia" e fíxoo ata o 2008. Foi nomeado profesor emérito do New College, Universidade de Oxford.

Dawkins deuse a coñecer en 1976 grazas ao seu libro The Selfish Gene (O xene egoísta), que popularizou unha visión da evolución centrada nos xenes e que introduciu o concepto de meme. Co seu libro The extended phenotype (O fenotipo estendido) de 1982 introduciu na bioloxía evolutiva o feito de que os efectos fenotípicos dun xene non teñen porqué se limitar só aos individuos que os portan senón que poden ter un impacto ambiental.

Dawkins é ateo e criticou abertamente o creacionismo e o deseño intelixente. Na súa obra The Blind Watchmaker (O reloxeiro cego) (1986) argumentou a analoxía do reloxeiro, que versa sobre da crenza que a existencia dun creador supernatural explicaría a complexidade biolóxica dos organismos vivos. Usando o paradigma dun reloxeiro cego, describe como os procesos evolutivos derivados da reprodución, selección e mutación non os leva a cabo nin os guía ningún "creador". Dawkins argumentou en The God Delusion (Deus, un delirio) do 2006 que case seguro que non houbo ningunha entidade creadora e que a fe na creación por unha deidade é un delirio.

Dawkins tivo o recoñecemento de múltiples institucións e universidades, recibiu premios polas súas obras e participa habitualmente na televisión, a radio e Internet. As súas aparicións nestes últimos medios de difusión sóense tratar como as dun intelectual que rebate o teísmo.

Stan Lee

Stanley Martin Lieber, máis coñecido como Stan Lee, nado en Nova York o 28 de decembro de 1922 e finado o 12 de novembro de 2018, foi un escritor e editor estadounidense.

Xunto con outros artistas co-creadores, especialmente Jack Kirby e Steve Ditko, introduciu complexos e naturais caracteres nos superheroes de cómic. O seu éxito posibilitou o cambio de Marvel Comics dunha pequena editorial a unha multinacional. É Presidente de Honor de Marvel Comics. Son froito da súa invención personaxes como Spider-Man, os X-Men, Iron Man, Thor, o Doutor Estraño, Daredevil, Os Catro Fantásticos, o incrible Hulk, Os Vingadores, Pantera Negra, Silver Surfer, e Nick Furia, ademais de crear dentro do mundo do manga a personaxe Heroman e escribir o guión da serie Ultimo.

Unicornio rosa invisíbel

A Unicornio rosa invisíbel é a deusa dunha autodenominada relixión, que en realidade é unha sátira ou parodia dirixida contra as crenzas teístas. Ten a forma dun unicornio que é, paradoxalmente, invisíbel e rosa, características que aluden ás contradicións que algúns[quen?] atribúen ás propiedades das divindades teístas e que fan que algúns ateos e escépticos o usen como figura de retórica.

Porque, en realidade, considérase que non hai ningunha persoa que crea realmente nesta deusa, pero converteuse nun fenómeno popular finxir que se cre, especialmente nas páxinas webs sobre ateísmo e en foros virtuais de debate, por humor e como forma de crítica ou sátira contra as crenzas relixiosas. Esta profesión de fe subliña a idea de que é difícil refutar declaracións de crenza en fenómenos que están fóra da percepción humana.

Os afíns ao ateísmo, ao agnosticismo ou os antiteístas, utilizan a parodia da Unicornio rosa invisíbel para salientar o débil e arbitrario que consideran as conviccións baseadas no sobrenatural —por exemplo, substituíndo a palabra "Deus" en calquera declaración teísta por "Unicornio rosa invisíbel"—. Unha cita do grupo de Usenet alt.atheism FAQ resume este uso:

Entre os internautas, a Unicornio rosa invisíbel abréviase co acrónimo IPU, especialmente nos fórums de debates, incluíndo redes sociais, sobre relixións e temas relacionados, como o debate Creacionismo versus Teoría da Evolución.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.