Afonso XI de Castela

Afonso XI de Borgoña, o Xusticeiro, nado en Salamanca o 13 de agosto de 1311 e finado en Xibraltar o 26 de marzo de 1350, foi rei de Castela, Galicia, León e Toledo entre outros reinos, ademais de ser bisneto de Afonso X o Sabio.

Ó morrer, era Rei de Castela, León, Toledo, Galicia, Sevilla, Córdoba, Murcia, Xaén, o Algarve, Alxeciras, e Señor de Molina.

Afonso XI de Castela
Afonso XI de Castela - Compendio de crónicas de reyes (Biblioteca Nacional de España)
Nacemento13 de agosto de 1311
 Salamanca
Falecemento27 de marzo de 1350 e 26 de marzo de 1350
 Xibraltar
Causapeste
SoterradoRoyal Collegiate Church of Saint Hippolytus
NacionalidadeCoroa de Castela
Relixióncatolicismo
Ocupaciónpolítico
PaiFernando IV de León e Castela
NaiConstança de Portugal
CónxuxeConstança Manuel e Maria de Portugal
FillosPedro I de Castela, Henrique II de Castela, Fadrique Alfonso, Lord of Haro, Tello de Castilla, Lord of Aguilar de Campoo, Sancho Afonso de Castela, Conde de Alburquerque, Pedro de Aguilar, Sancho Alfonso de Castilla, Juan Alfonso de Castilla, Juana Alfonso de Castilla, Pedro Alfonso de Castilla e Fernando Alfonso de Castilla
IrmánsLeonor de Castela II
FirmaAlfonsoXI
Alfonso XI, king of Leon and Castile
Afonso XI nunha ilustración das Crónicas de Froissart, c.1410

Traxectoria

Fillo de Fernando IV o Emprazado e de Constanza de Portugal, e neto de María de Molina, que exerceu a rexencia durante a súa minoría de idade. Subiu ó trono de Castela cun ano de idade. A maioría de idade alcanzouna con 15 anos, en 1326.

Alfonsoxialgeciras
Estatua de Afonso XI en Alxeciras.

Ó morrer o seu pai en 1312, apareceron multitude de disputas entre varios aspirantes ó trono, resoltas en 1313 co acordo de Palazuelos. A súa avoa María de Molina, Constanza e os infantes Juan e Pedro, formaron rexencia. Ó morrer Constanza e tras unha campaña militar fronte o reino de Granada en 1319, onde pereceron os infantes, María quedou como única rexente. Ó morrer en 1321 os infantes Filipe, Juan Manuel e Juan el Tuerto, dividíronse o reino mentres era saqueado polos mouros e nobres levantinos. Afonso, unha vez maior de idade, asumiu o trono, conseguindo durante o seu reinado o fortalecemento do poder real, a resolución dos problemas do estreito de Xibraltar e a conquista de Alxeciras.

Durante o seu reinado conseguiu levar os límites cristiáns ata o estreito de Xibraltar trala importante vitoria na batalla do Salado en 1340 e a conquista do Reino de Alxeciras en 1344. Unha vez resolto dito conflito, puxo tódolos seus esforzos na reconquista, loitando contra o rei mouro de Granada.

Alfonso de la Cerda, en 1331, rendeu unha homenaxe ó rei Afonso para deixar resoltas as súas pretensións ó trono castelán e leonés. En 1332 soubo apagar, coa axuda dos seus súbditos, a revolta que contra el fixeron Juan Manuel e Afonso VI de Portugal. Ditos acontecementos fixéronlle descoidar a reconquista, perdendo Xibraltar.

Tanto Afonso como Abul-Hasan mandaron un importante continxente navieiro ó estreito, xa que sabían perfectamente a importancia de dita xeografía nas súas pretensións de conquista. Afonso obtivo a axuda da Coroa de Aragón, e o musulmán do Reino de Xénova. Trala derrota da escuadra castelá, ó mando de Alonso Jofre Tenorio en 1340 obtiveron unha serie de conquistas: primeiro na Batalla do Salado o mesmo ano, a conquista de Alcalá la Real en 1341, a batalla do río Palmones, e finalmente a toma de Alxeciras en 1344.

Ó rematar a Guerra dos cen anos Afonso aliouse con Francia e conseguiu firmar unha tregua cos musulmáns de Granada. Unha vez terminada dita tregua, puxo sitio a Xibaltrar.

Faleceu no sitio de Xibraltar vítima da peste, sendo así o único monarca de toda a Europa afectada en morrer vítima da enfermidade. O seu cadáver foi levado a Xerez da Fronteira, onde foi embalsamado, e soterraron os seus intestinos na real capela do alcázar. O seu corpo foi posteriormente levado a Sevilla, onde permaneceu ata que en 1729 foi trasladado á Igrexa de Santo Hipólito de Córdoba, fundada por el mesmo en 1343 en conmemoración da Batalla do Salado.

Foi alcumado "O Xusticeiro" pola enerxía que tivo que exercer para manter controlada á nobreza xa desde que se fixo cargo do poder, sen importarlle en moitos casos para conseguir ese sometemento recorrer ó axustizamento dos nobres ou mesmo ós asasinatos e emboscadas, como ocorreu con Juan el Tuerto, na Cidade de Toro.

Atribúeselle unha cantiga de amor dirixida a Leonor Núñez de Guzmán.

Tras un primeiro matrimonio non consumado, e posteriormente anulado, con Constanza Manuel, filla do Infante Juan Manuel, contraeu matrimonio en 1328 coa súa curmá-irmá María de Portugal (1313 - 1357), filla de Afonso IV o Bravo, coa que tivo dous fillos:

  • Fernando (1332), morto antes de cumprir un ano, e
  • Pedro o Cruel (1334 - 1369), futuro rei de Castela co nome de Pedro I.

A partir de 1329 tivo dez fillos con Leonor Núñez de Guzmán (1310 - 1351) (tataraneta de Afonso IX de León):

  • Pedro Alfonso (1330 - 1338), Señor de Aguilar;
  • Juana Alfonso (1330 - ¿?), Señora de Trastámara;
  • Sancho Alfonso (1331 - 1343), Señor de Ledesma;
  • Enrique Alfonso o das Mercedes (1333 - 1379), señor de Trastámara, fundador da Casa de Trastámara e futuro rei de Castela e de León co nome de Enrique II;
  • Fadrique Alfonso (1333 - 1358), xemelgo do anterior, mestre da Orde de Santiago e Señor de Haro; del descenden os Almirantes de Castela-Duques de Medina de Rioseco (Familia Enríquez);
  • Fernando Alfonso (¿? - ¿?), Señor de Ledesma;
  • Tello Alfonso (1337 - 1370), primeiro Señor de Aguilar de Campoo e Lara, Conde de Biscaia e de quen descenden os Marqueses de Aguilar de Campoo;
  • Juan Alfonso (1341 - 1359), Señor de Badaxoz e de Xerez da Fronteira;
  • Sancho Alfonso (1345 - 1352), Conde de Alburquerque;
  • Pedro Alfonso (1345 - 1359), xemelgo do anterior.
Afonso XI de Castela
Nacemento: 13 de agosto 1311 Falecemento: 26 de marzo 1350
Títulos Reais
Precedido por
Fernando IV
Rei de Castela, Toledo, León, Galiza,
Sevilla, Murcia, Córdoba e Xaén

1311-1350
Sucedido  por
Pedro I
Precedido por
Abd-al-Malik
Rei de Alxeciras
1344-1350
28 de outubro

O 28 de outubro é o 301º día do ano do calendario gregoriano (302º nos anos bisestos). Quedan 64 días para finalizar o ano.

Afonso IV de Portugal

Afonso IV de Portugal, nado en Santarém o 8 de febreiro de 1291 e finado en Lisboa o 28 de maio de 1357, alcumado O Bravo, foi o sétimo rei de Portugal. Era fillo do rei Dinís de Portugal e da súa muller, Raíña Santa Isabel, princesa de Aragón. Afonso IV sucede a seu pai o 7 de febreiro de 1325.

Alcázar dos Reis Cristiáns

O Alcázar dos Reis Cristiáns, é un edificio de carácter militar ordenado construír polo rei Afonso XI de Castela no ano 1328, sobre construcións anteriores (o Alcázar andalusí, antes residencia do Gobernador Romano e a Aduana, situada nunha das marxes do río Guadalquivir), en Córdoba, España. O conxunto arquitectónico ten un carácter sobrio no seu exterior e espléndido no seu interior, cos magníficos xardíns e patios que manteñen unha inspiración mudéxar.

O Alcázar está declarado Ben de Interese Cultural dende o ano 1931. Forma parte do centro histórico de Córdoba que foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1994.

Castelán

Castelán pode significar:

Habitante de ou relacionado con Castela.Lingua castelá, lingua románica do grupo ibérico, orixinaria de Castela. Falada en boa parte de España e América do Sur, tamén coñecida por iso como español.

Moeda castelá, emitida por Afonso XI de Castela.Castelán, gobernante dun castelo e da súa xurisdición.

Constanza, duquesa de Lancaster

Constanza de Lancaster ou de Constanza de Castela (1354-1394) foi duquesa de Lancaster, desde 1371 até á súa morte.

Henrique II de Castela

Henrique II de Castela, nado en Sevilla o 13 de xaneiro de 1334 e finado en Santo Domingo de la Calzada o 29 de maio de 1379, foi rei de Castela, fillo ilexítimo de Afonso XI de Castela e Leonor de Guzmán e polo tanto medio irmán de Pedro I de Castela.

Juan Manuel

Don Juan Manuel, nado en Escalona o 5 de maio de 1282 e finado en Córdoba o 13 de xuño de 1348,, foi un nobre e escritor en lingua castelá. Foi un dos principais representantes da prosa medieval de ficción, principalmente pola súa obra El conde Lucanor, conxunto de contos morais (exempla) que se intercalan con varias modalidades de literatura sapiencial.

Tivo os títulos simultáneos de duque e príncipe de Villena e señor de Escalona, Peñafiel, Cuéllar, Elx, Cartaxena, Lorca, Alcocer, Salmerón, Valdeolivas e Almenara. Foi amais mordomo maior dos reis Fernando IV e Afonso XI, adiantado maior de Andalucía e adiantado maior de Murcia.

Durante a última etapa da minoría de idade do seu sobriño, Afonso XI de Castela, foi titor do rei co infante Filipe de Castela e Juan el Tuerto.

Leonor de Castela

Leonor de Castela pode referirse ás seguintes persoas:

Leonor de Castela (c. 1191-1244), filla do rei Afonso VIII de Castela e a raíña Leonor de Plantagenet e primeira esposa do rei Xaime I de Aragón.

Leonor de Castela (c. 1202-1244), filla do rei Fernando III de Castela e esposa de Eduardo I de Inglaterra.

Leonor de Castela (1256-1275), infanta de Castela, filla do rei Afonso X e de Violante de Aragón.

Leonor de Castela (1307-1359), infanta de Castela, filla de Fernando IV e esposa do rei Afonso IV de Aragón.

Leonor de Castela la de los Leones (m. c. 1413), filla ilexítima do rei Enrique II de Castela e señora da vila de Dueñas.

Leonor de Alburquerque (c. 1374-1435), filla do infante Sancho de Castela e de Beatriz de Portugal e esposa do rei Fernando I de Aragón.

Leonor de Castela (1393-1470), filla do duque Fadrique de Castela e neta de Afonso XI de Castela.

Leonor de Castela (1423-1425), princesa de Asturias, filla do rei Juan II de Castela e de María de Aragón.

Leonor Sánchez de Castela (m. 1444), filla do conde Sancho de Castela e neta de Afonso XI de Castela.

Leonor de Guzmán

Leonor de Guzmán, nada en Sevilla no 1310 e finada en Talavera de la Reina no 1351, foi unha nobre castelá, amante do rei Afonso XI de Castela. Froito da relación entre ambos naceu, entre outros, Henrique II de Castela, primeiro monarca da Casa de Trastámara. A relación entre Leonor de Guzmán e o rei de Castela serviría de inspiración para a ópera La Favorita, de Gaetano Donizetti.

María de Aragón (raíña de Castela)

María de Aragón, nada o 24 de febreiro de 1403, ao parecer en Medina del Campo, reino de Castela, e finada o 18 de febreiro de 1445 en Villacastín, reino de Castela, tamén coñecida como María de Trastámara, foi unha infanta de Aragón que ocupou o trono de Castela como consorte do rei Xoán II entre 1420 e 1445.

Era filla de Fernando I de Antequera, infante e rexente de Castela, e rei de Aragón, e da súa esposa Leonor Urraca de Castela, III condesa de Alburquerque, polo que tamén se coñece como Leonor de Alburquerque.

Foi, ademais, a nai do rei Henrique IV de Castela, irmá dos «Infantes de Aragón» e tía de Fernando II de Aragón.

Mosteiro de Guadalupe

O Real Mosteiro de Santa María de Guadalupe é un mosteiro estremeño situado na localidade de Guadalupe, na provincia de Cáceres. Foi declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1993. No seu interior aprécianse os estilos gótico, mudéxar, renacentista, barroco e neoclásico, é dicir, dende o século XIII ao XVIII.

Pedro, conde de Barcelos

Pedro Afonso, conde de Barcelos, nado en 1287 e finado en Lalim en 1354, foi un nobre portugués, segundo algunhas fontes o primeiro fillo natural de Dinís de Portugal e de Gracia Froes (de identificación insegura). Poeta e trobador como seu pai, tivo un papel de relevo na vida política e sobre todo cultural do seu tempo, ficando a deberlle unha boa parte dos máis importantes textos da literatura medieval galego-portuguesa.

Pedro Henríques de Castela

Pedro Henríques de Castela, tamén coñecido como Pedro Enríquez de Castilla, nado contra 1355, e finado en Ourense o 2 de maio de 1400, foi un magnate castelán, fillo ilexítimo de Fadrique Afonso de Castela, mestre da Orde de Santiago. Era neto do rei Afonso XI de Castela.

Pedro I de Castela

Pedro I de Castela, o Cruel ou o Xusticeiro, nado en Burgos en 1334 e finado en Montiel, Cidade Real, en 1369, foi rei de Castela e León entre o 26 de marzo de 1350, pouco antes de facer os 16 anos, até a súa morte en 1369. A finais do seu reinado ostentaba os títulos de rei de Castela, Toledo, León, Galiza, Sevilla, Córdoba, Murcia, Xaén, o Algarve, Alxeciras e señor de Biscaia e de Molina.

Pertegueiro maior de Santiago

O pertegueiro maior de Santiago é unha dignidade da arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela.

Ponte de Segovia

A Ponte de Segovia (en castelán: Puente de Segovia) é un monumento renacentista da cidade de Madrid obra do arquitecto Juan de Herrera. Atópase no cruzamento da rúa de Segovia co río Manzanares, punto que historicamente constituíu un dos principais accesos á vila.

Coñecido antigamente como Ponte Segoviana, as primeiras referencias desta construción datan do século XIV, cando o rei Afonso XI de Castela autorizou a súa edificación mediante dúas cartas escritas en 1345 e en 1346. Nos primeiros debuxos e pinturas da cidade, datados no século XVI, a ponte aparecía con nove ou trece arcos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.