Afonso XIII de España

Afonso XIII, nado en Madrid o 17 de maio de 1886 e finado en Roma o 28 de febreiro de 1941, foi rei de España. Fillo póstumo de Afonso XII e de María Cristina de Habsburgo-Lorena, foi coroado rei no seu nacemento e reinou até 1931. A súa nai exerceu a rexencia da coroa durante a súa infancia.

Afonso XIII de España
Alfonso XIII de España by Kaulak
Nacemento17 de maio de 1886
 Madrid
Falecemento28 de febreiro de 1941
 Roma
CausaDoenza cardiovascular
SoterradoCripta Real do Mosteiro do Escorial
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónmonarca
PaiAfonso XII de España
NaiMaría Cristina de Habsburgo-Lorena
CónxuxeVitoria Euxenia de Battenberg
FillosAfonso, Príncipe das Astúrias, Xaime de Borbón e Battenberg, Beatriz de Borbón y Battenberg, Maria Cristina de Espanha, Juan de Borbón y Battenberg, Gonçalo de Espanha, Leandro de Borbón, Roger Marie Vincent Philippe Lévêque de Vilmorin e Fernando de Borbón e Battenberg
IrmánsMaría de las Mercedes de Borbón y Habsburgo-Lorena e María Teresa de Borbón
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Knight Grand Cross of the Royal Victorian Order, Orde da Aguia Branca, Knight Grand Cross in the Order of the Holy Sepulchre, Ordem de Santo André, Royal Victorian Chain, honorary doctor of the University of Madrid Complutense, Ordem do Leão Branco, Knight Grand Cross of the Order of Saints Maurice and Lazarus, Supreme Order of the Chrysanthemum with collar, knight of the Order of Saints Maurice and Lazarus, Cruz Laureada de São Fernando, Ordem de Calatrava, Ordem da Anunciação, Orde da Xarreteira e Ordem do Serafim
FirmaAlfonsoXIII (v)

Vida

En 1902, ao acadar os 16 anos, foi declarado maior de idade e asumiu as funcións de Xefe de Estado. Durante o seu reinado visitou todas as provincias españolas e fixo visitas ao estranxeiro. Na súa visita a Francia foi recibido polo que era presidente da República francesa, Émile Loubet, e durante esa visita foron vítimas dun atentado do cal saíron ilesos.

Anarchist attack on the King of Spain Alfonso XIII (1906)
O atentado na Calle Mayor, Madrid 1906

O 31 de maio de 1906, casou coa princesa británica Vitoria Euxenia de Battenberg (1887 - †1969), filla de Henrique de Battenberg e da princesa Beatriz. Vitoria Euxenia era sobriña do rei Eduardo VII e neta da raíña Vitoria do Reino Unido. Ela, Alteza Serenísima por nacemento, foi elevada ao rango de Alteza Real un mes antes do seu matrimonio, para evitar que o enlace fose considerado desigual.

Cando Afonso XIII e a raíña Vitoria, logo da súa voda, regresaban ao Palacio Real, foron vítimas dun atentado, mediante unha bomba que se atopaba dentro dun ramo de flores que lanzara o anarquista Mateo Morral, fronte ao número 84 da Calle Mayor de Madrid, do que saíron ilesos. Como consecuencia da explosión morreron ou resultaron feridas varias persoas que contemplaban o paso dos monarcas.

Fillos

A parella tivo sete fillos:

  • Alfonso (Alfonso Pío Cristino Eduardo, 1907 - 1938) Príncipe de Asturias, naceu hemofílico e renunciou aos seus dereitos á coroa en 1933 para contraer matrimonio cunha plebea. Conde de Covadonga dende entón.
  • Jaime (Jaime Leopoldo Isabelino Enrique, 1908 - 1975), xordomudo como consecuencia dunha operación na infancia, renunciou, tamén, ao seu dereito de ser rei. Duque de Segovia e Duque de Madrid, pretendente ao trono de Francia dende 1941 a 1975, coñecido como Duque de Anjou.
  • Beatriz (Beatriz Isabel Federica Alfonsa Eugenia, 1909 - 2002), converteuse na princesa de Civitella-Cesi polo seu matrimonio con Alexandro Torlonia.
  • Fernando (1910) naceu morto.
  • Cristina (María Cristina Teresa Alejandra, 1911 - 1996).
  • Juan (Juan Carlos Teresa Silvestre Alfonso), Conde de Barcelona, pretendente do trono de España dende 1941 ata 1975.
  • Gonzalo (Gonzalo Manuel María Bernardo, 1914 - 1934), naceu hemofílico.

Afonso tamén tivo tres fillos fóra do matrimonio, Roger Leveque de Vilmorin (1905 - 1980), coa aristócrata francesa Mélanie de Gaufridy de Dortan; Leandro Alfonso Ruíz Moragas (1929 - 2016) recoñecido pola xustiza española o 21 de maio de 2003 como Leandro Alfonso de Borbón Ruíz, fillo do Rei, e a súa irmá Ana María Teresa Ruíz Moragas. A nai da ámbolos dous irmáns foi a actriz española Carmen Ruíz Moragas.

Feitos importantes na súa vida

Durante o seu reinado, España, tras a intervención dos Estados Unidos na guerra colonial, perdeu as súas últimas posesións ultramarinas en Cuba, Porto Rico e Filipinas, durante o coñecido como Desastre do 98. Xa no século XX desencadeouse novamente a guerra na zona norte de Marrocos que fora adxudicada a España nas reparticións internacionais. O conflito localizouse fundamentalmente na área máis próxima á cidade de Melilla, en contra dos rifeños de Abd el-Krim.

Primo de Rivera constituíu un goberno ao que denominou directorio, que estivo formado nun primeiro momento exclusivamente por militares (Directorio Militar) e, posteriormente (1925), tivo un carácter civil (Directorio Civil). Durante a Ditadura púxose fin á Guerra do Rif co Desembarco de Alhucemas en 1925, e máis axuda francesa, que permitiu a conquista española definitiva do Rif en 1927. En 1929 celebráronse a Exposición Universal en Barcelona e a Iberoamericana en Sevilla, pero a oposición crecente que xerou o ditador, especialmente estendida entre estudantes, intelectuais e o corpo de Artillería (opoñíanse á reforma que pretendía o ditador do seu sistema de ascensos) fixeron que Afonso XIII apártase a Miguel Primo de Rivera do goberno o 29 de xaneiro de 1930, nomeando presidente do consello de ministros ao xeneral Dámaso Berenguer coa intención de retornar ao réxime constitucional. Este novo período coñeceuse enseguida como "a Ditablanda", por contraste coa ditadura anterior.

Tras a caída do ditador -que faleceu semanas despois-, aumentaron as manifestacións antimonárquicas, acusouse ao Rei de apoiar a ditadura de Primo de Rivera e de ter responsabilidades no Desastre de Annual. Ese ano os partidos republicanos uníronse fronte a monarquía coa firma do Pacto de San Sebastián. Houbo pronunciamentos militares republicanos que foron frustrados polo goberno na base aérea de Cuatro Vientos (Madrid) e en Jaca, (este último encabezado polos capitáns Fermín Galán e Ángel García Hernández, que foron fusilados tras un consello de guerra). En febreiro de 1931 o almirante Juan Bautista Aznar foi designado presidente do consello por Afonso XIII. O seu goberno convocou eleccións municipais o 12 de abril de 1931. Ao coñecerse nas eleccións mencionadas a vitoria nas cidades das candidaturas republicanas, Aznar pronunciou, o día 13, diante da prensa, unha frase histórica: "Qué quieren ustedes que les diga de un país que se acuesta monárquico y se levanta republicano!" (aínda que a frase exacta fora pronunciada por José María Pemán seis meses antes nunha conferencia no Cinema Europa de Cuatro Caminos en Madrid e dicía: "España no puede acostarse un día siendo monárquica y levantarse republicana al día siguiente")[1].

O 14 de abril proclamouse a Segunda República Española e o Rei abandonou o país ese mesmo día, renunciando á Xefatura do Estado, pero sen una abdicación formal. Viaxou a Cartagena e partiu para Marsella nun buque da Armada Española para trasladarse dende alí a París.

Durante o exilio residiu en diversos lugares, aínda que os últimos anos da súa vida pasounos en Roma. Tras a morte de Alfonso Carlos de Borbón, duque de San Jaime, pretendente carlista, en 1936, recibiu os posibles dereitos do carlismo e do lexitimismo francés. O 15 de xaneiro de 1941 renunciou á xefatura da Casa Real en favor do seu fillo Juan. Faleceu o 28 de febreiro de 1941 no Gran Hotel de Roma a causa dunha anxina de peito. Estivo enterrado na igrexa española de Montserrat da capital italiana até que, en 1980, o seu neto o rei Xoán Carlos I ordenou o traslado dos seus restos ao Panteón Real do Mosteiro do Escorial.

Notas

  1. Álvarez Chillida, Gonzalo (1997). José María Pemán, pensamiento y trayectoria de un monárquico. (1897-1941). Cádiz: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Cádiz. p. 36. ISBN 8477863059.

Véxase tamén

Outros artigos

Predecesor:
Afonso XII
 Escudo Isabel II.png
Rei de España
 
1886 - 1931
Sucesor:
Ningún
(Niceto Alcalá Zamora,
Presidente da IIª República)
30 de xaneiro

O 30 de xaneiro é o 30º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 335 días para finalizar o ano, 336 nos anos bisestos.

Afonso XII de España

Afonso XII, alcumado O Pacificador, nado en Madrid o 28 de novembro de 1857 e falecido en El Pardo (Madrid) o 25 de novembro de 1885, foi Rei de España entre 1875 e 1885.

Era fillo da raíña Isabel II e do seu curmán, o príncipe Francisco de Asís de Borbón, aínda que diversas fontes apunta a que o seu proxenitor verdadeiro é o capitán de tenentes Henrique Puig Moltó, coñecido amante da súa nai.

Afonso de Borbón e Dampierre

Afonso de Borbón e Dampierre, duque de Cádiz, nado en Roma (Reino de Italia) o 20 de abril de 1936 e finado en Beaver Creek (condado de Eagle, Colorado) o 30 de xaneiro de 1989, foi un nobre español, curmán de Xoán Carlos de Borbón e Borbón e pretendente lexitimista ao trono de Francia entre o 20 de marzo de 1975 (data da morte do seu pai) e a súa propia morte.

Era fillo do infante de España Xaime de Borbón e Battenberg, duque de Segovia, e da súa primeira esposa, Emanuela de Dampierre e, polo tanto, neto do rei Afonso XIII de España.

Casa de Borbón

A casa de Borbón (en francés: Bourbon, en italiano: Borbone) é unha casa real de orixe francesa (aínda que a primeira coroa á que accedeu foi a do Reino de Navarra), actual casa reinante en España e no Gran Ducado de Luxemburgo. Gobernaron primeiro en Navarra e Francia, pero para o século XVIII os membros da casa de Borbón chegaron aos tronos de España e sur de Italia, destacando o Reino das Dúas Sicilias, ademais de varios pequenos ducados e condados.

Condado de Badarán

O Condado de Badarán é un título nobiliario español creado o 21 de agosto de 1926 polo rei Afonso XIII e outorgado a Pío García-Escudero y Ubago, subgobernador do Banco de España.

A súa denominación fai referencia á localidade rioxana de Badarán.

Década de 1900

A década de 1900 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1900 e remata o 31 de decembro de 1909.

Década de 1930

A década de 1930 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1930 e remata o 31 de decembro de 1939.

Eleccións xerais de España de 1891

As Eleccións Xerais de 1 de febreiro de 1891 en España foron convocadas na minoría de idade de Afonso XIII, sendo rexente a súa nai María Cristina de Habsburgo-Lorena. A súa base legal foi a Constitución española de 1876, vixente ata 1931, na coñecida como Restauración borbónica en España.

Eleccións xerais de España de 1901

As Eleccións Xerais de 19 de maio de 1901 en España foron convocadas na minoría de idade de Afonso XIII, sendo rexente a súa nai María Cristina de Habsburgo-Lorena. A súa base legal foi a Constitución española de 1876, vixente ata 1931 na coñecida como Restauración borbónica en España.

Eleccións xerais de España de 1923

As Eleccións xerais de España de 1923 foron convocadas para o 29 de abril de 1923 e celebradas baixo o sufraxio universal masculino.

Foron as últimas eleccións a Cortes Xerais convocadas na Restauración borbónica e, polo tanto, dentro do sistema de quendas de partidos dinásticos implantado coa Constitución española de 1876, carta magna que sería suspendida en setembro dese mesmo ano polo golpe de estado de Miguel Primo de Rivera. Quen ostentaba o cargo de Presidente do Goberno ata a data das eleccións foi Manuel García Prieto.

As eleccións estiveron marcadas pola debilidade extrema do sistema político e a gran conflictividad social debido á Guerra do Rif e os disturbios en Barcelona. O Partido Conservador estaba sumido nunha profunda crise de liderado desde o asasinato de Eduardo Dato, mentres o Partido Liberal presentábase moi dividido en diferentes faccións.

A maioría liberal permitío que os principais líderes liberal-progresistas ocupasen as principais magistraturas do Estado. Melquíades Álvarez foi nomeado presidente do Congreso dos Deputados e Álvaro de Figueroa Torres-Mendieta foi o presidente do Senado. O xefe do goberno foi Manuel García Prieto, elixido co apoio do Partido Liberal e do Partido Reformista.

Ambas cámaras foron disoltas pola Ditadura de Primo de Rivera cinco meses despois, o 13 de setembro de 1923.

Illa de Cortegada

A illa de Cortegada está situada na ría de Arousa preto do estuario do río Ulla , fronte ás costas do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa. É a meirande illa do arquipélago de Cortegada, que contén ademais as illas Malveiras ou as illas Briñas, e está incluído no parque nacional das Illas Atlánticas.

É case unha illa de marea, únese á terra na baixamar polos viveiros (aínda que queda un fluxo de auga, pódese pasar andando). Ten unha extensión de 5 hectáreas e unha superficie de 2,5 quilómetros cadrados con algunhas praias e dous pequenos outeiros de pouco máis de 20 metros de altura cubertos por unha abundante flora; o maior bosque de loureiros da Península Ibérica, piñeiros, e outra vexetación.

Julia Becerra Malvar

Julia Becerra Malvar, nada en Salcedo (Pontevedra) o 9 de abril de 1892 e finada en Madrid o 27 de abril de 1974, foi unha nobre galega.

Mariano Ordóñez García

Mariano Ordóñez García, nado en Madrid o 8 de marzo de 1874 e finado na mesma cidade o 3 de xuño de 1938, foi un avogado e político español, foi ministro de Graza e Xustiza, ministro de Facenda e ministro de Mariña durante o reinado de Afonso XIII de España.

Uxía (nome)

Uxía (masculino Uxío) é un nome feminino galego de orixe grega: εὐγενής (eugenēs), "nobre", literalmente "ben nada", de εὖ (eu), "ben" e γένος (genos), "raza, familia".

Victoria de Marichalar y Borbón

Victoria Federica de Todos los Santos de Marichalar y Borbón, nada en Madrid o 9 de setembro de 2000, é a segunda filla da infanta Elena, duquesa de Lugo, e Jaime de Marichalar. É neta dos reis eméritos de España, Xoán Carlos I e Sofía de Grecia, e sobriña dos reis Filipe VI e Letizia Ortiz.

Foi nomeada Victoria pola súa tataravoa a raíña Vitoria Euxenia de Battenberg, esposa de Afonso XIII de España, e Federica pola súa bisavoa Federica de Hannover, esposa de Paulo I de Grecia, e Todos os Santos como é costume na Casa Real. Os seus padriños foron o seu tío materno, o entón príncipe Filipe, e a súa tía paterna, Ana de Marichalar e Sáenz de Tejada.Victoria é a quinta na liña de sucesión ao trono español, por detrás das súas curmás Leonor e Sofía de Borbón, a súa nai e o seu irmán maior Felipe Juan Froilán. Como filla dunha infanta de España dáselle o trato de A súa Excelencia e posúe a dignidade de Grande de España.

Vitoria Uxía de Battenberg

Vitoria Uxía Xulia Ena de Battenberg, nada no Castelo de Balmoral (Aberdeenshire, Escocia) o 24 de outubro de 1887 e finada en Lausana (Suíza) o 15 de abril de 1969, era neta da raíña Vitoria de Inglaterra, e converteuse en raíña consorte de España polo seu matrimonio co rei Afonso XIII. Foi a bisavoa do actual monarca Filipe VI de España.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.