Afonso V o Nobre

Afonso V o Nobre, Galleciensis Regis[1], Rex Gallitianus[2] (rei de Galicia) tamén coñecido como Afonso V de León (nado no 994 ou 995 e falecido en Viseu en 1028[3]), foi rei da Galiza altomedieval entre os anos 999 e 1028 coa súa capital na cidade de León.

Afonso V o Nobre
Alfonso V of León
Miniatura medieval de Afonso V no Libro dos Testamentos (fol. 53v).
999-1028
PredecesorVermudo II

Coroación1108
Nacemento994
Falecemento1028
Viseu
SepulturaMonasterio de Isidoro de León
Cónxuxe/sElvira Menéndez de Melanda
Urraca Garcés
DescendenciaVermudo III
Sancha I
Ordoño II
ProxenitoresVermudo II
Elvira García

Sinatura-de-Afonso-V-(999)

Biografía

Herdou o trono no 999, tralo falecemento de Vermudo II, quedando baixo a tutela da súa nai, dona Elvira, e do aristócrata galego Mendo González. Casou en 1015 con Elvira Meendiz (filla de Mendo González e de Dona Toda) e en 1023 con Urraca Garcés de Pamplona (filla de García Sánchez de Navarra e de Ximena Fernández).

Ese mesmo ano acadou a maioría de idade, herdando un reino cheo de inestabilidade política. Tamén en 1017 morreron a súa nai, até entón rexente, e os tres nobres máis importantes do reino: o conde de Castela, o xefe dos Beni Gómez e Menendo Rodríguez, que foran fonte de problemas na rexencia anterior. Afonso V quixo dar un xiro á administración, creando un novo marco xurídico.

Reconstruíu a cidade de León, que fora danada polos ataques de Almanzor, e reuniu os nobres en Curia Plena para a elaboración e posterior aprobación do Foro de León. Este Foro é a sanción xurídica do feudalismo leonés. Buscaba pór fin ás desordes da etapa anterior e recuperar o poder real. Reciben o nome de Foro de León un conxunto de preceptos decretados nun concilium reunido na catedral de León en 1020. A estes 20 preceptos engadíronselle outros 28 que regulaban a vida local na cidade de León.

Faleceu sitiando a praza de Viseu, en Portugal. O seu fillo Vermudo III herdou a coroa no 1028. Tivo dúas fillas: Sancha (nacida de Dona Elvira) e Ximena (nacida de Dona Urraca).

Afonso V o Nobre
Ramírez
Nacemento: 994 Falecemento: 1028
Títulos Reais
Precedido por
Vermudo II
Rei de Galicia
999–1028
Sucedido  por
Vermudo III

Notas

  1. Santos Coco, Francisco (ed.). Historia Silense (1921 ed.). p. 64.
  2. Chavanon, Jules (ed.). Chronique Adémar de Chabannes (1897 ed.). p. 195.
  3. Flórez (1793), p. 193: da como data da morte 1027

Véxase tamén

Bibliografía

  • Flórez, Henrique (1793). España sagrada. Madrid: Oficina de la viuda e hijo de Marín.

Outros artigos

Afonso V

Afonso V pode referirse a varios reis:

Afonso V o Nobre (944?-1028), rei de Galiza;

Afonso V "o Magnánimo" (1396-1458), rei de Aragón, Valencia, Mallorca, Sicilia, Sardeña e Nápoles, e conde de Barcelona;

Afonso V "o Africano" (1432-1481), rei de Portugal.

Basílica de Santo Isidoro de León

A real colexiata basílica de Santo Isidoro ou, simplemente, Santo Isidoro de León, é un templo cristián situado na cidade de León, en España. É un dos conxuntos arquitectónicos de estilo románico máis destacados de España, pola súa historia, arquitectura, escultura, e polos obxectos suntuarios románicos que se puideron conservar. Presenta a particularidade de ter un Panteón Real situado ós pés da igrexa, con pintura mural románica e capiteis orixinais, todo o cal fai que sexa peza única do mundo románico da época. O conxunto foi construído e engrandecido durante os séculos XI e XII.

Na súa orixe foi un mosteiro dedicado a san Paio, aínda que se supón que anteriormente se asentaba nos seus cimentos un templo romano. Co traslado dos restos de santo Isidoro, bispo de Sevilla (doutor das Españas), a León, cambiouse a titularidade do templo.

O edificio da igrexa conserva algúns vestixios románicos da primeira construción de Fernando I e Sancha. O panteón e as dúas portas da súa fachada sur, chamadas Porta do Cordeiro e Porta do Perdón, máis a Porta Norte ou Capitular, son as primeiras manifestacións da arte románica nos territorios leoneses. Co transcurso do tempo fixéronse modificacións e engadidos góticos, renacentistas e barrocos.

É Monumento Histórico Artístico desde o 9 de febreiro de 1910.

Castelo de Sobroso

O castelo de Sobroso é un castelo medieval restaurado no século XX situado dentro do territorio da entidade local menor en Vilasobroso (Mondariz), no sur da provincia de Pontevedra. Encarámase no alto da Pena do outeiro de Landín, con vistas sobre o territorio de Vilasobroso e o val do Condado ata a fronteira de Portugal.

Catoira

Catoira é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o padrón municipal (INE 2013) conta con 3.421 habitantes (1.683 homes e 1.738 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «catoirense».

Década de 990

A década de 990 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 990 e remata o 31 de decembro de 999.

Elvira Méndez

O nome de Elvira Méndez pode referirse a:

Elvira Méndez (864 - 921), consorte do rei Ordoño II.

Elvira Méndez (finada en 1022), consorte do rei Afonso V o Nobre.

Elvira Méndez de Faro, nobre galega do século XI.

Elvira Méndez (finada en 1022)

Elvira Méndez de Melanda, finada o 2 de decembro de 1022, foi raíña consorte do rei Afonso V o Nobre.

Elvira de Toro

Elvira de Toro, tamén coñecida como Elvira Fernández, nada en 1038 e finada o 15 de novembro de 1099, foi unha nobre medieval, infanta de León, filla dos reis de Galiza Sancha I e do seu consorte Fernando I, e irmá de García II de Galiza, de Afonso VI de León, de Sancho II de Castela e de Urraca de Zamora. Era neta por parte materna de Afonso V o Nobre, rei de Galiza, e da súa esposa a raíña Elvira Méndez. Por parte paterna os seus avós eran Sancho III o Maior, rei de Navarra, e a súa esposa a raíña Muniadona de Castela.

Fernando I de León

Fernando I, chamado «o Magno» ou «o Grande», nado en Burgos en 1017 e finado o 27 de decembro de 1065, foi conde de Castela dende 1029, e rei consorte de Galiza ou de León dende o ano 1037, sendo unxido como tal o 22 de xuño de 1038.

Era fillo de Sancho Garcés III de Pamplona, chamado «o Maior», rei de Pamplona, e de Munia, irmá de García Sánchez de Castela. Foi designado conde de Castela en 1029, se ben non exerceu o goberno efectivo até a morte do seu pai en 1035. Converteuse no rei de Galiza polo seu matrimonio con Sancha, irmá do seu rei e señor, Vermudo III, contra o que se levantou en armas e que faleceu sen deixar descendencia loitando contra Fernando na batalla de Tamarón.

Os primeiros dezaseis anos de reinado pasounos resolvendo conflitos internos e reorganizando o seu reino. En 1054, as disputas fronteirizas co seu irmán García III de Pamplona viraron en guerra aberta. As tropas leonesas deron morte ao monarca navarro na batalla de Atapuerca.

Levou a cabo unha enerxética actividade de Reconquista, tomando as prazas de Lamego (1057), Viseu (1058) e Coímbra (1064). Amais, someteu varios dos reinos de taifas ao pago de parias ao reino leonés. Antes de morrer dividiu os seus dominios entre os fillos: ao primoxénito, Sancho, correspondeulle o estado patrimonial de seu pai, o condado de Castela, elevado á categoría de reino, e as parias sobre o reino taifa de Zaragoza; a Afonso, o favorito, correspondeulle o Reino de León mailo título imperial, así como os dereitos sobre o reino taifa de Toledo; García recibiu o Reino de Galiza mailos dereitos sobre os reinos taifas de Sevilla e Badaxoz; a Urraca e a Elvira correspondéronlles as cidades de Zamora e Toro, respectivamente, tamén con título real, e unhas rendas adecuadas.

Lista de monarcas de León

O reino medieval de León tivo a súa orixe na transferencia da capital do reino de Asturias de Oviedo para a cidade de León, nos tempos de Afonso III de Asturias. Máis tarde, por súa morte, este rei dividiu o seu reino entre os seus tres fillos: Froila II gobernou nas Asturias, Ordoño II en Galicia, e García I en León; polas súas mortes sucesivas, todos virían a reinar sobre o reino de León.

Entidade hexemónica, por algúns períodos de tempo o reino de León se dividiu noutros varios reinos (Castela, Galicia e Portugal), para despois se volver a unificar (excepto Portugal, que non mais volveu á súa órbita); extinguiuse en 1230, cando foi definitivamente absorbido por Castela; desde entón os reis daquel reino foron tamén reis de León.

Panteón de reis de Santo Isidoro de León

O panteón dos reis de León, que se atopa ós pés da basílica de Santo Isidoro de León, é o lugar no que durante a Idade Media recibiron sepultura a maioría dos reis e raíñas do reino de León.

É un espazo rectangular con pórtico, de arredor de oito metros de lado, con dous robustas columnas sobre as que se apoian sete arcos que dividen o espazo en tres naves. O ciclo pictórico que adorna os seus muros está considerado unha das obras cume do Románico español.

Sancha I de Galicia

Sancha I de Galicia, nada en 1013 e finada en León o 7 de novembro de 1067, foi unha nobre medieval galega, raíña de Galicia desde o ano 1037.

Filla de Afonso V o Nobre e da súa esposa, a raíña Elvira Menéndez de Melanda, foi infanta e raíña de toda a Galicia altomedieval, converténdose o seu marido, o conde de Castela Fernando I, en rei consorte pero con poder efectivo á morte de Vermudo III, irmán da raíña Sancha, que perdeu a vida na batalla de Tamarón.

Torres de Oeste

As Torres de Oeste son un sitio arqueolóxico composto polas ruínas consolidadas dunhas torres de orixe romana que serviron de enclave fundamental para a defensa das terras da arquidiocese de Santiago de Compostela dos ataques normandos na Alta e na Baixa Idade Media.

Trátase dun castelo de acceso libre e uso turístico e foi declarado Monumento Nacional.

Vermudo II

Vermudo II de León e de Galiza, nado cara ao 956 e finado no Bierzo no 999, foi rei da Galiza a partir de 982 e de León desde 985 e até a súa morte. Xúlgase que teña sido fillo bastardo de Ordoño III. Foi cognominado o Gotoso, por sufrir de gota.

Vermudo III

Vermudo III foi rei da Galicia altomedieval e do Reino de León entre os anos 1028 e 1037.

Vistruario

Vistruario (fl. 1016-1037) foi un bispo de Iria Flavia e Santiago de Compostela durante o século XI. O 29 de outubro de 1024 foille doada a illa Oneste, posiblemente o lugar no que se localizaban as Torres de Oeste, polo rei Afonso V o Nobre, coa finalidade de que servise para a defensa das "terras do apóstolo". Deostado na Historia Compostelá, por consideralo de "depravados costumes", foi encarcerado por Afonso V o Nobre, non se sabe se por rebelarse contra Vermudo III, fillo de Afonso, ou contra o propio Afonso. Morreu na prisión.

Ximena de León e de Galiza

Ximena de León e de Galiza (falecida despois de 1037) foi unha nobre, filla do rei Afonso V o Nobre de León e de Galiza e da súa segunda muller, Urraca de Navarra.

Casou con Fernando Gundemaríz, conde de Oviedo, co que tivo a e tivo unha filla: Cristina Fernández, que foi a nai de Dona Ximena Díaz, esposa do Cid.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.