Afonso VII de León

Afonso Raimúndez, o Emperador, nado en Caldas de Reis o 1 de marzo de 1105 e falecido en Fresneda (quizais El Viso del Marqués) o 21 de agosto de 1157, foi rei de Galiza, León e Castela, o primeiro da dinastía de Borgoña. Foi fillo de dona Urraca (filla á súa vez de Afonso VI) e do seu primeiro marido, o conde Raimundo de Borgoña.

Afonso VII integrou na monarquía leonesa aquel sector da nobreza galega rebelde que representaba a Casa de Traba. Pero tamén foi o rei que inauguraba a política de apoio á Igrexa, e polo tanto foi o primeiro que aplicou un certo criterio de centralización política.

Afonso VII
Alfonso VII of Castile, 13th c
Rei de Galiza, León, Castela e Toledo.
17 de setembro de 1111 - 21 de agosto de 1157

Coroación1111 en Compostela, 1135 en León.
Nacemento1 de marzo de 1105
Caldas de Reis
Falecemento21 de agosto de 1157
Serra Morena
Cónxuxe/sBerenguela de Barcelona
Riquilda de Polonia
DescendenciaVer Matrimonio e Descendencia
ProxenitoresRaimundo de Borgoña
Urraca I

Rei de Galiza, León e Castela

Foi proclamado rei en 1109 polo seu aio, Pedro Froilaz, Conde de Traba; dous anos máis tarde, o 17 de setembro de 1111, o Bispo Diego Xelmírez consagrouno como monarca na catedral compostelá. En realidade, a cerimonia tivo máis de formal que de efectivo; con ela, Pedro Froilaz procuraba que, no caso de que a súa nai, Urraca -casada con Afonso de Aragón- viñese ter un fillo deste, non se visen afectados os dereitos do futuro Afonso VII ao trono e, en todo caso, puidese preservar sempre a herdanza do seu pai, Raimundo de Borgoña. Se ben que algúns historiadores indican que, no acto compostelán, foi proclamado "rei de Galiza", o certo é que as crónicas falan de que o bispo o consagrou apenas como "rei", entendendo, deste xeito, que era o lexítimo herdeiro do seu avó, Afonso VI. O arcebispo Xelmírez, canda Pedro Froilaz e outros nobres galegos dirixíronse a confirmar en León a cerimonia de entronización, mais en Viandangos saíulles ó paso Afonso de Aragón, que presentou batalla, frustrando os plans de Xelmírez.

O 10 de marzo de 1126, á morte da súa nai, foi coroado rei de León e de inmediato emprendeu a recuperación do reino de Castela, que estaba baixo o dominio de Afonso I de Aragón. Coas Paces de Támara de 1127, púxose fin á disputa entre os dous monarcas e Afonso VII foi recoñecido como rei de Castela.

A pesar deste recoñecemento, Afonso tívose que enfrontar ás diversas rebelións suscitadas nos territorios máis próximos a Aragón, debido á longa autonomía que estas rexións atinxiran desde a morte do seu avó, o rei Afonso VI de Castela.

Aspiracións territoriais

Após a morte, sen descendencia, do rei navarro-aragonés Afonso I en 1134, Afonso VII pretendeu ao trono, mais sen éxito xa que, finalmente, a sucesión recaeu no irmán de Afonso I, Ramiro II. A pesar disto, Afonso ocupou A Rioxa, conquistou Zaragoza e ditaminou de feito os gobernos de ambos os dous reinos en diante. Desde entón o escudo de Zaragoza figura no escudo de armas do Reino de León. En escaramuzas varias, derrotou o exército navarro-aragonés, sometendo este reino á súa vasalaxe. Apoiado por nobres ao norte dos Pireneos, controlou amplos territorios do sur da Francia, chegando até o río Ródano.

Axudou nas loitas do conde de Barcelona, Ramón Berenguer IV contra os condados cataláns, conseguindo unificar a Marca Hispánica.

En 1135 foi corado imperador nos Reinos Hispánicos na catedral de León polo papa Gregorio VII, expresando así a súa pretensión de hexemonía peninsular e de exclusividade na reconquista. Porén, en 1123 tivo que recoñecer a seu curmán Afonso Henriques (Afonso I de Portugal) como rei de Portugal, así como o matrimonio de Ramón Berenguer IV con Petronila de Aragón, que uniu definitivamente Aragón cos condados cataláns, creando así a Coroa de Aragón. Con este último acordaría os límites da reconquista para cada un dos dous estados.

En 1137, Afonso Henriques adentrouse en terras de Afonso VII e ocupou Tui. A ocupación finalizou trala sinatura do Tratado de Tui.

Privilegium
Ilustración do Privilegium Imperatoris (1148), carta de doazón de terras ó abade Willelmus (no centro, con báculo). Á dereita, Afonso VII o emperador (cunha póla na man) e o conde Ponce Giraldo de Cabrera, mordomo da Corte (con espada e escudo). Á esquerda, os fillos do emperador, Sancho e Fernando (este último tamén cunha póla na man), xa con título rexio (rex).

Reconquista

Desde 1139 levou a cabo expedicións e ataques de saqueo incitando as sublevacións das poboacións almorábides. A invasión dos almohades a partir de 1146 obrigouno a fortificar a fronteira e a pactar co almorábide Ibn Ganiya para organizar a resistencia.

En 1144 chegou até Córdoba e en 1147 tomou Almería xunto co rei de Aragón e Navarra e o conde de Barcelona.

En 1157 os almohades recuperaron o control de Almería e Afonso morreu en canto regresaba a León.

Morte e soterramento

No ano 1127, cando se cumpría o vinte aniversario da morte do seu pai, Raimundo de Borgoña, Afonso fixo unha serie de doazóns á Catedral de Compostela que aparecen recollidas no Tombo A[1]; o cabido compostelán acordou recibir ao rei como cóengo e este expresou os seus desexos de ser enterrado na catedral[2]. Os desexos do rei para recibir o enterro en Compostela repítense en 1140 e 1143, e chegou incluso a dispoñer como serian os funerais[3], porén, malia as promesas e os preparativos, o lugar elixido para o seu enterro foi Toledo[4].

Os seus dous fillos repartiron o reino que, de novo, ficou dividido en dous, o Reino de Galiza-León a Fernando II e o Reino de Castela-Toledo a Sancho III.

Matrimonio e descendencia

En 1128 casou en Saldaña (Palencia) con Berenguela de Barcelona, filla do conde de Barcelona Ramón Berenguer III e, por tanto, irmá de Ramón Berenguer IV. Desta unión naceron:

En xullo de 1152 casou con Riquilda de Polonia, filla do rei Ladislao II de Polonia. Tiveron dous fillos:

Dos seus amoríos con Gontrada Pérez (o Guntroda Díaz) naceu:

  • Urraca Afonso de Castela (1126 - 1189), casada en 1144 co rei García Ramírez de Navarra "o Restaurador".

Dous seus amoríos con Sancha Fernández naceu:

  • Estefanía de Castela (1150 - 1180), casada con Fernán Ruiz de Castro.
Afonso VII de León
Nacemento: 1 de marzo 1105 Falecemento: 21 de agosto 1157
Títulos Reais
Precedido por
Urraca
Rei de Galiza
1111 – 1157
Sucedido  por
Fernando II
Rei de León
1126 – 1157
Rei de Castela
1127 – 1157
Sucedido  por
Sancho III
Rei de Toledo
1127 – 1157
Títulos Honoríficos
Precedido por
Novo título
Emperador
1117-1135
Sucedido  por
Outros títulos
Precedido por
Novo título
Emperador
1135-1157
Sucedido  por

Notas

  1. Lucas Álvarez, Manuel (1997). La documentación del Tumbo A de la catedral de Santiago de Compostela: Estudio y edición. (PDF). ISBN= mkt0003324545. Centro de Estudios e investigación San Isidoro. pp. 244–245. Dota o seu aniversario co castelo de San Jorge na serra do Pindo.
  2. Lucas Álvarez, Manuel (1997). La documentación del tumbo A de la catedral de Santiago de Compostela : estudio y edición (PDF). ISBN= mkt0003324545. Centro de Estudios e Investigación San Isidoro. p. 246. Debido o seu acceso o cabildo, este prometelle o rei unha serie de privilexios na hora do seu pasamento
  3. Lucas Álvarez, Manuel (1997). La documentación del Tumbo A de la catedral de Santiago de Compostela. Estudio y edición (PDF). ISBN= mkt0003324545. Centro de Estudios San Isidoro. pp. 261–263.
  4. "Los enterramientos de los reyes de León y Castilla hasta Sancho IV. Continuidad dinástica y memoria regia". e-spania. Consultado o 07/02/2018.

Véxase tamén

Bibliografía

  • D. Afonso VII, Rei de Galiza, e o seu aio o Conde de Traba Antonio López Ferreiro, 1885, Reeditado en Noia, Editorial Toxosoutos, 2006 ISBN 0-8122-3452-9.
  • The Kingdom of León-Castilla under King Alfonso VII 1126-1157 Bernard F. Reilly, Philadelphia : University of Pennsylvania Press, [1998] ISBN 84-96673-01-4
5 de outubro

O 5 de outubro é o 278º día do ano do calendario gregoriano (279º nos anos bisestos). Quedan 87 días para finalizar o ano.

Afonso I de Portugal

Afonso I de Portugal ou Afonso Henriques, alcumado O Conquistador, O Fundador ou O Grande, e chamado polos árabes Ibn-Arrik (fillo de Henrique) ou El-Bortukali (o Portugués), nado en Guimarães, Viseu ou Coimbra contra 1109, e finado en Coimbra o 6 de decembro de 1185, foi o primeiro rei de Portugal.

Era fillo de Henrique de Borgoña e de Teresa de Portugal, señores do Condado Portucalense, condado dependente do Reino de León e Galicia.Despois da morte do seu pai, Afonso tomou unha posición política oposta á da nai, partidaria de permanecer no reino de León, que se aliara co nobre galego Fernando Pérez de Traba. Pretendendo asegurar o dominio do condado armouse cabaleiro en Tui e, tras vencer á súa nai na batalla de San Mamede en 1128, asumiu o pleno goberno do condado, concentrando entón os seus esforzos en obter o recoñecemento deste como reino.En 1139, despois da vitoria na batalla de Ourique contra un continxente mouro, Afonso Henriques proclamouse rei de Portugal co apoio das súas tropas. A independencia de Portugal foi recoñecida polo seu curmán Afonso VII de León e Castela en 1143, no tratado de Zamora, debido ao desexo deste en tomar o título de emperador de toda a Hispania e, como tal, necesitar de reis como vasalos. En 1179, o papa Alexandre III, a través da bula Manifestis Probatum, recoñeceuno como rex (rei).Co apoio de cruzados do norte de Europa conquistou Lisboa en 1147. Pacificado o país, proseguiu as conquistas aos mouros, empurrando a fronteira para o sur, desde Leiria até o Alentejo, máis que duplicando o territorio que herdara.

Barbadás

Barbadás é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2016 tiña 10 638 habitantes (10463 en 2015, 8426 no 2006, 7939 no 2005, 7597 no 2004, 7193 no 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barbadés ou barbalatense.

Berenguela de Barcelona

Berenguela de Barcelona, tamén chamada Berenguera ou Berengaria, nada en Barcelona en 1108 e finada en Palencia o 3 de febreiro de 1149, foi unha infanta de Aragón e raíña consorte de León e de Castela (1126-1149).

Bárcena de Cicero

Bárcena de Cicero é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, localizado na comarca de Trasmiera e pertencente ao Partido Xudicial de Santoña. Está limitado por Escalante, Laredo, Colindres, Voto, Solórzano, Hazas de Cesto e a Baía de Santoña formada pola desembocadura do río Asón, situado na ribeira esquerda deste río. É atravesado pola N-634, a Autovía A-8 e o ferrocarril FEVE Santander-Bilbao.

O municipio está composto por varias localidades, entre os cales se encontra Gama, que é a capital.

Diego Xelmírez

Diego Xelmírez foi bispo de Compostela de 1101 a 1136, e o seu primeiro arcebispo segundo privilexio papal do 26 de febreiro de 1120. É unha das personalidades fundamentais da historia de Galiza, pois a súa influencia á fronte do arcebispado de Santiago coincidiu cos reinados, na coroa de Castela, de Afonso VI, dona Urraca e Afonso VII, polo que hai autores que denominas a ese período de corenta anos como a "época de Xelmírez".

Década de 1140

A década de 1140 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1140 e remata o 31 de decembro de 1149.

Fernando III de Castela

Fernando III de Castela, alcumado o Santo, nado en Peleas de Arriba (provincia de Zamora) en 1199 ou o 24 de xuño de 1201 e finado en Sevilla o 30 de maio de 1252, foi rei de Castela e Toledo desde 1217, rei de Galiza e de León desde 1230, e Conde de Aumale por casamento desde 1235, até a súa morte.

Uniu definitivamente os reinos de León e Castela e consolidou a Reconquista, deixando por conquistar apenas o reino tributario de Granada. Foi canonizado en 1671, sendo coñecido tamén como San Fernando.

Fernando II de León e Galicia

Fernando II, nado cara ao 1137 e finado en Benavente, o 21 de xaneiro de 1188, foi rei de León e Galiza entre 1157 e 1188. Restaurador da coroa de León. Coñecido nos Anales Camaracenses como emperador de Galicia. Está enterrado no Panteón Real da capela das reliquias da catedral de Santiago de Compostela.

Garcia Mendiz de Eixo

Garcia Mendiz de Eixo ou Garcia Mendez de Sousa foi un trobador portugués que estivo activo nas primeiras décadas do século XII.

Illescas

Illescas é un municipio de Castela-A Mancha, pertencente á provincia de Toledo. En 2008 tiña 19.167 habitantes, nunha superficie de 57 km², sendo a densidade para o mesmo ano de 277,7 hab/km².

Ourol

Ourol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE, en 2014 tiña 1.090 habitantes (1.301 no 2006, 1.324 no 2005, 1.365 no 2004, 1.407 no 2003).

Palla (trobador)

Palla era un trobador galego ou xograr de Santiago de Compostela, activo na corte de Afonso VII de León na metade do século XII.

Palla é descrito en documentación contemporánea coma un iuglar (cognado con "malabarista", pero significa menestrel). El estaba na corte de Afonso en Burgos o 24 abril 1136 e outra vez en Toledo o 9 decembro 1151.

Panteón de reis de Santo Isidoro de León

O panteón dos reis de León, que se atopa ós pés da basílica de Santo Isidoro de León, é o lugar no que durante a Idade Media recibiron sepultura a maioría dos reis e raíñas do reino de León.

É un espazo rectangular con pórtico, de arredor de oito metros de lado, con dous robustas columnas sobre as que se apoian sete arcos que dividen o espazo en tres naves. O ciclo pictórico que adorna os seus muros está considerado unha das obras cume do Románico español.

Sancho III de Castela

Sancho III de Castela, tamén chamado o Desexado, nado en Toledo en 1134 e falecido o 31 de agosto de 1158, foi rei de Castela.

Sancho VI de Navarra

Sancho VI de Navarra, o Sabio, nado cara ao 1133 e finado o 27 de xuño de 1194, foi rei de Pamplona e Navarra dende 1150 ata a súa morte. Foi o primeiro en abandonar definitivamente o título de Rei de Pamplona para adoptar o de Rei de Navarra.

Torre de Sande

A torre de Sande ou fortaleza de Sande, é unha fortificación medieval situada na parroquia de Sande, no concello ourensán de Cartelle.

Tratado de Zamora

O Tratado de Zamora foi un diploma resultante da conferencia de paz entre Afonso Henriques e seu curmán, Afonso VII de León e Castela. Celebrado en Zamora o 5 de outubro de 1143, esta é considerada como a data da independencia de Portugal e o inicio da dinastía afonsina.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.