Afonso I de Portugal

Afonso I de Portugal ou Afonso Henriques, alcumado O Conquistador, O Fundador ou O Grande, e chamado polos árabes Ibn-Arrik (fillo de Henrique) ou El-Bortukali (o Portugués), nado en Guimarães, Viseu ou Coimbra contra 1109, e finado en Coimbra o 6 de decembro de 1185, foi o primeiro rei de Portugal.

Era fillo de Henrique de Borgoña e de Teresa de Portugal, señores do Condado Portucalense, condado dependente do Reino de León e Galicia.[1]

Despois da morte do seu pai, Afonso tomou unha posición política oposta á da nai, partidaria de permanecer no reino de León, que se aliara co nobre galego Fernando Pérez de Traba. Pretendendo asegurar o dominio do condado armouse cabaleiro en Tui e, tras vencer á súa nai na batalla de San Mamede en 1128, asumiu o pleno goberno do condado, concentrando entón os seus esforzos en obter o recoñecemento deste como reino.[1]

En 1139, despois da vitoria na batalla de Ourique contra un continxente mouro, Afonso Henriques proclamouse rei de Portugal co apoio das súas tropas. A independencia de Portugal foi recoñecida polo seu curmán Afonso VII de León e Castela en 1143, no tratado de Zamora, debido ao desexo deste en tomar o título de emperador de toda a Hispania e, como tal, necesitar de reis como vasalos. En 1179, o papa Alexandre III, a través da bula Manifestis Probatum, recoñeceuno como rex (rei).[1]

Co apoio de cruzados do norte de Europa conquistou Lisboa en 1147. Pacificado o país, proseguiu as conquistas aos mouros, empurrando a fronteira para o sur, desde Leiria até o Alentejo, máis que duplicando o territorio que herdara.

Afonso I de Portugal
Conde de Portugal
Rei de Portugal
AfonsoI-P
Retrato de Afonso I (data descoñecida)
Conde de Portugal
1112 - 1139
PredecesorHenrique de Borgoña
Sucesorasume o título de rei de Portugal
Rei de Portugal
1139 - 1185
Predecesorel mesmo, como conde de Portugal

Nome completoAfonso Henriques
Nacementoca. 1109
Guimarães ?, Viseu ?, Coímbra ?
Falecemento6 de decembro de 1185
Coímbra
SepulturaMosteiro de Santa Cruz, Coímbra
ConsorteMafalda de Savoia
DescendenciaHenrique de Portugal
Mafalda de Portugal
Urraca de Portugal
Sancho
Teresa de Portugal
Xoán de Portugal
Sancha de Portugal
Casa realBorgoña
ProxenitoresHenrique de Borgoña
Teresa de León

Escudo de Afonso I de Portugal

Escudo de Afonso I

O nacemento de Portugal: antecedentes

Vermudo III, fillo do rei Afonso V o Nobre e da aristócrata galega Elvira Meendiz, herdou o goberno de toda Galicia con apenas 17 anos de idade, sendo recoñecido como Imperator in Gallecia, é dicir, "emperador en Galicia", desde a cidade de León —daquela capital do reino— tivo que facer fronte ás reclamacións territoriais que o reino de Navarra mantiña sobre o condado de Castela. Para iso propiciou o matrimonio entre a súa irmá, Sancha, co conde castelán García Sánchez. Pero ao ser asasinado o conde castelán nas vésperas da voda pola familia rival (a familia Vela), herda o condado de Castela o rei navarro Sancho III O Maior, que o cede ao seu fillo Fernando quen remata por casar con Sancha. O feito de que o mozo Vermudo III encabezase a primeira liña da carga de cabalería e morrera dunha lanzada, permitiu a navarros e casteláns vencer na batalla de Tamarón.

Europe-south-west-kingdoms1064
Mapa do reino durante o goberno de Sancha e Fernando I antes do ano 1065.
Europe-south-west-kingdoms
Mapa que amosa a fragmentación do reino despois do ano 1065, dividíndose da seguinte maneira:      Dominios de García II (Galicia).      Dominios de Afonso VI (León).      Dominios de Sancho II (Castela).
Europe-south-west-kingdoms12th
A partir do ano 1028, Afonso Henriques gobernou independentemente o Condado Portucalense (Portugal) separado definitivamente do resto do reino de Galicia.
Mapa co reino de Portugal contra o ano 1157:      Dominios de Afonso Henriques.

Coa morte de Vermudo III, o trono galego recae na súa irmá, Sancha (Sancha), que sería coroada como raíña (Sancha I). Finalmente, o casamento de Fernando propiciará que este sexa considerado "rei consorte" de toda Galicia (domus Fernandus princeps super omnem Galletiam)[2], gobernando desde a cidade de León. Ambos conseguiron non só manter o territorio herdado senón tamén amplialo, recuperando algunhas cidades perdidas como a importante Coimbra, que volvía render vasalaxe aos reis galegos, pese a que o seu gobernador fose musulmán.

Pero a morte do rei Fernando I en 1065 supuxo un novo conflito interno, pois no canto de recaer a coroa nun único herdeiro, o goberno foi disputado polos seus tres fillos maiores, que pasaron a gobernar autonomamente os territorios nos que conseguiran establecer relacións familiares. Se ben é verdade que parte da historiografía considera tal feito como un repartimento xa predisposto por Fernando I antes da súa morte, a titulación de Sancha como raíña aínda, e a ausencia de calquera documento de repartición feito por Fernando I ou Sancha induce a pensar que non existiu tal repartición. Anos máis tarde, cada un dos tres fillos aparecía gobernando diferentes territorios en calidade de reis, así o maior, Sancho II dominou as terras orientais, o condado de Castela grosso modo, Afonso VI a capital, León, e as súas terras próximas así como Asturias, o terceiro García I herdou as terras galegas entre Coimbra e o Cabo Ortegal. Aínda que esta situación tivo por consecuencia a fragmentación política do reino de Galicia, "Galicia" (po Galiza) seguiu sendo o termo que se empregaba para denominar o conxunto destas terras.

García I restaurou as sés de Tui e Braga (a antiga metrópole sueva), e venceu varios conatos de anexión, pero finalmente foi derrotado polos exércitos dos seus irmáns Sancho II de Castela e Afonso VI en 1071[3], que o encarceraron no Castelo de Luna (León)[4] sendo prisioneiro até a súa morte no ano 1090. Os irmáns de García asinarían xa no ano 1071 co título de reis de Galicia na documentación galega do momento. García morreu en marzo de 1090 na prisión do castelo, e sempre se lle recoñeceu a dignidade real.

Esta nova situación non se acadou sen resistencias, pois García contaba con nobres leais que se opuxeron á usurpación de Afonso VI, tales como o conde Rodrigo Ovéquiz que encabezou unha rebelión no ano 1080 abertamente respaldada polo bispo de Santiago Diego Páez. Este foi finalmente deposto no Concilio de Husillos (1088), e entre os motivos de tal deposición cítase un presunto intento de concertar un acordo con Guillerme o Conquistador[5].

UrracaRegina TumboA
A princesa Urraca gobernou Galicia xunto co seu marido Raimundo até que en 1093 Afonso VI decide separar o condado de Portugal de Galicia e concederllo a Henrique e Teresa.
Tombo A da catedral de Santiago.

Tras a morte de García en prisión, en 1096 Afonso VI dividiu o territorio galego en dous condados. En 1091 a súa filla, a princesa Urraca casara co nobre borgoñón Raimundo de Borgoña, que asistira a Afonso na loita cos almorábides. As vitorias militares de Raimundo e a altura das súas relacións familiares en Europa propiciaran a conveniencia do enlace matrimonial, matrimonio ao que Afonso VI outorgou un importante dote: o goberno das terras galegas, desde o Ortegal até Coimbra, co título de condes.

Dous anos máis tarde, en 1093, outro cruzado francés, Henrique de Borgoña, neto do duque Roberto I, tomaba a man da filla menor de Afonso VI, Tareixa de León recibindo o goberno do Condado de Portugal, así como o de Coimbra, fundado o ano 868 polo nobre galego Vimara Pérez, e que comprendía as terras situadas entre os ríos Limia e Douro.

Artellábase deste xeito, unha complexa rede de relacións feudais; por unha parte, o rei Afonso VI, que gobernaba toda a Galicia e Toledo, recibía vasalaxe feudal de Raimundo e Urraca, que gobernaban s terras galegas desde Ortegal até Coimbra, e estes, á súa vez recibíana, de Tareixa e Henrique de Borgoña.

As constantes derrotas sufridas ante os almorábides e o crecente descontento do rei coa política administrativa do seu xenro Raimundo, levaron a Afonso VI a retirar os dereitos feudais que este e Urraca tiñan sobre o Condado Portucalense, equiparando o dominio destes ao de Henrique e Tareixa.

Condado portucalense carte-1070-fr
Mapa do Condado Portucalense contra 1070.

Así pois, aínda que o Condado Portucalense seguía a formar parte de Galicia, na práctica os seus condes deixaban de prestárenlle vasalaxe a Raimundo de Borgoña e Urraca, pasando a prestallo directamente ao rei de toda Galicia, Afonso VI, o que provocou certo descontento entre a nobreza galega ao norte do río Miño.

Á morte de Henrique no ano 1112 sucedeulle a viúva deste, Tareixa, no goberno dos dous condados durante a menoridade do seu fillo Afonso Henriques. Formáronse dúas tendencias, a de achegamento á política común galega, co novo rei, o ambicioso Afonso Raimúndez, ou o mantemento dun forte poder condal con aspiracións á proclamación real do herdeiro condal, do non menos ambicioso, seu primo Afonso Henriques. O ascenso de Compostela á condición de metropolitana en detrimento da histórica Braga e a tendencia de achegamento de Tareixa á política ao norte do Miño, materializado na súa estreita relación con Fernando Pérez de Traba precipitaron os acontecementos no condado de Portugal. O arcebispo de Braga —arrebatado das reliquias de San Froitoso polo mesmo Xelmírez en 1102,[6]— e os grandes aristócratas portugueses —interesados nun maior poder territorial— foron os principais valedores das pretensión reais de Afonso Henriques. Ante tal situación o rei galego Afonso VII viaxou a Portugal sitiando a Afonso Henriques en Guimarães, até conseguir a súa promesa de fidelidade, que finalmente lle comunicou seu aio Egas Muñiz.

Os primeiros anos de goberno de Afonso: nace Portugal

PortugueseFlag1143
Bandeira do condado Portucalense de Henrique de Borgoña, a primeira bandeira do reino de Portugal.

Pouco despois das promesas de fidelidade, apenas uns meses, en 1128, ante o incumprimento de Afonso Henriques, o pérfido galego, señor de Coimbra[7] —como o denomina o cronista Ibn Sahib al-Salah—, as tropas de Tareixa e Fernando Pérez de Traba libran a batalla de San Mamede (1128), onde as tropas portucalenses saen vitoriosas, asumindo Afonso o pleno goberno do condado e concentrando entón todos os seus esforzos en obter o recoñecemento deste como reino.

Despois da morte de Tareixa, tras a batalla de Ourique contra os musulmáns, en 1139, Afonso consolida finalmente o condado, autoproclamándose rei, sendo aclamado polos seus soldados.

Véxase tamén: Batalla de Ourique.

A independencia de Portugal pronto foi recoñecida por Afonso VII de León e Castela, o curmán de Afonso Henriques, pese as tensións pasadas, como a invasión de Tui por Afonso Henriques en 1137, finalizada tras a sinatura do tratado de Tui. A independencia de Portugal foi recoñecida por Castela no tratado de Zamora en 1143, debido ao desexo de Afonso VII de tomar o título de emperador de toda a Hispania e, como tal, necesitar ter reis como vasalos. Finalmente, o recoñecemento formal do Reino de Portugal foi en 1179, cando o papa Alexandre III, a través da bula Manifestis Probatum, recoñece a Afonso como rex (rei).[8].

Nacía entón un reino que, formando o seu territorio parte da Gallaecia dende o Imperio Romano, e tendo albergado incluso a capital do reino (Braga) durante moito tempo, adquiría a partir de agora a súa propia personalidade precisamente na medida en que se diferenciaba da monarquía galego-leonesa, cuxos líderes radicaban en León e Compostela[9].

Expansión do reino

Estatua Dom Afonso Henriques
Estatua de Afonso Henriques en Guimarães

Desde entón, Afonso I procurou consolidar a independencia. Fixo importantes doazóns á Igrexa e fundou diversos conventos. E dedicouse con grande empeño ao emgrandecemento do territorio cara ao sur, conquistando terras aos musulmáns: Leiria (1145), Santarém (1147), Lisboa (coa axudo dos cruzados), Almada e Palmela (1147), Alcácer do Sal (1160) e despois case todo o Alentejo, que posteriormente sería recuperado polos mouros, pouco antes de que Afonso falecera en 1185. Esta actividade mereceulle o alcume de O Conquistador.

Artigos principais: Batalla de Sacavém e Toma de Lisboa.

Tal como fixeron despois os seus sucesores, aproveitou os servizos das ordes monástico-militares, para combater os sarracenos e para desenvolver a riqueza do país, que se baseaba na agricultura. As máis famosas foron a Orde do Temple (despois de Cristo), con sé en Tomar, a Orde de Santiago, con sé en Palmela, a Orde de Calatrava, con sé en Avis, e a Orde do Hospital (ou de Malta), con sé no Crato.

Protexeu a fundación de diversos mosteiros, a maior parte deles na rexión entre os ríos Miño e Mondego, en particular beneditinos e do ramo cisterciense; o seu pai dera preferencia á rama cluniacense. No seu tempo construíuse o importante mosteiro de Alcobaça, un dos máis célebres monumentos relixiosos de Portugal (a súa igrexa é a maior do país).

Casou cunha princesa italiana, Mafalda de Savoia e Piemonte.

Gobernou de 1128 até 1185.

Boa relación con xudeus

O reinado de Afonso Henriques ficou marcado pola tolerancia cos xudeus. Estes estaban organizados nun sistema propio, representados politicamente polo gran rabino nomeado polo rei. O gran rabino Yahia Ben Yahia foi mesmo escollido para ministro das Finanzas de Afonso Henriques, responsábel da recolecta de impostos no reino. Con esta escolla iniciouse unha tradición de escoller xudeus para a área financeira e de manter un bo entendemento coas comunidades xudaicas, que foi seguida polos seus sucesores.

Descendencia

Pt-coimbra-mosteiro-santacruz4
Túmulo de Afonso Henriques no Mosteiro de Santa Cruz en Coimbra

Xenealoxía

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Roberto II de Francia
 
 
 
 
 
 
 
8. Roberto I de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Constanza de Arlés
 
 
 
 
 
 
 
4. Henrique de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
9. Hélie de Semur
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2. Henrique de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. Sibila de Barcelona
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Afonso I de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Sancho Garcés III de Pamplona
 
 
 
 
 
 
 
12. Fernando I de León
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Maior de Castela
 
 
 
 
 
 
 
6. Afonso VI de León
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Afonso V de León
 
 
 
 
 
 
 
13. Sancha de León
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Elvira Menéndez
 
 
 
 
 
 
 
3. Teresa de León
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
7. Ximena Muñoz
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Afonso I de Portugal
Nacemento: 25 de Xullo 1109 Falecemento: 6 de Decembro 1185
Títulos Reais
Precedido por
Novo título
Rei de Portugal
1139 – 1185
Sucedido  por
Sancho I de Portugal
Outros títulos Nobiliarios
Precedido por
Henrique de Borgoña
Conde de Portugal
1112 – 1139
xunto con Teresa de León (1112 – 1126)
Sucedido  por
Desaparición do título

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 "D. Afonso Henriques". Infopédia (en portugués). Porto Editora. Consultado o 23 de xaneiro de 2013.
  2. Documento n. 534 do Tombo de Celanova, ano 1060.
  3. Esta historia chegou a inspirar a Victor Hugo a creación da epopea Le Petit Roi de Galice (traducida como O reiciño de Galicia), incluída na primeira serie da obra La Légende des siècles.
  4. Alonso-Cortés, Carolina-Dafne. Sota de copas, reina de espadas (en castelán). KNOSSOS. p. 49. ISBN 9788492224647.
  5. Rivero González, I. Compendio de historia medieval española. ISTMO. ISBN 978-84-7090-125-6.(en castelán)
  6. Lieber Gerson, Paula; Stones, Alison e Krochalis, Jeanne (1998). The pilgrim's guide to Santiago de Compostela: the pilgrim's guide : a critical edition (en inglés). Harvey Miller Publishers. ISBN 0-905203-52-6.
  7. De Almeida, Fortunato. (1922). História de Portugal (en portugués) 1. Oxford University.
  8. Associaçom Galega da Língua, ed. (1986). Actas: I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza : Ourense, 20-24 Setembro 1984 (en portugués). ISBN 9788439854906.
  9. López Carreira, A. (2005). O reino medieval de Galicia. Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A. ISBN 84-96403-54-8. [1].

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ventura, Maria Helena (2007): Afonso o Conquistador. Parede, Portugal: Edições Saída de Emergência. 2ª ed. ISBN 978-972-8839-85-7. (Biografía-novela histórica, ben documentada).

Outros artigos

Afonso I

Afonso I é o nome dos seguintes monarcas:

Afonso I de Asturias, o Católico (ou tamén Alonso I de Asturias). Rei de Asturias (739-757).

Afonso I de Aragón, o Batallador. Rei de Aragón e de Navarra (1104-1134).

Afonso V de Aragón foi Afonso I de Mallorca, Sicilia e Nápoles

Afonso I de Portugal ou (Afonso Henriques) (1109-1185) foi o primeiro rei de Portugal.

Afonso I do Congo

Afonso VII de León

Afonso Raimúndez, o Emperador, nado en Caldas de Reis o 1 de marzo de 1105 e falecido en Fresneda (quizais El Viso del Marqués) o 21 de agosto de 1157, foi rei de Galiza, León e Castela, o primeiro da dinastía de Borgoña. Foi fillo de dona Urraca (filla á súa vez de Afonso VI) e do seu primeiro marido, o conde Raimundo de Borgoña.

Afonso VII integrou na monarquía leonesa aquel sector da nobreza galega rebelde que representaba a Casa de Traba. Pero tamén foi o rei que inauguraba a política de apoio á Igrexa, e polo tanto foi o primeiro que aplicou un certo criterio de centralización política.

Aldonza de Galicia e León

Aldonza de Galicia e León (tamén escrito Aldonça segundo a grafía da época, ou Dulce), nada cara a 1195 e finada cara a 1245, foi unha nobre galega, raíña de Galiza e León de iure durante escaso período de tempo en 1230, en conxunto coa súa irmá máis vella Sancha II, aínda que de feito non exercese calquera funcións gobernativas.

Alexandre III, papa

Rolando Bandinelli, nado en Siena e finado en Civita Castellana o 3 de agosto de 1181, foi Papa da Igrexa católica desde 1159 co nome de Alexandre III.

Batalla de Ourique

A batalla de Ourique tivo lugar o 26 de xullo de 1139 probablemente en Ourique, no Baixo Alentexo portugués e nela combateron os exércitos do príncipe Afonso Henriques e os exércitos almorábides de Alí ibn Yusuf. A vitoria dos primeiros foi decisiva para a consolidación do condado de Portugal como reino e a conversión de Afonso Henriques como o rei Afonso I de Portugal.

Batalla de San Mamede

A Batalla de San Mamede foi trabada no 24 de xuño de 1128, entre o infante Afonso Henriques e as tropas de súa nai, Dona Tareixa e do conde galego Fernando Pérez de Traba, que tentaban controlar o goberno do Condado Portucalense. As dúas faccións confrontáranse no campo de San Mamede, máis exactamente no hoxe dito Campo do Torneio, preto de Guimarães; aquel nome de Campo de Torneio parece descubrir que a batalla non foi tal, senón máis ben un torneo, que dirimiu a querela.

Coa derrota, Dona Tareixa e Fernando Pérez abandonaran o goberno condal, que ficaría agora nas mans do infante e os seus partidarios, desagradando ao bispo de Santiago de Compostela, Diego Xelmírez, que cobizaba o dominio das terras do Sur do Miño. D. Teresa desistía así das ambicións de ser señora de toda a Galiza, transminiana e cisminiana. Existen rumores non confirmados que ela fora aprisionada no Castelo de Lanhoso.[Cómpre referencia] Hai ata quen relate as maldicións que Dona Tareixa lanzou ao seu fillo Henrique.[quen?]En 1129, Afonso Henriques autoplocamouse Príncipe de Portugal e en 1139 Rei de Portugal. O rei de León e Galiza finalmente recoñeceu a independencia de Portugal en 1143 no Tratado de Zamora. En 1179, o Papa acepta a vasalaxe directa de Henriques, recoñecéndoo rei de jure a través do que pasou a ser Afonso I de Portugal.

Catedral de Braga

A catedral de Braga ou sé de Braga é unha catedral católica que se localiza na freguesía da Sé, cidade e concello de Braga, distrito de mesmo nome, en Portugal.

A catedral comeza a se contruír en épocas do aínda Reino de Galiza e se constitúe na sede do bispado fundado, segundo a tradición, polo padrón do reino, Santiago o Maior, que aquí tería deixado como primeiro bispo o seu discípulo, san Pedro de Rates. Debido a esa orixe apostólica é considerada como Sacrosanta Basílica Primacial da península Ibérica, e o seu arcebispo, Primaz das Espanhas. Posúe liturxia propia, a liturxia bracarense.

Considerada como un centro de irradiación episcopal e un dos máis importantes templos do románico no país, aquí atópanse os túmulos de Henrique de Borgoña, conde de Portugal, e súa dona, a galega Tareixa, pais de Afonso I de Portugal.

Châmoa Gomes de Pombeiro

Châmoa Gomes de Pombeiro (ou Flâmula), señora de Maia pola súa nai, foi unha nobre galega sobriña dos condes de Traba nada no Reino de León en data descoñecida e falecida en 1145. Era filla do nobre de orixe galega Gomes Nunes de Pombeiro ou Gómez Núñez en galego (nado antes de 1096 e morto despois de 1141) e Elvira Peres de Trava.

Châmoa era irmán de Loba Gomes, María Gomes, Urraca Gomes, Fernão Gomes de Celanova e Pero Gomes de Celanova. Casou moi nova con Paio Soares da Maia (1100) co que tivo tres fillos: Pedro Pais (Alferes), Paio Pais Zapata e Ximena Pais. Enviuvou recluíndose no mosteiro beneditino de Vairãoe. Volvendo casar con Mem Rodrigues de Tougues. Foi nai do primeiro fillo ilexítimo con Afonso Henriques (Afonso I de Portugal). Afonso I casaría con Mafalda de Savoia.

Châmoa foi a última descendente por parte do pai da linaxe dos Tougues actual Vila do Conde. Sendo fundadora do mosteiro de Santa Clara de Entre os Ríos

Gualdim Pais

Gualdim Pais, nado en Amares en 1118 e finado en Tomar en 1195, foi un cruzado portugués, Frade Templario e Cabaleiro de Afonso I de Portugal (1128-1185). Foi o fundador da cidade de Tomar.

Henrique de Borgoña

Henrique de Borgoña, nado no 1066 en Dijon e finado o 24 de abril de 1112 en Astorga, foi un nobre de orixe francesa, conde de Portugal desde 1093 ata a súa morte e pai do primeiro Rei de Portugal, Afonso Henríques.

Fillo de Henrique de Borgoña (1035-1066), último dos fillos do duque Roberto I de Borgoña, Roberto o Vello, e de Sibila de Barcelona, era neto do rei de Francia Roberto II o Piadoso. Foi irmán de Hugo I de Borgoña, duque de Borgoña, e de Eudes I de Borgoña, así mesmo duque de Borgoña.Tamén era parente de Raimundo de Borgoña, e do papa Calisto II.

Mafalda de Savoia

Mafalda de Savoia, nada contra 1125 no condado de Savoia, Sacro Imperio Romano-Xermánico, e finada o 3 de decembro de 1157 en Coímbra, Reino de Portugal, tamén coñecida como Mahaut ou Matilda (en portugués, sempre como Mafalda), filla de Amedeo III de Savoia e da súa esposa Matilde de Albon, foi a primeira raíña consorte de Portugal tras a súa unión matrimonial en 1146 con Alfonso I —da casa de Borgoña, e coñecido tamén como Afonso Henriques— primeiro rei de Portugal.

Reino de Portugal

Reino de Portugal foi a denominación de Portugal baixo a gobernación dun réxime monárquico, e ao comezo aínda sen o Reino dos Algarves.

Este reino localizábase no oeste da Península Ibérica, Europa. Existiu de 1139 a 1910, tendo 771 anos de duración, 35 monarcas e 4 dinastías, tendo a primeira (Afonsina ou Borgonha): 9; a de Avis: 9; a Filipina: 3 e a de Bragança: 14.

Tras a proclamación da república portuguesa o 5 de outubro de 1910, foi substituído por unha república, pola Primeira República Portuguesa que tiña dato os primeiros pasos para a súa implantación co rexicidio de 1908 e, definitivamente implantada, tras a revolución do 5 de outubro de 1910.

Roberto II de Francia

Roberto II de Francia ou Roberto II "o Piadoso" (en francés: Robert II le Pieux). Nado en Orleans o 27 de marzo de 972 e finado en Melun o 20 de xullo de 1031. Foi rei de Francia desde 996 ata 1031. Foi o segundo rei da dinastía dos Capeto e fillo de Hugo Capeto e Adelaida de Aquitania.

Sancha de Galicia e León

Sancha de Galicia e León ou Sancha II, tamén coñecida como Sancha Afonso, nada arredor de 1192 e finada en 1243, foi, de jure raíña de Galiza e León durante escaso período de tempo en 1230, en conxunto coa súa irmá máis nova Aldonza, aínda que de feito non exercese calquera función gobernativa.

Sancho I de Portugal

Sancho I de Portugal, nado o 11 de novembro de 1154 e finado o 26 de marzo de 1211, alcumado O Poboador (polo estímulo de apadriñar o poboamento dos territorios do país - destacando a fundación da cidade da Guarda, en 1199, e a concesión de cartas de foral en Beira e en Trás-os-Montes: Gouveia (1186), Covilhã (1186), Viseu (1187), Braganza (1187) etc, poboando así áreas remotas do reino, en particular con inmigrantes da Flandres e Borgoña.

Sandiás

Sandiás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.307 habitantes (1.584 en 2004, 1.618 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sandiao».

Tareixa de Portugal

O nome de Tareixa de Portugal, ou Teresa de Portugal, pode referirse a:

Tareixa, condesa de Portugal, filla de Afonso VI de León e esposa de Henrique de Borgoña, nai de Afonso I de Portugal (1080-1130);

Tareixa Henriques, filla da anterior (n. 1098);

Tareixa de Portugal, condesa de Flandres, filla de Afonso Henriques, casada primeiro con Filipe de Flandres e despois con Eudes III, duque da Borgoña (1157-1218);

Tareixa de Portugal, filla de Sancho I de Portugal, raíña de León tras casar con Afonso IX de León, mais separada ao anularse o matrimonio por teren lazos de sangue (1181-1250);

Tareixa de Portugal, filla de Pedro II de Portugal e de María Sofía de Neuburgo (1696-1704).

Urraca

Urraca foi un antropónimo feminino moi común na Península Ibérica ao longo da Idade Media. Aínda que a súa orixe sexa incerta, crese que tiña orixe xermánica, e desempeñe a función de hipocorístico (nome cariñoso) para designar a Virxe María. Pode referirse a:

Urraca de León e Castela, esposa de Raimundo de Borgoña e mais tarde de Afonso I de Aragón, e filla de Afonso VI de León e Castela (1082 - 1129).

Urraca de Castela, raíña de Navarra, esposa de García IV de Navarra e filla de Afonso VII de Castela (m. 1163).

Urraca de Portugal, esposa de Fernando II de León e filla de Afonso I de Portugal (1151 - 1188);

Urraca de Castela, raíña de Portugal, esposa de Afonso II de Portugal e filla de Afonso VIII de Castela (1186 - 1220);

Urraca de Zamora, filla primoxénita de Fernando I de León, señora de Zamora (ca. 1033 – 1101).

Urraca Afonso, filla bastarda de Afonso Henriques e señora de Aveiro (n. 1130);

Urraca Afonso, filla bastarda de Afonso IX de León e de Inés Iniguez de Mendonza (n. 1190);

Casa de Borgoña (1139–1383)
Casa de Avis (1385–1580)
Casa de Habsburgo (1581–1640)
Casa de Braganza (1640–1910)

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.