Afonso III de Oviedo

Afonso III alcumado o Grande, nado no 848 e finado en Zamora o 20 de decembro de 910, foi un nobre medieval, rei de Galiza entre os anos 866 e 910. Fillo do rei Ordoño I, foi o derradeiro rei da Galiza altomedieval que reinou desde a cidade de Oviedo (rex in Oveto). A súa autoridade real foi seriamente cuestionada en varias ocasións durante o seu reinado.

Afonso III case de xeito invariábel chamábase a si nos seus diplomas sobreviventes simplemente «rei Afonso» (Adefonsus rex).[1][a] Nas crónicas musulmás de Ibn Haián e Al-Razí é chamado continuamente rei de Galiza e rei dos galegos.[4][5] Alén disto, o musulmán Ibn Marwán, señor de Mérida, foi alcumado «o Galego» (al-Yiliquí) por mor da súa amizade con Afonso.[6] Igualmente, o papa Xoán VIII dirixíuselle, nunha carta contra o ano 876, como «rei dos galegos»/«rei das Galizas» (regi Gallaeciarum / regi Gallitiarum).[7][8][9] Con todo, é común a suplantación da súa titulación pola de rei de Asturias, denominación esta creada na España do século XIX polos primeiros historiadores romanticistas como Modesto Lafuente en pleno período de creación do nacionalismo español contemporáneo, que mantén gran vixencia na actualidade.

Afonso III o Grande
Afonso III o Magno (Tumbo A), r
Rei de Galiza
866-910
PredecesorOrdoño
SucesorGarcía I

Coroación866
Nacemento848
Falecemento20 de decembro de 910
Zamora
SepulturaCatedral de San Salvador de Oviedo
Cónxuxe/sXimena Garcés
DescendenciaFroila II
García I
Ordoño II
Gonzalo
ProxenitoresOrdoño
Munia

Sinatura-de-Afonso-III-de-Oviedo,-rei-da-Galiza

Reinado

Durante o seu mesmo acceso ó trono, o conde galego Froila rebelouse contra el, apañándolle o trono e proclamándose rei de Galiza, en Oviedo. Isto obrigou a Afonso III a refuxiarse en Castela, de onde regresou unha vez derrotado e morto o rei Froila, uns meses máis tarde. Esta non foi a única actitude hostil cara ó seu reinado por parte dos nobres galegos, xa que nun documento da doazón das salinas da Lanzada por parte do rei á igrexa de Santiago, no 886, relátase que as salinas pertenceran a Hermenexildo Pérez e á súa dona Iberia, que se sublevaron contra Afonso e, xunto con outros cómplices, planearon a súa morte.

Así pois cedeu o goberno de Galiza ó seu fillo, o príncipe Ordoño, quen rexeu en vida de Afonso III, e por encargo del o Reino da Galiza, consolidándoo durante un período de fraqueza dos Omeias de Córdoba.

En 868 conquista o Porto e, en 878, a cidade de Coímbra. Ordena a redacción das súas crónicas, coa que pretendía establecer un vinculo xenealóxico entre el e os derradeiros reis visigodos.

Traslado da sede rexia á cidade de León

Galicia891
Mapa da Galiza altomedieval no ano 891, onde se reflicten os diferentes territorios do reino.

Tempo antes do ano 910 os monarcas galaicos comezaron trasladar funcións militares e políticas desde antiga capital Oviedo ata unha cidade máis ao sur, León. A cidade de León, sita na Gallaecia dende o Imperio Romano supoñía un importante enclave estratéxico, onde confluian dúas importantes rutas; por unha banda a vía que unía Braga con Bordeos, e por outra a ruta da prata, que chegaba a Galiza dende Spania, pasando polas cidades de Sevilla e Mérida.

O feito de que León carecera de bispo e señores feudais —non así na veciña Astorga- ó igual que acontecera con Oviedo, facía daquel antigo asentamento militar romano unha encrucillada idónea para asentar a nova corte. León, unha cidade estratexicamente útil situada na Galiza altomedieval como destacaban os propios cristiáns in civitate que vocitatur Legio, territorio Gallecie (na cidade que chaman León, territorio de Galiza) ou in Legione de Galletia (en León de Galiza) e musulmáns, convertíase a comezos do século X na nova capital dos reis.

Testamento
Miniatura medieval do Libro dos Testamentos (Oviedo) no que se representa ao rei Afonso III coa raíña Ximena e o bispo Gomelo II.

Derrocamento e título

Pouco antes do ano 910 Afonso III sufría unha nova tentativa de derrocamento, esta vez a mans do seu fillo primoxénito, García. Casado con Munia -filla do conde castelán Munio Fernández-, García encabezou a conxura instigado polo seu sogro, quen se resistía a acatar a autoridade real en Castela. Tras un período de inestabilidade política, Afonso III deixa finalmente o poder, herdando García o reino e facendo efectiva finalmente o traslado da sede rexia desde Oviedo ata León.

Así pois, García comezou a reinar toda a Galiza desde o ano 910 con capital na cidade de León, os seus irmáns, supeditados á autoridade real de García, administraron os territorios afíns a eles, Ordoño administrou a franxa occidental (a actual Galiza e norte de Portugal e Froila a franxa cantábrica (actuais Asturias e Cantabria).

Notas

  1. Nun diploma do ano 897, elaborado no século XII e considerado falso,[2] Afonso aparece tamén titulado como «príncipe de toda Galiza» (Princeps totius Galletiae).[3]
Refeencias
  1. Fletcher, Richard A. (1984). Saint James's Catapult: The Life and Times of Diego Gelmírez of Santiago de Compostela (en inglés). Oxford: Oxford University Press. p. 319. ISBN 0198225814.
  2. Díaz Salvado, María Elena (2011). Falsos y falsificaciones en documentación latina medieval del Reino de León (PDF) (Tese) (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. pp. 438–439.
  3. Risco, Manuel (1796). España Sagrada (en latín). XL: Antiguedades de la ciudad y s.ta iglesia de Lugo. Madrid. pp. 384–392.
  4. Gómez-Moreno, Manuel (1917). Desglose de “iglesias mozárabes” (en castelán). Centro de Estudios Históricos. Junta para Ampliación de Estudios. pp. 105–140, en 107. Adefonso hijo de Ordoño, rey de Galicia
  5. López Carreira 2005, p. 228: “García fillo de Afonso, rei dos galegos”, “Ordoño fillo de Afonso, rei dos galegos”, “García fillo de Afonso desacatara o seu pai, rei de Galicia”, “Ordoño fillo de Afonso, rei de Galicia”.
  6. López Carreira 2005, p. 203.
  7. Murado López, Miguel-Anxo (2013). Outra idea de Galicia. Debate. p. 60. ISBN 978-84-9992-346-8. Adefonsus regi Gallaeciarum
  8. Vigil, Ciriaco Miguel (2003) [1887]. Asturias monumental, epigráfica y diplomática (en castelán). Maxtor. p. 57. ISBN 84-9761-086-5. Adefonso glorioso regi Gallitiarum
  9. López Carreira 2005, pp. 222, 232. “Adefonso glorioso regi Gallitiarum

Véxase tamén

Bibliografía

Afonso III de Oviedo
Dinastía Ramírez
Nacemento: 848 Falecemento: 20 de decembro 910
Títulos Reais
Precedido por
Ordoño I
Rei de Galiza
866–910
Sucedido  por
García I
Froila II

Froila II (en castelán e asturiano Fruela) foi señor de Asturias entre 910 e 924, e rei de toda Galiza desde 924 ata 925.

Gobernou Asturias tras a morte de seu pai, Afonso III, e en 924, ao morrer seu irmán Ordoño II (co cal, ademais de co seu outro irmán García, conspirara para lle arrebatar o trono a seu pai), foi posto no trono na cidade de León pola nobreza e o clero, que viron nel lexitimidade suficiente, ao señor fillo de Afonso III, e irmán do finado Ordoño II.

Casou antes de 911 con súa curmá a raíña Nomilia Ximenes (tamén coñecida como Nunilo Jimena) filla do rei de Navarra Sancho Garcés e de súa muller a raíña Toda Aznárez de Aragón. Após a súa morte, o seu fillo e herdeiro Afonso Froilaz foi desposado do trono por Afonso IV, o fillo do seu irmán Ordoño II.

Tivo catro fillos:

Afonso Froilaz, con Dª. Nomilia.

Ordoño Froilaz, con Dª. Urraca.

Ramiro Froilaz, con Dª. Urraca.

Aznar Fuela, fillo bastardo.

García I de León

García I de León, nado cara ao ano 871 e falecido en Zamora o 19 de xaneiro de 914, foi o primeiro rei da Galicia altomedieval que instalou a súa corte na cidade de León, gobernando entre os anos 910 e 914.

Ordoño II

Ordoño II (871 — León, 924) foi rei de Galiza desde o ano 910 e rei de Galiza e de León desde o ano 914.

Ximena Garcés

Ximena Garcés (? - 912). Raíña consorte de Afonso III o Magno, foi nai dos reis García I de León, Ordoño II e Froila II, ademais de posible filla do rei navarro García Íñiguez.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.