Aeroxerador

Un aeroxerador[1] é un dispositivo cun xerador destinado a converter enerxía eólica en enerxía eléctrica. Este tipo de xerador tense popularizado rapidamente debido ao feito de que ao ser a enerxía eólica un tipo de enerxía renovábel, apenas produce custos de produción como tampouco non produce contaminación nin contribue ao efecto invernadoiro. No entanto, a cantidade de enerxía producida por este medio é aínda unha mínima parte (arredor do 1% do consumo mundial) da que se consome nos países desenvolvidos. Galiza é unha das zonas mais avanzadas en produción de enerxía eólica, cun 12%, lonxe do 18% de Dinamarca, aínda que proporcionalmente máis[2], ben por riba da media da UE.

Os aeroxeradores tamén se coñecen popularmente co nome de virandelos[3].

E-66 Egeln feb2005
Aeroxerador Enercon E-30

Funcionamento

Un aeroxerador dividese en tres partes:

  • Torre: canto máis alta, mellor
  • Aspas: canto máis grandes, máis potencia
  • Nacele: Contén a caixa de engrenaxes e o Xerador

A caixa de engrenaxes é necesaria porque as aspas xiran a unha velocidade moi baixa e é necesario axustala ao réxime do xerador, tradicionalmente unha máquina asíncrona

Segundo a súa tipoloxía existen tres tipos de sistemas.

  • Xerador con rotor en gaiola
  • Xerador con rotor bobinado
  • Máquina síncrona conectada directamente

Características

Os xeradores teñen aumentado moito o seu tamaño, pois a superficie varrida polas aspas é proporcional á potencia subministrada, que tamén aumenta coa velocidades das mesmas, facendo que en total a potencia aumente co cubo do radio das aspas. No 2019 existen xeradores de máis de 120 m de diámetro da superficie varrida polas aspas.[4]

Galería de imaxes

Solpor e parque eólico no horizonte, Abadín, Galiza

Solpor e parque eólico no horizonte, Abadín

Forcarei, molinos 01-12

Serra do Candán, Forcarei

Fabricantes

Vestas

Made

Enair

Notas

  1. Voz aeroxerador. Gran Dicionario Xerais da Lingua. Edicións Xerais, Vigo, 2009.
  2. Artigo de Xabier Vázquez Pumariño
  3. "Proposta de Víctor Freixanes". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2009. Consultado o 16 de marzo de 2009.
  4. "Menos es más en los parques eólicos". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-02-17. Consultado o 2019-02-17.
Boeing

The Boeing Company é un dos principais fabricantes de avións e equipos aeroespaciais do mundo. O seu nome completo é Boeing Commercial Airplanes Co. e a súa sede central atópase na cidade de Chicago. As súas maiores fábricas están situadas nos arredores da cidade de Seattle, no estado de Washington.

Enerxía eólica

A enerxía eólica é a enerxía que se obtén do vento. Esta fonte de enerxía vén sendo aproveitada dende a antigüidade por diversos medios, en particular muíños en terra e velas no mar. A verba eólico vén do latín Aeolicus, pertencente ou relativo a Eolo, deus dos ventos na mitoloxía grega.

Nos derradeiros anos do século XX Galicia pasou a ser un lugar cun parque eólico (de muíños para producir enerxía eléctrica) de gran tamaño relativo.

Na actualidade, a enerxía eólica é utilizada principalmente para producir enerxía eléctrica mediante aeroxeradores. A finais de 2007, a capacidade mundial dos xeradores eólicos foi de 94.1 xigavatios. Mentres a eólica xera arredor do 1% do consumo de electricidade mundial, representa arredor do 19% da produción eléctrica en Dinamarca, 9% en España e Portugal, e un 6% en Alemaña e Irlanda (datos do 2007).

É un recurso abundante, renovábel, limpo e axuda a minguar as emisións de gases de efecto invernadoiro ao substituír termoeléctricas a base de combustibles fósiles, o que a converte nun tipo de enerxía verde. O seu principal inconveniente é a súa intermitencia.

Inditex

Industria de Diseño Textil, S.A. (Inditex) é un grupo galego da industria téxtil. É o primeiro grupo europeo de confección de roupa diante de H&M, a xaponesa Uniqlo e a estadounidense Gap. Sendo a terceira empresa do sector a nivel mundial tras Nike (34.350 millóns de dólares) e LVMH (42.636 millóns de euros; Louis Vuitton, Moët Hennessy). Ten a súa sede central no Polígono de Sabón en Arteixo, A Coruña. Está composto por case un cento de compañías de deseño, fabricación e distribución téxtil. Amancio Ortega, o home máis rico de España (e de Europa) é o fundador e o accionista maioritario. O seu presidente actual é Pablo Isla.

Inditex a 31 de xaneiro de 2018 ten 7.475 tendas en todo o mundo e posúe as marcas Massimo Dutti, Bershka, Oysho, Pull and Bear, Stradivarius, Zara, Tempe e Uterqüe, e tamén a marca de baixo custo Lefties. En marzo de 2015 Inditex acadou un valor en bolsa de 89.761 millóns de euros, sendo a segunda empresa do IBEX-35, despois do Banco Santander, en valoración.

A maioría da produción atópase en países con man de obra barata como Marrocos, China e Turquía, malia que boa parte da produción continúa en España e Portugal, en particular a da marca Zara. Ademais, Inditex ten unha fábrica de deseño e produción de calzado na vila de Elx.

Parques eólicos en Galicia

A explotación eólica en Galiza a nivel industrial para a produción de enerxía eléctrica iniciouse en Cabo Vilán, Camariñas. Instaláronse 22 aeroxeradores en 1989. A potencia eléctrica eólica total instalada nos parques eólicos en Galiza a 2012 era de máis de 3,3 xiga vatios.

Polígono industrial de Sabón

O Polígono Industrial de Sabón é unha zona industrial situada na parroquia de Oseiro, no concello de Arteixo. Leva o nome da aldea de Sabón e foi posto en funcionamento en 1965, aínda que as primeiras empresas non se instalaron até a década de 1970.

Turbina

Turbina é o nome xenérico que se dá á maioría das turbomáquinas motoras. Estas son máquinas de fluído, a través das cales pasa un fluído en forma continua e este entrégalle a súa enerxía a través dun rodete con pas ou álabes.

As turbinas constan dunha ou dúas rodas con paletas, denominadas rotor e estator, sendo a primeira a que, impulsada polo fluído, arrastra o eixo no que se obtén o movemento de rotación.

O termo turbina adoita aplicarse tamén, por ser o compoñente principal, ao conxunto de turbina conectada a un xerador para a obtención de enerxía eléctrica.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.