Aeroporto de Vigo

O aeroporto internacional de Vigo-Peinador (IATA: VGOOACI: LEVX) é un aeroporto galego situado en terreos dos concellos de Mos, Redondela e Vigo. Está situado a nove quilómetros do centro desta última cidade. Conta cunha ampla oferta de viaxes regulares a Madrid, Barcelona, Bilbao, Canarias e París, ademais dos voos chárter. É o segundo aeroporto galego por número de pasaxeiros, voos e transporte de mercadorías por detrás do aeroporto da Lavacolla e por diante do aeroporto de Alvedro. Na actualidade rexistra unha forte competencia co aeroporto de Sá Carneiro de Porto (Portugal). Recibe o seu nome, Peinador, do lugar de Peinador, na parroquia de Cabral.

Aeroporto de Vigo
Aeroporto de Peinador

Aeroporto de Vigo pola noite

IATA: VGO – ICAO: LEVX
Sumario
Tipo civil
Propietario/Operador Aena
Cidade/Illa Vigo
Localización Peinador, Cabral
Coordenadas 42°13′54″N 08°37′36″O / 42.23167, -8.62667Coordenadas: 42°13′54″N 08°37′36″O / 42.23167, -8.62667
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
01/19[1] 2400x45 7874x148 asfalto
Estatísticas (2018)
Pasaxeiros 1 129 689
Aumento pasaxeiros Crecente (crecemento) 6%
Operacións 12 526
Aumento operacións Crecente (crecemento) 0,4%
Carga (ton.) 1 060
Aumento carga Crecente (crecemento) 37,5%
Fonte: AENA[2]
Peinador, Vigo, torre
Torre.

Horario

A terminal de pasaxeiros do aeroporto de Peinador abre de 05:30AM a 01:30AM todos os días da semana.

Historia

A aviación fixo a súa aparición en Vigo en 1911 cun espectáculo aéreo levado a cabo polo francés Jules Verdines. Dúas novas festas da aviación tiveron lugar no 1913 en Coia, e tamén en 1919 na praia de Panxón (Nigrán).

Ata os anos vinte, non se propón con fins comerciais. Por entón, Vigo foi o último porto europeo usado acotío polos vapores con destino e procedencia de Sudamérica, polo que transportaban toda a correspondencia. Por isto, a Comisión Técnica de Correo Aéreo estableceu unha ruta Madrid-Salamanca-O Porto-Vigo que, porén, nunca chegou a adxudicarse.

No 1927, o Goberno considerou de interese xeral a construción dun aeródromo con carácter aduaneiro en Galiza. Ao mesmo tempo, o porto de Vigo foi habilitado para a hidroaviación. En marzo do 1929, abriuse ao tráfico aéreo oficial para a hidroaviación o porto marítimo e a baía de Vigo. Como complemento a estas instalacións, decidiuse construír un "aeroporto marítimo" na praia de Cesantes, no municipio de Redondela. Ao mesmo tanto unha comisión técnica comezou a estudar distintos terreos para a construción dun aeroporto en terra, decantándose por unha zona cedida polo concello do Porriño nas Gándaras de Budiño.

O proxecto parouse a 1936 cando o xeógrafo Francisco Senac interesouse por el e visitou os terreos das Gándaras xunto con técnicos militares, pero ao ver a zona parcialmente inundada. Dirixíronse entón a Valladares para visitar novos terreos e de camiño veciños de Mos amosáronlle a zona de Peinador e un bosquexo feito por Jenaro de la Fuente. O proxecto foi validado polos militares, que querían construír unha pequena pista para uns cazas que ían chegar ao porto da cidade, pero a obra non se rematou a tempo e os cazas trasladáronse por estrada ata León.

O concello de Vigo fíxose cargo do proxecto co apoio de empresarios locais. Debido á falta de medios entre 1936 e 1938 milleiros de homes de Vigo, Lavadores e Mos foron obrigados a traballar 2 días ao mes nas obras por orde das autoridades militares. Porén, en 1937 as autoridades nacionais deron prioridade á construción do aeroporto de Santiago de Compostela e as obras en Vigo quedaron case paralizadas.[3]

En 1940 o Ministerio do Aire asumiu as obras, redactando un novo proxecto e cun presuposto de 2 millóns de pesetas,[4] e estas declaráronse de "urxencia", polo que o aeroporto se construíu entre 1947 e 1952. O aeroporto abriríase ao tráfico o 20 de abril de 1954, aínda coas instalacións complementarias sen rematar, e o primeiro avión, un Douglas DC-3 de Iberia procedente de Madrid, aterraría o día 25 dese mesmo mes.Aos poucos meses a ruta pasaría a ser operada por Aviaco.[5]

Na década dos 60 reformáronse as instalacións, en 1973 construíuse a torre de control, e en 1974 a nova terminal. Nos anos seguintes ampliáronse a zona de estacionamento e a pista de aterraxe para permitir a operación dos Douglas DC-9, chegando así o seu primeiro voo internacional en 1981.[5]

O novo edificio da terminal fíxose en 1995 e ese mesmo ano ampliouse a plataforma. No ano 2004 comezou a funcional o sistema ILS de categoría II/III.[5]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Accidente do 1994

Artigo principal: Accidente de Peinador.

O accidente de Peinador foi o terceiro accidente de importancia na historia da aviación comercial en Galicia. O 21 de marzo de 1994, o avión DC-9 da compañía Aviaco que cubría a liña regular dende Madrid co aeroporto de Peinador (Vigo), tomou terra uns 75 m antes do comezo da pista. Non houbo vítimas mortais.

Aeroliñas e destinos

Aeroportodevigo
Mostradores de facturación.

As compañías aéreas que operan no aeroporto de Peinador son:

Aeroliñas Destinos
Air Europa Madrid
Estacional: Palma de Mallorca
Binter Canarias Gran Canaria

[6] Tenerife-Norte

Iberia Madrid
Iberia
operado por Air Nostrum
Bilbao, Valencia
Estacional: Alacant, Gran Canaria , Menorca, Málaga, París-Charles de Gaulle, Sevilla, Ibiza
Iberia Express Estacional: Tenerife-Norte
Vueling Barcelona

Conta con dúas tendas, tres aparcadoiros e acceso mediante a liña 9A dos autobuses Vitrasa, aínda que tamén varias compañías de alugueiro de vehículos están incluídas nas súas instalacións:

  • Avis.
  • Europcar.
  • Hertz.
  • National Atesa.
    VGO panorámica
    Panorámica do aeroporto
VGO panorámica
Panorámica do aeroporto

Datos de tráfico

Pasaxeiros do aeroporto de Vigo 2004-2018 (en millóns)
Ano Nº de
pasaxeiros
T Mercancías Operacións
2004 911 974 1.029 15.458
2005 1 108 720 1.363 18.855
2006 1 188 046 1.252 19.655
2007 1 405 968 1.952 19.999
2008 1 278 762 1.481 17.934
2009 1 103 285 796 15.698
2010 1 093 576 901 14.941
2011 976 152 1.113 14.130
2012 828 725 570 11.184
2013 678 720 448 10.636
2014 680 387 435 9.914
2015 713 567 536 9.580
2016 954 006 476 11.557
2017 1 065 595 771 12.479
2018 1 129 689 1.060 12.526
Fonte: AENA

Galería de imaxes

Aeroportodevigo2

Notas

  1. Peinador cambia por primera vez en sus 61 años de historia la nomenclatura de la pista
  2. AENA (ed.). "Estadísticas de tráfico aéreo" (PDF). Consultado o 16 de xaneiro de 2019.
  3. "De Peinador al cielo, historia del aeropuerto de Vigo. Parte 1.". Faro de Vigo. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 27 de decembro de 2016.
  4. "Si vas a Peinador....". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 27/12/2016. Consultado o 27 de decembro de 2016.
  5. 5,0 5,1 5,2 Aena (ed.). "Historia do aeroporto de Vigo". Consultado o 27 de decembro de 2016.
  6. "La aerolínea canaria Binter elige Vigo para su estreno en el mercado nacional con dos vuelos semanales". Faro de Vigo. Consultado o 26 de febreiro de 2018.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A-57

A autovía A-57 está situada no corredor occidental sur de Galicia, que vai do Confurco, en Ponteareas conectando coa A-52, ata Curro, no concello de Barro, pasando por Pontevedra. Está previsto a conexión gratuíta da autoestrada de peaxe, AP-9, que ía ser autovía A-9, no canto de A-57. Podería relacionarse coa futura autovía A-9 que só vai dende A Coruña a Pontevedra, como proposta da Xunta de Galicia, para o futuro non tan afastado.

A autovía A-57 empezará no enlace do Confurco da A-52 pasa polos concellos de Pazos de Borbén, Soutomaior e Vilaboa para logo circunvalar Pontevedra polo Leste para chegar ao Super Nó de Curro, en Barro onde se conectará coa AP-9, a autovía AG-41 a Sanxenxo e coa futura autovía AG-XX a Vilagarcía de Arousa.

Á altura de Vilaboa (preto de San Simón) haberá unha tripla conexión, coa AP-9, a N-550 e o ramal de conexión da A-57 coa Rede Arterial Viaria de Vigo e o aeroporto de Vigo.

O ramal de Vigo non se coñece a súa denominación, pode ser A-57V, ou VG-21 ou unha nova denominación A-XX. Terá enlaces con Arcade, Redondela Norte, Redondela Sur, Aeroporto de Vigo e IFEVI/AP-9

Na actualidade, atópase en redacción do proxecto e será unha realidade no ano 2015, máis ou menos.

AP-9

A autoestrada do Atlántico ou AP-9 é unha autoestrada situada no oeste de Galicia. Comunica a cidade de Ferrol coa fronteira con Portugal, cruzando o oeste de Galiza de norte a sur, atravesando as provincias da Coruña e Pontevedra. No extremo sur da autoestrada, ao chegar a Portugal, convértese na A-3, con destino á capital portuguesa, Lisboa pasando polo Porto.

Comunica grandes cidades e vilas coma Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedeume, Miño, Betanzos, A Coruña, Ordes, Santiago de Compostela, Padrón, Pontevedra, Vigo, O Porriño ou Tui.

Aena

Aeroportos Españois e Navegación Aérea, coñecida tamén co acrónimo Aena, é un ente público empresarial encargado da navegación civil aérea e dos aeroportos civís en España.

Aeroporto da Coruña

O aeroporto da Coruña (IATA: LCG, OACI: LECO), antigamente coñecido como aeroporto de Alvedro, é un aeroporto galego situado en Alvedro, Almeiras, Culleredo no concello de Culleredo, a 7 quilómetros da Coruña.

Aeroporto de Santiago de Compostela

O aeroporto de Santiago de Compostela (IATA: SCQ, OACI: LEST), no pasado tamén coñecido como aeroporto da Lavacolla, é un aeródromo situado preto da capital de Galicia, concretamente na Lavacolla, Sabugueira, Santiago de Compostela.

Na actualidade está xestionado por AENA, e abrangue a maior parte do tráfico aéreo en Galicia, tanto nacional como internacional. Ofrece voos regulares a 29 destinos, 24 deles durante todo o ano e o resto estacionais.

César Portela

César Portela Fernández-Jardón, nado en Pontevedra o 18 de abril de 1937, é un arquitecto galego.

Embraer E-Jets

A familia Embraer E-Jet é unha serie de reactores bimotores de pasaxeiros de fuselaxe estreita e alcance medio fabricados pola compañía brasileira Embraer. Anunciada no Paris Air Show de 1999 e comezada a produción no ano 2002, a serie de avións converteuse nun éxito comercial. O modelo é usado tanto por aeroliñas principais como rexionais por todo o mundo. Cara decembro do ano 2012 había 185 peticións en firme para os E-Jets, 580 opcións e 908 unidades entregadas.

Enrique Peinador

Enrique Peinador Lines, nado en Pontevedra en 1880 e finado en Vigo o 19 de xuño de 1940, foi un empresario e filántropo galego.

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Gardacostas de Galicia

O Servizo de Gardacostas de Galicia, tamén coñecido de modo extraoficial como Gardacostas de Galicia, é o organismo encargado de velar pola garda costeira, vixilancia pesqueira, busca e salvamento e protección do medio mariño nas augas da comunidade autónoma de Galicia, España. Depende directamente da Consellería do Mar por medio da Subdirección Xeral de Gardacostas.

A súa fundación coma corpo de gardacostas data do ano 2004, a raíz da promulgación da Lei 2/2004, de 21 de abril, pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia. O corpo de gardacostas naceu a partir de servizos que xa estaban a funcionar Galicia, como eran o Servizo de Vixilancia Pesqueira e o Servizo de Busca e Salvamento. No servizo traballan 239 persoas (incluído persoal colaborador doutras empresas) , entre eles 112 axentes e conta con 2 helicópteros, 19 embarcacións, 60 vehículos e 3 camionetas .

HOP!

Société HOP! é unha aeroliña rexional subsidiaria de Air France. É unha fusión de Airlinair, Brit Air e Régional. Esta nova filial, creada no ano 2013, ofrece 530 voos diarios a 136 destinos franceses e europeos. As súas oficinas principais atópanse no Parc tertiaire Silic en Rungis, París. A aeroliña voa diariamente entre a capital francesa e o aeroporto de Vigo.

N-555

A N-555 é unha estrada nacional que vai desde Redondela até o aeroporto de Peinador.

N-556

A N-556 é unha estrada nacional convencional que une o remate da N-555 co aeroporto de Vigo e a AP-9. Foi creada en 1988, tomando o trazado da PO-322, aínda que en 2005 foron transferidos 14,01 quilómetros (denominados Avenida do Aeroporto) á administración local de Vigo, ficando a actual vía con só 1,03.

Peinador

O topónimo galego Peinador pode referirse a:

Peinador, lugar da parroquia de Cabral, no concello de Vigo;Este lugar dá nome ao aeroporto de Peinador, tamén chamado aeroporto de Vigo;

Amais, como apelido pode referirse a:

Enrique Peinador Vela (Pontevedra 1847 - Mondariz-Balneario 1917), médico e empresario galego;

Ramón Peinador Vela (Pontevedra 1847 - Mondariz-Balneario 1917), empresario e xornalista galego;

Enrique Peinador Lines (Pontevedra 1880 - Vigo 1940), empresario e filántropo galego, fillo do primeiro;

Enrique Peinador Porrúa (México 1903 - Madrid 1940), avogado, xornalista e político galego, fillo do anterior;

Ramon Peinador Checa (1897-1964), pintor español.

Peinador, Cabral, Vigo

Peinador é un lugar da parroquia de Cabral, no concello de Vigo. Segundo datos do Instituto Galego de Estatística do 2013 ten 86 habitantes (46 homes e 40 mulleres).

Nel sitúase o Aeroporto de Vigo, tamén coñecido como Aeroporto de Peinador, malia que as súas instalacións superan con moito os límites do lugar.

Redondela

Redondela é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. O seu xentilicio é redondelán. Ten unha superficie de 52,1 km² e, segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2018 tiña 29.194 habitantes, dos cales 14.219 eran varóns e 14.975 eran mulleres, resultando unha densidade de poboación de 560,35 hab./km². É o cuarto concello máis poboado da provincia, por detrás de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, e está situado entre as dúas primeiras, a 13 km de Vigo e a 20 km de Pontevedra.

Vigo

Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas. Con 293.642 habitantes no 2018 é o concello máis poboado de Galicia e o décimo cuarto de España, sendo a cidade sen rango de capital de provincia con máis poboación de España.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o décimo cuarto concello de España cunha poboación de 293.642 habitantes, segundo o Padrón municipal do 2018. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.718 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente.

Volotea

Volotea é unha aeroliña de baixo custo española con sede en Asturias e Barcelona A compañía ten bases en España, Italia e Francia. Foi fundada no ano 2011 por Alaeo S.L., unha compañía de Barcelona creada polos fundadores de Vueling Carlos Muñoz e Lázaro Ros. Comezou as súas operacións o día 5 de abril de 2012 dende o aeroporto de Venecia-Marco Polo.

De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos
Federación
Campos de voo
Aeroliñas comerciais
operando en Galicia
Accidentes
Eventos anuais
Maiores internacionais
Menores internacionais
Domésticos
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.