Aeroporto de Santiago de Compostela

O aeroporto de Santiago de Compostela (IATA: SCQOACI: LEST), no pasado tamén coñecido como aeroporto da Lavacolla, é un aeródromo situado preto da capital de Galicia, concretamente na Lavacolla, Sabugueira, Santiago de Compostela.

Na actualidade está xestionado por AENA, e abrangue a maior parte do tráfico aéreo en Galicia, tanto nacional como internacional. Ofrece voos regulares a 29 destinos, 24 deles durante todo o ano e o resto estacionais.

Aeroporto de Santiago de Compostela
Aeroporto da Lavacolla

Nueva torre de lavacolla

IATA: SCQ – ICAO: LEST
Sumario
Tipo Público
Propietario AENA
Cidade/Illa Santiago de Compostela
Localización A Lavacolla, Sabugueira
Elevación (msnm) 330 metros / 1213 pés
Coordenadas 42°53′47″N 8°24′55″O / 42.89639, -8.41528
Web [1]
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
17/35 3200 10498 asfalto
Estatísticas (2018)
Pasaxeiros 2 724 750
Aumento pasaxeiros Crecente (crecemento) 3%
Operacións 21 839
Aumento operacións Crecente (crecemento) 1,5%
Carga (ton.) 3 019
Aumento carga Crecente (crecemento) 12,1%
Fonte: AENA[1]

Historia

O aeroporto de Santiago de Compostela comenza a súa andaina no ano 1932, cando un grupo de afeccionados da aeronáutica constrúe un aeroclub na cidade, máis concretamente, no termo municipal da Lavacolla. Nos seus inicios, o aeroporto contou con tres zonas de aterraxe formando un triángulo de pistas de dimensións 1100 por 200 m, 950 × 150 m e 600 × 125 m.

O aeroporto adquire protagonismo militar coa chegada da guerra civil española, mais non é ata 1937 cando o día 27 de setembro se inician os servizos comerciais regulares, coa liña Santiago-Salamanca-Valladolid-Zaragoza, operando nun aeroporto que só contaba cun barracón de madeira para albergar os pasaxeiros.

En 1939 e 1940 un batallón de 388 traballadores, prisioneiros políticos, traballaron na construción do aeroporto e na ampliación das pistas.[2]

No ano 1948 iniciáronse obras de asfaltado da pista e no ano 1953 construíuse a pista de rodaxe e o estacionamento. Non é ata os anos sesenta cando se pode falar dun grande aeroporto comercial, posto que é nesta década cando se fan obras de especial transcendencia, como son o parque contra incendios, a nova torre de control, melloras nas pistas de aterraxe e de rodaxe, e se constrúe a nova terminal de pasaxeiros.

Nos anos 80 construíuse a terminal de carga, que se ten que ampliar posteriormente debido á forte demanda de mercancías que sofre Santiago polo aire. Un factor fundamental na operatividade do aeroporto foi a instalación do sistema ILS Cat II/III no ano 1993, que permite á aviación operar en condicións meteorolóxicas de baixa visibilidade e reducir así as cancelacións e desvíos de voos.

Xa por último, é necesario recalcar a importancia do Ano Santo Compostelán (celébrase cando o 25 de xullo coincide en domingo) para o aeroporto, posto que sempre que coincidiu co mesmo, leváronse a cabo importantes melloras. Co motivo do Ano Santo de 2010 constrúese unha nova terminal de pasaxeiros.

En xaneiro de 2016, a corporación municipal de Santiago acordou, por unanimidade, solicitar o cambio de nome do aeroporto para bautizalo como aeroporto Rosalía de Castro. A proposta recibiu nos días seguintes o apoio unánime do Parlamento galego, da Xunta de Galicia, da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega, e tamén o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, manifestou o respaldo do goberno nacional á iniciativa [3].

Aeroliñas e destinos

Aeroliñas Destinos
Aer Lingus Dublín
Air Europa Gran Canaria, Lanzarote, Tenerife-Norte, Tenerife-Sur
Estacional: Fuerteventura, Eivisa, Menorca, Palma de Mallorca
easyJet Milán-Malpensa
Estacional: Londres-Gatwick
easyJet Switzerland Basilea-Mulhouse, Xenebra
Iberia Madrid
Iberia Express Madrid
Iberia Regional
operado por Air Nostrum
Bilbao, Tenerife-Norte
Estacional: Fuerteventura, Gran Canaria, Madeira, Palma de Mallorca
Lufthansa Frankfurt
[4]
Ryanair Alacant, Barcelona, Bérgamo, Gran Canaria, Hahn, Lanzarote, Londres-Stansted, Madrid, Málaga, Palma de Mallorca, Sevilla, Tenerife-Sur, Valencia, Malta
Swiss International Air Lines Estacional: Zúric
Vueling Ámsterdam-Schiphol, Barcelona, Fuerteventura, Lanzarote, Londres-Gatwick, Málaga, Palma de Mallorca, París-Charles de Gaulle, Roma-Fiumicino, Tenerife-Norte[5]
Estacional: Alacant, Bruxelas, Eivisa, Zúric

Comunicacións

Diagrama SCQ
Diagrama do aeroporto

O aeroporto encóntrase comunicado coa cidade de Santiago de Compostela a través da autovía A-54, dende a cal se accede facilmente cara ao centro da cidade a través do periférico SC-20. Grazas á autoestrada AP-9 (de peaxe) é posible chegar a Santiago de Compostela dende Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Vigo. O mesmo ocorre co ferrocarril da Renfe, que opera con trens cada hora entre as cidades da Coruña e Vigo e dende aí desprazarse ata o aeroporto.

O autobús é unha das opcións coas que conta, con servizos dende as 6:50 ata as 23:30, todos eles procedentes da estación de autobuses de Santiago e da rúa Doutor Teixeiro, que se atopa no centro da cidade. Existen tamén dúas liñas de autobuses directas dende as cidades da Coruña (1 servizo diario) e Lugo.

Datos de tráfico

Dende a implantación no aeroporto das compañías de baixo custo, como Ryanair, Vueling, ou easyJet, experimentouse un aumento progresivo do número de pasaxeiros, aínda que perdeu peso na cota de mercado dos tres aeroportos galegos, movendo por primeira vez en anos menos do 50 % do total de pasaxeiros de Galicia.

É o 16º aeroporto na clasificación a nivel nacional de tráfico aéreo e é o 8º aeroporto na clasificación de tráfico aéreo da Península Ibérica (datos 2017). Durante o ano 2016 produciuse un aumento do número de pasaxeiros do 9,3 % con respecto ó ano 2015 e o número de operacións aumentou nun 3,6 %. Este foi o primeiro ano da súa historia no que superou a barreira dos 2 millóns e medio de pasaxeiros, cantidade acadada un día antes do final de ano.[6]

En canto ó número de mercancías transportadas, houbo un descenso pasando do ano 2000 de 6 733 877 kg a 2 693 251 kg no 2017, aínda que ese ano o tráfico de carga medrou un 17,3%.[Cómpre referencia]

Pasaxeiros do aeroporto de Santiago 2000-2018 (en millóns)
Ano Nº de pasaxeiros T Mercancías Operacións
2000 1 332 896 6.733 19.660
2001 1 281 334 6.288 19.084
2002 1 240 730 5.716 17.362
2003 1 381 826 5.318 18.454
2004 1 580 675 4.938 21.593
2005 1 843 118 3.805 25.693
2006 1 994 519 2.587 24.712
2007 2 050 121 2.749 24.637
2008 1 917 466 2.418 21.945
2009 1 944 068 1.988 20.166
2010 2 172 869 1.964 21.247
2011 2 464 431 1.787 22.317
2012 2 194 611 1.815 19.509
2013 2 073 055 1.928 18.668
2014 2 083 873 2 095 19 431
2015 2 296 409 2 311 20 541
2016 2 510 740 2 296 21 277
2017 2 644 925 2 693 21 520
2018 2 724 750 3 019 21 839
Fonte: AENA

Estatísticas das rutas

Corredor ata embarque.
Corredor ata embarque. 
Corredor ata embarque.
Corredor ata embarque. 
Corredor ata embarque.
Corredor ata embarque. 
Embarque.
Embarque. 
Avión da irlandesa Aer Lingus.
Avión da irlandesa Aer Lingus. 
Aeropuerto de santiago
 
27 de xullo

O 27 de xullo é o 208º día do ano do calendario gregoriano e o 209º nos anos bisestos. Quedan 157 días para finalizar o ano.

Aena

Aeroportos Españois e Navegación Aérea, coñecida tamén co acrónimo Aena, é un ente público empresarial encargado da navegación civil aérea e dos aeroportos civís en España.

Aeroporto

O aeroporto é unha área cunha infraestrutura e os servizos necesarios para a aterraxe e a engalaxe de aeronaves. Os máis sinxelos son pistas de terra, para pequenas avionetas, mentres os máis grandes teñen varias pistas dun ou máis quilómetros para permitir a aterraxe e a engalaxe de avións de gran tamaño e cunha frecuencia de poucos minutos de diferenza. Aeroportos sobranceiros, entre outros, son:

Barajas (Barajas, Madrid), Sant Cugat (Barcelona) e Son San Joan (Baleares).

Laguardia, John Fitzgerald Kennedy (Nova York)

Beauvais, Roissy-Charles de Gaulle e Orly (París)

Heathrow, Gatwick, Stansted e Lutton (Londres)

Giovan Battista Pastine-Ciampino, Leonardo da Vinci-Fiumicino (Roma) e Malpensa (Milán)

Brandenburg-Schönefeld, Tempelhof e Tegel (Berlín)

Francisco de Sá Carneiro (Porto)En Galicia hai tres aeroportos con conexións internacionais:

Aeroporto de Alvedro, na Coruña;

Aeroporto da Lavacolla, en Santiago de Compostela;

Aeroporto de Peinador, en Vigo;Tamén hai varios aeródromos (Ponteareas, Monterroso, Lugo etc), que permiten gozar aos afeccionados da aviación.

Aeroporto de Valencia

O Aeroporto de Valencia (en valenciano: Aeroport de València), denominado tamén Aeroporto de Manises, é un aeroporto xestionado por AENA situado entre os termos municipais de Manises e Quart de Poblet, nas proximidades da cidade de Valencia. O tráfico que soporta é maioritariamente regular e estatal aínda que o tráfico de vos chárter medra cada ano. Os destinos con maior tráfico son Madrid, que acapara preto da metade do seu tráfico, Palma, Barcelona, Sevilla e Eivissa. Ten conexión co Aeroporto de Santiago de Compostela.

No ámbito internacional París, Milán, Londres, Múnic e Nova York son os destinos máis importantes.

Auditorio de Galicia

O Auditorio de Galicia é un edificio situado en Santiago de Compostela, deseñado por Julio Cano Lasso e Diego Cano Pintos. Inaugurouse o 20 de outubro de 1989.

Encadrado no Programa nacional de auditorios, a obra foi financiada polo Ministerio de Cultura, a Xunta de Galicia e o concello de Compostela, coa colaboración de entidades privadas.

Desde 1996 é a sede permanente da Real Filharmonía de Galicia.

Casa da Conga

A casa da Conga é un edificio de principios do século XVIII sito na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

Trátase dun edificio barroco construído para vivenda dos cóengos da catedral. As trazas iniciais débense a Domingo de Andrade, pero quen rematou a construción en 1730 foi Casas e Novoa. Está situada pechando a parte sur da praza da Quintana. Estrutúrase como un bloque de catro casas cun vistoso pórtico corrido que une as catro edificacións. É de estilo moi clasicista en contraste coa Casa da Parra situada na parte superior da praza. Na actualidade a casa da dereita é sede do Colexio de Arquitectos de Galicia e sala de exposicións. O resto está ocupado por comercios, restaurantes, bares e cafeterías.

Castriño de Conxo

O Castriño de Conxo é un sitio arqueolóxico composto por un castro prerromano (non estudado) e nel unha rocha cuxa superficie contén unhas serie de gravuras coñecidas como petróglifos. Atópase na parroquia de Conxo, no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, no lugar coñecido como A Volta do Castro.

Centro Comercial Compostela

O Centro Comercial Compostela é un edificio de tendas de El Corte Inglés, sito en Santiago de Compostela, na saída da cidade cara a Ourense. Inaugurado en 1998, foi o segundo centro comercial que se construíu na capital de Galicia.

Colexio de San Xerome

O Colexio de San Xerome, dito tamén Colexio de Artistas, é un edificio civil de Santiago de Compostela, sito no lado meridional da praza do Obradoiro, cerrándoa por ese lado.

EasyJet Switzerland

EasyJet Switzerland SA é unha aeroliña de baixo custo baseada en Meyrin, Suíza que realiza voos operando como unha franquía de EasyJet dende os aeroportos de Xenebra e Basilea-Mulhouse-Friburgo.

A aeroliña fundouse o 18 de maio de 1988 como TEA Basel e iniciou as súas operacións o 23 de marzo de 1989 como parte do grupo TEA de aeroliñas, que realizaba voos chárter a varios destinos europeos. En marzo de 1998 EasyJet fíxose coa participación do 40% da compañía, e comezou os servizos de franquía o 1 de abril de 1999. No ano 2007 a aeroliña pasou a pertencer a investidores privados (51%), tendo easyJet o 49% das accións.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Galería de imaxes do aeroporto de Santiago de Compostela

Galería de imaxes do aeroporto de Santiago de Compostela.

Garda Civil

A Garda Civil, popularmente coñecida como A Benemérita, é unha institución armada de carácter militar, que forma parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado de España. Como tal, o seu deber é garantir e protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades das persoas, e garantir a seguridade cidadá, baixo a dependencia do Goberno de España. Foi o primeiro corpo de seguridade pública de ámbito estatal xurdido en España, sendo creada en 1844 por Francisco Javier Girón.

Monte Pedroso

O monte Pedroso é un monte situado no concello de Santiago de Compostela, na parroquia de Santa María de Figueiras.

Dista tan só 3 km do casco urbano da capital galega. Accédese a el a través do Campo das Hortas e da Calzada do Carme de Abaixo. Está na marxe dereita do río Sarela e na zona consérvase unha ponte medieval. Dende o seu cumio (461 m) hai unha boa vista de Compostela e doutros montes pretos como o de Fontecova. No cumio atópanse as antenas e instalación dos reemisores de radio e televisión. Os seus bosques foron moi castigados na vaga de incendios do verán de 2006.

Da presenza humana no Pedroso desde tempos remotos dan testemuña os petróglifos preto do cumio.

Monte do Gozo

O monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da catedral.

Paseo da Ferradura

O Paseo da Ferradura, tamén coñecido como o Paseo dos Leóns, é unha das tres partes que comprende o Parque da Alameda de Santiago de Compostela, canda o Paseo da Alameda e a Carballeira de Santa Susana.

Santiago Black Ravens

O Club Deportivo Black Ravens Fútbol Americano, tamén coñecido como Santiago Black Ravens (corvos negros de Santiago), é o equipo de fútbol americano de Santiago de Compostela.

Turkish Airlines

THY - Turkish Airlines, Inc. (en turco Türk Hava Yolları Anonim Ortaklığı) (THY) é a aeroliña nacional de Turquía con base na cidade de Istambul. Opera unha rede de vós regulares a 140 cidades internacionais e 35 en Turquía, operando nun total de 155 aeroportos, en Europa, Asia, África e América. O principal aeroporto da compañía é o Aeroporto Internacional Atatürk (IST), e ten centros de operacións nos aeroportos de Esenboga (ESB), e no de Sabiha Gökçen (SAW).

Entre 2006 e 2008 a aeroliña transportou 61,7 millóns de pasaxeiros cuns ingresos totais de 9370 millóns de dólares. Conta con 12000 empregados. Desde o 1 de abril de 2008 é membro da Star Alliance.

Dende o día 21 de maio de 2013 a aeroliña voa ao aeroporto de Santiago de Compostela. Trátase dunha conexión que se realiza tres días á semana entre a capital galega e a cidade de Istambul.

Área Central

Área Central é un complexo cívico comercial de Santiago de Compostela, sito no barrio de Fontiñas. Inaugurado o 20 de outubro de 1993, foi o primeiro centro comercial da capital de Galicia.

Federación
Campos de voo
Aeroliñas comerciais
operando en Galicia
Accidentes
Eventos anuais
Maiores internacionais
Menores internacionais
Domésticos
Outros
Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.