Aeroporto de Bilbao

O Aeroporto de Bilbao (IATA: BIO, OACI: LEBB) atópase a 5 quilómetros da cidade de Bilbao. A antiga terminal, terminal de carga, e gran parte dos servizos aeroportuarios atópanse no municipio de Sondika, mentres que a nova terminal, deseñada por Santiago Calatrava está no de Loiu. Trátase do aeroporto máis importante da cornixa cantábrica en canto a número de viaxeiros e impacto económico. O aeroporto de Bilbao recibiu en 2016 un total de 4 588 265 viaxeiros, o que supón un incremento dun 7,3% respecto ao ano anterior, segundo datos de AENA.

É o único aeroporto rendible do País Vasco e un dos 14 rendibles do sistema aeroportuario español.[2] Trátase do 12º aeroporto máis concorrido de España por número de pasaxeiros. É unha base da aeroliña rexional Air Nostrum e a segunda base en número de destinos de Vueling, despois do aeroporto de Barcelona.

Aeroporto de Bilbao
Bilboko aireportua

Aeropuerto de Bilbao

IATA: BIO – ICAO: LEBB
Sumario
Tipo público
Propietario/Operador AENA
Cidade/Illa Bilbao, España
Localización Sondika-Loiu
Elevación (msnm) 42 metros / 138 pés
Coordenadas 43°18′04″N 02°54′38″O / 43.30111, -2.91056Coordenadas: 43°18′04″N 02°54′38″O / 43.30111, -2.91056
Web AENA-Aeroporto de Bilbao
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
12/30 2 600 8 530 asfalto
10/28 2 000 6 562 asfalto
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 4 973 712
Aumento pasaxeiros Crecente (crecemento) 8,4%
Operacións 46 989
Aumento operacións Crecente (crecemento) 4,2%
Carga (ton.) 1 956
Aumento carga Decrecente 34,2%
Fonte: AENA[1]

Arquitectura

O aeroporto actual foi concibido polo arquitecto valenciano Santiago Calatrava. Deseñouno de tal forma que desde o exterior se asemellase a unha ave emprendendo o voo, por iso é polo que se coñeza popularmente co nome de A Pomba. Na construción abunda a cor branca, o vidro e o formigón.

A terminal conta cun total de 6 "fingers" (túneles móbiles que conectan directamente o avión coa terminal). Á súa vez, foi deseñada unha nova torre de control en forma de falcón para facer fronte ao incremento de voos que a nova terminal atraería. Con todo, as antigas instalacións aproveitáronse para mellorar o conxunto do aeroporto. A antiga pista de aterraxe mantívose como pista secundaria para utilizala cando a principal non estivese en condicións, a antiga terminal de pasaxeiros habilitouse como terminal de carga e a torre de control equipouse con dispositivos especiais para situacións de urxencia.

Infraestruturas

  • 2 pistas de aterraxe
    • Pista 12-30: 2 600 m.
    • Pista 10-28: 2 000 m.
  • Plataforma Norte: 10 postos de estacionamento.
  • Plataforma Sur: 11 postos de estacionamento.
Bilbao Airport windows
Detalle do aeroporto de Bilbao
Bilbao Airport wing
Aeroporto de Bilbao
Bilbao Airport finger
Detalle dun finger e a torre de control ao fondo.
  • Nova Terminal de Pasaxeiros (A Pomba): 36 mostradores de facturación, 12 portas de embarque e 7 hipódromos de recolleita de equipaxes.
  • Antiga Terminal de Pasaxeiros (utilizada agora como oficinas).
  • Terminal de Carga, Zona Industrial e Zona de Aviación Xeral.
  • 3 aparcadoiros:
    • Xeral (P1): 3000 prazas.
    • Exprés (< 30 minutos): 37 prazas.
    • Longa estancia (P2).

Accesos

Loiu looking
Terminal de pasaxeiros

Ao aeroporto pódese acceder desde a cidade de Bilbao de tres xeitos diferentes:

  • En autobús: liña A3247 de Bizkaibus, conecta a cidade (centro e estación de autobuses Termibús) co aeroporto cada 20 minutos, cunha duración da viaxe de 15 minutos, circulando por autovía.
  • En Taxi: tarifa segundo taxímetro, tarda uns 10-15 minutos.
  • En turismo: polos túneles de Artxanda chégase ao centro nun tempo similar.
  • En tren: Prevese realizar unha liña de metro ou proximidades que conecte o centro de Bilbao co aeroporto en 5 min a través dun túnel escavado baixo o Monte Artxanda. En principio finalizarase en 2012.

Aeroliñas e destinos

Aeroliñas Destinos
Aer Lingus Dublín
Air Europa Gran Canaria, Lanzarote, Madrid, Palma de Mallorca, Tenerife-Norte
Estacional: Menorca, Alacant, Almería, Eivisa, Málaga, Valencia, Barcelona
Air France
operado por HOP!
París-Charles de Gaulle
British Airways Londres-Heathrow
Brussels Airlines Bruxelas
Czech Airlines Estacional: Praga[3]
easyJet Bristol, Edimburgo, Londres-Stansted, Manchester
Estacional: Milán-Malpensa, París-Charles de Gaulle
easyJet Switzerland Estacional: Xenebra
Eurowings Düsseldorf
Eurowings
operado por Germanwings
Stuttgart
Iberia Madrid
Iberia
operado por Air Nostrum
Alacant, Santiago de Compostela, Valencia, Vigo
Estacional: Madeira
Israir Airlines Estacional: Tel Aviv-Ben Gurion
KLM Ámsterdam
KLM
operado por KLM Cityhopper
Ámsterdam
Lufthansa Frankfurt, Múnic
Norwegian Air Shuttle Barcelona (remata en outubro de 2017)[4]
Estacional: Oslo-Gardermoen, Tenerife-Sur
Royal Air Maroc Casablanca
Swiss International Air Lines
operado por Swiss Global Air Lines
Zúric
TAP Portugal
operado por TAP Express
Lisboa
Turkish Airlines Istanbul-Atatürk
Volotea Sevilla
Estacional: Eivisa, Palma de Mallorca, Venecia
Vueling Alacant, Ámsterdam, Barcelona, Fuerteventura, Granada (comeza en decembro de 2017), Gran Canaria, Eivisa, Lanzarote, Londres-Gatwick, Málaga, Menorca, París-Orly, Palma de Mallorca, Roma-Fiumicino, Sevilla, Valencia, Tenerife-Norte
Estacional: Berlín-Tegel, Bucarest, Milán-Malpensa

Véxase tamén

Ligazóns externas

Notas

  1. AENA (ed.). "Estadísticas de tráfico aéreo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2018.
  2. El País (ed.). "¿Cuáles son los aeropuertos con más beneficios y más pérdidas de España?". Consultado o 20 de outubro de 2017.
  3. Routes Online (ed.). "CSA Czech Airlines Expands Service in S15". Consultado o 5 de setembro de 2017.
  4. El Correo (ed.). "Norwegian dinamita el puente aéreo entre Bilbao y Barcelona y pincha la burbuja del bajo coste". Consultado o 5 de setembro de 2017.
Accidente de Sondika

O accidente de Sondika, ou voo 610 de Iberia, foi un accidente aéreo ocorrido o día 19 de febreiro de 1985 cando un Boeing 727-200, que voaba do Aeroporto de Madrid-Barajas ao Aeroporto de Bilbao, chocou contra unha antena de televisión no cumio do monte Oiz antes de aterrar no Aeroporto de Bilbao. Os 141 pasaxeiros e 7 tripulantes a bordo morreron no accidente.

Aena

Aeroportos Españois e Navegación Aérea, coñecida tamén co acrónimo Aena, é un ente público empresarial encargado da navegación civil aérea e dos aeroportos civís en España.

Estadio de San Mamés (2013)

Para o antigo estadio de San Mamés véxase: Estadio de San Mamés (1913).San Mamés é un estadio de fútbol situado no barrio de Basurtu da cidade de Bilbao, no País Vasco. Foi inaugurado na súa primeira fase de construción o 16 de setembro de 2013 e é o sucesor do antigo San Mamés. É utilizado principalmente polo Athletic Club para a práctica do fútbol, aínda que terá outros usos complementarios nos que se inclúe un centro de innovación deportiva e outro de medicina deportiva, unha pista de atletismo subterránea e un polideportivo municipal. Ademais, será utilizado como recinto para concertos de gran envergadura, do mesmo xeito que o seu antecesor.

A primeira pedra colocouse o 26 de maio de 2010 e o inicio das obras foiu, oficialmente, o 25 de xuño do mesmo ano. O estadio estase realizando en dúas fases: na primeira, xa concluída, levouse a cabo a construción dos dous laterais e un dos fondos, mentres que na segunda construirase o último fondo e habilitaranse os palcos VIP. Estímase que o estadio estará totalmente construído na primavera de 2015, aínda que o Athletic Club comezou a xogar nel a partir da tempada 2013/14, a falta da construción dun dos fondos. O estadio foi inaugurado na súa primeira fase de construción, o luns 16 de setembro de 2013, nun partido de liga fronte ao Celta de Vigo que gañou o equipo local por 3-2.

O novo campo ten capacidade para 53 289 localidades (ampliable en 2000 máis, segundo o arquitecto César Azcárate), e conta co rango de estadio de Categoría 4 (o máximo outorgado pola UEFA), co que poderá albergar finais organizadas pola UEFA.

Estradas nacionais de España

As estradas nacionais de España son vías de titularidade estatal, xestionadas polo Ministerio de Fomento, e conforman a rede de estradas do estado.

Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos S.A.

Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos, S.A. é unha sociedade pública do Goberno Vasco creada en 1982 para operar as liñas de ferrocarril de vía normal dentro da Comunidade Autónoma do País Vasco, acorde coas competencias do Estatuto de Autonomía do País Vasco.

Loiu

Loiu é unha vila e concello vasco da provincia de Biscaia. A súa poboación é de 2.491 habitantes (2011).

A nova terminal do Aeroporto de Bilbao está construída dentro dos límites deste concello.

Metro de Bilbao

O Metro de Bilbao (en éuscaro: Bilboko metroa) é a rede de ferrocarril metropolitano de Bilbao e a súa área metropolitana, o Gran Bilbao, un espazo estendido en ambas as marxes da ría de Bilbao que concentra aproximadamente a un millón de habitantes. Posúe un trazado en forma de "Y", con dúas liñas, a 1 e a 2, que percorren as dúas beiras da ría para confluír nun tronco común que chega ata Basauri.

A rede de Metro está conectada coas liñas de Renfe Proximidades, EuskoTren (proximidades e rexionais), FEVE (proximidades, rexionais e longo percorrido) e EuskoTran (tranvía), así como coa terminal de autobuses Termibús e as liñas de longo percorrido de Renfe.

É a cuarta rede de metro construída en España, logo das de Madrid, Barcelona e Valencia. Actualmente é a cuarta rede de Metro de España en canto ao número de pasaxeiros transportados (88 500 000 en 2010) por detrás do Metro de Madrid e do de Barcelona; e por diante dos de Valencia, Sevilla e Palma.

Santander

Santander é un concello e cidade situada no norte de España, na costa cantábrica, capital da comunidade autónoma de Cantabria. Limita cos concellos de Santa Cruz de Bezana e Camargo, ademais de pechar polo norte a baía de Santander.

Ten un porto cun considerable tráfico de carga, un aeroporto internacional e a universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP). Un grande incendio a mediados do século XX destruíu prácticamente todo a zona vella, polo que hoxe en día destacan arquitectónicamente o Palacio da Magdalena, a catedral, os edificios do paseo marítimo de Pereda, e a sede social do Banco Santander.

Santiago Calatrava

Santiago Calatrava Valls, nado en Valencia o 28 de xullo de 1951, é un arquitecto español. A súa oficina atópase na cidade de Zúric, Suíza.

Zaragoza

Zaragoza é un concello e cidade española, capital da comunidade autónoma de Aragón, ademais da provincia de Zaragoza e da comarca homónima. Está situada a beiras dos ríos Ebro, Huerva e Gállego e da Canle Imperial de Aragón, no centro dun amplo val. A súa privilexiada situación xeográfica convértea nun importante nó loxístico e de comunicacións; atópase a uns 300 km de Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao e Tolosa.

Cunha poboación de 679.624 habitantes (INE 2012), é a quinta cidade española máis poboada, concentrando máis do 50% da poboación de Aragón.

O seu nome actual procede do seu antigo topónimo romano, Caesaraugusta, que recibiu na honra ao emperador César Augusto no 14 a.C. A súa denominación romana foi evolucionando a través do árabe Saraqusta.

Entre o 14 de xuño e o 14 de setembro de 2008, ano do bicentenario dos Sitios de Zaragoza e centenario da exposición Hispano-Francesa de 1908, Zaragoza acolleu a exposición internacional Expo Zaragoza 2008 dedicada á auga e o desenvolvemento sustentable. En 2010, Zaragoza foi a sexta cidade española con máis turismo.

Maiores internacionais
Menores internacionais
Domésticos
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.