Aeroporto da Coruña

O aeroporto da Coruña (IATA: LCG, OACI: LECO), antigamente coñecido como aeroporto de Alvedro, é un aeroporto galego situado en Alvedro, Almeiras, Culleredo no concello de Culleredo, a 7 quilómetros da Coruña.

Coordenadas: 43°18′07″N 8°22′38″O / 43.30194, -8.37722

Aeroporto da Coruña
Aeroporto de Alvedro

Alvedro

IATA: LCG – ICAO: LECO
Sumario
Tipo Público
Propietario Aena
Cidade/Illa A Coruña
Localización Alvedro, Culleredo
Elevación (msnm) 100 metros / 328 pés
Coordenadas 43°18′07″N 8°22′38″O / 43.30194, -8.37722
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
03/21 2340x45 7677x148 asfalto
Estatísticas (2018)
Pasaxeiros 1 225 763
Aumento pasaxeiros Crecente (crecemento) 7,4%
Operacións 17 558
Aumento operacións Crecente (crecemento) 9,2%
Carga (ton.) 163
Aumento carga Crecente (crecemento) 4,3%
Fonte: AENA[1]

Historia

O primeiro proxecto do aeroporto na cidade da Coruña foi aprobado en Consello de Ministros o 11 de setembro 1953 e declaraba o traballo de realización urxente. Se non houbera un proxecto anterior foi en parte debido ás dificultades orográficas e climáticas da zona e o impulso dado á construción do aeroporto de Lavacolla, en Santiago de Compostela, que fora inaugurado en 1935.

Este primeiro proxecto implicaba a construción dun campo de voos na meseta de Alvedro, en Culleredo, que se consideraba suficiente para a construción dun aeródromo tipo C. En proxectos posteriores incluíuse a construción dunha área de estacionamento e unha terminal de viaxeiros.

En 1961 foron instalados a radiobaliza e os grupos electróxenos da central eléctrica e en 1962 construíuse o predio terminal, realizouse a sinalización da pista de voos e foi urbanizada a contorna da terminal. Mentres estes traballos eran realizados, a Deputación da Coruña encargouse da construción da estrada que uniría o aeroporto coa Coruña e Compostela, e a Dirección de Protección do Voo completou as instalacións de axuda á navegación. Finalmente, en 1963, construiríase o predio de servizos.

Unha vez rematadas as obras ábrese o aeroporto ao tráfico aéreo civil español e a inauguración oficial ten lugar o 25 de maio de 1963. O seu primeiro voo foi coa liña de Iberia dende Madrid ata A Coruña e volta.

En 1964, e só durante ese ano, operaría a liña Vigo-Coruña-Santander-Donostia-Barcelona con avións Convair 400. Non foi até 1971, cando se retomou esta liña co mesmo discreto resultado. A finais dos anos 60 chegaron os primeiros voos chárter desde Suíza e Londres.

O 13 de agosto de 1973 tivo lugar o peor accidente da aviación da historia de Galicia en Montrove, Oleiros, no que morreron oitenta e cinco persoas. Este feito reduciu a actividade do aeroporto.

O 28 de abril de 1990 reinaugurouse o aeroporto[2][3] e ó longo de toda a década sufrirá varias modificacións na terminal de pasaxeiros, no alongamento da pista, na construción de fingers e a conexión de voos internacionais a Londres e Lisboa.

Infraestruturas

O aeroporto da Coruña conta cunha pista asfaltada na súa totalidade de 2.340 metros con orientación 035º/215º, resultando as pistas 03 e 21. Esta última cabeceira conta con axudas instrumentales VOR-DME, NDB e ILS CAT II/III, mentres que a pista 03 pese á insistencia por parte das aeroliñas de que se instale un VOR [Cómpre referencia] ao non ser posible o uso dun ILS pola proximidade dun monte de alta elevación que deixa tras de si o punto de decisión, a cabeceira non conta con ningunha axuda instrumental, de modo que as aproximacións a devandita pista son completamente visuais. Así mesmo, a pista é a segunda máis pequena dos aeroportos españois peninsulares logo da pista do aeroporto de San Sebastián. O 25 de xuño de 2015 a pista quedou ampliada en 400 metros ata os 2.340 metros asfaltados, permitindo a operatividad de avións do tipo Airbus A320 a carga completa,[4] ou modelos de maiores dimensións utilizados en voos transoceánicos con certa penalización de carga, como os Airbus A330 ou os Boeing 777[Cómpre referencia].

O aeroporto conta cunha terminal inaugurada en 1996, que conta cunha cafetería, tendas e, por suposto, a zona de facturación e embaque, con 4 portas (gates) en total.

O aparcadoiro do aeroporto terminou as súas obras de ampliación en novembro de 2010, o que implica un aumento considerable de prazas para vehículos, case 2000, distribuídas en catro niveis (un a nivel de chan e tres plantas subterráneas).

Outros dos servizos cos que conta o aeroporto son un pequeno parque de bombeiros, un autobús para desprazar aos pasaxeiros ata os avións que haxa en pista e unha estación turística para voos en avioneta pola cidade de A Coruña.

Aeroliñas e destinos

Aeroliñas Destinos
Air Europa Madrid
Iberia Madrid
Volotea Bilbao
Vueling Barcelona, Londres-Heathrow, Sevilla, Valencia, Gran Canaria, Tenerife-Sur, Málaga, Palma de Mallorca, Valencia, Bilbao

Tráfico

O aeroporto da Coruña experimentou nos últimos anos un notábel incremento do número de viaxeiros, pasando de 367.586 en 1996 a 1.014.780 en 2006. Tamén en número de operacións e no transporte de mercadorías houbo aumento, no 2006 xestionáronse 17.406 operacións e movéronse 554 toneladas de carga.

No 2007 chegouse aos 1.266.804 de pasaxeiros grazas, á implantación de novas aeroliñas como EasyJet e Clickair, e co incremento de frecuencias e rutas que voan sobre Alvedro. Esta cifra do 2007 foi á máxima que rexistrou o aeroporto, pois no 2008 a actividade comercial na terminal experimentou un descenso que continuou no 2009.

Pasaxeiros do aeroporto da Coruña 1994-2018 (en millóns)
Número de pasaxeiros por ano (AENA)
1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008
259.000 295.286 359.854 412.325 452.367 492.611 589.000 654.064 532.236 549.850 586.218 852.043 1.014.500 1.266.804 1.174.970
+14.58% +9.71% +8.9% +19.57% +11.05% -18.62 +5.07 +6.61% +45.53% +19.07% +24.87% -7,2%
2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
1.068.823 1.101.208 1.012.800 845.452 839.837 988.834 1.025.688 1.063.291 1 141 142 1 225 763
-9.05% +3.03% -8.03% -16,52% -0.66% +17,7% +3,7% +3,7% +7,3% + 7,4%

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do aeroporto de Alvedro, Culleredo
Aeropuerto de Coruna

Instalacións

O Burgo 090710 Galiza 20

Avión sobrevoando O Burgo tras saír do aeroporto

Alvedro2

Mostrador de facturación

Radio baliza VOR DME Lorbé, Oleiros

Radio baliza VOR/DME Lorbé, Oleiros

Plataforma del Aeropuerto de La Coruña

Vista da plataforma de aeronaves civís do aeroporto da Coruña. Vemos un A319 de EasyJet, un A320 de Iberia, un 737-800 de Air Europa e unha G550 privada.

Notas

  1. AENA (ed.). "Estadísticas de tráfico aéreo" (PDF). Consultado o 16 de xaneiro de 2019.
  2. Molezún, Fernando (11-5-2015). "El día que Alvedro comenzó a despegar". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30-12-2016.
  3. "Alvedro bien vale una verbena". La Opinión (en castelán). 22-9-10. Consultado o 30-12-2016.
  4. Ibañez, Carmen. "Aeropuerto de La Coruña" (en castelán). Consultado o 31 de decembro de 2015.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

AC-10

A AC-10 é unha estrada nacional urbana da cidade da Coruña. Ten unha lonxitude duns 1,670 km dos que os 840 primeiros metros son de vía convencional e os 830 restantes multicarril. Conecta o porto da Coruña coa AC-11 e coa AC-12.

Unha parte da vía recibe o nome de Rolda de Camilo José Cela.

ATR 42

O ATR 42 é un avión bimotor turbohélice rexional de curto alcance fabricado en Francia e Italia por ATR (Aerei da Trasporto Regionale ou Avions de transport régional). Os modelos de ATR son ensamblados finalsmente en Tolosa, e comparten recursos e tecnoloxía con Airbus. O nome "42" ven do número estándar de asentos do avión, que varía de 40 a 52. O aparello serve como base para o máis grande ATR 72.

A Coruña

A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia e bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.850 habitantes (2018); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

A Coruña é sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Real Academia Galega, do Arquivo do Reino de Galicia e da Forza Loxística Operativa. Dende 1563 foi sede da Real Audiencia de Galicia (permanentemente dende 1612) e foi capital de Rexión Militar ata a súa desaparición en 2002.A cidade érguese sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da zona urbana espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, no que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria (cara á ría da Coruña), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara á enseada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas de Riazor e o Orzán.

Unha das características máis notables que identifican A Coruña constitúena as múltiples e variadas galerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX, que deron á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal, sen esquecer as súas numerosas praias, así como o contorno rural, que ofrece múltiples posibilidades de lecer.

Aena

Aeroportos Españois e Navegación Aérea, coñecida tamén co acrónimo Aena, é un ente público empresarial encargado da navegación civil aérea e dos aeroportos civís en España.

Aeroporto de Santiago de Compostela

O aeroporto de Santiago de Compostela (IATA: SCQ, OACI: LEST), no pasado tamén coñecido como aeroporto da Lavacolla, é un aeródromo situado preto da capital de Galicia, concretamente na Lavacolla, Sabugueira, Santiago de Compostela.

Na actualidade está xestionado por AENA, e abrangue a maior parte do tráfico aéreo en Galicia, tanto nacional como internacional. Ofrece voos regulares a 29 destinos, 24 deles durante todo o ano e o resto estacionais.

Almeiras, Culleredo

San Xián de Almeiras é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Culleredo na Comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 1.264 habitantes (651 mulleres e 613 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.436 habitantes.

Burela

Burela é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Comarca da Mariña Central. En 2015 tiña 9.580 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é burelao, burelense ou burelés.

É o segundo concello máis poboado da comarca despois de Foz. Está bañado polo Mar Cantábrico polo norte e leste. Limita polo oeste co concello de Cervo, e polo sur co de Foz. O seu porto é un dos máis importantes da costa galega, cunha gran frota pesqueira. A poboación creceu considerablemente nos últimos anos do século XX, pasando dos 7.834 habitantes de 1995 aos 9.660 que ten en 2014. A súa economía baséase principalmente na pesca, destacando a pesca da pescada e do bonito. Como consecuencia desta actividade desenvolveuse tamén a industria conserveira de gran calidade. Ademais disto conta tamén con cerámicas, estaleiros, serradoiros e un hospital comarcal.

Ata 1994, cando se segrega, formaba parte de Cervo. Debido á gran demanda de persoal para traballar no mar, Burela é un concello multicultural, xa que actualmente residen nel comunidades de caboverdianos (establecidos desde hai anos) e recentemente incrementouse a chegada de suramericanos e filipinos.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Parque empresarial de Alvedro

O parque empresarial de Alvedro é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada no lugar de Alvedro (Almeiras), no concello de Culleredo, a escasa distancia do aeroporto da Coruña, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

Prestige

O Prestige foi un buque petroleiro monocasco construído no Xapón en 1976 que afundiu fronte ás costas galegas o 19 de novembro de 2002, producindo unha inmensa marea negra que afectou a unha ampla zona comprendida dende o norte de Portugal ata as Landas ou Vendée, en Francia, provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia e unha mobilización social e política. Desta mobilización xurdiu a plataforma Nunca Máis.

Érbedo

O érbedo (Arbutus unedo) é un arbusto da familia das ericáceas, que produce uns froitos esféricos brandos entre vermellos e laranxas (fartabellacos ou morotes). Dáse nos vales interiores dos grandes ríos, onda o clima mediterráneo.

Federación
Campos de voo
Aeroliñas comerciais
operando en Galicia
Accidentes
Eventos anuais
Maiores internacionais
Menores internacionais
Domésticos
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.