Aeroporto Internacional El Dorado

O Aeroporto Internacional El Dorado é un aeroporto colombiano, de rango internacional, considerado o aeroporto de Bogotá. Está situado ao sueste de Engativá, pero presta servizo, ademais de á capital do país, a Boyacá e a toda a zona centro do país. O seu código da IATA é BOG.

Aeroporto internacional El Dorado
Aeropuerto Internacional El Dorado

Logo aeropuerto el dorado

IATA: BOG – ICAO: SKBO
Sumario
Operador OPAIN S.A.
Localización Bogotá
Elevación (msnm) 2 548 metros / 8 361 pés
Coordenadas 04°42′05″N 74°08′49″O / 4.70139, -74.14694Coordenadas: 04°42′05″N 74°08′49″O / 4.70139, -74.14694
Aeropuerto el dorado 50
Aeropuerto Internacional El Dorado.

Aeroliñas e destinos

Pasaxeiros

Aeroliñas Destinos Terminal
Aerolíneas Argentinas Buenos Aires-Ezeiza 1-I
Aeroméxico Cidade de México 1-I
Air Canada Rouge Toronto-Pearson 1-I
Air Europa Madrid 1-I
Air France París-Charles de Gaulle 1-I
American Airlines Dallas/Fort Worth, Miami 1-I
Avianca Aruba, Barcelona, Boston, Buenos Aires-Ezeiza, Cancún, Curaçao, Fort Lauderdale, Cidade de Guatemala, A Habana, La Paz, Lima, Londres-Heathrow, Os Ánxeles, Madrid, Cidade de México, Miami, Montevideo, Nova York-JFK, Orlando, Punta Cana, Río de Janeiro-Galeão, San Xoán de Puerto Rico, San Salvador, Santa Cruz de la Sierra-Viru Viru,[1] Santo Doming-Las Américas, Santiago de Chile, São Paulo-Guarulhos, Washington-Dulles 1-I
Avianca Barranquilla, Cali, Cartaxena de Indias, Medellín-Córdova, Pereira 1-D
Avianca Armenia, Barrancabermeja, Bucaramanga, Cúcuta, Florencia, Ibagué, Leticia, Manizales, Montería, Neiva, Pasto, Popayán, Riohacha, San Andrés, Santa Marta, Valledupar, Villavicencio, Yopal 2
Avianca Brazil Fortaleza, Salvador da Bahia, São Paulo-Guarulhos 1-I
Avianca Costa Rica San Xosé de Costa Rica 1-I
Avianca Ecuador Aruba, Guayaquil, Cidade de Panamá, Quito 1-I
Avianca El Salvador San Salvador 1-I
Avianca Peru Cuzco, Lima 1-I
Avior Airlines Caracas, Valencia (VE) 1-I
Copa Airlines Cidade de Panamá 1-I
Copa Airlines Colombia Cidade de Panamá 1-I
Cubana de Aviación A Habana 1-I
Delta Air Lines Atlanta 1-I
EasyFly Ibagué, Neiva, Popayán, Quibdó, Yopal 1-D
Iberia Madrid 1-I
Interjet Cancún, Cidade de México 1-I
JetBlue Airways Fort Lauderdale, Orlando 1-I
KLM Ámsterdam 1-I
LATAM Brasil Buenos Aires-Ezeiza, São Paulo-Guarulhos 1-I
LATAM Chile Miami, Santiago de Chile 1-I
LATAM Colombia Aruba, Cancún, Lima, Miami 1-I
LATAM Colombia Barranquilla, Bucaramanga, Cali, Cartaxena de Indias, Cúcuta, Leticia, Medellín-Córdova, Montería, Pereira, San Andrés, Santa Marta, Valledupar, Yopal 1-D
LATAM Perú Lima 1-I
Lufthansa Frankfurt 1-I
Satena Apartadó, Arauca, Buenaventura, Corozal, Ipiales, Florencia, La Macarena, Medellín-Olaya Herrera, Mitú, Pasto, Puerto Asís, Puerto Inírida, Puerto Carreño, Quibdó, San José del Guaviare, San Vicente del Caguán, Saravena, Villa Garzón, Villavicencio 1-D
Spirit Airlines Fort Lauderdale 1-I
TAME Caracas, Quito 1-I
Turkish Airlines Istanbul-Atatürk 1-I
United Airlines Houston-Intercontinental, Newark 1-I
Viva Colombia Lima, Cidade de Panamá-Balboa 1-I
Viva Colombia Barranquilla, Bucaramanga, Cartaxena de Indias, Medellín-Córdova, Montería, Pereira, San Andrés, Santa Marta 1-D
Wingo Aruba, Cancún, Caracas, A Habana, Cidade de México, Cidade de Panamá-Balboa, Punta Cana, Quito align="center" | 1-I
Wingo San Andrés, Cartaxena de Indias 1-D

Carga

Aeroliñas Destinos
AeroSucre Quito
Avianca Cargo Asunción, Lima, Cidade de México, Miami, Montevideo, Cidade de Panamá, Quito, San Xoán, Guatemala
Cargolux Aguadilla, Latacunga, Luxemburgo
Centurion Air Cargo Miami
Cielos del Perú Lima
DHL Aviation
operado por DHL Aero Expreso
Cidade de Panamá
Etihad Cargo Abu Zabi, Ámsterdam, Barbados, Milán-Malpensa, San Xoán
FedEx Express Memphis
KF Cargo Miami
Korean Air Cargo Toquio-Narita, Aeroporto de IncheonSeul-Incheon
LATAM Cargo Brasil Fortaleza, Guayaquil, Manaus, Miami, Quito
LATAM Cargo Colombia Miami, Río de Janeiro-Galeão, Quito, Ámsterdam
Líneas Aéreas Suramericanas Aruba, Quito
Martinair Ámsterdam, Aguadilla, Santiago de Chile
MasAir Guadalaxara, Cidade de México
TAB - Transportes Aéreos Bolivianos Miami, Santa Cruz de la Sierra-Viru Viru
UPS Airlines Louisville
Vensecar Internacional Caracas

Véxase tamén

Ligazóns externas

  1. http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/274664/avianca-adds-bogota-santa-cruz-service-from-oct-2017/
Aeroporto Internacional John F. Kennedy

O Aeroporto Internacional John F. Kennedy (IATA: JFK, OACI: KJFK, FAA LID: JFK) orixinalmente coñecido como o Aeroporto Idlewild, é un aeroporto internacional localizado en Queens ao sueste da cidade de Nova York, Estados Unidos, a uns 20 km de Manhattan.

O aeroporto está operado pola Port Authority of New York and New Jersey (Autoridade Portuaria de Nova York e Nova Jersey), que tamén opera tres aeroportos na área metropolitana da cidade de Nova York (o Newark Airport, o LaGuardia e o Teterboro), mais o John F. Kennedy é o máis grande de todos. É a base de operacións de JetBlue Airways e o aeroporto de entrada principal internacional para Delta Air Lines e American Airlines.

O JFK é o aeroporto con maior cantidade de entradas de pasaxeiros internacionais en Estados Unidos e tamén en cargo.

As saídas internacionais de JFK representaron o 17 % de todos os pasaxeiros que viaxaron transoceánicamente no 2004, a porcentaxe máis grande nos Estados Unidos. No 2000, dirixiu por termo medio 50 000 pasaxeiros internacionais ao día. A ruta que conecta este aeroporto co de Heathrow en Londres é a ruta máis transitada en voos internacionais de Estados Unidos con máis de 2,9 millóns de pasaxeiros no ano 2000.

Aínda que é coñecido como o aeroporto con maior número de pasaxeiros internacionais, tamén dirixe voos nacionais, a maior parte á costa oeste. No 2005 o aeroporto dirixiu máis de 41 millóns de pasaxeiros, que sumados aos 33 millóns de Newark Liberty e os 26 de LaGuardia suman aproximadamente 100 millóns de pasaxeiros, facendo sito que o espazo aéreo de Nova York sobrepase ao de Chicago como o máis ocupado dos Estados Unidos.

Avianca

Avianca S.A. (acrónimo de Aerovías Nacionales de Colombia S.A., actualmente Aerovías del Continente Americano S.A.) é a aeroliña nacional de Colombia. Fundouse o 5 de decembro de 1919, cando inicialmente rexistrouse baixo o nome de SCADTA. A súa sede atópase en Bogotá, estando o seu principal centro de operacións no Aeroporto Internacional El Dorado. Avianca é tamén unha marca que abrangue un grupo de sete aeroliñas latinoamericanas con códigos IATA independentes, que combinan as súas operacións para funcionar como unha compañía usando un sistema de códigos compartidos. Avianca é a aeroliña máis grande de Colombia e a segunda de Latinoamérica: xunto coas súas subsidiarias ten a rede máis estensa de destinos de toda Latinoamérica e unha das frotas máis grandes e modernas do continente. É propiedade de Synergy Group S.A., un grupo latinoamericano fundado por Germán Efromovich e especializado no transporte aéreo.

O 7 de outubro de 2009 anunciouse que Avianca fusionaríase con TACA. En 2009 Avianca celebrou o seu 90 aniversario sendo a segunda aeroliña máis antiga do mundo aínda operativa (tras KLM).

O 21 de xuño de 2012, Avianca foi presentada como membro oficial da Star Alliance tras un proceso que durou uns 18 meses dende o anuncio inicial de ser invitada a unirse á alianza.

Bogotá

Bogotá, oficialmente Bogotá Distrito Capital, abreviado Bogotá, D.C. (durante a época colonial española e desde 1991 ata 2000 chamada Santafé de Bogotá) é a capital da República de Colombia e do departamento de Cundinamarca. Está organizada como Distrito Capital gozando de autonomía para a xestión dos seus intereses dentro dos límites da Constitución e a lei. A diferenza dos demais distritos de Colombia, Bogotá é unha entidade territorial de primeira orde en Colombia, coas atribucións administrativas que a lei lle confire aos Departamentos. Está constituída por 20 localidades e é o epicentro político, económico, administrativo, industrial, artístico, cultural, deportivo e turístico do país.Está situada no centro de Colombia, na rexión natural coñecida como a sabana de Bogotá, que fai parte do altiplano cundiboyacense, formación montañosa situada na cordilleira Oriental dos Andes. É a terceira capital máis alta en América do Sur (logo da Paz e Quito), con un termo medio de 2625 metros sobre o nivel do mar. Posúe o páramo máis grande do mundo, localizado na localidade de Sumapaz.Segundo os datos do censo nacional de 2005 extrapolados a 2010, Bogotá posúe unha poboación de 7 363 782 habitantes. Ten unha lonxitude de 33 km de sur a norte, e 16 km de oriente a occidente. Como capital, alberga os organismos de maior xerarquía da rama executiva (Casa de Nariño), lexislativa (Congreso de Colombia) e xudicial (Corte Suprema de Xustiza, Corte Constitucional, Consello de Estado e o Consello Superior da Xudicatura).

No plano económico, destaca como o máis importante centro económico e industrial de Colombia. Segundo o DANE Bogotá aporta a maior parte o PIB nacional (24,5 %). e é a sétima cidade polo tamaño do PIB en Latinoamérica (duns US$92 917 millóns, por detrás de São Paulo, Cidade de México, Buenos Aires, Río de Xaneiro, Brasilia e Santiago de Chile), das cales, é a quinta máis atractiva para investir (só por detrás de Santiago, San Paulo, México e Lima). A nivel latinoamericano sitúase na vixésimo primeira posición con relación ao PIB per cápita. Segundo The Economist, Bogotá destaca pola súa fortaleza económica asociada ao tamaño da súa produción e o PIB per cápita (o máis alto entre as principais cidades da nación), as facilidades para crear empresas e facer negocios, a madurez financeira, a atracción de empresas globais e a calidade do seu capital humano; todo isto respaldado por estudos de Harvard Business Review que a destacan como o lugar do país co maior número de universidades (114) e centros de investigación. Así mesmo é a sexta cidade de América Latina para organizar eventos, é o principal mercado de Colombia e da Rexión Andina, sendo o primeiro destino do investimento estranxeiro directa que chega a Colombia (70 %), converténdoa na cidade con máis empresas estranxeiras, un dos factores que a sitúan como o maior mercado de traballo do seu país. Bogotá é a plataforma empresarial máis grande de Colombia, co 21 % das empresas rexistradas no país, e adicionalmente, na cidade atópase o 67 % dos emprendementos de alto impacto colombianos, tendo o aeroporto co maior volume de carga a nivel latinoamericano e o segundo en persoas.A importante oferta cultural atópase representada na gran cantidade de museos, teatros e bibliotecas, que lle outorgaron o recoñecemento da "Atenas Suramericana" e a capital iberoamericana da cultura 2007, ademais, é sede de importantes festivais de ampla traxectoria e recoñecemento nacional e internacional. Tamén se destaca a actividade académica, xa que a maioría das universidades colombianas máis importantes teñen a súa sede na cidade. É de destacar que a Unesco outorgou á cidade o título de Capital mundial do libro o ano 2007 e en marzo de 2012 designouna como “Cidade da Música“, como parte da Rede de Cidades Creativas da organización.

A cidade obtivo o posto 54 no índice Global Cities de 2010, sendo a única cidade global de Colombia e é considerada unha cidade global tipo Beta+ polo GaWC.

Cubana de Aviación

Cubana de Aviación, S.A., coñecida como Cubana, é a aeroliña oficial de Cuba. A súa base de operacións está no Aeroporto Internacional José Martí, na Habana. Creouse en 1929 e opera a distintos destinos entre América, Europa e Asia.

Torre Colpatria

A Torre Colpatria é un rañaceos que se atopa na cidade de Bogotá, na zona norte do barrio Las Nieves. A súa zona comercial constitúe unha prolongación do Centro Internacional da cidade. Cos seus 50 pisos, é o segundo edificio máis alto da cidade así como unha das súas iconas. Foi rematado en 1979 e ten unha altura de 196 m. Nela atópanse as oficinas de diversas compañías, entre as cales están as empresas do Grupo Colpatria, propietario da torre. Na súa azotea hai un miradoiro para apreciar gran parte da cidade e da sabana de Bogotá. En 1998, instaláronse trinta e seis luces de xenon, que a finais de 2012 foron substituídas con luces de tecnoloxía LED.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.