Aena

Aeroportos Españois e Navegación Aérea, coñecida tamén co acrónimo Aena, é un ente público empresarial encargado da navegación civil aérea e dos aeroportos civís en España.

AENA
Aena text logo
Pegaso City - Edificio Lamela (Madrid) 01
TipoEstatal
Fundación1990
LocalizaciónMadrid, España España
IndustriaAviación
Páxina webhttp://www.aena.es

Funcións

Conforme á lexislación vixente desenvolve as seguintes funcións:

  • Ordenación, dirección, coordinación, explotación, conservación e administración dos aeroportos públicos de carácter civil, aeródromos, heliportos e demais superficies aptas para o transporte aéreo cuxa xestión se lle encomende e dos servizos afectos ós mesmos; a coordinación, explotación, conservación e administración das zonas civís das bases aéreas abertas ó tráfico civil.
  • Proxecto, execución, dirección e control dos investimentos nas infraestruturas e nas instalacións a que se refire a epígrafe anterior.
  • Ordenación, dirección, coordinación, explotación, conservación e administración das instalacións e redes de sistemas de telecomunicacións aeronáuticas, de axudas á navegación e de control da circulación aérea.
  • Proxecto, execución, dirección e control dos investimentos en infraestruturas, instalacións e redes de sistemas de telecomunicacións aeronáuticas, de axudas á navegación e control da circulación aérea.
  • Proposta de planificación de novas infraestruturas aeronáuticas, así como de modificacións da estrutura do espazo aéreo.
  • Desenvolvemento dos servizos de orde e seguridade nas instalacións que xestione, así como a participación nas ensinanzas específicas relacionadas có transporte aéreo e suxeitas ó outorgamento de licenza oficial, todo sen detrimento das atribucións asinadas á Dirección Xeral de Aviación Civil.

Filiais

Aena xestiona a través da filial Aena Desenvolvemento Internacional (100%), participacións en aeroportos de México, Estados Unidos, Cuba, Colombia, Bolivia, Reino Unido e Suecia. Tamén ten participacións en Enxeñería e Economía do Transporte (INECO) (61%), Centros Loxísticos Aeroportuarios (CLASA) (100%), Restauración de Aeroportos Españois (RAESA) (49%) e Axencia Metropolitana de Desenvolvemento Urbanístico e de Infraestruturas (Barcelona Rexional) (11,76%).

Aeroportos

Aena explota todos os aeroportos de interese público de España, así como a navegación aérea nalgúns privados e algunhas bases aéreas en réxime mixto co Exército de España. Ademais, cabe destacar o Heliporto de Ceuta e o Heliporto de Alxeciras, os únicos heliportos da rede.

Os aeroportos españois que xestiona rexistraron as seguintes cifras de pasaxeiros en 2009

Pasaxeiros (2009)

Aeroporto Total pasaxeiros
Aeroporto de Madrid-Barajas 48 437 147
Aeroporto de Barcelona-El Prat 27 421 682
Aeroporto de Palma 21 203 041
Aeroporto de Málaga-Costa del Sol 11 622 429
Aeroporto de Gran Canaria 9 155 665
Aeroporto de Alacant 9 139 479
Aeroporto de Tenerife Sur 7 108 055
Aeroporto de Xirona-Costa Brava 5 286 970
Aeroporto de Valencia 4 748 997
Aeroporto de Lanzarote 4 701 669
Aeroporto de Eivisa 4 572 819
Aeroporto de Tenerife Norte 4 054 147
Aeroporto de Sevilla 4 051 392
Aeroporto de Fuerteventura 3 738 492
Aeroporto de Bilbao 3 654 957
Aeroporto de Menorca 2 433 666
Aeroporto de Santiago de Compostela 1 944 068
Aeroporto de Reus 1 706 615
Aeroporto de Murcia-San Javier 1 630 684
Aeroporto de Asturias 1 316 212
Aeroporto de Granada 1 187 813
Aeroporto de Vigo 1 103 285
Aeroporto de Xerez 1 079 616
Aeroporto da Coruña 1 068 823
Aeroporto de La Palma 1 043 274
Aeroporto de Santander 958 157
Aeroporto de Almería 791 837
Aeroporto de Zaragoza 528 313
Aeroporto de Valladolid 365 720
Aeroporto de Pamplona 335 612
Aeroporto de Donostia 315 294
Aeroporto de Melilla 293 695
Aeroporto de El Hierro 183 891
Aeroporto de León 95 189
Aeroporto de Badaxoz 75 351
Aeroporto de Salamanca 53 088
Aeroporto de Vitoria 39 933
Aeroporto de Logroño 35 663
Aeroporto de La Gomera 34 605
Aeroporto de Madrid-Torrejón 28 423
Aeroporto de Burgos 27 716
Heliporto de Ceuta 20 560
Aeroporto de Córdoba 15 474
Aeroporto de Albacete 15 127
Aeroporto de Huesca 6 228
Aeroporto de Madrid-Cuatro Vientos 229
Aeroporto de Sabadell 0
Aeroporto de Son Bonet 0

Carga

  1. Aeroporto de Madrid-Barajas (329 186 631 Tm.)
  2. Aeroporto de Barcelona-El Prat (103 996 489 Tm.)
  3. Aeroporto de Vitoria (34 989 727 Tm.)
  4. Aeroporto de Gran Canaria (33 695 248 Tm.)
  5. Aeroporto de Zaragoza (21 438 894 Tm.)
  6. Aeroporto de Palma (21 395 791 Tm.)
  7. Aeroporto de Tenerife Norte (20 781 674 Tm.)
  8. Aeroporto de Valencia (13 325 799 Tm.)
  9. Aeroporto de Tenerife Sur (8 567 093 Tm.)
  10. Aeroporto de Sevilla (6 102 264 Tm.)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aeroporto de Alacant-Elx

O Aeroporto de Alacant–Elx é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado entre as pedanías ilicitanas de L'Altet e Torre del Pla, a 9 km ao suroeste de Alacant e 10 km ao este de Elx. Pola súa situación, este aeroporto dá servizo a unha gran parte da Comunidade Valenciana. Tradicionalmente tivo un importante tráfico charter, actualmente a maior parte do tráfico é regular e internacional.

No ano 2017 ocupou o quinto lugar na rede aeroportuaria española segundo número de pasaxeiros, tras os aeroportos de Madrid-Barajas, Barcelona, Palma e Málaga e ese mesmo ano foi o 38 máis concorrido dentro de Europa. Ademais, representa o aeroporto de maior tráfico de pasaxeiros da Comunidade Valenciana, con 13 713 061 pasaxeiros en 2017.

Aeroporto de Albacete

O Aeroporto de Albacete é un aeroporto xestionado por Aena, situado no aeródromo de Albacete-Los Llanos xunto á Base Aérea de Los Llanos do Exército do Aire, ao sur da cidade de Albacete (España), a uns 4 quilómetros do centro.

Comezou a funcionar como aeroporto civil oficialmente o 1 de xullo de 2003 cando AENA converteu unha parte do aeródromo militar de Los Llanos nun aeroporto comercial. Nesa data chegou un voo da compañía Hola Airlines desde o aeroporto internacional de Palma. O aeroporto de Albacete e o de Cidade Real son os únicos de Castela-A Mancha.

A día de hoxe non hai servizos regulares dende o aeroporto de Albacete. Só existen varios voos chárter operados por aeroliñas como Privilege Style.

Aeroporto de Asturias

O Aeroporto de Asturias é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado en Anzu na parroquia de Santiago del Monte, no concello de Castrillón, a 47 km de Oviedo, 40 km de Xixón e 15 km de Avilés.

Inaugurado o 11 de xuño de 1968 é o único aeroporto do Principado de Asturias e o máis setentrional de España.

O aeroporto dispón dunha pista de 2 200 metros de largo por 45 metros de ancho e unha plataforma para aeronaves de 69 300 m².

Aeroporto de Burgos

O Aeroporto de Burgos é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado nunha ampla chaira na zona leste da cidade de Burgos.

En 2011, segundo datos de Aena, deu servizo a 35 447 pasaxeiros (o que supón un incremento do 5,5% con respecto a 2010) con 3 960 operacións de voo, un 11,2% mais que no 2010.

A pesar da súa recente inauguración, en 2011 superou en número de pasaxeiros comerciais anuais a outros aeroportos da contorna, como os de Vitoria ou Logroño, e outros da península, como o de Albacete, Córdoba ou Huesca.

En 2012, propúxose á cidade de Burgos como plataforma multimodal europea, combinando mercancías por estrada, ferrocarril e aviación.

Aeroporto de Eivisa

O Aeroporto de Eivisa (IATA: IBZ, OACI: LEIB) é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado no concello de Sant Josep de sa Talaia, a 7,5 quilómetros do centro da cidade de Eivisa, na illa homónima.

Situado a 6 metros sobre o nivel do mar, caracterízase pola estacionalidade da súa demanda e polo seu carácter eminentemente turístico. Tamén mantén un tráfico regular interinsular e peninsular moi importante, con viaxes concentradas en polos de xestión ou de negocio como Barcelona–El Prat, Madrid–Barajas e Palma e de características constantes na súa distribución ao longo do ano.

Aeroporto de Fuerteventura

O Aeroporto de Fuerteventura é un aeroporto xestionado por Aena, situado na illa de Fuerteventura (Canarias, España), situado a 5 km de Puerto del Rosario, a capital da illa. O aeroporto é a principal vía de entrada e saída de Fuerteventura para o turismo e un gran motor da economía insular.

Durante o ano 2009, pasaron polas súas instalacións, segundo Aena, 3 738 492, cun descenso en 2009 respecto de 2008 do 16,8%. En canto a operacións en 2009 realizáronse neste aeroporto 36 429. Nese mesmo ano o tráfico de mercacías situar en 1 913 333 kg.

Aeroporto de Gran Canaria

O Aeroporto de Gran Canaria (IATA: LPA, OACI: GCLP) é un aeroporto español da rede de AENA situado na illa de Gran Canaria, na baía de Gando, ocupando superficie dos municipios de Ingenio e Telde. O aeroporto forma parte do aeródromo de utilización conxunta Gran Canaria/Gando xunto coa base aérea do Exército do Aire de Gando.

Ocupa o quinto lugar na rede aeroportuaria española por número de pasaxeiros, tralos aeroportos de Madrid-Barajas, Barcelona, Palma e Málaga. Está igualmente entre os 25 máis importantes de Europa e entre os 100 primeiros do mundo. Tamén nas proximidades do Aeroporto de Gran Canaria atópase o Centro de Control de Tránsito Aéreo de Canarias.

O aeroporto está situado a 18 km da capital da illa, As Palmas de Gran Canaria, e a 25 km dos centros turísticos.

Aeroporto de Lanzarote

O Aeroporto de Lanzarote é un aeroporto español xestionado por Aena, situado na illa canaria de Lanzarote que se atopa a 5 km de Arrecife, capital da illa, e dentro do termo municipal de San Bartolomé. Tamén se lle coñece como "Aeroporto de Guacimeta", polo topónimo histórico do lugar sobre o que se atopa.

O aeroporto é a principal vía de comunicación da illa de Lanzarote co exterior, dada a súa condición de insularidad, ademais constitúe o eixo básico da economía da Illa, xa que recibe a maioría de turistas nacionais e internacionais. Tradicionalmente tivo un importante tráfico chárter; actualmente a maior parte do tráfico é regular e internacional.

Segundo datos de 2009, o de Lanzarote é o terceiro aeroporto canario en tráfico de pasaxeiros (detrás do Aeroporto de Gran Canaria e o Aeroporto de Tenerife Sur), ademais é o décimo a nivel nacional con 4 701 480 pasaxeiros.Conta cun Museo Aeronáutico situado na estrada que dá acceso ás terminais do aeroporto. Pódese visitar de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas, gratuitamente e é apto para todos os públicos. Na súa maioría é material fotográfico, que mostra desde os comezos da aviación na illa (desde a inauguración do aeroporto, o 12 de xuño de 1946) ata as datas nas que nos atopamos.

Aeroporto de Madrid-Barajas

O aeroporto Adolfo Suárez Madrid–Barajas, antes coñecido como aeroporto de Madrid-Barajas, é un aeroporto público español xestionado por AENA, situado nas inmediacións da cidade de Madrid, a capital de España. É o primeiro aeroporto español por tráfico de pasaxeiros, carga aérea e operacións, así como o cuarto de Europa por número de pasaxeiros e undécimo do mundo.As terminais localízanse no termo municipal de Madrid, pero o campo de voos esténdese tamén por Alcobendas, San Sebastián de los Reyes e Paracuellos de Jarama. Construído sobre un campo de leitugas, entrou en servizo o 22 de abril de 1931, aínda que houbo voos de proba nos terreos onde se asentaría o aeroporto desde 1928.

É o principal aeroporto de España e o que ten o maior número de voos directos a Hispanoamérica de todos os aeroportos europeos. A ruta aérea Madrid-Barcelona, coñecida como "ponte aérea" e que ten un dos seus extremos en Madrid–Barajas e no outro en Barcelona–El Prat, é a que ten maior número de voos á semana de todo o mundo.

En 2007 viaxaron polo aeroporto 52,1 millóns de pasaxeiros, situándose no décimo posto a nivel mundial e o cuarto de Europa por número de pasaxeiros.

O día 24 de marzo de 2014, o aeroporto pasa a ter o nome de aeroporto Adolfo Suárez Madrid–Barajas, en homenaxe ao antigo presidente do Goberno de España Adolfo Suárez, finado un día antes.

Aeroporto de Murcia-San Javier

O Aeroporto de Murcia-San Javier (IATA: MJV, OACI: LELC) é unha base aérea militar do Exército do Aire situada xunto ao mar Menor, na pedanía de Santiago de la Ribera, no concello de San Javier (Rexión de Murcia), a 50 quilómetros da cidade de Murcia.

Estivo aberta ao tráfico civil como aeroporto público xestionado por Aena ata o 15 de xaneiro de 2019, cando se inaugurou o Aeroporto Internacional da Rexión de Murcia.

Aeroporto de Málaga-Costa del Sol

O Aeroporto de Málaga–Costa del Sol é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado no sur de Andalucía, a 8 km de Málaga. Dos tres que participaron na primeira ruta aérea (Tolosa-Barcelona-Alacant-Málaga-Casablanca), establecida en España en 1919 pola empresa francesa fundada por Pierre Latécoère, Lignes Aeriennes Latécoère, é o único que seguiu operando de forma continuada.

Aeroporto de Reus

O Aeroporto de Reus é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado a 3 quilómetros da cidade de Reus e a 7 km de Tarragona, que da servizo á zona meridional de Cataluña.

Compañías de baixo custo, especialmente Ryanair, potenciaron o aeroporto pola súa proximidade aos municipios da Costa Daurada, como Cambrils ou Salou, ao parque temático Port Aventura, e tamén como acceso económico a Barcelona, situada a 88 quilómetros.

Aeroporto de Santiago de Compostela

O aeroporto de Santiago de Compostela (IATA: SCQ, OACI: LEST), no pasado tamén coñecido como aeroporto da Lavacolla, é un aeródromo situado preto da capital de Galicia, concretamente na Lavacolla, Sabugueira, Santiago de Compostela.

Na actualidade está xestionado por AENA, e abrangue a maior parte do tráfico aéreo en Galicia, tanto nacional como internacional. Ofrece voos regulares a 29 destinos, 24 deles durante todo o ano e o resto estacionais.

Aeroporto de Tenerife Sur

O Aeroporto de Tenerife Sur (IATA: TFS, OACI: GCTS), coñecido tamén como Aeroporto Reina Sofía, é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado nos municipios nos municipios tinerfeños de Granadilla de Abona e San Miguel, moi preto das localidades costeiras de El Médano e Los Abrigos. A finais dos sesenta, con motivo da visita do ministro do Aire ás obras do Aeroporto de Los Rodeos (hoxe Tenerife Norte), as autoridades insulares suscitaron a necesidade de elixir un novo emprazamento debido aos inconvenientes de carácter meteorolóxico que impedían ao aeroporto existente reunir as condicións técnicas axeitadas.

Aeroporto de Valencia

O Aeroporto de Valencia (en valenciano: Aeroport de València), denominado tamén Aeroporto de Manises, é un aeroporto xestionado por AENA situado entre os termos municipais de Manises e Quart de Poblet, nas proximidades da cidade de Valencia. O tráfico que soporta é maioritariamente regular e estatal aínda que o tráfico de vos chárter medra cada ano. Os destinos con maior tráfico son Madrid, que acapara preto da metade do seu tráfico, Palma, Barcelona, Sevilla e Eivissa. Ten conexión co Aeroporto de Santiago de Compostela.

No ámbito internacional París, Milán, Londres, Múnic e Nova York son os destinos máis importantes.

Aeroporto de Valladolid

O Aeroporto de Valladolid (IATA: VLL, OACI: LEVD), coñecido anteriormente como Base aérea de Villanubla é un aeroporto xestionado por Aena, situado a 10 km da cidade de Valladolid, no concello de Villanubla.

Aeroporto de Xerez da Fronteira

O Aeroporto de Xerez é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado ao nordés de Xerez da Fronteira, a 8 km do centro da cidade e a 45 km de Cádiz. É coñecido como Aeroporto de La Parra.

A importancia deste aeroporto foi crecendo nos últimos anos, en 2007 rexistrou un tráfico de 1 607 834 pasaxeiros, 50.364 operacións e 89.927 kg de mercancías, colocándose con estes datos no posto número 18 a nivel nacional e o terceiro de Andalucía. En 2008, debido á crise económica de 2008 o número de pasaxeiros foi reducido ata os 1 302 770 pasaxeiros, aínda que o tráfico de mercancías e o número total de operacións mantivéronse, o que o relegou á posición 21 a nivel nacional e o cuarto de Andalucía, inmediatamente por detrás do aeroporto de Granada. En 2012 o aeroporto pechou cun total de 913.301 pasaxeiros, aínda que segue mantendo o seu posto dentro de Aena no posto 23.

Aeroporto de Xirona-Costa Brava

O Aeroporto de Xirona-Costa Brava (IATA: GRO, OACI: LEGE) é un aeroporto xestionado por Aena situado a 13 quilómetros da cidade de Xirona, dando servizo a toda a Costa Brava, e a 74 quilómetros da cidade de Barcelona.

Na actualidade é un dos aeroportos que máis crecemento experimentou nos últimos anos, debido fundamentalmente ao feito de ser unha das principais bases da compañía Ryanair en Europa.

En 2007, o aeroporto recibiu un total de 4 848 619, o cal supón un crecemento do 34% con respecto ao ano anterior, cun incremento de máis dun millón de pasaxeiros.

Lista de aeroportos de España

Lista dos aeroportos de España.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.