Advocación

Chámaselle advocación, padroeiro ou patrón (e non padrón) ó santo ó que está encomendada unha parroquia católica. Non debe confundirse haxiotopónimo, pois son distintos en que:

  • unha advocación é máis inestable no tempo e no espazo, pois a igrexa católica pode mudala, modificar a parroquia (disolvela, segregala ou xuntala con outra) ou instaurar varias advocacións simultáneas (San Cosme e San Damián, por exemplo teñen certa tendencia a ir xuntos, ademais de que en moitas parroquias galegas hai un santo ou unha santa e ademais unha Virxe guardiá); pola contra, un haxiotopónimo é o nome dun lugar e non desaparece ata que alguén non lle chame así a ese sitio (lamentablemente con frecuencia crecente debido á desaparición ou emigración da xente maior e ó esquecemento da xente nova);
  • unha advocación segue sentíndose como nome de persoa, mentres que un haxiotopónimo perde esta transparencia semántica;
  • a evolución fonolóxica dunha advocación é máis conservadora pois aínda é transparente (Sanctus Facundus > San Fagundo), mentres que un haxiotopónimo tamén segue as leis fonéticas de evolución da lingua pero podendo diverxer da lingua común (Sanctus Bartolomeus > Samertolameu; Sanctus Hadrianus > Santradán (Cobres, Vilaboa), os dous na Comarca do Morrazo; Sanctus Genesius > concello de Sanxenxo na provincia de Pontevedra; Sanctus Tirsus > concello de Santiso na provincia da Coruña);
  • unha advocación sempre se refire a unha parroquia, mentres que un haxiotopónimo pode remitirse a unha leira, unha vila ou unha superficie moito maior (por exemplo, os concellos de Santa Comba ou San Sadurniño, na provincia da Coruña ou San Amaro na provincia de Ourense);
  • unha advocación pode ser composta, pero só dentro dos límites do repertorio do santoral, mentres que un haxiotopónimo ten moita maior variación (San Xoán de Río, San Cristovo de Cea ou San Cibrao das Viñas na provincia de Ourense ou Santiago de Compostela na provincia da Coruña, tamén concellos);

Véxase tamén

Outros artigos

A Torre, Vilalba

Santa María da Torre é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011 tiña 184 habitantes (87 homes e 97 mulleres) repartidos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 232 habitantes.

Boizán, Vilalba

Santiago de Boizán é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 189 habitantes (93 mulleres e 96 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 212 habitantes.

Carballido, Vilalba

Santa María de Carballido é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 300 habitantes (144 mulleres e 156 homes), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 368 habitantes.

Codesido, Vilalba

San Martiño de Codesido é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 339 habitantes (162 mulleres e 177 homes), distribuídos en 34 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 378 habitantes.

Corvelle, Vilalba

San Bartolomeu de Corvelle é unha parroquia do concello lugués de Vilalba na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2015 tiña 278 habitantes (138 mulleres e 140 homes), distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 399 habitantes.

Distriz, Vilalba

San Martiño de Distriz é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 171 habitantes (91 mulleres e 80 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 187 habitantes.

Gondaísque, Vilalba

Santa María de Gondaísque é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 73 habitantes (38 mulleres e 35 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 108 habitantes.

Insua, Vilalba

San Bartolomeu de Insua é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 274 habitantes (128 mulleres e 146 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 333 habitantes.

Ladra, Vilalba

San Salvador de Ladra é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 140 habitantes (60 mulleres e 80 homes), distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 167 habitantes.

Mourence, Vilalba

San Xián de Mourence é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 303 habitantes (151 mulleres e 152 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1991 cando tiña 283 habitantes.

Nete, Vilalba

San Cosme de Nete é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 251 habitantes (120 mulleres e 131 homes), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 323 habitantes.

Rioaveso, Vilalba

San Xurxo de Rioaveso é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011 tiña 391 habitantes (193 homes e 198 mulleres) repartidos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 427 habitantes.

Román, Vilalba

Santalla de Román é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011, segundo o IGE, tiña 441 habitantes (234 homes e 207 mulleres).

Samarugo, Vilalba

Santiago de Samarugo é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011 tiña 166 habitantes (81 homes e 85 mulleres) repartidos en 26 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 217 habitantes.

Sancovade, Vilalba

Santiago de Sancobade é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011 tiña 1.130 habitantes (541 homes e 589 mulleres) repartidos en 31 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación a 1991 cando tiña 846 habitantes.

Santaballa, Vilalba

San Pedro de Santaballa é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011 tiña 576 habitantes (258 homes e 318 mulleres) repartidos en 50 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 695 habitantes.

Soexo, Vilalba

Santa María de Soexo é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE, en 2015 tiña 62 habitantes (34 homes e 28 mulleres) repartidos entre 3 entidades de poboación: As Casas Novas, Gaián e A Igrexa, o que supón unha leve diminución en relación a 1995 cando tiña 63 habitantes.

Tardade, Vilalba

Santa María de Tardade é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE, en 2015 tiña 65 habitantes (33 homes e 32 mulleres) repartidos en 21 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 100 habitantes.

Vilapedre, Vilalba

San Mamede de Vilapedre é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011 tiña 177 habitantes (92 homes e 85 mulleres) repartidos en 40 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 248 habitantes.

Árbol, Vilalba

San Lourenzo de Árbol é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 563 habitantes (290 mulleres e 273 homes), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 693 habitantes.

O Santo, encrucillada estratéxica de estradas, é o segundo núcleo urbano do concello.

Divisións territoriais católicas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.