Adriano López Morillo

Adriano López Morillo, nado en Ferrol en 1837 e finado na Coruña o 30 de xaneiro de 1913,[1][2] foi un militar galego, membro numerario da Real Academia Galega.[3]

Adriano López Morillo
Adriano López Morillo
Nacemento1837
 Ferrol
Falecemento30 de xaneiro de 1913
 A Coruña
Nacionalidadeespañola
Ocupaciónmilitar
CónxuxeDolores Pardo de Lama
FillosDolores López y Pardo

Traxectoria

Descendente de Pablo Morillo, foi fillo de Francisco López e María Manuela Morillo. En 1859 casou con Dolores Pardo de Lama y Pardo de Andrade.

Destinárono a Cuba e combateu na República Dominicana de 1865 a 1867, onde foi ferido de bala e feito prisioneiro durante vinte e un meses. Loitou contra os carlistas no País Vasco (1870-1871), na liberación do arsenal de Ferrol que caera en mans dos republicanos en 1872, o que lle valeu ascender a comandante, e pelexou contra os carlistas en Tarragona. En 1890 acadou o emprego de tenente coronel e en 1892 o de coronel, desempeñando durante dez anos o mando do rexemento de reserva da Coruña, onde finou co rango de xeneral de brigada.

Dirixiu El Tribuno e La Crónica de Luarca. Colaborou en El Correo Militar, onde publicou artigos en contra do servizo militar obrigatorio. Ingresou na RAG o 17 de novembro de 1910 a proposta de Jaime Ozores de Prado, Francisco Tettamancy e Andrés Martínez Salazar, en sesión celebrada en Vigo, co discurso "Un documento histórico poco conocido" (respondido por Wenceslao Requejo Pérez[4]) que fai referencia ao comportamento pouco favorable para Galicia de John Moore na Guerra de independencia contra os franceses. No momento do seu pasamento estaba a rematar a Historia de la guerra de Santo Domingo, inédita ata 1983.

Obra

  • "Un documento histórico poco conocido", 1910.[5]
  • "Sobre la desaparición de dos escuadrones del tren de artillería del ejército francés…", 1910.[6]

Notas

  1. El Correo de Galicia, p. 2, 31/1/1913 (en castelán).
  2. El Siglo Futuro, p. 2, 31/1/1913 (en castelán).
  3. Membros de número. RAG
  4. * "Discurso-contestación al del Excmo. Sr. D. Adriano López Morillo, leído en la sesión celebrada en Vigo el 17 de Noviembre de 1910, con motivo de la recepción…" 1911.
  5. "Un documento histórico poco conocido"
  6. ""Sobre la desaparición de dos escuadrones del tren de artillería del ejército francés, en la provincia de Betanzos, los cuales pertenecían al 6.º Cuerpo del mando del Duque de Elchingen"". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2018. Consultado o 04 de febreiro de 2018.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Fernando Cortés Bugía

Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874 e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Jaime Ozores de Prado

Jaime Ozores de Prado, marqués de San Martiño de Ombreiro, nado na Coruña o 17 de xullo de 1846 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1922, foi un militar e filántropo galego.

José García Acuña

José García Acuña, nado en Betanzos o 15 de xaneiro de 1873 e finado na Coruña o 10 de xuño de 1933, foi un diplomático e escritor galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Bernárdez González

Ramón Bernárdez González, nado no Carballiño en 1838 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1911, foi un sacerdote e escritor galego.

Ramón López de Vicuña

Ramón López de Vicuña, nado en Manila, Filipinas, o 14 de novembro de 1852 e finado en Madrid o 14 de febreiro de 1909, foi un profesor e escritor galego.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Valentín Villanueva Rivas

Valentín Villanueva Rivas, nado en Saiar, Caldas de Reis o 27 de outubro de 1864 e finado en Santiago de Compostela o 8 de novembro de 1931, foi un sacerdote católico, profesor de ensino medio e escritor galego, epígono do rexurdimento, membro numerario da Real Academia Galega.

Wenceslao Requejo Pérez

Wenceslao Requejo Pérez, nado en Vigo o 4 de novembro de 1866 e finado na mesma cidade o 14 de outubro de 1947, foi un profesor galego, membro fundador da RAG.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.