Adolfo Domínguez Fernández

Adolfo Domínguez Fernández, nado na Pobra de Trives o 14 de maio de 1950, é un deseñador de moda e escritor galego. A marca dos produtos téxtiles e cosméticos da súa empresa levan tamén o seu nome.

Adolfo Domínguez
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nome completoAdolfo Domínguez
Nacemento14 de maio de 1950
 A Pobra de Trives
NacionalidadeEspaña
OcupaciónEmpresario, escritor
CónxuxeElena González Álvarez
FillosValeria Domínguez
PremiosMedalla Castelao
2010.05.13.114110 Adolfo Domínguez Antigua Guatemala
Tenda Adolfo Domínguez en Guatemala.

Biografía

Logo de estudar Moda e cinematografía en París volveu a Ourense a principios da década de 1970, para facerse cargo da tenda de moda que o seu pai tiña na cidade. Durante os seguintes anos, desenvolveu os seus propios deseños ata que se presentou en Madrid en 1981. Nese momento, pertenceu ao movemento Galicia Moda, agrupado ao redor da publicación do mesmo nome, e onde tamén promocionaron o seu traballo Florentino, Antonio Pernas ou Gene Cabaleiro entre outros deseñadores galegos. Dese tempo (primeiros anos oitenta) foi o lema co que se coñeceu a súa marca, La arruga es bella.

Na actualidade posúe o 30 % da empresa Adolfo Domínguez SA, que cotiza na Bolsa de Madrid dende 1997.

En 1992 publicou a súa primeira novela en galego, titulada Juan Griego, e catro anos máis tarde, en 1996, produciu a película La Moños.

Tense pronunciado a favor do reintegracionismo[1]. En febreiro de 2010, fixo unhas polémicas declaracións no Foro Tribuna Galicia nas que propuña o despedimento libre e cuestionaba o Estado do Benestar[2].

Estilo

O seu estilo é urbano, funcional, casual e eminentemente cómodo, facendo uso de tecidos soltos e naturais. Unha das súas estratexias de mercadotecnia foi evitar a distribución a través de tendas multimarca.

A marca

A empresa Adolfo Domínguez traballa na actualidade distintos produtos comerciais, que inclúen roupa, complementos, material e obxectos de fogar, e cosméticos. As súas liñas principais son AD (roupa clásica) e U (roupa xuvenil).

A finais de 2006 existían 400 tendas Adolfo Domínguez, das que 230 son propias e 170 franquías[3].

Obras

Notas

  1. "Si volviese a nacer, sería físico", entrevista de Xabier Blanco en El País, 23 de xullo de 2007 (en castelán).
  2. "Adolfo Domínguez pide despido libre y descalifica el Estado de bienestar", artigo de María Pampín en El País, 4 de febreiro de 2010 (en castelán).
  3. Letter from the Chairman, Web da empresa. Información destinada a accionistas.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Adolfo

Adolfo é un nome propio galego de home, deriva do nome xermánico Athawulf composto de atha (nobre) e wulf (lobo). O nome admite as variedades de Ataúlfo e Adulfo, así como o hipocorístico Fito. A forma feminina é Adolfina. Foi unha vez moi popular no mundo xermánico pero o recordo de Adolf Hitler fixo que poucos nenos das novas xeracións leven o nome. En Galicia levaban o nome en 2010 un total de 2100 residentes como Adolfo e 8 como Ataúlfo

Adolfo Domínguez

Adolfo Domínguez pode referirse a:

Adolfo Domínguez Otero (Fito Domínguez, 1946-2012), cantante, membro da Roda.

Adolfo Domínguez Fernández (1950- ), deseñador e empresario do mundo da moda.

Adolfo Domínguez S.A., empresa fundada polo anterior.

Adolfo Domínguez SA

Adolfo Domínguez é unha empresa galega do sector téxtil con sede en Ourense propiedade do empresario Adolfo Domínguez Fernández.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.